Diario Oficial de Galicia, 24-05-2006, Núm. 98, Páx. 8283
Resolución do 7 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se modifican os límites do couto de pesca de Ponte Liñares, no río Liñares.
Antecedentes.
No anexo XI da Orde do 22 de febreiro de 2006, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, publicáronse os actuais límites do couto de pesca de Ponte Liñares, no río Liñares.
De conformidade co disposto no artigo 15 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra iniciou o expediente de modificación dos límites do couto de pesca de Ponte Liñares.
No expediente de modificación dos límites do couto de pesca de Ponte Liñares consta o informe favorable do Comité Provincial de Pesca Fluvial de Pontevedra.
No trámite de información pública do expediente de modificación dos límites do couto de pesca de Ponte Liñares non se presentaron alegacións.
Consideracións legais.
O expediente de modificación dos límites do couto de pesca de Ponte Liñares cumpre os requisitos establecidos na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e demais normativa de aplicación.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza é competente para resolver o expediente segundo o disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e mais no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Resolución.
De conformidade con todo o anterior, resolvo modificar os límites do couto de pesca de Ponte Liñares, que quedan fixados do seguinte xeito:
Límite superior: desembocadura do regato de Tabeirós, no concello da Estrada.
Límite inferior: desembocadura do regato das Calzadas, aproximadamente 140 m augas arriba da presa da minicentral denominada Salto da Devesa, no concello da Estrada.
Lonxitude aproximada: 8.032 m.
Contra a presente resolución caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2006.
Xosé Benito Reza Rodríguez
Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO