Diario Oficial de Galicia, 10-08-2005, Núm. 153, Páx. 14078
Resolución do 6 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada e se formula a declaración de impacto ambiental para as instalacións de estiramento de chapa, lacaxe, foliación, persiana e paneis Isowall en Cerceda (A Coruña), promovidas por Sumtec, S.L. Clave: 2004/0184 (AIA/IPPC).
Antecedentes de feito:
Primeiro.- Con data do 23 de setembro de 2004 Virgilio César Bianchi Reyes, con DNI 32821401-X, en nome e representación da entidade mercantil Sumtec, S.L. solicitou a autorización ambiental integrada para as instalacións de estiramento de chapa, lacaxe, foliación, persiana e paneis Isowall en Cerceda (A Coruña). A documentación indicada no artigo 12 da Lei 16/2002, de prevención e control integrados da contaminación, foi completada con data do 16 de febreiro de 2005.
Segundo.- A empresa conta co informe favorable do concello relativo á compatibilidade das instalacións co planeamento urbanístico.
Terceiro.- Con data do 14 de abril de 2005 publicouse no Diario Oficial de Galicia (nº 71) o anuncio do 2 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se sometía a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación obxecto desta resolución, para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación; na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental; e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Durante este período non consta a presentación de alegacións.
Cuarto.- Durante o procedemento de autorización ambiental integrada e do trámite de avaliación de impacto ambiental informaron o Concello de Cerceda; o organismo autónomo Augas de Galicia; as direccións xerais de Patrimonio Cultural; de Saúde Pública; e de Industria, Enerxía e Minas; as subdireccións xerais de Calidade Ambiental; de Tecnoloxía e Control Ambiental; e de Avaliación Ambiental, así como a E.T.S. de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Quinto.- Con data do 2 de xuño de 2005 realizouse o trámite de audiencia, conforme o estipulado no artigo 20 da Lei 16/2002, non presentándose alegacións por parte da empresa promotora.
Sexto.- Con data 3 de xuño de 2005 Sumtec, S.L. aboou as taxas para a expedición da autorización ambiental integrada.
Fundamentos de dereito:
Primeiro.- O proceso de lacaxe de chapa, molduras e perfís de aluminio, e en concreto o subproceso de baño de cromatización, está afectado pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (anexo I, epígrafe 2.6); e pola Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (anexo I, epígrafe 9, g).
Segundo.- De conformidade co disposto no Decreto 16/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (c.e. do 9 de xuño de 2004), a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada (AAI) e para formular a declaración de impacto ambiental (DIA).
Terceiro.- A instalación está afectada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Cuarto.- De conformidade co disposto no capítulo II do antedito Decreto 2414/1961, corresponde ao concello conceder licenza para o exercicio da actividade, polo que, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 16/2002, recae neste a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade prevista.
Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto,
RESOLVO:
Primeiro.- Formular a declaración de impacto ambiental para a instalación proxectada, considerando que esta é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que figuran nos anexos IV e V desta resolución, ademais das establecidas na documentación ambiental presentada, resumidas no anexo III.
Segundo.- Conceder a Sumtec, S.L. a autorización ambiental integrada co número de rexistro 2004/0184-AIA/IPPC-005, para as instalacións de estiramento de chapa, lacaxe, foliación, persiana e paneis Isowall en Cerceda (A Coruña), cos requirimentos que se fixan no anexo V desta resolución.
Terceiro.- Inscribir esta instalación no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia como pequeno produtor de residuos perigosos, co número de inscrición SC-RP-P-PP-00021.
Cuarto.- Determinar a obrigatoriedade da empresa de comunicar con anterioridade ao funcionamento da ampliación este feito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que se inspeccione a localización e as instalacións, e se verifique o cumprimento das condicións contidas nesta autorización.
Quinto.- Establecer unha vixencia máxima de cinco (5) anos para esta autorización.
Sexto.- Establecer a obriga de que o titular lle comunique á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera modificación que se pretenda levar a cabo na actividade, indicando razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2º da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, acompañándose dos documentos xustificativos oportunos. Para estas modificacións aplicarase o sinalado nos artigos 10.4º e 10.5º da citada lei.
Sétimo.- Establecer, no caso de cambio de titularidade, a obriga de que este feito sexa comunicado á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, presentándose documentación que acredite este cambio.
Oitavo.- Determinar a posibilidade de modificación desta resolución tanto de oficio, conforme os supostos establecidos no artigo 26 da Lei 16/2002, como por solicitude motivada do promotor, co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio.
Noveno.- Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Décimo.- Notificar esta resolución, para os efectos oportunos, a Sumtec, S.L. e ao Concello de Cerceda.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na súa redacción dada pola Lei 16/2002, ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2005.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I: Datos do expediente
1. Datos da empresa:
Nome: Sumtec, S.L.
NIF: B-15249881.
Domicilio fiscal: avda. de la Prensa, parc. 55 bis, polígono industrial de Sabón.
Poboación: Arteixo.
Código postal: 15142.
Provincia: A Coruña.
Persoa de contacto: María Blanco Conde.
DNI: 46900893-Y.
2. Datos do expediente:
Clave: 2004/0184 (IPPC/AIA).
Tipo de solicitude: nova instalación.
Categoría IPPC: anexo I, epígrafe 2.6.
Categoría EIA: anexo I, epígrafe 9.g).
Localización da instalación: polígono de Acevedo.
Poboación: Cerceda.
Provincia: A Coruña.
Descrición da actividade: lacaxe (chapa, molduras, perfís de aluminio), foliación (chapa, perfís de aluminio) e fabricación de paneis estruturais Isowall.
CNAE: 28.51 Tratamento e revestimento de metais.
Código NOSE-P: 105.1 Tratamento de superficie de metais e plásticos (procesos xerais de fabricación).
3. Seguros e fianzas:
Esta dirección xeral propón como contía do aval ambiental indicado nas condicións específicas da DIA o 1% do orzamento de execución por contrata. O Concello de Cerceda fixará a contía final deste aval, ao recaer nel a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade prevista.
De acordo co disposto no artigo 3 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, o aval constituirase á disposición do mencionado concello.
ANEXO II: Resumo do proxecto e das características da zona
Instalacións:
Sumtec, S.L. conta no polígono industrial de Acevedo, no concello de Cerceda (A Coruña), cunha instalación para a fabricación de produtos derivados da chapa e perfís de aluminio, mediante o estiramento e conformación da chapa e os seus tratamentos posteriores. En concreto, a instalación obxecto desta autorización conta cos procesos de lacaxe en po de aluminio, de foliación e de fabricación de paneis estruturais de Isowall para fachadas e teitos.
Para o desenvolvemento desta actividade industrial ocúpase unha parcela duns 40.000 m, que conta cos seguintes elementos: cinco naves para o proceso produtivo; un bloque de dúas plantas destinado a oficinas, laboratorio e vestiarios; planta depuradora de augas do proceso de lacaxe; filtro prensa para os lodos procedentes da estación depuradora; pozo; depósito de gas propano de 19 m; almacén de residuos de 40 m (con cubeto de seguranza para a recolla de verteduras); centro de transformación; e instalación de aire comprimido.
Proceso produtivo:
Tal e como se indicou no punto anterior, a instalación conta cos procesos de lacaxe, de foliación e de fabricación de paneis estruturais de Isowall; estruturado nas seguintes fases:
Pretratamento, cuxa finalidade é preparar a superficie dos materiais como protección fronte á corrosión e para a posterior adherencia da pintura. Esta fase, común aos tres procesos, é a afectada directamente pola Lei 16/2002 e pola Lei 6/2001. Nela empréganse 14 cubas cunha capacidade unitaria de 8 m (9 de aceiro inoxidable e 5 de fibra de vidro) nas cales o material de aluminio en cru é sometido ás seguintes operacións: desengraxamento ácido, decapaxe, mordentaxe ácida, cromatización, enxaugaduras intermedias e secado en forno.
Lacaxe con pintura en po termoendurecible, para a obtención de chapas, molduras ou perfís en múltiplas cores. Este proceso realízase en cabinas de pintura, con robots automatizados.
Foliación, proceso que permite adherir unha lámina de PVC a un substrato empregando un adhesivo de poliuretano monocompoñente. O material base pode ser aluminio cromatizado ou aluminio lacado, e obtéñense pezas con diferentes acabamentos en cor e imitación madeira.
Isowall, proceso para a obtención de paneis conformados para peches exteriores de fachadas e teitos. Nel adhírense dúas chapas, de aluminio ou de aceiro, a un núcleo illante de poliestireno expandido ou la de rocha, empregándose como adhesivo poliuretano reactivo bicompoñente.
Mellores técnicas dispoñibles (MTD):
- Técnicas de xestión:
* Fase común de pretratamento para as liñas de produción de lacaxe e foliación.
* Optimización dos procesos de distribución e subministración ao dispor de superficies de almacén de produtos e materias comúns ás tres liñas.
- De proceso:
* Emprego de combustibles menos contaminantes (propano) nos fornos de secado e polimerización.
* Control do mantemento e inspeccións a fin de diminuír os gases de combustión procedentes da maquinaria móbil e dos vehículos.
* Optimización das técnicas de lavado, mediante a realización do lavado estanco+fervenza (inmersión).
* Instalación na liña dun desengraxamento en quente, que permite unha eliminación máis eficaz de graxas e aceites e facilita a escorredura.
* Diminución das concentracións de traballo dos baños de tratamento.
* Limpeza de lodos nos baños de tratamento varias veces ao ano.
* Purga periódica dos baños.
* Renovación completa das enxaugaduras de auga de rede periodicamente.
* Emprego de auga desionizada nos módulos de mordentaxe e cromatización.
Recursos:
- Materias primas: material de aluminio e aceiro, taboleiro contrachapado, pranchas de poliestireno, pranchas de puren, reactivos químicos varios e pintura en po.
- Auga: procede de fontes propias de subministración (pozo). O consumo estímase en 6.000 m/ano.
- Enerxía: emprégase enerxía eléctrica (para a subministración da maquinaria fixa, iluminación e usos xerais), gas propano (para os fornos) e gasóleo (para a carreta elevadora de motor diésel).
Os consumos de enerxía estímanse en enerxía eléctrica (332.472 kWh); gas propano (89 t) e gasóleo (3.600 l).
Características da zona de implantación:
Cerceda caracterízase por presentar á vez un marcado carácter rural e unha grande importancia desde o punto de vista industrial debido á presenza de instalacións como a central térmica de Meirama e a instalación de tratamento de residuos de Sogama.
Aínda que estas actividades poden influír na calidade da atmosfera, cabe indicar que nesta zona os niveis de inmisión de SO, partículas e NO, se encontran baixo dos límites establecidos na lexislación vixente.
A zona caracterízase por mostrar certa actividade humana, existindo xa tráfico rodado e a vía do tren nas inmediacións, así como por presentar grupos de vivendas illadas e dispersas.
A parcela encóntrase enmarcada dentro do polígono industrial de Acevedo, aínda que na actualidade hai parcelas anexas destinadas ao uso agrícola. Isto significa que a parcela se rodea dunha contorna antropizada dominada por un medio industrial.
ANEXO III: Resumo das medidas propostas para a protección ambiental
Na documentación presentada propóñense, entre outras, as medidas que se indican a seguir:
* Medidas contra ás emisións:
- Os traballos de movemento de material dentro da instalación realizaranse extremando os coidados.
- Emprego de maquinaria que cumpra coa lexislación vixente en materia de emisión de fumes e gases de vehículos a motor. Substitución inmediata de maquinaria que non cumpra.
* Medidas contra os ruídos:
- De producirse unha queixa polas emisións de ruído, realizarase unha inspección da zona e comprobarase o correcto funcionamento dos equipamentos, procedendo, se for o caso, á súa substitución.
- Realización das tarefas de mantemento dos equipamentos instalados.
* Medidas contra os residuos:
- Almacenaxe e xestión adecuada dos residuos xerados.
- Correcto mantemento da maquinaria, coa subseguinte diminución de residuos e prolongación da súa vida útil.
* Medidas contra as verteduras:
- Mantemento en perfecto estado da depuradora, para garantir as condicións de vertedura á rede de saneamento do polígono.
- Almacexe e xestión de residuos perigosos conforme a lexislación en vigor.
- Control da maquinaria para evitar derramos.
* Medidas contra a contaminación de solos:
- Manteranse en perfecto estado de limpeza e revisión os cubertos de seguridade contra derramos de substancias perigosas (almacén de residuos perigosos e foso de seguranza da depuradora).
- De producirse algún derramo que puidese infiltrarse no solo, adoptaranse as medidas adecuadas para emendar o incidente e deixar o solo en óptimas condicións.
* Medidas cara ao medio biótico:
- Orientación dos proxectores de luz exclusivamente cara ás áreas que se precisa iluminar.
- Acendemento unicamente dos proxectores necesarios para a actividade, manténdose o resto apagados.
- Supervisión periódica do desenvolvemento das zonas contiguas con vexetación.
* Medidas cara ao medio socioeconómico:
- Favorecerase no posible a contratación de man de obra residente no concello de Cerceda.
* Outras medidas:
- Controlarase o consumo de recursos naturais, auga, enerxía eléctrica, etcétera, co obxecto de optimizalos.
ANEXO IV: Condicións da declaración de impacto ambiental
Como complemento das medidas sinaladas nos anexos III e V, deseguido se expoñen as condicións que deben ser adoptadas para determinar a viabilidade ambiental da ampliación proxectada:
- Depositarase un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se poidan causar ao medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, e segundo o indicado no punto 3 do anexo I desta resolución.
- Adoptaranse, na medida do posible, as boas prácticas recollidas no anexo VI desta resolución.
- Procederase á implantación dunha pantalla vexetal no perímetro da parcela de ocupación.
- De procederse ao cerramento da instalación, e tal e como se prevé, desmantelaranse os equipamentos e maquinaria da instalación, destinándoos, en función das súas condicións e características, para a venda como maquinaria usada ou á súa entrega a xestor autorizado. Os edificios serán revendidos para outros usos ou, no caso de que isto non sexa posible, demolidos e restaurado o terreo, en función dos seus usos futuros.
- Designarase un responsable do control do cumprimento desta resolución, notificando o seu nomeamento a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e ao Concello de Cerceda.
- Con carácter semestral os dous primeiros anos e anual os seguintes, remitiráselle ao concello informe -asinado polo/s técnico/s responsable/s- que, como mínimo, conteña a seguinte documentación:
a) Resultados e conclusións relativas aos controis efectuados en cumprimento dos requirimentos efectuados no anexo V desta resolución, especificándose o procedemento empregado para realizar as determinacións.
b) Informe sobre as incidencias coas repercusións ambientais acontecidas, con indicación expresa das medidas adoptadas para a súa corrección e da súa efectividade.
ANEXO V: Autorización ambiental integrada.
1. Sobre a atmosfera.
1.1. Valores límite de emisión.
Tendo en conta que:
- Os gases de combustión dos focos fixos proceden da combustión do propano (combustible limpo).
- A suma da potencia calorífica dos queimadores é baixa, no acadando as 200 termias por hora, polo que as emisións van ser baixas.
- Dentro do rango de temperaturas de traballo dos baños (30º-40º C) non se prevén emanacións de vapores inorgánicos ao ambiente laboral.
- A actividade non está afectada polo Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico.
- A calidade de aire no lugar de asentamento.
Non se considera necesario o establecemento de valores límite de emisión para esta actividade.
1.2. Sistemas e procedementos para aminorar as emisións.
- Os vehículos de motor que se empreguen na instalación cumprirán coa lexislación vixente en materia de emisións de fumes e gases.
- Limitarase a emisión de partículas procedentes da circulación dos vehículos mediante a urbanización completa da parcela e, adicionalmente, cun sistema de varremento por máquina succionadora en todo o contorno.
1.3. Vixilancia e control ambiental.
- Dado que esta instalación está suxeita á Decisión do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes (EPER), notificaranse os datos de emisións para os NOX. Estes datos poden ser medidos, calculados ou estimados. No caso de que se proceda á súa medición, terase en conta que:
a) Os focos emisores disporán dunha instalación axeitada para a medición e mostraxe de contaminantes atmosféricos, conforme a Orde ministerial do 18 de outubro de 1976, sobre prevención e corrección da contaminación industrial da atmosfera.
b) As medicións manuais, en semiautomático e en automático, realizaranse conforme a normas EN, UNE-EN, ou UNE e, en ausencia destas, conforme a normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente.
2. Sobre o nivel de presión sonora e vibracións.
2.1. Valores límite.
Para a determinación dos valores límite de presión sonora e de vibracións considérase:
- As emisións sonoras e vibracións ocasionadas polos equipamentos.
- Os límites recollidos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.
- As especificacións realizadas polo Concello de Cerceda para o polígono industrial de Acevedo.
Tendo en conta o anterior, establécense os seguintes valores límite dentro do polígono industrial:
Horario: das 8.00 ás 22.00 horas.
Valor límite (dB(A)): 75.
Horario: das 22.00 ás 8.00 horas.
Valor límite (db(A)): 65.
En todo caso, os niveis de presión sonora nas vivendas máis próximas á instalación non superarán os límites establecidos na Lei 7/1997, para zonas de moderada sensibilidade acústica.
Ningún aparello mecánico transmitirá aos elementos sólidos que compoñen a compartimentación do recinto receptor niveis de vibración superiores aos sinalados no anexo da norma ISO-2631-2.
2.2. Sistemas e procedementos para minimizar a contaminación acústica.
- A instalación contará co illamento acústico que garanta o cumprimento dos niveis de presión sonora sinalados no punto anterior. Para isto, observarase o disposto no capítulo III da Lei 1/1997.
- Realizarase o mantemento preventivo da maquinaria e vehículos da instalación.
2.3. Vixilancia e control ambiental.
- Realizarase un seguimento anual do nivel de presión sonora emitido pola instalación, coincidindo con períodos de máxima actividade. Este control deberá ser realizado por unha entidade homologada pola Consellería de Medio Ambiente, seguindo para isto os procedementos establecidos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.
- Os puntos de control do nivel de presión sonora serán os mesmos que os empregados para o branco ambiental:
Punto // Descrición
1 // Lateral dereito da instalación, vivenda máis próxima a 100 m
2 // Zona posterior da instalación, vivenda máis próxima a 800 m
3 // Zona de monte baixo
4 // Zona frontal da instalación
5 // Acceso á instalación
3. Sobre as verteduras líquidas.
3.1. Valores límite de vertedura.
Para determinar os valores límites de vertedura valorouse:
- O tipo e destino das verteduras:
* Augas fecais: son conducidas á rede xeral de saneamento do concello.
* Rede de pluviais: son conducidas cara á rede de pluviais do polígono.
* Augas de proceso: son conducidas ata unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) propia, previamente á súa vertedura á rede de saneamento do concello.
- A ordenanza reguladora do uso de verteduras á rede de sumidoiros do Concello de Cerceda (BOP nº 165, do 20 de xullo).
Tendo en conta o anterior, para a súa aceptación na rede de saneamento, establécense as seguintes limitacións para as augas residuais da instalación (fecais e de proceso):
a) O caudal máximo de vertedura será de 2.500 l/h e 6.000 m/ano.
b) Non se superarán as concentracións de contaminantes que se indican na seguinte táboa:
Parámetro // Valores límite
pH // 5,5-9
Cor Inapreciable a dilución // 1/20
Sólidos graúdos // Ausencia
Condutividade (20º C) // 3.000 ls/cm
Sólidos en suspensión // 300 mg/L
DQOtotal // 300 mg/L
DBO // 500 mg/L
Aceites e graxas // 40 mg/L
Temperatura // '40º C
Deterxentes aniónicos // 5 mg/L
Cloruros // 2.000 mg/L
Fluoruros // 10 mg/L
Sulfatos // 2.000 mg/L
Sulfuros // 2 mg/L
Aluminio // 3 mg/L
Cromo total // 2 mg/L
Cromo hexavalente // 200 lg/L
3.2. Descrición dos sistemas e procedementos para minorar e tratar as verteduras.
- Adecuaranse as liñas de bastidores para que se facilite a escorredura e se garanta a axeitada circulación do líquido; coidándose así mesmo a correcta disposición das pezas.
- Axustaranse os parámetros dos baños (temperatura, concentración, tempo de inmersión, pH) co fin de minimizar os arrastres, alongar a súa vida e diminuír o consumo de auga. Para poder realizar estes axustes, así como para o seu posterior control, instalaranse os elementos de control precisos (caudalímetros, pHmetros, termóstatos, condutivímetros e válvulas redutoras de fluxo).
- No proceso de desengraxamento en quente as operacións de lavado realizaranse mediante lavado estanco, renovando de forma periódica o baño.
- Nos módulos de mordentaxe e cromatización empregarase auga desionizada, co obxecto de alongar a vida útil dos baños. Ademais, realizaranse as seguintes modificacións respecto do procedemento actual:
a) No módulo de mordentaxe transformaranse as enxaugaduras de auga de rede en fervenza coa enxaugadura de desengraxamento en frío, en dúas enxaugaduras en fervenzas independentes para este módulo, diminuíndo o caudal de auga de rede e mellorando a calidade do lavado.
b) No módulo de cromatización converterase a actual enxaugadura de auga de rede en dúas enxaugaduras en fervenza para este módulo, reducíndose o caudal de traballo e a carga contaminante que recibe o equipamento de auga desionizada.
- Empregarase axitación mecánica nos primeiros lavados en fervenza e no lavado estanco, co fin de facilitar o lavado. Se o material para tratar é delicado, empregarase como alternativa a introdución varias veces no baño.
- As disolucións desengraxantes que se empreguen non conterán cianuros.
- As augas de proceso serán recollidas e conducidas cara á EDAR da instalación, na cal serán sometidas a un tratamento físico-químico que comprenderá: redución de cromo hexavalente a trivalente; precipitación, neutralización e sedimentación de hidróxidos metálicos. No caso concreto dos efluentes procedentes dos desengramentos, previamente procederase á separación dos aceites e graxas.
- Dentro do plan de mantemento da instalación incluirase a limpeza periódica das superficies externas. En todo caso, non se poderán efectuar no exterior actividades que poidan ocasionar afeccións ao medio por arrastres ou verteduras se, previamente, non se adoptan as medidas necesarias para evitalos.
3.3. Vixilancia e control ambiental.
- Cunha periodicidade mínima semanal efectuaranse revisións da parcela co obxecto de verificar que non existe risco de verteduras ou de arrastres cara á rede de pluviais.
- Augas abaixo da última vertedura e xusto antes do punto de conexión coa rede de sumidoiros, de forma que o fluxo de vertedura non poida modificarse, disporase dunha arqueta para o control das verteduras, con acceso directo para a súa inspección. Instalaranse así mesmo caudalímetros para o control do caudal vertido á rede.
- Realizaranse análises semestrais das verteduras á rede de saneamento, co obxecto de verificar que se cumpre cos límites de vertedura establecidos.
- Anualmente remitiráselle ao concello un informe co seguinte contido mínimo: caudal de vertedura e determinación dos parámetros recollidos na táboa de valores límite de vertedura á rede de saneamento. O primeiro informe remitirase un ano despois de obter a autorización.
- As análises serán efectuadas por organismos Control da Administración (OCA) en materia de ambiente, seguindo a metodoloxía establecida en normas EN, UNE-EN, ou UNE e, en ausencia destas, conforme normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente.
- Durante o proceso controlaranse diariamente os parámetros dos baños, co obxecto de comprobar que o seu axuste é o adecuado para minimizar os arrastres, alongar a súa vida e diminuír o consumo de auga.
4. Sobre a protección do solo e das augas subterráneas.
4.1. Sistemas e procedementos para evitar a contaminación.
- As instalacións en que poida existir perigo de derramo ou fugas de substancias perigosas (almacenamento de reactivos e de residuos perigosos, baños e EDAR) contarán con elementos de impermeabilización, recolla e/ou contención para evitar calquera tipo de afección.
- O almacenamento de reactivos efectuarase en condicións de seguranza e hixiene. En todo caso, o almacenamento de materias primas, residuos ou materiais realizarase sempre no interior das instalacións.
4.2. Vixilancia e control ambiental.
- Dado que a instalación está recollida no anexo I do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, realizarase un informe de situación do solo en que se localiza a instalación, cuxo alcance e contido mínimo será o estipulado no anexo II do antedito real decreto.
- Semestralmente controlaranse en augas subterráneas os seguintes parámetros:
* Sólidos en suspensión // * pH // * Aceites e graxas
* Cromo III // * Condutividade // * Deterxentes
* Cromo VI // * Aluminio // * Fluoruros
* Sulfuros // * DQO // * Cloruros
* Sulfatos // * DBO // * Fosfatos
Para isto, instalaranse dous piezómetros de control: un de referencia, augas arriba da zona de pretratamento e outro augas abaixo da EDAR da instalación.
- Anualmente efectuaranse catro catas, dúas augas arriba e dúas augas abaixo da instalación, para o control de solos, analizándose os seguintes parámetros: cromo (III e VI), sulfatos, pH, aluminio, substancias lipófilas, fluoruros, cloruros e fosfatos.
- As analíticas efectuaranse seguindo a metodoloxía establecida en normas EN, UNE-EN, ou UNE e, en ausencia destas, conforme normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente.
- O plan de mantemento da instalación incluirá comprobacións visuais diarias para a detección de fugas ou derramos. Ademais do anterior, no caso das cubas de tratamento, efectuaranse probas de verificación anuais, que considerarán a medida do grosor. Estas probas remitiranse anualmente a este órgano ambiental, informando pola súa vez de calquera mantemento, reparación ou renovación.
5. Sobre a xestión de residuos.
Segundo estima a empresa, as cantidades e residuos xerados na instalación son:
Proceso // Produto // LER // Clasificación // kg/ano
Lacaxe // Pintura en po // 080112 // Non perigoso // 8.400
Resinas intercambio iónico // 190806 // Perigoso // 20
Envases non perigosos // 150106 // Non perigoso // 210
Envases perigosos // 150110 // Perigoso // 180
Foliación // Adhesivo reticulado // 080410 // Non perigoso // 180
Disolventes //070203 070204 // Perigoso // 15
Envases non perigosos // 150106 // Non perigoso // 75
Folio PVC // 070299 // Non perigoso // 240
Isowall Adhesivo reticulado // 080410 // Non perigoso // 150
Envases non perigosos // 150106 // Non perigoso // 100
Depuradora // Torta filtro prensa // 110110 // Non perigoso // 34.800
Envases non perigosos // 150106 // Non perigoso // 300
Mantemento e
servizos xerais // Graxas e aceites // 130110 130205 // Perigoso // 300
Baterías // 160601 // Perigoso // 30
Filtros aceite // 160107 // Perigoso // 12
Trapos de limpeza // 150202 // Perigoso // 120
RSU (1) // 200399 // Non perigoso // 2.400
Envases non perigosos // 150106 // Non perigoso // 5
Envases perigosos // 150110 // Perigoso // 30
(1) Mestura de residuos inorgánicos industriais non perigosos, cartóns, plásticos, poliestirenos, varredoiras, papel, PVC, madeira, etc.
5.1. Procementos de xestión.
- Adoptaranse as medidas técnicas e economicamente viables para reducir a cantidade de residuos xerados no proceso.
- Adoptaranse as medidas correctoras oportunas co obxecto de que os residuos se almacenen en condicións axeitadas de hixiene, seguranza e segregación, garantindo en todo caso que se impida calquera afección ao ambiente. En relación con este aspecto, e no que respecta aos residuos perigosos, cumpriranse as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetaxe e almacenamento establecidas no Real decreto 833/1988 e no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño.
- Os traslados dos residuos perigosos realizaranse do xeito indicado no Real decreto 833/1988 e/ou no Decreto 221/2003, do 27 de marzo, polo que se establece un réxime simplificado no control dos traslados de residuos perigosos producidos por pequenos produtores de residuos.
- Os residuos urbanos ou asimilables a urbanos entregaranse ao concello ou empresa adxudicataria da xestión de residuos municipais nas condicións fixadas nas correspondentes ordenanzas. No caso de que a entidade local xustificadamente obrigue á xestión dalgún tipo de residuo desta natureza á empresa, esta xestionaraos a través dos xestores autorizados de residuos sólidos urbanos.
- Os residuos non perigosos agrupados no código 200399 deberán ser segregados e entregados a xestores autorizados para residuos industriais, priorizándose a entrega a xestores que realicen operacións de valorización e que se atopen próximos á instalación.
5.2. Vixilancia e control ambiental.
- O plan de mantemento da planta incluirá revisións, cunha periodicidade mínima semanal, do almacén de residuos, co obxecto de determinar o cumprimento das prescricións de almacenamento indicadas no punto anterior.
- Co obxecto de levar a cabo plans de minoración dos residuos industriais, urbanos e asimilables, e perigosos, e poder avaliar e controlar as medidas adoptadas, realizarase un rexistro das cantidades e natureza dos residuos. Este rexistro avaliarase en relación coas cantidades de materias primas consumidas e de parámetros de produción final en períodos anuais. Anualmente presentarase perante este órgano ambiental un balance de xestión de residuos que considere os ditos parámetros e propoña medidas de redución.
6. Seguranza industrial.
- Notificaranse, nos prazos e nos termos establecidos na normativa aplicable, os datos sobre substancias, cantidades e outras circunstancias aos órganos competentes de industria da comunidade autónoma.
- Acreditarase ante o órgano competente nesta materia o cumprimento das súas obrigas, e de maneira específica no relativo a:
* Real decreto 1244/1979, do 4 de abril, polo que se aproba o Regulamento de aparellos a presión, e as súas modificacións.
* Real decreto 1942/1993, do 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.
* Real decreto 1435/1992, do 27 de novembro, sobre aproximación de lexislacións dos estados membros sobre máquinas.
* Real decreto 379/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento de almacenamento de produtos químicos.
* Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico de baixa tensión.
* Calquera outra disposición regulamentaria ou técnica que lle sexa de aplicación.
7. Medidas para adoptar en situacións de funcionamento anormais.
- De detectárense anomalías no funcionamento da instalación que ocasionen o incumprimento dos límites impostos nesta autorización, procederase á determinación inmediata da orixe do problema e, no caso de persistiren, paralizarase a actividade causante das anomalías.
- No caso concreto de verteduras de augas residuais, ademais do anterior, informarase inmediatamente por escrito ao concello das verteduras realizadas, indicando as medidas adoptadas para solucionar o problema.
- Estas incidencias seranlle comunicadas inmediatamente a esta dirección xeral.
ANEXO VI: Boas prácticas
- Realización dun inventario e unha revisión anual das materias primas, auxiliares e auga empregada, considerando o seu impacto ambiental.
- Planificación e execución do mantemento. A instalación e os equipamentos deben estar suxeitos a programas de mantemento preventivo de forma regular de acordo cos requirimentos de operación.
- Realización de campañas de información entre o persoal co albo de conciencialos na minoración dos consumos de recursos e da xeración de residuos.
- Sinalización adecuada das zonas de almacenamento de residuos.
- Verificación da eficiencia enerxética e de produción da maquinaria, rexistro de consumos, e realización do mantemento preventivo desta de xeito que se manteña en óptimo estado, evitando consumos innecesarios de auga e/ou enerxía.
- Apagamento de equipos e da iluminación cando non sexa necesaria e modular a intensidade de luz en función das necesidades.
- Control do emprego de produtos químicos nas operacións de limpeza, dado que esta práctica non asegura uns mellores resultados.
- Incorporación de aspectos ambientais para o aprovisionamento, mediante a escolla de materiais, produtos e subministradores con certificación ambiental.
- Mantemento das áreas de traballo, co obxecto de detectar posibles fugas de fluídos.
- Adquisición de produtos químicos en pequenas cantidades para reducir o tempo de almacenamento.
- Almacenamento dos produtos en contedores e envases especiais, que podan ser reutilizables, debidamente etiquetados e herméticos.
- Separación e afastamento de produtos incompatibles dentro do almacén.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL