Diario Oficial de Galicia, 11-03-2004, Núm. 50, Páx. 3337
Resolución do 4 de marzo de 2004, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa á ampliación dunha granxa de rodaballo en Ardia, no concello do Grove (Pontevedra), promovido pola empresa Insuíña, S.L.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 2 de febreiro de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental da granxa mariña sita en Ardia-concello do Grove (Pontevedra), promovido pola empresa Insuíña, S.L. que se resume como anexo a esta resolución.
Poderá, ademais, atopar unha versión dela en formato dixital na seguinte páxina da Consellería de Medio Ambiente: http://www.siam-cma.org/expaval/ListadoExpedientes.asp?e=2002/1116 así como obter unha copia na Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de Pontevedra en Vigo.
ANEXO
RESUMO DO PROXECTO
O obxecto do proxecto é amplia-las instalacións da granxa de engorde de rodaballo que a peticionaria Insuíña, S.L. posúe na localidade de Ardia (O Grove, Pontevedra).
A zona de actuación está comprendida dentro dos límites do lugar proposto para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 Complexo Ons-O Grove, considerada tamén zona Ramsar e Zepa.
Actualmente, segundo consta na prórroga da concesión administrativa do 5 de febreiro de 1996, a capacidade da instalación é de 120 t/ano de rodaballo, para o que contan con 140 estanques (S=3.157,80 m), toma de auga e desaugadoiros.
A ampliación, proxectada exclusivamente para o engorde, precisará da execución dunha nova liña de traída, da reforma dos sistemas de distribución de auga ós tanques e recirculación, e do incremento do número de estanques (total: 158; S=4.600 m). Con estas instalacións a capacidade de producción de rodaballo acadará as 300 t/ano. Cómpre sinalar que esta empresa conta cunha producción suficiente de crías para abastecer estas instalacións, no seu criadeiro de Mougás (Pontevedra).
Esta nova zona de cultivo localizarase anexa ás instalacións existentes, no extremo sur, aproveitándose deste xeito áreas operativas (oficinas, laboratorio, almacéns, etc.) e os accesos, sen afecta-la pequena lagoa salina da parcela. A superficie total afectada ascenderá a 2.700 m, todo iso en terreos da peticionaria.
MEDIDAS PROTECTORAS E CORRECTORAS
No estudio de impacto ambiental presentado proponse a adopción das seguintes medidas:
- Protección da atmosfera: recoméndase a realización de regas durante a fase de obras nos períodos de escasez de choiva.
- Protección do solo: acondicionamento e rehabilitación das superficies afectadas.
- Protección do medio mariño: emprego de sistemas de filtración e floculación de sólidos en suspensión, que se vai colocar á saída de efluentes da planta.
- Protección da fauna: control exhaustivo da xeración de gases e ruídos durante a fase de obras, así como reducción ó mínimo posible do tempo das obras.
- Protección da paisaxe: emprego de materiais de cores verdosas e plantacións de sebes que limiten a visibilidade desde as zonas de tránsito.
Vigo, 4 de marzo de 2004.
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL