Resolución do 6 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV subestación Pena da Loba-subestación Tesouro, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido pola empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U.

Diario Oficial de Galicia, 08-10-2004, Núm. 197, Páx. 13856
Resolución do 6 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV subestación Pena da Loba-subestación Tesouro, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido pola empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U. En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 2 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV subestación Pena da Loba-subestación Tesouro, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido pola empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá a solicitude, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. 1. Ámbito da declaración. A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, en dobre circuíto, con partida proxectada na subestación de Pena da Loba ata o apoio 63 da L.A.T. sub. Bustelo-sub. Tesouro existente, e desde este por circuíto dispoñible ata o final na subestación de Tesouro, de 13.568 m de lonxitude, con cadeas de illadores e cable de terra e fibra óptica OPGW, sobre apoios metálicos de celosía. A traza discorrerá polo concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), de acordo co reflectido no plano «Trazado definitivo L.A.T. sub. Pena da Loba-sub. Tesouro. Nº 1. Agosto 2002» do estudo de impacto ambiental. 2. Condicións xerais. 2.1. Protección da atmosfera. Co fin de diminuír a emisión de po á atmosfera debido aos labores de execución dos accesos e á escavación das cimentacións dos apoios, en períodos de seca procederase á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas proximidades de zonas poboadas e aquelas que teñan vexetación de interese. 2.2. Protección das augas e leitos fluviais. Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e/ou policía dos cursos de auga, así como calquera captación e/ou vertedura, precisará da autorización do órgano de bacía competente en cada caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidraúlica que poidan achegarse no trazado das obras. O formigón para as cimentacións dos apoios será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra e que conten coas debidas autorizacións. Así mesmo, non está permitido o lavado de maquinaria e utensilios nos cursos de auga. Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais nin en zonas de forte pendente próximas a estes, para evitar a súa incorporación ás augas no caso de chuvias, cheas ou escorrega superficial. 2.3. Protección do solo. Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimizar o terreo afectado polas escavacións e mallas antiescorrega que impidan a caída de materiais ladeira abaixo. Nos movementos de terras equilibrarase ao máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente. No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido aos labores de instalación da liña, deberán restituírse ao estado previo ao inicio das obras. 2.4. Protección da fauna e vexetación. - Sobre a fauna. Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación na rúa de seguridade, así como as tarefas de mantemento periódico, escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental. - Sobre a vexetación. Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira seguirase o disposto na lexislación vixente de aplicación. Así mesmo, previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo proceda, conforme o disposto no Regulamento de montes. A rúa de seguridade deberá estar limpa de vexetación incompatible coa liña, de forma permanente e durante toda a vida útil da instalación. As dimensións mínimas da rúa determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable; non obstante, e dependendo da topografía do terreo, dos ventos e do tipo da vexetación, o largo determinarase de tal xeito que se minimize o risco de lumes nestas zonas e se facilite, de producírense estes, a súa extinción. Neste senso, recoméndase realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de áreas cortalumes nas zonas estremeiras á rúa, polo que o promotor ou propietario da liña deberá establecer as servidumes da suficiente amplitude para poder realizar, sen contratempos, os devanditas labores. De todos os xeitos, as accións baixo a liña consensuaranse coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais. Como salvidade ao indicado nos parágrafos anteriores deberase conservar ou, se é o caso, reducir ao mínimo imprescindible, a afección á vexetación de ribeira e especies arbóreas autóctonas. Na xestión da biomasa vexetal eliminada primarase a súa valorización, evitando a queima destes restos, que de ser o caso terá que contar coa preceptiva autorización. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, procederase á súa trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ao solo. 2.5. Sobre a integración paisaxística. Todas as superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de novos accesos...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Para tal fin, levaranse a cabo as actuacións de revexetación propostas no estudo ambiental e no informe complementario a este, tendo que garantirse o mantemento da revexetación ao longo do tempo, para o que se efectuará un seguimento da súa efectividade e se adoptarán as medidas correctoras oportunas no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da revexetación. 2.6. Sobre o Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental. O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaráselle inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. Así mesmo, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo. 3. Condicións específicas. 3.1. Sobre a protección do patrimonio cultural. Levaranse a cabo as medidas correctoras recollidas no informe final do estudo de impacto arqueolóxico, aceptadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Cara a evitar posibles afeccións establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nesas áreas. Previamente ao inicio das obras elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se recollerá: - A sinalización, na fase previa ao inicio das obras, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos), de acordo co informe final do estudo de impacto arqueolóxico. - O control e seguimento arqueolóxico das obras, de acordo coas medidas correctoras recollidas no dito informe final. - Como anexo ao proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía que empregue o persoal da obra durante o transcurso dela, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión. En relación co impacto moderado sobre o xacigo Petroglifo do Monte Marañeiro (YA020702M01), levarase a cabo a seguinte medida correctora: - Limpeza da vexetación que recobre o soporte e documentación gráfica dos gravados. Así mesmo, deberá realizarase unha prospección intensiva no ámbito de protección legal do petroglifo (raio de 200 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado). Para tal fin, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia. 3.2. Fase previa ao inicio das obras. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto. Este importe poderá ser revisado se o promotor presenta un orzamento da totalidade dos labores de restauración e revexetación, incluíndo os relativos aos accesos descritos no documento titulado «Informe Complementario. Outubro 2003», conforme o sinalado no punto 3.4.1 da DIA. O orzamento conterá medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata. 3.3. Fases de replanteo e obra. 1. Na execución dos accesos aos apoios teranse en conta os criterios e medidas protectoras e correctoras sinaladas no anexo ao estudo ambiental titulado «Informe Complementario. Outubro 2003», ademais do condicionado establecido nesta DIA. 2. Na execución dos tramos de liña que cruzan os regos da Pereira e do Bañal, entre os apoios 17-18 e 25-26 respectivamente, porase especial coidado na comprobación do sinalado no documento «Informe Complementario. Outubro 2003», respecto de que os apoios non afecten ás formacións de arboredo autóctono e vexetación de ribeira e que a altura dos condutores sobre o arboredo sexa tal que non resulte preciso a corta e/ou poda deste. Se é preciso, procederase á aliñación dos apoios implicados, consensuando a localización coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e tendo tamén en conta para a elección dos lugares a información achegada no estudo ambiental. 3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental ao que se refire o punto 2.6 desta DIA, con carácter trimestral durante a execución das obras o promotor presentará, perante o órgano substantivo, un informe de obras co seguinte contido mínimo: a) Cronograma de obras actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ao total. No cronograma figurará a data de actualización. b) Informe onde se detallen os resultados dos controis efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudo ambiental incluíndo, se é o caso, resultados do seguimento e das campañas previas de detección de parellas nidificantes de avifauna de interese. No informe reflectirase o cumprimento da declaración en relación a todos os aspectos incluídos ou derivados dela. c) Informe de avance da obra onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a todos os compoñentes do proxecto. Acompañarase de reportaxe fotográfica (con indicación de data e hora nas fotografías e plano de puntos de toma) e plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución de cada actividade respecto ao total. 3.4. Ao final da fase de obras. 1. En consonancia co sinalado no punto 2.5 da DIA, os labores de restauración e revexetación levaranse a cabo de acordo co sinalado no estudo ambiental, tendo en conta que para a restauración dos accesos aos apoios, sexa parcial ou completa, seguiranse os criterios e técnicas descritas no anexo ao estudo ambiental titulado «Informe Complementario. Outubro 2003». 2. En relación coa avifauna, comprobarase a correcta adopción das medidas antielectrocución previstas (separación de condutores, lonxitude das cadeas de illadores...), así como a colocación dos dispositivos salvapaxaros propostos no estudo ambiental. 3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor presentará ante o órgano substantivo, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo: a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a todos os aspectos incluídos no estudo ambiental e nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada. b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado da rúa de seguridade, limpeza da área, zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. c) Plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, onde se reflictan todas as accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se efectuaron medidas protectoras e/ou correctoras. 3.5. Fase de funcionamento. 1. Ademais de levar a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental co fin de detectar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido, procederase á revisión periódica dos estado dos dispositivos anticolisión instalados, tendo que garantir a súa operatividade durante a vida útil da instalación. Así mesmo, efectuarase unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna da liña e dos parques eólicos asociados á subestación Pena da Loba, co obxecto de detectar a aparición ou non de efectos acumulativos e/ou sobre as poboacións de aves. 2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de explotación da liña e anual os seguintes, tendo en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos ou ben a proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se vaian realizar. Este informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido: a) Resultados do plan de seguimento de avifauna, incluíndo os experimentos para a determinación das taxas de permanencia e desaparición de cadáveres, e informe de seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme o sinalado no punto 1 deste punto da DIA. b) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados das actuacións de integración paisaxística efectuadas, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado da rúa de seguridade, labores de mantemento realizadas, etcétera. Detallaranse os controis ambientais efectuados para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. 3.6. Fase previa ao abandono. No caso de preverse o desmantelamento da liña, no prazo de seis (6) meses previos á finalización da súa explotación, o promotor remitirá ao órgano substantivo un documento técnico onde se describan todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, recollendo, con carácter xeral, a desmontaxe e retirada de apoios e condutores, demolición de peañas en superficie, restitución de terreos e servizos afectados e revexetación das zonas alteradas pola desmontaxe. Acompañando a esta documentación presentarase o cronograma estimado destas actuacións. 3.7. Fase de abandono. Ao longo da fase de abandono da liña, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo as actuacións previstas polo promotor en cumprimento do sinalado no punto anterior desta DIA. 3.8. Fase posterior ao abandono. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da liña, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación. ANEXO I: Resumo do proxecto A liña eléctrica prevista, de 132 kV en dobre circuíto, conectará a subestación de Pena da Loba (común para varios parques eólicos da Serra da Faladoira) coa de Tesouro, mediante un tendido aéreo de 13.568 m de lonxitude total, que nun primeiro tramo sobre 62 apoios metálicos de celosía vai da citada subestación de Pena da Loba ata o apoio 63 da liña existente subestación Bustelo-subestación Tesouro, e desde o dito apoio chega á subestación de Tesouro por circuíto dispoñible nesa liña, compartindo polo tanto con ela 10 apoios. A traza discorre integramente polo concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área de influencia da L.A.T. está composta por matogueira de breixo e toxo (que segundo a humidade do terreo adquire as características propias de breixeira húmida ou seca), arboredo autóctono composto por carballos, castiñeiros e bidueiros nalgunhas valgadas e ladeiras de sombra, e repoboacións de piñeiro e eucalipto, estas últimas máis esca sas. Con menor representación, aparecen vexetación de ribeira asociada ás marxes dos ríos e formacións propias de medios antropizados (prados e cultivos). ANEXO II - Resumo das medidas preventivas e correctoras recollidas na documentación avaliada No punto de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes: - A maquinaria e os vehículos empregados na obra deberán cumprir coa lexislación vixente en canto a emisións, e ser revisados periodicamente para evitar emisións elevadas. - O tránsito de maquinaria para a execución das obras será o máis reducido posible, aproveitando camiños existentes e evitando, sempre que sexa posible, a circulación polas áreas de maior pendente, as desprovistas de vexetación e aquelas que sufrisen impacto sobre o solo como consecuencia de incendios forestais ou roturacións. - Os residuos de obra serán tratados de acordo coas súas características. - Ao finalizar a instalación de cada apoio procederase á limpeza do seu contorno, non debendo quedar ningún residuo abandonado nas inmediacións. - Dado que na zona existen aves rapaces, proponse a instalación de espirais salvapaxaros dobres, consistentes en varetas de plástico formando unha espiral arredor do cable de terra nuha lonxitude dun metro. A separación de dispositivos sería de 5 m. - No deseño do proxecto tivéronse en conta as disposicións do Decreto 275/2001, do 4 de outubro (DOG nº 207, do 25 de outubro), polo que se establecen determinadas condicións técnicas específicas de deseño e mantemento ás que se deberán someter as instalacións eléctricas de distribución. - Cor mate do apoios para evitar reflexos. - Selección da alternativa de menor impacto paisaxístico. - Plan de restauración e revexetación, con medidas para a retirada e correcto amoreamento da terra vexetal, laboreo e descompactación previa á revexetación. - Control arqueolóxico das obras. No informe complementario ao estudo ambiental recóllense unha serie de medidas relativas aos camiños de acceso aos apoios: - Antes de proceder á roza ou apertura das vías de acceso aos apoios sinalizarase, por medio de estacas, a banda pola que discorrerá o acceso, para evitar que se poidan afectar áreas próximas. - Restauración completa dos accesos que non vaian ser empregados na fase de explotación da liña, e restauración parcial (noiros e/ou terrapléns) daqueles que polas características do terreo (pouca acce sibilidade) sexa necesario deixar para os labores de mantemento da liña. - No caso das vías por rodadura, a maquinaria que se empregue disporá de pneumáticos, non de cadeas. Se existisen zonas que puidesen asolagarse con facilidade, prepararase unha capa de rodadura con restos vexetais procedentes da roza. - Os accesos permanentes disporán de foxos e puntos de evacuación dotados de balsas de decantación e xeotéxtiles para evitar os arrastres e deposición de materiais finos. - No caso de aparición de rodeiras, compactación ou erosión en vías sen firme, procederase á súa restauración.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res06092004.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles