Diario Oficial de Galicia, 22-04-2005, Núm. 77, Páx. 6761
Resolución do 6 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada e se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de planta de produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Air Liquide Ibérica de Gases, S.L.U. (Aligás). Clave: 2003/0175 (IPPC/EIA).
Antecedentes de feito
Primeiro.- O 6 de agosto de 2003 Eva Matas Fernández, en representación de Air Liquide Ibérica de Gases, S.L.U. con NIF B-83479857, domiciliada para efectos de notificación en Paseo de la Castellana, nº 35, CP 28046, Madrid, solicita autorización ambiental integrada para unha planta de produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico no concello de Arteixo.
Segundo.- Entre a documentación presentada xunto coa solicitude inclúese o informe favorable do concello relativo á compatibilidade urbanística da actuación.
Terceiro.- O 17 de decembro de 2003 Aligás presenta documentación co fin de completar a información conforme o indicado no artigo 12 da Lei 16/2002.
Cuarto.- O 25 e 27 de febreiro de 2004 publícase no Diario Oficial de Galicia (nº 39) e no BOP da Coruña (nº 47), a Resolución do 5 de febreiro de 2004, desta dirección xeral, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada do proxecto obxecto desta resolución; para os efectos previstos na Lei 16/2002, no Real decreto lexislativo 1302/1986 modificado pola Lei 6/2001 e no Decreto 2414/1961.
Quinto.- Con datas 7 e 26 de abril de 2004 recibíronse os certificados de información pública emitidos, respectivamente, pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e polo Concello de Arteixo. No expediente non consta a presentación de alegacións dentro do período establecido.
Sexto.- Concluído o período de información pública, e en cumprimento dos artigos 17 e 18 da Lei 16/2002, solicitouse informe dos órganos que se considerou que se debían pronunciarse sobre as diferentes materias da súa competencia.
Sétimo.- Os organismos que emitiron informe durante a tramitación da autorización son:
- Concello de Arteixo.
- Augas de Galicia.
- Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Subdirección Xeral de Administración Industrial.
- Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.
- Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.
- Dirección Xeral de Saúde Pública.
- Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
- E.T.S. de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.
Oitavo.- Realizado o trámite de audiencia o 28 de xuño de 2004 conforme o estipulado no artigo 20 da lei, non se ten constancia da presentación de alegacións.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.- A instalación de referencia está afectada pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (anexo I, 4.2.a) e polo Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio (anexo I, grupo 5.a.2).
Segundo.- De conformidade co disposto no Decreto 16/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (c.e. do 9 de xuño de 2004), esta dirección xeral é o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada (AAI) e para formular a declaración de impacto ambiental (DIA).
Terceiro.- A instalación está afectada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Cuarto.- De conformidade co disposto no capítulo II do antedito Decreto 2414/1961, correspóndelle ao concello conceder licenza para o exercicio da actividade, polo que, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 16/2002, recae neste a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade prevista.
Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto
RESOLVO:
Primeiro.- Formular a declaración de impacto ambiental para a instalación proxectada, considerando que esta é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que figuran no anexo IV e V desta resolución, ademais das contidas na documentación ambiental presentada, resumidas no anexo III.
Segundo.- Conceder a Air Liquide Ibérica de Gases, S.L.U. autorización ambiental integrada para a construción, montaxe e explotación dunha planta de produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico no concello de Arteixo, cos requirimentos que se fixan no anexo V desta resolución e inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia co número de rexistro C/018/2004.
Terceiro.- Determinar a obrigatoriedade da empresa de comunicar, con anterioridade ao comezo da actividade da instalación, este feito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que se inspeccione a localización e as instalacións, e se verifique o cumprimento das condicións contidas nesta autorización.
Cuarto.- Establecer unha vixencia máxima de cinco (5) anos para esta autorización.
Quinto.- Establecer a obriga de comunicar a esta dirección xeral calquera modificación da actividade que se pretenda levar a cabo, indicándose razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2º da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, presentando os documentos xustificativos oportunos, sendo de aplicación o sinalado nos artigos 10.4º e 10.5º da citada lei.
Sexto.- Determinar a posibilidade de modificación desta resolución tanto de oficio, conforme os supostos establecidos no artigo 26 da Lei 16/2002, como por solicitude motivada do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio.
Sétimo.- Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.- Notificar esta resolución a Air Liquide Ibérica de Gases, S.L.U. e ao concello de Arteixo, para os efectos oportunos.
Fronte a esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na súa redacción dada pola Lei 16/2002, ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2004.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I - Datos da empresa matriz, do expediente, seguros e fianzas
1. Datos da empresa matriz:
Razón social: Air Liquide Ibérica de Gases, S.L.U. (Aligás) (pertencente ao grupo Air Liquide).
CIF: B-83479857.
Enderezo postal: Paseo de la Castellana, nº 35.
Poboación: Madrid.
Código postal: 28046.
Provincia: Madrid.
Representante legal: Antonio María Melchor Santaolalla.
NIF: 50271351-K.
Actividade económica principal: fabricación de gases industriais. Produción de hidróxeno.
C.N.A.E.-93: 24.11.
2. Datos do expediente:
Clave: 2003/0175 (IPPC/EIA).
Tipo de solicitude: nova instalación.
Categoría IPPC: anexo I, grupo 4.2.a.
Categoría EIA: anexo I, grupo 5.a.2.
Enderezo postal da instalación: avda. Butano, 75. Meicende.
Código postal: 15008.
Provincia: A Coruña.
Localización da planta: lugar de Borroa, Pastoriza, concello de Arteixo.
Descrición da actividade: produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico a partir de nafta e gas natural.
3. Seguros e fianzas.
- A empresa ten acreditada a subscrición dunha póliza de seguro de responsabilidade civil cunha cobertura superior a cincuenta e tres mil oitenta e nove euros (53.089 A) que cobre, segundo os seus termos, os danos previstos no artigo 10.1º do Decreto 298/2000, do 7 de decembro.
- Esta dirección xeral propón como contía do aval ambiental indicado no anexo IV desta resolución a cantidade de oitenta e dous mil novecentos sesenta euros (82.960 A). A contía final deste será fixada polo Concello de Arteixo, ao recaer nel a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade prevista. De acordo co disposto no artigo 3º do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, o aval constituirase á disposición do mencionado concello.
ANEXO II: Resumo do proxecto
O obxecto do proxecto é a construción e explotación dunha planta de produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico a partir de nafta e gas natural.
A planta ocupa unha superficie aproximada de 16.500 m, localizada no val de Nostián, lugar de Borroa, parroquia de Pastoriza, no concello de Arteixo, quedando a localización definido polas seguintes coordenadas UTM:
De X = 543.500 a X = 544.500
De Y = 4.799.500 a Y = 4.800.500
Como obxectivo principal da actividade destaca a subministración de hidróxeno para a planta de hidrotratamento de carga a FCC (que se realizará nas instalacións de REPSOL-YPF localizadas no polígono industrial da Grela-Bens). Ademais, distribuirán hidróxeno no mercado industrial ibérico, a clientes de menor consumo, e realizarán a purificación e acondicionamento de anhídrido carbónico para distribución posterior.
A planta está deseñada para funcionar empregando como materia prima nafta (9.609 kg/h) suministrado por REPSOL YPF ou gas natural (11.163 Nm/h). No caso de empregar nafta como materia prima o consumo de gas natural estímase en 1.744 Nm/h.
Como materias auxiliares empregaranse:
1. Na unidade de hidróxeno:
- Fosfato (300 kg/ano).
- Morfolina (4.000 kg/ano).
- Dimetildisulfuro (DMDS) (300 kg/ano).
- Metildietanolamina (MDEA) (1.500 kg/ano).
- Piperacina (800 kg/ano).
- Antiespuma (100 kg/ano).
- Sosa ao 50%.
- Ácido clorhídrico ao 30%.
2. Na unidade de purificación e licuefacción de CO:
- CO bruto procedente da unidade de hidróxeno.
A produción de hidróxeno empregando alimentación continua de nafta é de 2.800 kg/h, podendo acadar a produción de CO puro de calidade alimentaria as 120 t/día.
O proceso fabril constará basicamente das seguintes unidades:
1. Unidade de hidróxeno (para produción de hidróxeno e vapor), na cal se realizan as seguintes fases:
a) Vaporización da materia prima (só se é nafta).
b) Prequentamento da materia prima.
c) Hidroxenación e desulfuración da materia prima.
d) Prequentamento final da alimentación.
e) Pre-reformado e reformado con vapor tubular.
f) Reacción de conversión Shift.
g) Arrefriamento Syngas.
h) Extracción de dióxido de carbono.
i) Purificación de hidróxeno mediante PSA.
j) Proceso de condensación.
k) Subministración de auga desmineralizada.
l) Sistema de vapor.
2. Unidade de CO (para purificación e acondicionamento de dióxido de carbono):
a) Pretratamento: lavado en contracorrente con auga desmineralizada.
b) Compresión.
c) Purificación.
d) Licuefacción.
e) Almacenamento.
f) Circuíto de amoníaco.
3. Unidade H-MM (para acondicionamento e transporte de hidróxeno a alta presión):
a) Compresión.
b) Carga e recheo de semirremolques.
Outros sistemas auxiliares con que contará a planta son:
a) Sistema de nitróxeno formado principalmente por un tanque de almacenamento crioxénico de N2 líquido e un gasificador de N2.
b) Sistema de auga de refrixeración, pertencente a REPSOL YPF.
c) Sistema de auga bruta ou de servizos. A auga bruta será achegada por REPSOL YPF.
d) Sistema de auga desmineralizada. A auga desmineralizada será achegada por REPSOL YPF.
e) Sistema de auga potable. Disporase de auga potable canalizada, achegada por REPSOL YPF.
f) Sistema de aire de instrumentación, achegado por REPSOL YPF.
g) Sistema de aire de planta. Este sistema será tamén achegado por REPSOL YPF.
As edificacións con que contará a planta son:
a) Edificio de control no cal se inclúe a sala de xestión de carga de cisternas de CO e a sala de análises de CO.
b) Sala eléctrica.
c) Salas auxiliares.
d) Sala de análise de H.
e) Nave de compresores de H.
Finalmente indicar que a zona de localización da planta, segundo se extrae do estudo ambiental, sitúase no interior dun complexo industrial (C.I.), nunha zona costeira totalmente industrializada cunha acusada actividade antrópica.
Desde o xeolóxico cabe destacar que a columna litolóxica tipo se caracteriza por presentar os seguintes tipos de materiais:
- Recheo de materiais antrópicos achegados para a realización do C.I.
- Lama.
- Areas ou gravas.
- Granodioritas alteradas.
- Granodiorita sa a unha profundidade en torno a 20 m.
Desde o punto de vista hidróxeolóxico cabe indicar que:
- A zona na que se localiza o proxecto é relativamente elevada, quedando illada das grandes bacías que descargan ao Atlántico, resultando demasiado pequena e próxima á costa como para desenvolver unha bacía propia de entidade. O C.I. en que se situará a planta está situado no interior dunha bacía hidrográfica cuxos límites veñen establecidos por un polígono de xeometría xeral rectangular que desauga ao mar pola cala de Bens.
- A dirección preferente de drenaxe das augas subterráneas a nivel de granodiorita alterada (fluxo intermedio) alíñase no eixe S-N no val de Bens, mentres que no val de Nostián se detecta como preferente a dirección SW-EN. Cabe indicar que no val de Nostián o nivel flutuante da freática ten unha potencia media de 0,5 m, tendendo estes solos a saturarse durante o período invernal, con afloramentos dos freáticos e frecuentes asolagamentos.
- Desde o punto de vista hidrolóxico a planta sitúase no centro dunha bacía pechada tanto das escorregas superficiais como das subterráneas e cunha soa saída directa cara ao mar. Polo que calquera eventual contaminación, tanto superficial como profunda, é controlable á saída de bens e non pode afectar ningún punto exterior a este contorno.
A acusada actividade antrópica no contorno ocasionou unha supresión da cuberta vexetal, quedando actualmente circunscrita a pequenas extensións de prados, matos (con predominio de asociacións breixeira-toxeira) e predios de explotación agrícola para autoconsumo, sendo os cultivos principais trigo, millo e pataca.
A presenza de fauna no interior da área terá un carácter anecdótico, sendo as gaivotas as que presentan unha maior presenza.
ANEXO III - Resumo das medidas propostas para a protección ambiental na documentación presentada
Na documentación presentada considérase a adopción das seguintes medidas:
1. Na fase de obra:
- Empregar maquinaria e vehículos con certificado de inspección actualizado.
- Realizar labores de mantemento de maquinaria en talleres autorizados.
- Os residuos xerados serán xestionados a través de xestores autorizados. No caso dos residuos perigosos, a xestión realizarase de acordo coa Lei 10/1998 de residuos, o Real decreto 833/1988 e o Real decreto 952/1997.
- Adecuación de tanques e cubetos para previr a xeración de residuos, facilitando en caso de derramo accidental a reutilización dos produtos almacenados.
- Previranse e reduciranse os residuos xerados mediante a súa adecuada separación en orixe, así como un axeitado almacenamento.
- Na elección dos xestores autorizados para xestionar cada tipo de residuo teranse en conta as seguintes prioridades de tratamento: reutilización, valorización e, en último termo, a eliminación.
2. Na fase de funcionamento:
- Adquirir equipamentos logo da valoración técnica relativa á emisión de ruídos.
- Xestionar os catalizadores esgotados de acordo coas exixencias da normativa vixente.
- Recuperación e reutilización de metais nos catalizadores esgotados mediante xestores autorizados.
- En xeral, darase a calquera tipo de residuo durante a fase de funcionamento a xestión descrita na epígrafe anterior para os residuos correspondentes á fase de obra.
- Conectar todo o sistema ao dispositivo de emerxencia de descarga á antorcha.
- Axeitada separación en orixe dos diferentes tipos de efluentes co obxecto de mellorar os rendementos no seu tratamento:
- As aguas sanitarias recolleranse nunha fosa séptica onde despois dun tratamento biolóxico se incorporarán á planta TAR de REPSOL-YPF.
- As augas de proceso condúcense á planta TAR mencionada.
- As augas pluviais incorporaranse no límite á vertedura final de REPSOL-YPF.
- Para a minimización da vertedura reutilizarase a auga naqueles procesos que o permitan, como a reciclaxe da auga de refrixeración.
- Ademais do control das emisións á atmosfera, control da calidade do aire por medio de redes de inmisión.
- Aligás dispón dun único foco emisor que terá asociado un libro rexistro de emisión de contaminantes á atmosfera e nos prazos establecidos fará un control un organismo de control.
- Minimización das emisións fuxitivas por fugas, mediante aplicación dun bo programa de mantemento preventivo de válvulas e bombas.
3. Na fase de abandono:
- Ata o seu total desmantelamento, a zona permanecerá selada impedindo o acceso, e a maquinaria
e materiais disporanse en situación segura, de xeito que se eviten posibles derramos ou outro tipo de incidentes potencialmente contaminantes.
- Tras o desmantelamento, procederase á reciclaxe ou entrega a xestor autorizado dos diferentes materiais e maquinaria de refugallo.
ANEXO IV - Condicións da declaración de impacto ambiental
Como complemento das medidas sinaladas nos anexos III e V, de seguido expóñense as condicións que deben ser adoptadas para determinar a viabilidade ambiental do proxecto.
1. Condicións xerais.
1.1. Fase de obras.
- Determinaranse os lugares para o depósito de sobrantes de escavación, para os cales se deberá contar coa permiso do órgano competente.
- A totalidade das superficies auxiliares para a obra localizaranse dentro da parcela delimitada para a actuación.
- Dado que non se reserva na zona unha superficie para a fabricación do formigón nin de aglomerado asfáltico, estes serán provistos desde planta/s externa/s autorizada/s.
- Co obxecto de evitar a diseminación de partículas sedimentables nas vías de comunicación, limparanse os camións e maquinaria móbil antes da súa incorporación a estas vías.
- Procederase á restauración e revexetación das zonas de depósito dos sobrantes de escavación, de ser exclusivas para este proxecto. Empregaranse para iso especies autóctonas presentes na zona, en distribución similar á existente no contorno.
- Calquera deterioración que se poida producir nos camiños ou calquera outro servizo preexistente derivado da instalación será reposto.
- O deseño do sistema de iluminación realizarase de xeito que se minimice a contaminación lumínica mediante emprego de lámpadas de baixa intensidade dirixidas cara ao chan e se prime o aforro enerxético.
1.2. Fase de explotación.
- A planta será revisada periodicamente co obxecto de manter todas as instalacións en óptimo estado, evitándose consumos innecesarios de auga e/ou enerxía, ou almacenamentos indebidos.
1.3. Fase de abandono.
- De se producir o cesamento da actividade, procederase ao desmantelamento das instalacións e á adecuación da parcela aos usos previstos, informando o órgano ambiental -cunha anticipación mínima de seis meses- das medidas que se van adoptar para cumprir con este condicionado. Estas serán obxecto de avaliación por parte do órgano ambiental, sendo preciso informe favorable para a súa execución.
- Nun prazo máximo de dous meses contado desde o final das accións previstas para o abandono, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións de carácter ambiental.
2. Condicións específicas.
1. Fase previa ao inicio das obras.
- O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos segundo o indicado no punto 3 do anexo I desta resolución.
- Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta resolución, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ao Concello de Arteixo e á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
2. Fase de obras.
- Co obxecto de efectuar o seguimento ambiental, remitirase semestralmente ao Concello de Arteixo a documentación que se indica de seguido, que deberá estar asinada polo/s técnico/s responsable/s:
a) Cronograma actualizado das obras.
b) Memoria e conclusións relativas ao seguimento ambiental realizado, especificando as datas de cada control, de acordo co programa de vixilancia ambiental presentado para esta fase, e que comprenda os seguintes controis: emisións sonoras, calidade de aire, xestión de residuos, definición das medidas empregadas para evitar emisións de po.
c) Representación nun plano dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ao total, referido aos distintos elementos que conforman a instalación, así como o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.
d) Reportaxe fotográfica onde se reflita claramente o desenvolvemento dos traballos, indicando nestas a data e a hora de toma da fotografía.
Nota.-Co primeiro informe semestral remitiranse os resultados de medición de calidade de aire e ruídos da fase previa ás obras.
3. Fase de explotación.
- Co obxecto de efectuar o seguimento ambiental remitirase ao Concello de Arteixo, semestralmente durante os dous primeiros anos e anualmente do segundo ano en diante, a documentación que se indica de seguido, que deberá estar asinada polo/s técnico/s responsable/s:
a) Informe de emisións atmosféricas, especificándose o procedemento e método analítico empregado para realizar as determinacións e carga contaminante (t/ano). Estes controis efectuaranse de acordo co disposto para o efecto no anexo V desta resolución.
b) Informe de control do nivel de presión sonora, de acordo co indicado para o efecto no anexo V desta resolución e coa proposta efectuada no programa de vixilancia e seguimento ambiental incorporado na documentación presentada.
c) Informe sobre as incidencias con repercusións ambientais acontecidas, con indicación expresa das medidas adoptadas para a súa corrección e da súa efectividade.
ANEXO V - Requirimientos da autorización ambiental integrada
1. Sobre a atmosfera.
1.1. Valores límite de emisión (VLE).
Para determinar os valores límites de emisión da instalación obxecto desta resolución, téñense en conta:
- O comportamento previsto para a planta tendo en conta as características e composición das materias primas, o proceso de fabricación, o deseño e o equipamento das instalacións, así como o caudal de emisións gasosas do reformador en operación con nafta (estimado en 76.611 Nm/h) e en operación con gas natural (estimado en 71.046 Nm/h).
- Os valores límite de inmisión establecidos no Real decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre a avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxidos de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono.
- Os valores límite de emisión fixados pola normativa en vigor na data desta resolución, que para este tipo de instalación se corresponden co número 27 do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, que desenvolve a Lei 38/1972, de protección do ambiente atmosférico.
- Para os COV (compostos orgánicos volátiles) teranse en conta os resultados que se obteñan durante a inspección de posta en marcha da planta.
Tendo en conta o anterior, considérase establecer os valores límites de emisión indicados a continuación:
- No que respecta a dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno e monóxido de carbono, os valores límite que se indican na seguinte táboa:
Contaminante Unidade Valor límite
SO mg/Nm 1.700
NO (medido como NO) p.p.m. 300
CO p.p.m. 500
- No que respecta aos COV, estableceranse os límites á vista dos resultados obtidos durante a inspección de posta en marcha.
1.2. Sistemas e procedementos para o tratamento de emisións.
- Os venteos do foco emisor G8 serán enviados á antorcha de REPSOL YPF. Así mesmo, e sempre que sexa posible, enviaranse á mesma antorcha o resto de venteos e vaporizados dos depósitos.
- O CO procedente da unidade de produción de hidróxeno será recuperado e valorizado.
1.3. Vixilancia e control ambiental.
- Dotarase a cheminea (foco emisor G1) dos elementos auxiliares e orificios fixados polo anexo III da O.M. do 18 de outubro de 1976, de prevención e corrección da contaminación industrial.
- Realizarase unha inspección de posta en marcha, conforme o disposto no capítulo IV, artigo 19, da O.M. do 18 de outubro de 1976, por organismo de control autorizado (OCA) con acreditación en emisións, que incluirá o control dos seguintes contaminantes e parámetros:
Contaminantes: SO, CO, NO, COV e partículas sólidas.
Parámetro // Unidade
Temperatura de gases // ºC
Humidade de gases // %V
Presión en cheminea // mmHg
Velocidade de gases // m/s
Caudal de gases // Nm3/h
Nesta inspección terase en conta que o control de SO, CO, NO e COV comportarán tres medicións e partículas unha única medición.
- Instalaranse monitores integrados en continuo -visibles na sala de control- para o control de SO, CO, NO.
- Os monitores en continuo someteranse ao Plan Anual de Calibración por OCA. Estas calibracións realizaranse de acordo con normas UNE ou equivalentes.
- Realizaranse controis semestrais de SO, CO, NOX.
Estes controis considerarán os seguintes parámetros:
Temperatura de gases // ºC
Humidade de gases // %V
Presión en cheminea //mmHg
Velocidade de gases // m/s
Caudal de gases // Nm3/h
- As determinacións realizaranse de acordo co establecido nas normas UNE-EN ou UNE, ou no seu defecto, empregando métodos internacionais de determinado prestixio (EPA) que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente.
- Asignarase un libro de rexistro de contaminantes atmosféricos ao foco emisor, de conformidade co disposto no artigo 33 da O.M. do 18 de outubro de 1976.
- A primeiros de ano, informarase o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia a carga contaminante, en t/ano transcorrido, dos contaminantes obxecto de control, debendo incluír ademais a de CO.
- Contarase como mínimo cunha estación propia de control de calidade do aire, que será incluída na Rede Galega de Calidade do Aire. Para a súa localización, configuración e monitorización a empresa porase en contacto co Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia no transcurso do primeiro trimestre da súa posta en funcionamento.
1.4. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais.
- De detectarse anomalías no funcionamento da planta que repercutan nas emisións atmosféricas, de xeito que estas superen os límites permitidos, procederase á determinación inmediata da orixe do problema procedendo, se o problema persiste, á paralización da actividade causante da anomalía.
1.5. Outras disposicións.

2. Sobre o nivel de presión sonora.
2.1. Valores límite de emisión (VLE).
- A instalación cumprirá cos valores límite de recepción recollidos no Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica, considerando a clasificación de sensibilidade acústica establecida para o polígono industrial.
2.2. Vixilancia e control ambiental.
- Unha entidade homologada pola Consellería de Medio Ambiente realizará as medicións do nivel de presión sonora que se indican a continuación. Estas medicións realizaranse en horario diurno (8.00-22.00 h) e nocturno (22.00-8.00 h), nas poboacións de Nostián, Sobrado e Meicende como mínimo, e para a súa realización seguiranse os procedementos establecidos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.
- Os momentos e frecuencias dos anteditos controis serán os indicados a continuación:
- Previo ao inicio das obras, unha medición.
- Durante as obras, unha medición.
- Durante o funcionamento, semestralmente durante os dous primeiros anos e anualmente do segundo ano en diante.
2.3. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais.
- De detectarse anomalías no funcionamento da planta que repercutan no nivel de presión sonora, de xeito que estas superen os límites permitidos, procederase á determinación inmediata da orixe do problema procedendo, se o problema persiste, á paralización da actividade causante da anomalía.
3. Sobre os efluentes líquidos.
3.1. Valores límite de emisión (VLE).
Tendo en conta que a xestión das augas vai ser a seguinte:
- As augas pluviais (non contaminadas por restos oleosos) recolleranse nunha rede independente e serán canalizadas ao límite de batería de Aligás, uníndose á vertedura final de REPSOL YPF.
- As augas sanitarias, provenientes do edificio de control, recolleranse nunha fosa séptica onde despois dun tratamento biolóxico se incorporán á planta de tratamento de augas residuais (TAR) de REPSOL YPF.
- As augas de proceso e as augas pluviais contaminadas por restos oleosos conduciranse ata as redes de REPSOL YPF dirixíndose á planta TAR.
Os valores límite para estas verteduras serán:
- Para as verteduras que se realicen á planta TAR respectaranse en todo momento os límites de admisión acordados entre ambas as empresas e que se recollen no punto 3.5 da oferta técnica do 11 de xuño de 2002, que se recollen a continuación:
Auga residual Unidade Valor límite
Presión kg/cm2 Atmosférica
Temperatura típica e máxima ºC 28/40
pH - 7.0-0.0
Valores máximos
Sólidos en suspensión p.p.m. peso 100
Fenois p.p.m. peso 20
Aceites e graxas p.p.m. peso 100
Sulfuro p.p.m. peso 5
Cromo p.p.m. peso Non detectable
De producirse augas que poidan conter aminas, non se mesturarán co resto de augas da planta, nin serán transferidas ás redes de REPSOL YPF.
En calquera caso, o devandito é sen prexuízo de que se respecten as condicións e límites impostos por Augas de Galicia na correspondente autorización de vertedura (clave: DH.V15350).
- Para as verteduras que se realicen xunto coa vertedura de REPSOL YPF respectaranse as condicións e límites impostos por Augas de Galicia na antedita autorización de vertedura.
3.2. Sistemas e procedementos para a minimización de verteduras.
- Tratamento dos condensados de proceso mediante columna de stripping co fin de obter condensados purificados que seran empregados para producir vapor HP (alta presión) coas características especificadas polo cliente.
- Minimización das verteduras empregando métodos de reutilización de auga naqueles procesos que o permitan, como o de auga de refrixeración.
3.3. Vixilancia e control ambiental.
- Dado que as augas procedentes da instalación serán incorporadas á rede de REPSOL YPF, poderá este establecer os controis que estime oportunos para garantir o correcto tratamento e vertedura.
- Independentemente do anterior, o promotor deberá realizar como mínimo os seguintes controis:
a) Para as augas pluviais que se van incorporar ao punto de vertedura: análises trimestrais de pH, materia sedimentable, sólidos en suspensión, sólidos disoltos, COT (compostos orgánicos totais), graxas e aceites minerais.
b) Para as augas sanitarias: análises semestrais de pH, materia sedimentable, sólidos en suspensión, sólidos disoltos, COT, DBO5 (demanda biolóxica de oxíxeno en cinco días) e nitróxeno total.
c) Para as augas de proceso e pluviais oleosas destinadas á planta TAR: análises mensuais de pH, temperatura, condutividade, materia sedimentable, sólidos en suspensión, sólidos disoltos, COT, DBO5, aminas, metais pesados (cinc, chumbo, níquel, mercurio, cobre, cromo, cadmio e arsénico), sulfuros, fosfatos, fenois (índice), hidrocarburos aromáticos volátiles, aceites minerais e graxas.
Os resultados destes controis deberán arquivarse e manterse na instalación á disposición da Administración. Así mesmo, en cada campaña, o titular da instalación deberá avaliar os resultados e, no caso de detectar variacións significativas, estudará a situación buscando as razóns do cambio, adoptando se fose preciso medidas correctoras e/ou protectoras.
3.4. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais.
- De detectarse anomalías no funcionamento da planta que provoquen a superación dos límites de vertedura permitidos, ou que poidan afectar o funcionamento da planta TAR de REPSOL YPF, procederase á determinación inmediata da orixe do problema procedendo, se o problema persiste, á paralización da actividade causante da anomalía.
- No caso de que accidentalmente sexan enviados efluentes a REPSOL YPF, que non cumpran cos requisitos de aceptación establecidos, darase conta inmediatamente a REPSOL YPF, co obxecto de que este poida adoptar as medidas oportunas.
4. Protección do solo e das augas subterráneas.
4.1. Sistemas e procedementos para evitar a contaminación.
- O almacenamento de materias primas, produtos e residuos efectuarase dentro dos tanques e bidóns indicados.
- Previamente á súa entrega a xestor autorizado, os residos perigosos que se deban envasar, almacenaranse envasados e etiquetados do modo establecido no Regulamento de residuos perigosos, aprobado polo Real decreto 833/1988.
4.2. Vixilancia e control ambiental.
- Previo ao inicio da actividade caracterizaranse o solo e as augas subterráneas da localización. Nestas caracterizacións terase en conta o recollido a continuación e investigaranse, como mínimo, os niveis de fondo dos parámetros que se indican:
1. Para a caracterización do solo realizaranse seis (6) catas, nas cales se determinarán os parámetros susceptibles de seren modificados pola actividade, incluíndo como mínimo: pH, contido en arxila, contido en materia orgánica, MEA/MDEA, metais pesados (cinc, chumbo, níquel, mercurio, cobre, cromo, cadmio, arsénico), aceites minerais, hidrocarburos (aromáticos volátiles, aromáticos policíclicos e outros).
2. Para a caracterización das augas subterráneas realizaranse seis (6) piezómetros, que deberán manterse en perfecto estado durante a vida da instalación. Entre os parámetros que se analizarán incluiranse como mínimo os seguintes: pH, condutividade, materia sedimentable, sólidos en suspensión, sólidos disoltos, COT, DBO5, aminas, metais pesados (cinc, chumbo, níquel, mercurio, cobre, cromo, cadmio e arsénico), sulfuros, fosfatos, fenois (índice), hidrocarburos aromáticos volátiles, aceites minerais e graxas.
Estes controis repetiranse cunha frecuencia anual e os seus resultados deberán arquivarse e manterse na instalación a disposición da Administración. Así mesmo, en cada campaña, o titular da instalación deberá avaliar os resultados e, no caso de detectar variacións significativas, estudará a situación buscando as razóns do cambio, adoptando se fose preciso medidas correctoras e/ou protectoras.
4.3. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais.
- No caso de producirse unha vertedura accidental na zona de almacenamento de residuos perigosos, recollerase a vertedura na arqueta proxectada, realizando a súa extracción e posterior entrega ao xestor autorizado.
- No caso de derramos ou fugas de substancias perigosas disporanse os medios para proceder á súa correcta manipulación e recollida, ademais do seu traslado a lugar seguro.
4.4. Outras disposicións.
- Determinaranse os lugares para o depósito de sobrantes de escavación, para os cales se deberá contar co permiso do órgano competente.

5. Sobre a xestión de residuos.
5.1. Procedementos de xestión.
- Os residuos urbanos ou asimilables entregaranse ao concello ou empresa adxudicataria da xestión de residuos municipais nas condicións fixadas nas correspondentes ordenanzas. No caso de que a entidade local xustificadamente obrigue á xestión dalgún tipo de residuo desta natureza á empresa, esta xestionaraos a través de xestores autorizados de residuos sólidos urbanos.
- Todos os residuos perigosos xerados na actividade, que se citan a continuación, xestionaranse mediante a súa entrega a xestores autorizados e inscritos no Rexistro de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. No caso de existir empresas xestoras mediante operacións de valorización destes residuos, entregaranse a estas.
Residuos perigosos // Códifo LER // Cantidade estimada (kg/ano)
Aceite usado // 130205 // 340
Fiás e papel // 150202 /150
Envases contaminados // 150110 // 275
Catalizadores esgotados // 160802 // 22.068
- Co-Mo // --- // 660
-ZnO // --- // 13.520
- De prerreformador // --- // 2.030
- De reformador // --- // 970
- De medida temperatura // --- // 3.388
- Purificador con leito de C activo // --- // 500
- Baruto molecular // --- // 1.000
Filtros de aceite esgotados // 160207 // 100
Solución acuosa con trazas de MDEA // 070101 // 1.000
Ademais destes residuos, no caso de producirse augas que poidan conter aminas, estas deberán ser tamén entregadas a xestor autorizado.
- Durante todo o período de funcionamento da planta deberá dispoñerse do documento de aceptación dun xestor autorizado para cada un dos residuos perigosos xerados.
- O tempo máximo de almacenamento de residuos perigosos na instalación antes da súa entrega a un xestor autorizado será de seis meses.
- No caso de realizar o transporte de residuos perigosos ata os xestores autorizados, este deberá ser realizado por transportistas rexistrados.
5.2. Vixilancia e control ambiental.
- Nas operacións de transporte de residuos perigosos deberá cumprirse o documento de control e seguimento e a notificación previa do transporte con dez (10) días de antelación ao Ministerio de Ambiente ou a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en caso de que o transporte se realice unicamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Anualmente, antes do 1 de marzo, deberase informar esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da orixe, cantidade e destino dos residuos producidos, cubrindo a correspondente declaración anual.
- Realizarase un seguimento semestral da xestión e destino final dos catalizadores esgotados e en xeral de todos os residuos perigosos e non perigosos, incluíndo as cantidades e procedencia de cada un así como os seus respectivos documentos de entrega a xestor.
5.3. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais.
- Deberase informar inmediatamente esta dirección xeral en caso de desaparición, perda ou escape de residuos perigosos.
6. Condicións adicionais.
- Para situacións de emerxencia implantaranse as liñas de actuación recollidas no Plan de Emerxencia e Estudo de Seguridade incluído na documentación presentada.
- Proponse levar a cabo as boas prácticas recollidas no anexo VI desta resolución.
- Tanto a toma de mostras como as análises serán efectuadas por laboratorio acreditado para as determinacións requiridas.
ANEXO VI - Boas prácticas
- Apagar os equipos e a iluminación cando non sexa necesaria e modular a intensidade de luz en función das necesidades.
- A planta e os equipamentos deben estar suxeitos a programas de mantemento preventivo de forma regular, co obxecto de manter todas as instalacións en óptimo estado, evitándose consumos innecesarios de auga e/ou enerxía, ou almacenamentos indebidos.
- Realizar campañas de información entre o persoal de cara á conciencialos na minimización dos consumos de recursos e da xeración de residuos.
- Automatizar os procesos de limpeza de equipamentos, utilizando auga a presión ou varredoras mecánicas, de xeito que se reduza o consumo de auga. Non abusar dos produtos químicos nas operacións de limpeza, posto que esa práctica non asegura uns mellores resultados.
- Ter en conta os aspectos ambientais no aprovisionamento, mediante a elección de materiais, produtos e subministradores con certificación ambiental.
- Establecer unha metodoloxía de recepción, almacenamento e extracción cando exista caducidade dos produtos (pinturas, disolventes, imprimacións, electrodos, etc.).
- Realizar unha boa xestión dos pedidos, adecuándoos á produción, se é posible, adaptada a series longas.
- Reutilizar os disolventes ao máximo, sempre que o seu estado o permita.
- Implantar controis de calidade no proceso produtivo para evitar o desperdicio de materiais.
- Reutilizar os sobrantes que non superan os controis de calidade ou dirixilos a outros mercados.
- Crear un rexistro de cantidades, tipoloxía, destino, custos e xestión dos residuos, para poder fixar obxectivos de redución destes.
- Manter limpas as áreas de traballo, o que permite detectar posibles fugas de fluídos.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ACTIVIDADES INDUSTRIAIS
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL