Diario Oficial de Galicia, 23-04-2007, Núm. 78, Páx. 6539
Resolución do 30 de xaneiro de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 4 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no cal se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación Nova Ampliación a Cerámicas de Campaña número 2659, no concello de Valga (Pontevedra), promovida por Novo y Sierra, S.A.
Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria de Pontevedra,
RESOLVE:
Darlle publicidade mediante esta resolución, ao Acordo do 4 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de Nova Ampliación a Cerámicas de Campaña nº 2659, no concello de Valga (Pontevedra), promovida por Novo y Sierra, S.A., e que se transcribe como anexo a esta resolución.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2007.
Monserrat Prado Cores
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO I
Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 4 de decembro de 2006, do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación Nova Ampliación a Cerámicas de Campaña nº 2659, no Concello de Valga (Pontevedra), promovida por Novo y Sierra, S.A. (clave: 2004/0116).
Declaración de impacto ambiental.
Examinada a documentación que consta no expediente, constituída por Proxecto de explotación, estudo ambiental e proxecto de restauración e documentación adicional ao proxecto, así como informes, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, prevalecendo sempre os documentos máis recentes, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese en exclusiva aos labores de explotación que se levarán a cabo nunha superficie de 12,79 ha, dentro dos perímetros reflectidos no plano adxunto, e coas seguintes demarcacións en coordenadas UTM:
Zona 1
Vértices Lonxitude Latitude
1 527.256,8689 4.727.630,5032
2 527.741,9310 4.727.623,6504
3 527.738,7834 4.727.555,1317
4 527.740,6315 4.727.489,0231
5 527.716,9759 4.727.443,1279
6 527.679,3216 4.727.397,4048
7 527.635,3916 4.727.357,4298
8 527.619,8784 4.727.376,8703
9 527.462,9200 4.727.309,5879
10 527.351,5920 4.727.353,1155
11 527.440,7927 4.727.432,5705
12 527.446,3245 4.727.472,6435
13 527.400,5483 4.727.536,5823
Zona 3
Vértices Lonxitude Latitude
1 527.427,9057 4.727.149,4083
2 527.493,8991 4.727.111,3257
3 527.552,2642 4.727.053,3472
4 527.501,1392 4.726.999,6934
5 527.535,5490 4.726.977,3453
6 527.480,9235 4.726.872,9109
7 527.471,0306 4.726.892,2506
8 527.391,1862 4.726.957,7073
9 527.289,4448 4.726.989,5046
10 527.280,0055 4.726.984,0865
11 527.270,1646 4.727.000,1402
12 527.280,6080 4.727.004,7556
13 527.277,1938 4.727.017,3972
14 527.284,5693 4.727.049,2552
Zona 4
Vértices Lonxitude Latitude
1 527.204,5960 4.727.431,0325
2 527.225,9638 4.727.495,4790
3 527.207,9960 4.727.501,9720
4 527.215,0313 4.727.538,0781
5 527.227,4150 4.727.563,0801
6 527.253,3234 4.727.605,9273
7 527.285,3840 4.727.588,7237
8 527.271,1219 4.727.611,2180
9 527.307,4287 4.727.593,6225
10 527.310,6284 4.727.577,9073
11 527.338,4396 4.727.563,7043
12 527.381,3926 4.727.520,7864
13 527.421,2554 4.727.461,8128
14 527.362,8328 4.727.408,0152
15 527.354,9619 4.727.380,5903
16 527.331,5509 4.727.372,5242
En particular, segundo o establecido no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a zona de explotación nº 2 elimínase como medida protectora de cara ao elemento do Patrimonio Cultural Pazo de Sixto.
Para outras áreas para explotar aínda dentro das cuadrículas outorgadas será preciso revisar esta declaración ou emitir unha nova.
En calquera caso non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida na documentación ou nesta declaración.
A) Condicións xerais.
1. Atmosfera.
1.1. Os niveis de po e gases medidos nas vivendas máis próximas á zona de explotación non superarán os límites para partículas sedimentables establecidos polo Real decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono.
1.2. Os niveis de presión sonora nas vivendas máis próximas á zona de explotación non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto.
2. Augas.
2.1. As augas pluviais que incidan directamente sobre a explotación serán conducidas ao sistema de decantación, prohibíndose a súa vertedura directa.
2.2. Procederase á limpeza periódica das balsas de decantación con obxecto de manter a súa funcionalidade, e sempre que a altura entre a capa de sedimentos e a lámina libre de auga sexa inferior a 1 m. Os lodos empregaranse na restauración, constituíndo a primeira capa do perfil artificial que se prevexa. O almacenamento destes realizarase en zonas habilitadas para o efecto.
2.3. O promotor deberá contar coa preceptiva autorización de vertedura e/ou captación outorgada polo órgano de bacía.
3. Solo.
3.1. Retirarase e amorearase a capa de terra vexetal procedente de cada superficie a ocupar previamente ao inicio dos labores mineiros. Así mesmo, unicamente se procederá á retirada da cobertura vexetal necesaria para o labor, segundo cada unha das fases previstas no proxecto.
3.2. As moreas de terra vexetal disporanse, como máximo, con alturas de ata 2 m. Así mesmo, estas moreas deberán ser estables e facerse de forma que se impida a súa deterioración por compactación e arrastres. Ademais ata o momento da súa reposición, procederase ao seu mantemento realizando sementeiras de herbáceas (mestura de gramíneas e leguminosas), remoción cada seis meses como mínimo, achega de fertilizante mineral e rega nos períodos de seca.
3.3. Esta terra vexetal mentres permaneza amoreada non poderá ser mesturada cos lodos procedentes das balsas de decantación nin con ningún tipo de residuos ou entullos.
3.4. Todos os residuos xerados xestionaranse conforme a lexislación vixente de aplicación, en función da súa natureza, primando a súa reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.
3.5. Os labores de mantemento da maquinaria que non se leven a cabo en taller autorizado efectuaranse nunha zona delimitada para o efecto. Os residuos producidos recolleranse e entregaranse a xestor autorizado.
3.6. Na coroación dos noiros e durante a fase de explotación instalarase un peche de protección de malla metálica de tipo cinexético que impida a caída de animais, cunha altura non inferior a 1,50 m, e a luz de malla na parte xunto ao solo será suficientemente pequena para impedir o paso de fauna de pequeno tamaño, evitarase, en calquera caso, o emprego de arame de espiño. O peche manterase en perfecto estado ata que non rematen os labores de restauración, momento en que será retirado.
4. Vexetación.
4.1. Respectarase sistematicamente a vexetación existente no contorno, compatible cos labores de explotación.
4.2. Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, tendo que facer a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. Os restos vexetais que se produzan deberán ser xestionados prevalecendo sempre a súa valorización. No caso de depositalos no terreo, deberán ser triturados e espallados homoxeneamente, para permitir unha rápida incorporación ao solo.
5. Paisaxe.
5.1. No caso de empregar pantallas vexetais de ocultación e para evitar a linearidade, realizarase a plantación en disposición triangular, ademais debe cumprir coa súa función desde o primeiro momento, polo que se implantará completamente ao inicio da explotación, a altura das especies a empregar serán como mínimo de 1,5 m. Se algunha das árbores que a conforman non prendese ou deixase de cumprir a súa función, terá que ser substituída por outra inmediatamente, asegurando a súa efectividade.
6. Restauración.
6.1. Sempre que o desenvolvemento dos labores o permita procederase a restaurar as zonas xa explotadas e abandonadas.
6.2. A dose de sementes a empregar na sementeira será de 300 kg/ha como mínimo.
6.3. Todas as árbores ou sementes a empregar reunirán as condicións suficientes de pureza, potencia xerminativa e ausencia de pragas e enfermidades que garantan o éxito da revexetación.
6.4. En canto á procedencia das especies arbóreas que se vaian empregar na revexetación, deberá terse en conta o disposto na Orde do 17 de marzo de 2005 da Consellería de Medio Ambiente, pola que se aproba a delimitación e a determinación dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución de diversas especies no territorio da Comunidade de Galicia.
6.5. No que respecta ao sistema de drenaxe e valado perimetral, procederase o seu recheo e/ou desmantelamento, no caso de abandono de labores así como ao peche e restauración das pistas interiores xunto coas súas correspondentes cunetas.
6.6. No caso de que resulte deficitaria a cantidade de terra vexetal necesaria para a restauración poderá substituírse por solos artificiais obtidos baixo autorización administrativa da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Instrución Técnica de Residuos 01.0/05, do 29 de xuño). No caso de que co seu emprego non se acaden os obxectivos previstos na restauración a devandita terra vexetal deberá provir de amoreamentos autorizados.
7. Vixilancia ambiental.
7.1. Procederase á rega regular, á fertilización mineral de reforzo anual e á resementeira daquelas superficies onde se observe a existencia de calvas e/ou marras, ata que se asegure a viabilidade da revexetación con obxecto de manter a densidade de plantación proposta no proxecto.
8. Documentación adicional.
8.1. Se a aplicación desta declaración supuxese algunha modificación ao proxecto obxecto dela, deberá presentarse o correspondente proxecto modificado nun prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da declaración, sempre con anterioridade ao inicio dos labores, perante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas para a súa aprobación pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Así mesmo, se os plans de labores anuais reflectisen un desenvolvemento distinto ao previsto no proxecto desta declaración, comunicarase a esta dirección xeral con obxecto de revisar e, se procede, modificar o condicionado da declaración.
9. Condicións adicionais.
9.1. O promotor comunicaralle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación.
9.2. O promotor poderá solicitar ao órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acadar os obxectivos e fins que se indican nesta declaración.
Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta declaración polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ao promotor, quen non poderá comezar os traballos de explotación antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.
9.3. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera intre e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan no desenvolvemento da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non recollido actualmente.
9.4. Cada cinco (5) anos o aval actualizarase de acordo coa seguinte fórmula:
(S-SR)
T=TxIx...xIx
S sendo:
T importe total do aval inicial.
T importe do aval no ano i.
i ano de explotación.
S superficie inicial prevista a restaurar.
SR superficie restaurada ata o ano i.
I inflación no ano i (IPC en Galicia).
Previo ao cambio do aval fixará o órgano substantivo a superficie restaurada ata o ano i SRi.
O cambio efectuarase cada cinco anos ou antes se o promotor o solicitase.
B) Condicións específicas.
Aínda que tanto as medidas correctoras e protectoras como o Plan de Restauración recollidos no estudo de impacto ambiental se consideran axeitados deberán terse en conta, ademais das indicadas condicións xerais, as seguintes:
1. Augas.
Dado que segundo consta no proxecto os labores de explotación desenvolveranse durante a época seca, meses de xuño a setembro, prevese que nos meses de inactividade se produza unha acumulación de auga no oco en explotación debido ao substrato arxiloso con permeabilidade practicamente nula, despois de cada un destes períodos de inactividade, a auga acumulada no fondo do oco que impida un normal desenvolvemento dos labores mineiros deberá ser bombeada fóra del e conducida a un sistema de decantación, prohibíndose a súa vertedura directa ao medio. Segundo o establecido no punto 2.3. das condición xerais desta declaración o promotor deberá contar coa preceptiva autorización de vertedura outorgada polo órgano de bacía.
2. Vexetación.
Segundo a documentación e o informe emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, non se prevé unha afección sobre ecosistemas de interese. De todos modos subliñar que:
* Non se poderán afectar a formacións distintas ás descritas no estudo e contrastadas na visita de campo sen antes facer a correspondente consulta.
* Evitarase especialmente calquera afección sobre formacións arbóreas autóctonas, así como sobre ecosistemas intimamente ligados á auga.
* Como pauta xeral a afección aos sistemas naturais será a mínima posible e imprescindible. En todo caso, calquera actuación de carácter inevitable levará asociada a restitución íntegra do espazo afectado e na maior brevidade posible. Así mesmo, previamente á execución das obras, delimitaranse fisicamente as zonas de actuación co fin de minimizar as afeccións.
3. Paisaxe.
Dado que a explotación se levará a cabo en tres ocos, e co fin de diminuír a súa incidencia no contorno, non se autoriza a explotación simultánea de dous ou máis ocos, e deberase, así mesmo, realizar a restauración inmediata de cada oco unha vez rematada a súa explotación, de tal forma que non poderá comezar a explotación do terceiro oco sen ter finalizada a restauración do primeiro.
Dado o carácter grave do impacto do proxecto sobre a paisaxe, e a proximidade de diversas edificacións, deberán implantarse as pantallas vexetais previstas nos termos recollidos no punto 2.7. Medidas correctoras que minimicen o impacto de visibilidade da explotación, a base de pinus radiata con disposición triangular de dúas filas con separación de 2,5 m entre filas e 4 m entre unidades da mesma fila, debendo ser implantadas nas tres zonas antes do inicio dos labores de explotación na primeira delas favorecendo deste xeito a efectividade do apantallamento.
4. Patrimonio.
Segundo se observa na cartografía, nas proximidades da zona de explotación nº 2 sitúase o elemento de Patrimonio Cultural Pazo de Sixto (Ben integrante do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia), polo que, co fin de protexer este elemento e segundo se recolle no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, non se autorizan os labores de explotación previstos para esta zona.
5. Condicións adicionais.
Segundo se establece no informe técnico municipal emitido polo Concello de Valga con data do 21 de xuño de 2005 haberá que aterse ao disposto no Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.
6. Restauración.
Dado que se prevé o aproveitamento integral dos materiais extraídos, non se autoriza no ámbito do proxecto a instalación de ningunha entulleira, mesmo con carácter temporal.
De acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a contía do aval, para garantir o cumprimento do Plan de Restauración, será de cento corenta e cinco mil (145.000) euros renovable en función da execución deste segundo o calendario previsto.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2006.
Joaquín L. Buergo del Río
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO II - Resumo do proxecto
O proxecto, promovido por Novo y Sierra, S.A., consiste no pase a concesión de cinco cuadrículas mineiras do permiso de investigación Nova Ampliación a Cerámicas Campaña nº 2695 para a explotación de arxilas caoliníferas empregadas na fabricación de produtos cerámicos como tellas e ladrillos, localizándose preto das poboacións de Barcia, Sisto, Barro, Gándara e Louro, no concello de Valga, provincia de Pontevedra.
Os labores de explotación realizaranse mediante socalcos a ceo aberto, empregando medios mecánicos para a extracción das arxilas, o arranque efectuarase mediante retroescavadora e carga directa a camión, posteriormente o material será transportado ata a fábrica situada a menos dun quilómetro da explotación. Prevese explotar tres zonas en bancos de 5 metros de altura. Os noiros presentarán pendentes de 4:1 na fronte de arranque, deixando bermas de 5 metros de largo. As superficies ocupadas polas áreas de explotación correspondentes ás tres zonas explotadas suman un total de 127.918,50 m.
O volume total a explotar para as tres zonas autorizadas será de 1.122.484 m, o que supón unhas reservas de 1.096.641,88 m e a extracción dun volume de terra vexetal de 25.842,12 m, estimándose unha vida da explotación de 30 anos. Así mesmo, aprovéitase todo o material extraído polo que non se proxecta ningunha entulleira.
Os labores de extracción desenvolveranse durante o verán (meses de xuño a setembro) dada a dificultade de traballar sobre o substrato arxiloso en inverno.
Así mesmo inclúese como parte do estudo de impacto ambiental un plan de restauración consistente, en trazos xerais, na recuperación para a zona 3 do uso forestal mediante remodelación, achega de terra vexetal, sementeira e plantación, para as zonas de explotación 1 e 4 prevese unha recuperación mediante a formación de lagoas, con revexetación das ribeiras formando unha banda arbustiva, unha palustre e unha acuática. Así mesmo, prevese a implantación de pantallas visuais e as medidas necesarias para o adecuado tratamento das augas de escorregadura, así como un plan de vixilancia ambiental.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL