Diario Oficial de Galicia, 03-11-2006, Núm. 212, Páx. 16243
Resolución do 4 de outubro de 2006 pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 10 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA), que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2006.
Mª Teresa Táboas Veleiro
Conselleira de Vivenda e Solo
Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 10 de marzo de 2006 relativa ao proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA). Clave: 2006/0039.
Antecedentes.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente o Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias da Comunidade Autónoma de Galicia no 27 de maio de 2004.
Este plan ten como obxecto establecer as condicións xerais para a futura implantación de solos empresariais, mediante o desenvolvemento en proxectos sectoriais, en 41 concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Polo tanto, tendo en conta que o plan sectorial foi declarado de incidencia supramunicipal polo Consello da Xunta de Galicia o 22 de xaneiro de 2004, segundo o indicado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, cada un dos anteditos proxectos sectoriais debe someterse ao correspondente trámite de avaliación de impacto ambiental.
Entre estes proxectos sectoriais atópase o do parque empresarial de Vimianzo, que ten como obxecto regular a implantación territorial dun parque empresarial neste concello cunha superficie de actuación dunhas 32,1 ha. No anexo I resúmese o contido da actuación e no anexo II as medidas correctoras e protectoras propostas no seu estudo de impacto ambiental.
En cumprimento do establecido regulamentariamente, con data do 19 de outubro de 2005 publícase no DOG (nº 201) o Anuncio do 4 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial e o estudo de impacto ambiental do parque empresarial de Vimianzo (A Coruña).
Durante este período foron presentadas alegacións por parte da comunidade de usuarios de augas de Casais, do grupo municipal do BNG de Vimianzo e de 20 particulares. Destas alegacións, as que teñen carácter ambiental foron tidas en conta, no que procede, no condicionado da DIA, en concreto, nos puntos C.2.4 e C.2.7.
Con data do 16 de febreiro 2006 tivo entrada o expediente ambiental, remitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, no cal se inclúen os informes da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Dirección Xeral de Obras Públicas, de Augas de Galicia e desta dirección xeral, en concreto da Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.
Completada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo (A Coruña), promovido por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA).
Declaración de impacto ambiental.
Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que a actuación é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, só para os efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre que as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, presentando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
A. Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese exclusivamente ás actuacións previstas no documento Proxecto sectorial e proyecto de conexións exteriores. Parque empresarial de Vimianzo. Agosto 2005.
Tendo en conta o ámbito desta DIA, o condicionado que segue vinculará a construción e o funcionamento das instalacións ou empresas que no futuro se desenvolvan na zona industrial.
B. Condicións xerais.
B.1. Fase de redacción do proxecto de urbanización.
1. Localizaranse as zonas destinadas ás instalacións auxiliares (parque de maquinaria, zonas de almacenamento de materiais e residuos, vestiarios, etcétera), seguindo os criterios sinalados na documentación presentada, polo que primará o uso da superficie ámbito do parque fronte a calquera outro, procurando que se sitúen en espazos carentes de valores ambientais relevantes.
2. Detallaranse as medidas correctoras que se van adoptar para consolidar os noiros e terrapléns que se xerarán durante os movementos de terra. De entre as medidas posibles, seleccionaranse aquelas que contribúan a unha mellor integración paisaxística (revexetación, estendedura de mantas de fibras naturais, etcétera).
3. Desenvolverase o programa de vixilancia ambiental proposto no estudo ambiental, coas modificacións xurdidas ao redactar o proxecto de urbanización, así como as derivadas do cumprimento desta DIA. Este programa levarase a cabo co obxecto de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras establecidas no estudo ambiental e no condicionado da presente declaración, incorporando procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa deberá permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado desta DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
Na redacción deste programa fixaranse, segundo a fase (obras ou explotación) a periodicidade, indicadores e limiares (admisibles e de alerta) que se vaian utilizar en cada caso.
Na realización do control e seguimento ambiental terase en conta que:
- Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, designarase un/s responsable/s desta.
- As tomas de mostras e as medicións deberán ser representativas e, polo tanto, deberán realizarse durante os labores con maior incidencia sobre os aspectos obxecto de control.
- A toma de mostras, análises e medicións deberán ser realizadas por entidades homologadas e/ou acreditadas.
- Tanto os puntos de medición seleccionados como os de tomas de mostras, así como a periodicidade dos controis, poderán ser revisados conforme os resultados obtidos.
B.2. Fase de implantación.
Balizaranse e sinalizaranse as zonas de obra e de todas as infraestruturas e instalacións proxectadas, estando prohibido ocupar terreos fóra do previsto. Este balizamento e sinalización deberán manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, e serán retirados cando estas finalicen.
B.3. Fase de obras e explotación.
1. Cumprirase co disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como o estipulado, no caso de que dispoña dela, na ordenanza municipal do concello de Vimianzo.
2. A maquinaria empregada no proceso construtivo cumprirá coa normativa de emisións que lle resulte de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ao respecto.
3. Prohíbese verter nos leitos dos cursos fluviais restos de formigón ou cemento, lavar materiais ou ferramentas que estivesen en contacto con eles, así como os cambios de aceite da maquinaria de construción.
4. Non estando prevista a colocación de factorías de formigón nin de aglomerado asfáltico, estes procederán de factoría ou factorías externas que conten coas súas correspondentes autorizacións.
5. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra, e, se é tecnicamente posible, os tocos non se eliminarán, sobre todo se están na ribeira dos cursos fluviais.
6. Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, tendo que facer a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.
7. Os restos vexetais que se produzan deberán ser xestionados axeitadamente, prevalecendo sempre a súa valorización. No caso de depositalos no terreo, deberán ser triturados e espallados homoxeneamente para permitir unha rápida incorporación ao solo.
8. Sinalizarase a zona de obras e, no caso de que sexa necesario facer uso de vías alternativas para a circulación dos veciños, estas estarán perfectamente indicadas e sinalizadas.
9. No que respecta á xestión de residuos, terase en conta o seguinte:
- Adoptaranse as medidas técnicas e economicamente viables para reducir a cantidade de residuos xerados.
- Todos os residuos que se xeren nas obras ou na explotación do parque industrial deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.
- Adoptaranse as medidas correctoras oportunas co obxecto de que os residuos se almacenen en condicións axeitadas de hixiene, seguranza e segregación, garantindo, en todo caso, que se impida calquera afección ao ambiente. En relación con este aspecto, e no que respecta aos residuos perigosos, cumpriranse as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetaxe e almacenamento establecidas na lexislación vixente.
- Os traslados dos residuos perigosos realizaranse de acordo co indicado na normativa vixente.
- No caso dos residuos urbanos ou asimilables a urbanos, é competencia do Concello a súa xestión; no entanto, cando se trata de residuos urbanos que non se producen nos domicilios particulares, os concellos poden obrigar os posuidores a facerse cargo deles directamente ou ben poder chegar a un acordo sobre a forma de facerse cargo.
10. Nos labores de mantemento de cunetas e sistemas de drenaxe, evitarase o emprego de herbicidas, realizando os labores exclusivamente por medios mecánicos.
11. Porase en coñecemento de todo o persoal de obra e dos usuarios do parque as medidas de carácter ambiental que deberán ser adoptadas e/ou respectadas.
12. No caso de que as actividades que se vaian instalar no parque empresarial se atopen no anexo I do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, os titulares deberán cumprir cos requisitos desta norma.
13. Se durante o programa de vixilancia e seguimento ambiental se detectan impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta DIA ou na lexislación aplicable, proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilos. Se se pon de manifiesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Artículo 1º
Artículo 2º
Artículo 3º.- C. Condicións específicas.
C.1. Fase previa á redacción do proxecto de urbanización.
No que respecta os pés de acevo (Ilex aquifolium) localizados no ámbito, especie protexida pola Orde do 10 de decembro de 1984, previamente deberá contarse co informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza ao respecto da proposta do seu trasplante á zona verde, co fin de ter en conta as directrices indicadas neste informe ao redactar o proxecto de urbanización.
C.2. Fase de redacción do proxecto de urbanización.
1. Considérase axeitada a proposta de instalar o sistema de tratamento das pluviais (balsa de decantación e separador de graxas) na zona verde. Asemade, estudarase a posibilidade de que estas augas tratadas (ou polo menos unha parte delas) sexan empregadas na rega da zona verde e deste xeito reutilizar os recursos dispoñibles, sempre asegurando que a auga teña a calidade necesaria para asegurar o éxito das sementeiras e/ou plantacións, e co fin de que non se produzan asolagamentos a cantidade sexa a correcta segundo a capacidade de acollida do terreo.
No entanto, e para os sistemas de rega que sexa necesario instalar, terase en conta que estes sistemas ademais de cumpriren a súa función de forma axeitada, sexan, na medida do posible, de baixo consumo hídrico.
2. Tal como se propón na documentación presentada, reservaranse 2.000 m, como mínimo, para a instalación dun punto limpo.
No que respecta aos condutos da rede de saneamento, de abastecemento, de electricidade e de comunicacións, exteriores á zona industrial, tal como se proxecta na documentación avaliada, sempre que sexa posible, discorrerán por vías ou camiños existentes, co fin de minimizar a afección a zonas non antropizadas.
3. No que respecta ás verteduras, xa sexan da rede de pluviais como da de residuais, deberá contarse coas preceptivas autorizacións administrativas emitidas por Augas de Galicia.
No mesmo senso, e tendo en conta que para o abastecemento de auga ao parque cómpre modificar a captación utilizada actualmente polo núcleo de Vimanzo, debe contarse coa concesión administrativa emitida polo antedito organismo. Asemade, hai que indicar que as obras que se teñan que efectuar para a realización da captación se incluirán na tramitación da antedita concesión.
4. No que respecta á estación depuradora de augas residuais (EDAR) proxectada:
- Localizarase fóra da zona de servidume do río de Vimianzo, xa que na normativa vixente se establece que as marxes dos leitos públicos estarán suxeitas, en toda a súa extensión lonxitudinal, a unha zona de servidume de 5 m de largo para uso público.
Asemade, terase en conta que, tamén segundo a normativa vixente, se establece unha zona de policía de 100 m onde se condicionará o uso do solo e as actividades que nel se desenvolvan. Polo tanto, no caso de localizala nesta zona, debería contarse coa preceptiva autorización administrativa emitida por Augas de Galicia.
Sen detrimento do antedito, mudarase a localización da EDAR á dereita do río en lugar de á esquerda, para así evitar o cruzamento do río co colector de saneamento.
- Tendo en conta a proximidade de edificacións habitadas, a EDAR deberá dispoñer de todas as medidas que sexan necesarias para evitar a xeración ou, se for o caso, minimizar a produción de malos cheiros.
5. No ámbito do parque e na súa contorna atópanse tres regatos, que potencialmente se poderían ver afectados tanto polas obras de urbanización como polas de implantación dos servizos do parque, o rego de Cambeda, onde se levará a cabo a antedita captación, e o río de Vimianzo, que se proxecta que sexa cruzado co colector xeral. Á vista do anterior, detallaranse as medidas protectoras e correctoras específicas para evitar ou minimizar as potenciais afeccións sobre estes cursos de auga. A este respecto terase en conta o seguinte:
- Como norma xeral todos os cruzamentos de leitos fluviais deberán ser dimensionados para permitiren o paso dun caudal correspondente á enchente de período de retorno 500 anos, deixando o correspondente resgardo.
- Para as desviacións ou canalizacións terase en conta o seguinte:
- As lonxitudes de desvío serán as mínimas posibles.
- Disporanse dispositivos de ensecadeira para evitar o atoldamento das augas e garantir a permanencia da vida piscícola.
- Primarase a canalización a ceo aberto fronte ao entubamento.
- Os cruzamentos, os desvíos e as canalizacións precisarán autorización administrativa de Augas de Galicia.
6. Dada a existencia de numerosas vivendas na contorna do proxecto, en concreto no sur e oeste do ámbito, e dado que é previsible a utilización de voaduras para o movemento de terras, no deseño destas, así como na planificación dos métodos de execución, incluiranse as medidas protectoras e correctoras necesarias para minimizar as afeccións derivadas do ruído, vibracións, mobilización de po e proxección de materiais graúdos.
7. Realizarase un inventario previo das fontes e/ou captacións de auga existentes no ámbito do parque ou na súa contorna que se poidan ver afectados polas obras, establecendo as medidas a levar a cabo durante as obras para procurar manter os usos actuais.
8. Co fin de minimizar o impacto visual que se pode producir sobre os usuarios da estrada C-552, levarase a cabo unha plantación arbórea nas estremas da actuación industrial con esta vía, tendo en conta que unha parte significativa destas árbores sexan de folla perenne co fin de maximizar o efecto pantalla. Estas árbores disporanse en triángulo e cun marco de plantación axeitado para que cumpran a súa función correctamente.
9. Detallaranse os labores de integración paisaxística baseándose nas medidas descritas dun xeito xeral no estudo ambiental, definindo con detalle os traballos que se van efectuar segundo sexa a zona que hai que revexetar (noiros de desmonte e terraplén, zonas verdes, depósitos de sobrantes, instalacións e vieiros auxiliares, etcétera) así como os materiais a utilizar nestes traballos.
Tal e como se propón na documentación presentada, sempre que sexa técnica e economicamente posible, empregaranse especies herbáceas, arbustivas e arbóreas habituais da zona, co obxecto de garantir a súa viabilidade e reducir posteriores labores de mantemento.
Terase en conta na redacción deste proxecto que os acabamentos finais das actuacións deberán realizarse co deseño e materiais que integren as devanditas obras no ambiente.
En concreto, para o deseño da zona verde terase en conta o seguinte:
- Plantarase un arboredo apropiado nas zonas que se consideren estratéxicas creando unha masa vexetal que contribúa a ocultar as futuras edificacións das vistas desde o Castelo de Vimianzo.
- No caso de que se implante o sistema de tratamento das augas procedentes da rede de pluviais nesta zona, deberán detallarse os labores para a integración paisaxística dos distintos elementos que o conforman, balsa de decantación, separador de graxas, reixas de desbaste, etcétera, así como os traballos que se van efectuar durante a fase de explotación do parque empresarial para o mantemento destes elementos sen que se degraden e se convertan en elementos discordantes nesta zona de uso público.
10. Ademais do indicado no punto B.1.3, o programa de vixilancia ambiental deberá incluír especificamente durante a fase de obras o seguinte:
- Plan de control trimestral da calidade de auga nos seguintes leitos fluviais:
- No río de Vimianzo durante as obras de construción da EDAR e do cruzamento do colector xeral (no caso de que non sexa posible implantar a EDAR á dereita do río, tal como se solicita no punto C.2.4 da DIA).
- No rego de Cambeda durante as obras de modificación da captación existente.
En ambos os casos se tomarán mostras augas arriba e augas abaixo da zona afectada, analizando os seguintes parámetros: pH, sólidos en suspensión, materias sedimentables, condutividade, temperatura, oxíxeno disolto e aceites e graxas e biondicadores (macroinvertebrados).
Asemade, no caso do río de Vimianzo, manteranse os anteditos controis durante o primeiro ano de funcionamento da EDAR.
- Plan de control trimestral do nivel de ruído na contorna da área afectada. Os puntos de medición tomaranse no Castelo de Vimianzo e nas edificacións habitadas máis próximas ao ámbito do parque pertencentes os núcleos de poboación de Vimianzo (capital), Traseriz, Casais Pequeno e O Campo. Este plan de seguimento acústico basearase no establecido no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.
C.3. Fase de obras.
1. Serán obxecto de especial e estrito seguimento a implantación das medidas protectoras e correctoras a que se fai referencia no punto C.2.5 desta DIA, para evitar as afeccións sobre os leitos fluviais existentes no ámbito, así como as indicadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza para a protección dos pés de acevo.
2. Desenvolveranse os traballos de integración paisaxística definidos no proxecto a que se fai referencia no punto C.2.9 desta DIA, vixiando a evolución da revexetación, procedendo á reposición das calvas e/ou marras que puidesen aparecer nas sementeiras, hidrosementeiras e/ou plantacións previstas.
3. O promotor do proxecto responsabilizarase de que se execute o programa de vixilancia ambiental desenvolvido no proxecto de urbanización segundo o indicado nos puntos B.1.3 e C.2.10 desta DIA para esta fase, e deberá elaborar os seguintes informes, cos contidos mínimos que se sinalan:
a) Trimestralmente:
- Cronograma actualizado das obras.
- Memoria do seguimento realizado de acordo co novo programa de vixilancia ambiental, redactado para dar cumprimento aos condicionantes da presente DIA e na cal se indicarán, se é o caso, as variacións producidas respecto do proxectado.
- Reportaxe fotográfica que mostre con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así como das zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, debendo ir acompañadas dun plano de localización. No primeiro informe trimestral incluirase a análise de referencia para o control da calidade das augas continentais e dos ruídos.
- Representación en plano dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto do total, referido aos distintos elementos que as conforman.
b) Antes da emisión da acta de recepción:
- Memoria resumo sobre o seguimento ambiental realizado, no que quede constancia das medidas protectoras e correctoras adoptadas en cumprimento do disposto nesta DIA.
- Informe, se for o caso, das variacións introducidas ao longo das obras respecto do proxectado.
- Reportaxe fotográfica que mostre con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así como das zonas onde se aplicaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, debendo ir acompañadas dun plano de localización.
- Incidencias producidas e medidas adoptadas para a súa resolución.
C.3. Fase de explotación.
1. Unha vez rematadas as obras, existirán parcelas que quedarán desprotexidas e expostas ás inclemencias do tempo ata a instalación das correspondentes naves empresariais, polo que se tomarán as pertinentes medidas para evitar esta afección mediante a revexetación canto antes destas superficies núas ou recollendo o escorremento en balsas de decantación temporais, que se xestionarán e controlarán para o seu correcto funcionamento.
2. No que respecta ao sistema de tratamento por decantación das augas pluviais previamente á vertedura ao medio terase en conta:
- Debe manter a súa funcionalidade en condicións óptimas, polo que a recolla dos lodos debe ser periódica.
- No caso de implantalo na zona verde, debe asegurarase que os labores de mantemento sinalados no punto C.2.9 son levados a cabo con resultados satisfactorios e os elementos que conforman este sistema están en boas condicións e integrados na paisaxe da zona verde.
3. Previamente á implantación de calquera instalación ou empresa no parque comprobarase que, ademais de cumprir coas especificacións urbanísticas, dispón dos medios necesarios para o cumprimento do indicado nas ordenanzas sinaladas no proxecto sectorial (a minimización de consumo eléctrico e de auga, a prevención da contaminación por verteduras, ruídos e emisións á atmosfera). O antedito será independentemente do trámite ambiental a que, se for o caso, deban someterse.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2006.
Joaquín Lucas Búergo del Río
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I - Resumo da actuación descrita na documentación avaliada
O obxecto do proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo é a creación dun parque empresarial no concello de Vimianzo, así como as conexións exteriores para a dotación de servizos ao parque.
Os 321.445 m que conforman o ámbito organízanse nas seguintes zonas:
- Ocupación de parcelas privadas: 169.136 m.
- Espazos libres e zonas verdes: 59.407 m.
- Outras zonas libres: 18.976 m.
- Equipamentos: 7.797 m.
- Servizos técnicos: 3.694 m.
- Superficie destinada a vías e aparcadoiros: 62.355 m.
No que respecta aos servizos que se van implantar, defínese o seguinte:
- Rede viaria:
A conexión viaria exterior realízase mediante unha intersección en T con carrís de espera, de aceleración e de desacelaración, que permiten a incorporación á AC-552 e á saída da mesma cara ao parque.
- Rede de fecais:
Tendo en conta que o sistema actual do núcleo de Vimianzo consiste nunha serie de colectores que conducen as augas residuais cara a un tratamento primario que non cumpre os estándares de calidade de auga, conxuntamente co Concello de Vimianzo, proxéctase a implantación dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) nunha parcela duns 600 m, próxima ao río Vimianzo, co fin de levar alí as augas residuais da rede do núcleo de Vimianzo e do parque empresarial.
O colector desde o parque empresarial á EDAR será de 2.183 m e, tal como se indicou, utilizarase tamén para que leve as augas procedentes da rede de residuais do núcleo de Vimianzo. Proxéctase tamén a instalación dun pozo de bombeo co fin de impulsar as augas desta rede cara ao novo colector.
A rede interior estará conformada por conducións de formigón centrifugado ou vibroprensado polas beirarrúas.
- Rede de pluviais.
A rede de pluviais transcorre paralela á de fecais pero pola beirarrúa oposta. Cada parcela dispón de conexión individual, ademais dos sumidoiros necesarios para unha correcta drenaxe das rúas e aparcadoiros.
Antes da conexión co exterior do parque para a súa vertedura ao río farase un pretratamento a través dun desbaste e un desareamento nunha balsa de decantación.
- Rede de abastecemento de auga.
Para o abastecemento de auga aproveitarase a rede utilizada polo núcleo de Vimianzo, modificando a captación existente no rego de Cambeda, revisando a condución e ampliando a estación de tratamento de augas potables. A captación actualmente está composta por dous azudes; o primeiro deles reduce a velocidade da auga e o segundo acumúlaa, pretendendo modificala recrecendo o segundo azude co fin de que alcance a cota do primeiro e construíndo unha nova arqueta de captación. Tamén se prevé a execución duns depósitos próximos ao parque empresarial de onde sairán unha condución cara ao parque empresarial e outra que permita, por medio dun by-pass, abastecer de auga as zonas rurais do núcleo de Vimianzo.
A rede interior proxectouse como rede mallada, con conexións individualizadas a cada parcela. As conducións disporanse baixo beirarrúa, comprobando que queden sempre sobre as conducións de saneamento.
Asemade, disporase dunha rede de hidrantes contra incendios.
- Rede de enerxía eléctrica.
Segundo a previsión das necesidades do parque parece ser suficiente coas infraestruturas existentes de Electra del Gayoso nas proximidades do parque, que posúe unha liña eléctrica subterránea directa desde a subestación eléctrica de Vimianzo, propiedade de Unión Fenosa. Non obstante, prevese a ampliación da dita subestación, localizada a uns 3,5 km do parque, proxectándose así unha liña de media tensión con orixe no centro de transformación de Casais de aproximadamente 0,9 km de lonxitude, que se disporá nas marxes da rede viaria existente.
No interior do ámbito do parque proxéctanse redes de media e de baixa tensión, que discorrerán baixo as beirarrúas.
- Rede de iluminación pública.
Deseñouse unha rede de iluminación pública para todo o parque establecendo uns niveis luminotécnicos determinados segundo sexan vías, rotondas ou aparcadoiros. No que respecta á implantación dos puntos de luz, estableceuse tendo en conta as seccións viarias e as necesidades de iluminación impostas.
- Rede de telecomunicacións.
A planta de rede telefónica deseñouse de acordo cos criterios establecidos pola Compañía Telefónica de España e R, en actuacións de similares características.
No referente á vexetación actual do ámbito do parque, trátase dunha combinación de masas compactas e heteroxéneas de especies arbóreas con outras de monte baixo ou matogueiras. Pódese constatar a existencia de especies como castiñeiros e carballos, sen chegar a formar núcleos. Na parte norte, atópase unha masa considerable de piñeiros e eucaliptos.
Cabe destacar a presenza de acevo no ámbito, sobre todo na parte central e máis escasamente no sur, especie protegida pola Orde do 10 de decembro do 1984 sobre protección do acevo, Ilex aquifolium, L. no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
No que respecta aos cursos fluviais, existen, próximos ao parque, tres regatos de pequena entidade, localizándose parte do ámbito do parque en zona de policía do regato localizado máis ao sur. Asemade, e neste senso, tal como se indicou, a parcela onde se ten previsto implantar a EDAR localízase moi próxima ao río Vimianzo e modificarase a captación existente na actualidade no río Cambeda.
ANEXO II - Resumo das medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada
Medidas incluídas no estudo de impacto ambiental.
Fase de execución.
Medidas de minimización e control das verteduras.
Medida nº 1.
Regas superficiais previas e cobertura dos materiais susceptibles de producir perdas por derramo ou suspensión aérea durante o seu transporte, sexa con lonas ou cunha axeitada embalaxe, durante todo o seu traxecto entre a obra e as zonas de orixe ou destino. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida, establecendo:
- Os materiais cuxo transporte está suxeito a esta medida.
- A descrición das técnicas que se van empregar.
- A descrición da metodoloxía de vixilancia e seguimento desta medida.
Medida nº 2.
Control do estado de mantemento dos vehículos e da maquinaria utilizados durante a execución da obra, asegurando que o seu estado non permite prever derramos ou perdas. O axeitado estado dos vehículos e maquinaria será aquel en que se dispoña da tarxeta de inspección técnica actualizada e non se aprecien danos ou malos funcionamentos que impliquen unha maior posibilidade de verteduras de líquidos contaminantes. Todos os vehículos e maquinaria deberán dispor dun protocolo de limpeza, descontaminación ou contención da contaminación. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo:
- A maquinaria e o tipo de vehículos a que se deberá aplicar.
- Descrición xeral dos procedementos de limpeza e contención da contaminación.
- Descrición da metodoloxía de seguimento e vixilancia do cumprimento desta medida.
Medida nº 3.
Definición dun parque de maquinaria e de vehículos de transporte especialmente acondicionado para a contención da contaminación que se poida producir. Como adecuación destas zonas deberase considerar:
- Unha gabia perimetral que recolla as augas ou eventuais verteduras procedentes das zonas en que se realicen estas actividades.
- Unha balsa de decantación en que se recollan os sólidos procedentes da gabia perimetral.
- Uns separadores de graxas que permitan unha depuración inicial das augas procedentes da gabia perimetral ou doutras zonas, como a zona de limpeza e mantemento de vehículos e da maquinaria.
- Unha zona de limpeza e mantemento de vehículos e da maquinaria, impermeabilizada e con elementos de contención que recollan as augas procedentes destas zonas.
- Unhas zonas para a almacenaxe de residuos producidos e líquidos necesarios para efectuar a limpeza e o mantemento dos vehículos e da maquinaria.
- Un sistema viario de movemento dos vehículos e o acondicionamento deste sistema para o movemento de maquinaria.
- A definición de sistemas de lavado das rodas na saída do parque de maquinaria, e recolla das augas de lavado no sistema de drenaxe deste parque de maquinaria (gabia perimetral e balsa de decantación).
No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo:
- A descrición detallada da medida.
- A definición en planos, memoria, prego e orzamento do parque de maquinaria, coa distribución de cada un dos elementos establecidos.
- A indicación das características de cada unha das zonas, así como a restrición de uso ou prohibicións que deberán rexer no parque.
- Unha descrición do sistema de comunicación que asegure o coñecemento por todo o persoal que aplique esta medida.
Medida nº 4.
As augas procedentes da obra deberán ser recollidas por un sistema de drenaxe xeral, que deberá estar deseñado de xeito que no se produzan inundacións, erosión ou sedimentación no punto de vertedura á rede de drenaxe natural. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo:
- A descrición detallada da medida.
- A definición en planos, memoria, prego e orzamento do sistema de drenaxe coa distribución de cada un dos elementos establecidos.
- A incorporación local de balsas de decantación ou outros elementos de contención da contaminación.
Medida nº 5.
Establecemento dun sistema de segregación, acumulación e transporte de residuos que asegure o cumprimento da lexislación vixente en materia de residuos.
As condicións e a localización dos residuos garantirán a ausencia de posibilidade de contaminación grave por verteduras, e garantirase que calquera vertedura que eventualmente se produza poida ser contida ou recollida.
O procedemento de control dos residuos deberá garantir que ao finalizar as obras, e antes do inicio da explotación, se retirarán todos os residuos, debendo ser xestionados de acordo coa lexislación e en función de súa natureza. Neste sistema deberá primarse a reutilización fronte á vertedura.

- A definición en planos, memoria, prego e orzamento das características xerais das acumulacións de cada tipo de residuo.
- A descrición do sistema de comunicación ao persoal para o coñecemento desta medida.
Medida nº 6.
Establecemento dun sistema de acumulación de materiais (terra vexetal, materiais de escavación, materias prima, etcétera) que garanta, sobre todo, o control dos sólidos en suspensión, polo que se recomenda a utilización de barreiras de sedimentos compostas por balas de palla, localizadas ao pé das acumulacións de materiais máis activas; estes sistemas poderán combinarse coa utilización de balsas de decantación e con gabias perimetrais.
Ademais, seleccionaranse as zonas preferentes para localizar estas acumulacións de materiais, de xeito que se poida controlar mellor o movemento das augas eventualmente contaminadas por sólidos en suspensión.

- A definición en planos das características xerais das acumulacións de cada tipo de material.
Medidas de protección da vexetación.
Medida nº 7.
Realización dun estudo previo durante a redacción do proxecto construtivo que permita a localización exacta dos pés de acevo, detectados durante a realización do estudo ambiental, máis relevantes do ámbito do proxecto. Este estudo deberá completar a información recompilada identificando un por un os pés que deberán ser transplantados á zona verde.
A distribución destes elementos farase en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e seguindo as pautas que esta estableza. No entanto, mentres non se especifiquen outras prevencións ou indicacións, proponse a adopción dunha serie de medidas de protección.

- A definición en planos da localización e desenvolvemento de cada un dos pés de acevo que deberán transplantarse, a zona de terra vexetal que será utilizada nestes labores, e a futura localización destes pés de acevo.
- Un proxecto específico de revexetación que se executará simultaneamente ao proxecto de urbanización, que contemple en planos, memoria, prego e orzamento, todas as actuacións derivadas desta medida.
- O procedemento de transplante, que se porá á disposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible conxuntamente coa documentación que esta Administración exixa para aprobar a actuación.
Medida nº 8.
Balizamento do perímetro do parque (cuxa integridade deberá manterse), como información ao persoal que participe na obra de cales son os límites que en ningún caso deberán ser superados.
O parque da maquinaria e as acumulacións de materiais non estarán lozalizados en ningún caso na zona verde, e tampouco fóra do ámbito do parque.
Establecerase un sistema viario de obra no cal se reduza o máximo posible o tránsito en zonas alleas aos límites do parque e da zona verde. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo:
- A descrición detallada da medida.
- A definición do balizamento perimetral, así como do sistema viario de obra.
- A descrición do sistema de comunicación que asegure o coñecemento por todo o personal desta medida.
Medida nº 9.
Selección, acumulación e mantemento da terra vexetal. Esta acumularase en montes de non máis de dous metros de altura e tres metros de largo, que deberán ser humectados periodicamente e remexidos, de xeito que conserven as características biolóxicas o maior tempo posible. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo:
- Descrición detallada da medida.
- Definición en planos, prego e orzamento das características do mantemento da terra vexetal que será utilizada no proxecto de restauración vexetal.
Medidas de protección da calidade de vida da poboación.
Medida nº 10.
As actividades que poidan producir contaminación por partículas deberán ser afastadas das proximidades da poboación na medida que sexa posible.
A respecto da acumulación de materiais, deberá localizarse preferentemente lonxe das zonas en que a poboación está presente; ademais, nos días máis ventosos, deberán cubrirse os materiais ou ben regarse superficialmente, de xeito que non poidan resuspenderse facilmente.
Ao respecto dos labores de escavación e de vertedura de materiais, executaranse regas superficiais nas zonas en que se realicen estas actividades.
Establecer un sistema viario de acceso á obra que evite os núcleos de población. Esta última indicación tamén é especialmente axeitada para previr a contaminación por gases de combustión nos núcleos de poboación. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo:
- A descrición detallada da medida.
- A localización das acumulacións de materiais.
- A localización do sistema viario preferente da maquinaria e dos vehículos da obra.
Medida nº 11.
A minoración das molestias á poboación garantiranse por medio das seguintes estratexias:
- Control dos horarios de operación (garantindo que se cumpre estritamente a lexislación e a normativa municipal).
- Control dos horarios de carga e descarga (garantindo que se cumpre estritamente a lexislación e a normativa municipal).
- Control do estado dos vehículos e da maquinaria.
- Control do sistema viario de acceso á obra (aspecto xa indicado anteriormente).
- Minimización do período de execución das voaduras.
- Indicación á poboación da realización de voaduras.
No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo a descrición detallada.
Medida nº 12.
Concentrar a entrada e a saída do ámbito de obra, na medida do posible, nun único punto, no cal se incorporará unha área de lavado de rodas dos vehículos que saen.
Realizar labores periódicos de rega e lavado do sistema viario de acceso á obra, co fin de que se garanta o seu correcto estado de limpeza. Estes labores realizaranse especialmente durante a escavación nas proximidades da estrada C-552.
Sistema de mantemento das infraestruturas locais, que deberán manterse en axeitadas condicións.
Execución do enlace de acceso ao parque nas primeiras fases de obra, de xeito que se evite a creación doutros accesos que poidan crear maiores afeccións á poboación. No proxecto de urbanización desenvolverase esta medida específica, establecendo a descrición detallada.
Asemade, para as anteditas medidas (medidas nº 1 ao nº 12) no proxecto de urbanización tamén se establecerá a documentación que deberá presentar o contratista na súa oferta de licitación, establecendo como se compromete a cumprir esta medida.
Outras medidas.
Outras medidas que serán adoptadas durante a execución da obra estarán encamiñadas a:
- A definición da procedencia dos materiais que serán utilizados na obra.
- A definición do destino dos materiais excedentes.
Medida nº 13.
Axuste do proxecto para reducir a necesidade dos materiais alleos á obra, de depósitos para excedentes e de préstamos, procurándose que os materiais utilizados sexan os extraídos no propio proxecto.
A pesar de non se prever a utilización de materiais de préstamo procedentes doutras zonas, é posible que durante a execución resulte necesario puntual ou extensivamente, o fornecemento de materiais externos á obra. Neste caso, e só en movementos superiores a 10.000 m, deberán seleccionarse as canteiras máis próximas, legalizadas e con plan de restauración aprobado.
Medida nº 14.
Os materiales excedentes serán principalmente terra vexetal e os materiais procedentes da escavación.
O deseño en alzado do parque estudouse para garantir que as necesidades de terraplén se axusten ao material escavado, por iso a maior proporción de materiais excedentes serán previsiblemente de terra vexetal. Esta fase consiste na identificación, analise e selección previa das zonas susceptibles de recibir os materiais excedentes da obra (terra vexetal e materiais procedentes de desmontes) co menor custo ambiental posible. Para isto considéranse prioritariamente zonas ambientalmente degradadas xa existentes no contorno próximo á obra.
En ningún caso se proporán actuacións en espazos naturais protexidos ou en zonas naturais pertencentes ao dominio público hidráulico, en zonas con elevada pendente ou en zonas con algún grao de protección ambiental.
Apos unha revisión, non se atoparon zonas degradadas axeitadas para depositar este material, estando as únicas posibles moi afastadas e, presentando unha baixa capacidade de recepción, ou non presentando características de degradación que permitan a súa utilización. Consecuentemente, e dada a natureza esencialmente útil do material, proponse que en fase de proxecto de construción, sexa elaborado un estudo específico de posibles solucións para a vertedura destes materiais, tomando como principais alternativas:
- A posibilidade de comercializar a terra vegetal.
- A aceptación deste material por parte da administración para efectuar labores de restauración.
- A aceptación deste material por parte da Administración local para labores de xardinaría ou restauración de pequenas zonas degradadas.
- A utilización nas tarefas de restauración vexetal e recheos localizados na zona verde.
- A aceptación do material por canteiras legalizadas.
Medida nº 15.
Executarase un proxecto de integración paisaxística dos espazos alterados polas obras e de ordenación paisaxística das zonas verdes. Este proxecto deberá garantir a revexetación de todas as superficies núas para previr a xeración de procesos erosivos:
- Noiros de terraplén: pendente mínima de 3H:2V, de xeito que poidan realizarse plantacións e a hidrosementeira (especies autóctonas e adaptables ao medio).
- Noiros de desmonte: debido a súa rochosidade quizais non sexa posible a revexetación, polo que na fase de redacción do proxecto construtivo se fará unha análise da visibilidade dos desmontes, e consonte isto, valoraranse as seguintes posibilidades para a súa ocultación:
* Deixar un acabamento rugoso de xeito que se desenvolva un protosolo para a implantación progresiva da vexetación herbácea, musgos ou liques.
* Un tratamento químico de envellecemento.
- Zonas degradadas postas a disposición da obra para a vertedura de excedentes de obra: hidrosementeira e plantacións, as especies definiranse no proxecto construtivo procurando que sexan autóctonas e adaptables á zona, particularmente o acevo.
- Labores de xardinería na zona urbanizada.
Fase de explotación.
Dúas estratexias se seguen para o control dos impactos:
1. Por un lado establécense as medidas de deseño do parque que se fixaron para asegurar unha mellor integración ambiental das actividades que se desenvolvan nel.
2. Por outro márcanse as pautas de ordenación que deberán rexer en calquera actividade que se instale no parque.
Medidas de deseño do parque.
Medida nº 1.
Establecemento dun sistema de decantación e separación de graxas das augas de escorremento urbano do parque empresarial integrado e protexido visualmente do contorno próximo.
Durante a redacción do proxecto construtivo, estudarase a posibilidade de dotar de naturalidade a esta zona de xeito que se integre na zona verde anexa; para isto proponse:
- Ocultar os elementos con menor capacidade de integración (desareadores, separador de graxas, reixas de desbaste, etcétera).
- Adoptar un deseño naturalizado da lagoa de decantación, incorporando elementos vexetais acordes coas características da zona verde.
Medida nº 2.
Redacción dun proxecto e execución dunha depuradora que permita acoller a capacidade de vertedura esperada para o parque empresarial e para o núcleo de Vimianzo, valorada en 7.000 habitantes equivalentes. Este proxecto executarase previamente á instalación das actividades no parque.
Medida nº 3.
Para un bo funcionamento da depuradora, e así garantir unha calidade axeitada das augas dos leitos receptores, as características da vertedura deben cumprir a lexislación vixente.
Desde o punto de vista da urbanización do parque empresarial, considérase necesaria a introdución de elementos que faciliten o control das verteduras desde a Administración. Como medida máis apropiada considérase que a incorporación de pozos de rexistro no sistema de saneamento permitirá a inspección da calidade e, eventualmente (despois da colocación dun dispositivo de rexistro axeitado), a cantidade das verteduras. Un aspecto destas arquetas é que deberán ser accesibles desde o exterior da parcela.
Medida nº 4.
Implantación de elementos que permitan a redución global do consumo de enerxía, o aumento da eficiencia do seu uso e a súa diversificación. Así, proponse a incorporación de redutores de fluxo na instalación eléctrica de iluminación, que permita xestionar mellor o consumo eléctrico da instalación de iluminación.
Ademais, o deseño da iluminación do parque estudarase durante a fase de redacción do proxecto construtivo de xeito que se garanta a redución da contaminación lumínica e a maior eficiencia da utilización da enerxía. Así, estudarase a utilización de pantallas reflectoras que permitan concentrar a iluminación das zonas máis necesarias (o sistema viario, por exemplo), e evitar a dispersión da luz en zonas que poden xerar contaminación lumínica (evitar a dirección da luz para cima).
Medida nº 5.
Localización dun punto limpo nunha parcela de polo menos 2.000 m no ámbito do parque, que deberá estar especialmente preparado para a produción de residuos industriais que poidan xerar as actividades que se implanten no parque.
Este punto limpo deberá servir tamén como servizo adicional como receptor dos residuos voluminosos da poboación de Vimianzo, o que permitirá unha percepción máis positiva do parque empresarial por parte da poboación.
Medida nº 6.
Aumento da distancia que separa o núcleo de Vimianzo das zonas produtivas, que garanta o amortecemento suficiente da emisión acústica e a dispersión da contaminación atmosférica, de xeito que non se produzan impactos.
Por outro lado, a existencia dun elemento paisaxisticamente moi sobresaínte, como é o Castelo de Vimianzo, mantén o seu protagonismo ao estar separado do ámbito máis agresivo (a zona urbanizada), e ao estar envolto nunha zona de protección coa zona verde, que mellora a súa integración actual no contorno.
Pautas de ordenación das actividades que teñan lugar no parque.
Medida nº 7.
Ordenanza de minimización de consumo eléctrico.
Medida nº 8.
Ordenanza de minimización de consumo de auga.
Medida nº 9.
Ordenanza de prevención da contaminación polas verteduras.
Medida nº 10.
Ordenanza de prevención da contaminación polos residuos.
Medida nº 11.
Ordenanza de prevención da contaminación acústica.
Medida nº 12.
Ordenanza de prevención da contaminación por emisións á atmosfera.
Medidas incluídas no proxecto de conexións exteriores (conexión exterior de abastecemento e conexión exterior de saneamento: colector xeral e EDAR).
Contaminación acústica:
- Control de que a maquinaria empregada reúne os requisitos respecto a emisións acústicas e mantemento xeral.
- Control do cumprimento dos horarios de traballo determinados.
Contaminación das augas naturais:
- Comprobacións periódicas da correspondencia dos valores dos parámetros de vertedura do efluente.
- Consulta periódica a sectores que puideren verse afectados con motivo da realización da vertedura.
Contaminación da atmosfera con po:
- Durante a época seca, realización de regas periódicas que reduzan o impacto causado durante a realización dos traballos da obra.
Contaminación do medio por acumulación de residuos:
- Comprobación da axeitada xestión deste tipo dos residuos por xestores autorizados, así como do seu almacenamento.
- Limpeza xeral da zona de execución da obra e das inmediacións.
Contaminación por aceites e combustibles:
- Colocación de contedores necesarios na área da obra como único lugar de depósito dos residuos perigosos xerados na obra.
- Comprobación da axeitada xestión por xestores autorizados, así como do seu almacenamento.
- Control das actividades de mantemento da maquinaria empregada na zona de obras e nas súas inmediacións.
Dificultade de tránsito das persoas e dos vehículos:
- Axeitado almacenamento temporal do material inerte resultante da obra e mantemento da súa segregación ata a súa recolla e xestión.
Impacto visual:
- Colocación dos contedores necesarios na área da obra como único lugar de depósito dos residuos perigosos xerados na obra.
Perda de solo:
- Control de que o movemento da maquinaria se realiza dentro dos límites da obra previamente establecidos.
Perda de utilidade do terreo pola ocupación:
- Establecemento da maquinaria de obra en período de non actividade dentro dos límites da obra.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE VIVENDA E SOLO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL