Resolución do 5 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda un tramo do couto de pesca de Ponte Liñares, no río Liñares.

Diario Oficial de Galicia, 27-06-2006, Núm. 122, Páx. 10296
Resolución do 5 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda un tramo do couto de pesca de Ponte Liñares, no río Liñares. Antecedentes. A Sociedade Deportiva Río Ulla solicitou no Servizo Provincial de Conservación da Natureza a veda dun tramo do río Liñares, dentro do couto de Ponte Liñares e coincidente coa praia fluvial alí existente. De conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra iniciou o expediente para vedar un tramo do couto de pesca de Ponte Liñares. No expediente antes citado consta o informe favorable do Comité Permanente de Pesca Fluvial de Pontevedra. Consideracións legais. O expediente para vedar un tramo do couto de pesca de Ponte Liñares cumpre os requisitos establecidos na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e demais normativa de aplicación. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza é competente para resolver o expediente segundo o disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e mais no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Resolución. De conformidade con todo o anterior, resolvo vedar o seguinte tramo do couto de pesca de Ponte Liñares, no río Liñares: Límite superior: 400 m augas arriba da presa da praia fluvial do Liñares, no concello da Estrada. Límite inferior: presa da praia fluvial de Liñares, no concello da Estrada. Lonxitude: 400 m. Contra a presente resolución caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG. Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2006. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res05062006.pdf Galego
res05062006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles