Resolución do 30 de xullo de 2004 pola que se adxudican as axudas correspondentes ao Programa de Tecnoloxías Ambientais convocadas no anexo VII da Orde do 29 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2004).

Diario Oficial de Galicia, 10-08-2004, Núm. 154, Páx. 11470
Resolución do 30 de xullo de 2004 pola que se adxudican as axudas correspondentes ao Programa de Tecnoloxías Ambientais convocadas no anexo VII da Orde do 29 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2004). Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 29 de decembro de 2003 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2004), convócanse as axudas para o ano 2004 correspondentes aos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e modifícanse, así mesmo, as bases correspondentes a estas axudas aprobadas pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 22 e 29 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril, 13 e 15 de maio). No anexo VII da devandita orde figuran as axudas correspondentes ao Programa de tecnoloxías ambientais. Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no número 6 das bases da convocatoria, esta consellería RESOLVE: Primeiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG. No anexo II indícanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada á ampliación ou remanente do crédito da aplicación orzamentaria 08.05.432A.740.0 segundo se indica no mencionado anexo. Aqueles proxectos que figuran nos anexos I e II con autorización para contratar persoal, deberán realizar a dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria. Segundo.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia aos beneficiarios que se sinalan no anexo III desta resolución. As axudas que se relacionan nos anexos I, II e III comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado aos gastos institucionais que a súa execución supón ao organismo ao que pertence o investigador responsable. Terceiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación industrial, innovación tecnolóxica, desenvolvemento precompetitivo ou proxectos de demostración para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo IV desta resolución. Os proxectos incluídos no anexo IV que así o indican, están cofinanciados nun 75% con fondos FEDER-MAC na anualidade correspondente ao ano 2004. No anexo V indícanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada á ampliación ou remanente do crédito da aplicación orzamentaria 08.05.432A.770.0 segundo se indica no mencionado anexo. Cuarto.-Conceder as axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo VI desta resolución. As axudas incluídas no anexo VI están cofinanciadas nun 75% con fondos FEDER-MAC. Quinto.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto. Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente. Sétimo.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Disposición derradeira Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2004. P.D. (Orde 21-1-3003, DOG do 27 de xaneiro) Jesús Vázquez San Luis Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
AxudasInn.pdf Galego
AxudasInn_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles