Diario Oficial de Galicia, 18-07-2005, Núm. 137, Páx. 18794
Resolución do 30 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña en Rinlo, concello de Ribadeo (Lugo), promovida por Acuinor, S.L.
En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 7º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña en Rinlo, concello de Ribadeo (Lugo), promovida por Acuinor, S.L., que se resume como anexo a esta resolución.
Para os efectos oportunos, infórmase que a antedita declaración de impacto ambiental atópase nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Mariños (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, rúa do Valiño 63-65. San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela) e na seguinte dirección: www.siam-cma.org/expaval/listadoexpedientes.asp?e=2004/0061
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2005.
Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Recursos Mariños
ANEXO - Resumo do proxecto e documentación adicional
O proxecto refírese á instalación e explotación dunha planta de acuicultura mariña para o cultivo de rodaballo, polbo e linguado no lugar do Foxo Longo, dentro dos límites do lugar de importancia comunitario (LIC) As Catedrais, na localidade de Rinlo, no concello de Ribadeo.
Segundo a documentación avaliada, a vexetación na zona ocupada polo proxecto está composta maioritariamente por prados (abandonados e en activo) e breixeiras.
A parcela na que se vai localizar a planta ten unha superficie de 41.300 m, ocupando as instalacións uns 20.210 m dos cales 1.650 m corresponden a edificacións fixas.
A posta en funcionamento proxéctase en dúas fases co obxectivo de acadar unha produción de 400 t/ano de rodaballo e de 30 t/ano de polbo. No referente ao linguado, solicítase o permiso por se nun futuro considerase conveniente levar a cabo o seu cultivo.
A planta contará con dúas zonas de cultivo, unha dedicada ás crías e outra a preengorda e engorda, distribuíndose as balsas para o cultivo da seguinte maneira: 28 circulares, de 4,5 m de diámetro para a fase de crías; 72 para a fase de engorda en balsas pequenas de 6x6 m, e 132 para a fase de engorda en balsas grandes de 10x10 m.
Para a toma de auga do mar aproveitarase unha cetaria existente na zona norte do predio (cetaria de Penacín) de 450 m, logo do seu acondicionamento para garantir o paso de auga nas mareas máis baixas e da instalación de dous equipamentos de filtrado e bombas con reixas quitaalgas.
A distribución da auga desde o tanque de oxixenación proxectado farase a través dunha canle da que partirán as conducións cara ás distintas baterías de balsas.
As augas residuais industrias procedentes da planta serán tratadas cun sistema de filtración, e as augas fecais e de limpeza das instalacións serán tratadas nunha fosa séptica. Todas as estas augas recolleranse nun colector que irá enterrado ata o punto de vertedura directa ao mar.
Dentro da parcela contémplase a construción dunha nave de dous pisos onde se situarán as instalacións e zonas auxiliares (sala de procesado, laboratorios, almacéns, oficinas...), un aparcadoiro e un depósito de oxíxeno líquido.
Asemade proxéctase, ao redor de toda a parcela, un noiro que servirá como base para a plantación dunha sebe e camiños de paso e servizo dun mínimo de 6 m contado desde o bordo exterior do noiro.
A subministración de auga potable realizarase desde a poboación de Meirengos, instalando unha condución paralela ao camiño de servizo existente. Para a acometida eléctrica aproveitarase unha liña aérea existente, realizando unha condución soterrada da liña ata a parcela, instalando dentro desta un edificio que albergará os transformadores.
Medidas correctoras
* Sobre a calidade do aire:
- Realización dos movementos de terra e transporte de materiais en condicións atmosféricas favorables, evitando principalmente traballar con ventos fortes durante períodos secos, aínda que no caso de que sexa preciso traballar en condicións atmosféricas desfavorables adoptaranse medidas tendentes a minimizar as emisións.
- Procederase á rega con auga mediante mangueiras e/ou camións-cuba, das superficies afectadas polos movementos de terra, e zonas de circulación frecuente de maquinaria prestando especial interese ás zonas de carga e descarga das terras e outros materiais que poidan provocar emisión de po.
- Realizarase un control das emisións gasosas producidas pola maquinaria durante a fase de construción.
- A totalidade da maquinaria utilizada nas obras contará co correspondente certificado da inspección técnica de vehículos (ITV).
- Os camións utilizados no transporte contarán con sistemas de protección (cuberta tipo caixa abatible, tipo toldo ou outras) que minimicen ou eviten a dispersión de finos e partículas no curso do proceso de transporte dos materiais de obra, principalmente cando o transporte de material traspase os límites da superficie de execución e/ou cando se realice nas proximidades de zonas habitadas.
- Cando os vehículos carezan dos anteriores sistemas de protección, adoptaranse outro tipo de medidas como é a rega da carga previa ao inicio do transporte e limpezas periódicas dos vehículos de transporte.
- Limpeza periódica dos viarios utilizados no transporte.
* Sobre os niveis sonoros:
- Plan continuado de información e concienciación do persoal empregado antes do inicio e durante as obras.
- Revisión dos equipamentos utilizados nas obras.
- Realizarase a vertedura de terras desde alturas o máis baixas posibles.
- Realizarase unha programación flexible das actividades de obra de xeito que se eviten situacións nas que a acción conxunta de varios equipamentos ou accións cause niveis de ruídos elevados durante períodos prolongados de tempo e/ou durante a noite.
- Os condutores de vehículos e maquinaria de obra adecuarán, na medida do posible, a velocidade dos vehículos.
* Sobre solos e ocupacións:
- Planificaranse e delimitaranse as zonas de obra sometidas a actividade, de xeito que só se ocupen os terreos estritamente necesarios, poñendo especial interese en que non se aumente a superficie directamente ocupada pola obra respecto á estimada no proxecto.
- Co obxecto de minimizar a ocupación de solo e a afección á vexetación, previo á realización do despexo e roza da área de traballo, levarase a cabo a marcación da zona de ocupación estrita da obra. Así mesmo, colocaranse marcos rodeando as superficies na que se asenten as instalacións auxiliares da obra e os camións de acceso ata as ditas instalacións. Para iso utilizaranse redes tipo malla de plástico e color alaranxada.
- Levarase a cabo unha definición clara das áreas de circulación, estacionamento, almacenamento de materiais, parque de maquinaria, etcétera, para reducir ao máximo as áreas sometidas a alteración.
- Sempre que sexa posible recorrerase a establecementos autorizados para a realización do lavado da maquinaria, o seu mantemento así como a subministración de combustible e, no caso de que isto non sexa posible, habilitarase un lugar axeitado para a realización das ditas tarefas, polo que non se permitirá o lavado de maquinaria ou seu mantemento e aprovisionamento en zonas distintas ás destinadas para o efecto.
- Instalarase un lavadoiro de maquinaria dotado dun sistema de recollida de efluentes e balsa de sedimentación onde se recollerán as augas residuais de lavado, os sedimentos xerados, así como os aceites e graxas que puidesen ser arrastrados.
- Acondicionarase unha zona para o cambio de aceite e fornecemento da maquinaria de obra. Neste senso, colocarase unha base de lona impermeable asociada a un teito que a cubra da choiva e, levarase un control exhaustivo das derramas que poidan producirse eliminándoos axeitadamente.
- Previo ao inicio das obras establecerase un plan viario e de accesos á obra que se axustará, salvo xustificación suficiente, ás vías existentes, co fin de evitar a dispersión de vehículos e maquinaria pola zona coa conseguinte destrución dos solos e cobertura vexetal.
- Establecerase un seguimento e control sobre a adecuación ambiental destas ao longo das obras.
- Tratarase de afectar o menos posible á rede de estradas do territorio e de non circular polas zonas poboadas e en horas punta.
- Evitarase transportar material de obra en condicións atmosféricas desfavorables (ventos forte e períodos secos). Cando isto non sexa posible recubriranse as materias que se van transportar.
- Realizarase unha correcta sinalización de aviso das obras e da vía alternativa coa intención de reducir os trastornos na circulación xerados polas actividades construtivas e a presenza de maquinaria pesada.
- Periodicamente limparanse dos materiais procedentes da obra (terras, pedras, etcétera) as estradas polas que circule a maquinaria.
- Restaurarase ao estado orixinal a vía rural que sufra danos orixinados polo tránsito da maquinaria pesada asociada á obra.
- Empregarase maquinaria en perfecto estado para evitar que se xeren máis gases e ruído dos estritamente necesarios. Programarase a recuperación e tratamento do máximo volume posible de solo fértil, para o seu posterior emprego en procesos de revexetación e acondicionamento paisaxístico. Estes labores de recollida do solo realizaranse baixo o cumprimento dunhas exixencias mínimas que garantan a súa correcta xestión e mantemento.
- Realizarase a achega de terra vexetal amoreada en obra sobre o camallón de marxe e sobre aquelas outras superficies alteradas e integradas na parcela que vaian recibir tratamentos de axardinamento, coa intención de reconstruír, na medida do posible, a secuencia de horizontes observada nos solos alterados.
* Sobre a xestión dos residuos:
Xestión de residuos sólidos urbanos e asimilables:
- Clasificación e segregación na súa orixe de todos os residuos producidos en obra mediante a instalación, nas áreas onde se desenvolvan traballos, de bidóns e outros elementos de recollida de residuos sólidos e residuos líquidos de obra (aceites, graxas, pezas substituídas, etcétera), así como o lixo xerado polo persoal empregado, en cantidade e calidade axeitados, realizando o recambio e reposición destes cando se detecten perdas das súas condicións xerais.
- Unha vez recollidos os residuos serán tratados en función da súa natureza, entregándoos a unha empresa xestora autorizada ou levándoos a vertedoiro autorizado.
- A situación dos elementos de recollida estará perfectamente sinalizada e en coñecemento de todo o persoal de obra.
- Informarase o persoal de obras da localización e función dos contedores e, controlarase periodicamente a súa correcta utilización polos operarios.
- O papel usado recollerase en contedores e será entregado a unha empresa de recollida para a súa reciclaxe.
- O tóner de fotocopiadora será recollido pola empresa que realice o mantemento da máquina.
- O vidro usado levarase aos contedores públicos. Os traballadores que desempeñen os seus labores na oficina de obras separarán os residuos de distinta orixe (pilas, cartuchos de impresora, tubos fluorescentes e bombillas de baixo consumo con cebador de mercurio) para a súa entrega regular a un xestor autorizado de residuos perigosos.
Residuos da caixa de urxencias de obra:
- Os de clase II xestionaranse como urbanos, almacenándoos en envases de color verde, opacos, impermeables, resistentes á humidade e á carga estática e con capacidade non superior aos 70 litros.
- Realizarase un rexistro dos residuos de clase III xerados, que serán xestionados por empresa autorizada para a súa recollida, entregando a correspondente folla de aceptación. Os envases para o almacenamento destes residuos serán ríxidos ou semirríxidos, dun só uso, opacos, impermeables, resistentes á humidade e á carga estática, con peche hermético, con capacidade non superior aos 70 litros e perfectamente sinalizados co pictograma e texto correspondente.
Xestión de aceites, lubricantes usados e outros residuos perigosos xerados por maquinaria e actividades de obras:
- Disporanse na zona de obra en cantidade e calidade axeitada os elementos de recollida destes residuos, realizando o seu recambio e reposición cando se detecten perdas nas súas condicións iniciais.
- A xestión dos aceites reflectirase en documentos de control e seguimento da entrega a un xestor autorizado, libro rexistro dos producidos e xestionados e copia da autorización, ao inicio da obra, do xestor ao que se lle entregarán os residuos.
- No caso de que non sexa posible a utilización de talleres especializados para levar a cabo as tarefas de reparación e manipulación de maquinaria, establecerase un plan de recollida que contemple a disposición de depósitos para o efecto onde poidan almacenarse en condicións e xestionarse racionalizadamente.
- Habilitarase un espazo de seguridade nos parques de seguridade onde se leve a cabo a manipulación de substancias contaminantes (aceites, refrixerantes, combustibles, etcétera). Así mesmo, controlarase en todo momento que estas operacións se realicen axeitadamente sen que se produzan derramas ou verteduras de carácter accidental.
- Os residuos contaminantes almacenaranse en zonas con oportunas medidas de seguridade durante un tempo inferior a tres meses.
- Os aceites usados serán entregados a un xestor autorizado.
- Os residuos perigosos (envase de combustible, líquido hidráulico, disolventes e anticonxelantes, baterías, filtros de aceite, puntas de electrodo de soldadura, pinturas, pegamentos, graxas, PCB dos transformadores, explosivos, herbicidas, tubos fluorescentes) que se poidan xerar, almacenaranse nunha zona convenientemente acondicionada coas oportunas medidas de seguridade, envasados e etiquetados.
- O almacenamento dos residuos non superará os seis meses, sendo entregados a un xestor autorizado.
Control das augas sanitarias:
- Instalaranse casetas prefabricadas de obra con tratamento químico dos efluentes, levando a cabo todas as tarefas de mantemento que resulten necesarias para asegurar un correcto funcionamento destas.
- No caso de que polas necesidades definitivas de persoal e a duración da obra o tratamento químico resultase insuficiente, recurrirase a unha fosa fixa, unha fosa movible ou a unha fosa séptica, comprobando periodicamente o correcto funcionamento das súas funcións.
* Sobre a erosión:
- Considérase necesario que se sigan as recomendacións dos estudos e datos xeotécnicos asociados ao proxecto.
- No planeamento realizarase a planificación e delimitación exacta das zonas sometidas a actividade, de xeito que se xeren as actuacións estritamente necesarias, coa intención de manter a compensación de volumes considerada no proxecto.
- Asegurarase que a obtención de préstamos se realice co menor custo ambiental posible. No caso de requirir materiais de préstamo recurrirase a utilización de canteiras que se atopen xa en explotación.
- No caso de que se xere un volume de sobrantes superior ao estimado, procederase a algunha das seguintes opcións ou ás dúas:
- No caso de que fose necesario a localización de puntos de verteduras específicos, o seu lugar estará definido antes do inicio das obras de construción. Para iso realizarase unha selección de posibles vertedoiros, recurrindo a canteiras abandonadas, vertedoiros incontrolados, vertedoiros de residuos ou outros terreos degradados do contorno, que poidan precisar de material de préstamo.
- Outra opción sería a reutilización destes materiais sobrantes no marco ou ámbito doutros procesos construtivos en curso na zona.
* Sobre a calidade das augas:
- Nos movementos de terra disporanse sistemas de control dos arrastres por escorregas (cunetas nas que se instalarán, se procede, filtros de sedimentos) dos materiais remexidos a consecuencia destas obras.
- Así mesmo instalaranse sistemas de control para evitar a vertedura ou lavado dos materiais empregados na obra, cara ás augas mariñas.
- Evitarase a disposición de materiais de obra nas zonas do litoral, implementando así mesmo os sistemas de control necesarios para asegurar que non se producen arrastres de materiais de obra e outros debido á acción do mar (pleamar viva equinoccial e/ou temporais).
- Procederase á información ao persoal asociado ao proceso construtivo e de equipamento das instalacións, dos coidados e normas para o manexo de materiais de risco (formigóns, aceites, maquinaria, etcétera) con incidencia sobre a aptitude das augas para os usos a que estas se destinan.
- Previo ao inicio da actividade da planta deberase contar coas preceptivas autorizacións de vertedura.
Proceso de traballo con materiais de risco en ámbito mariño (antiga cetaria):
- Estas actuacións realizaranse unicamente durante a baixamar.
- As primeiras operacións que se realizarán terán por obxecto illar de xeito suficientemente efectivo o recinto da cetaria do mar. Unha vez asegurado o dito illamento, efectuaranse a totalidade dos traballos que impliquen o uso de formigón ou similares.
- Restituiranse as conexións entre o recinto da cetaria e o mar, unha vez terminen as ditas tarefas, e os formigóns alcanzaran os niveis óptimos de fraguado.
No plan viario e de accesos á obra:
- En todas aquelas zonas onde non sexa imprescindible o acceso á liña de costa, deberá imposibilitarse o acceso de maquinaria a unha franxa de 10 m de largo con respecto á liña de costa.
- O acceso á costa para a construción da toma de auga e do desaugadoiro final realizarase sobre o terreo utilizado para a construción das canalizacións. Definirase un camiño coa amplitude mínima suficiente que permita a circulación e manobra da maquinaria que realizará as escavacións.
- Unha vez realizadas as obras das conducións soterradas revexetaranse as superficies das que fose necesario retirar vexetación orixinal.
Control do efluínte da balsa de decantación asociada ao parque de maquinaria:
- Realizarase un seguimento visual e analítico das augas procedentes da balsa de sedimentación que deberán cumprir os límites establecidos pola lexislación vixente para poder ser vertidas libremente.
- Realizarase unha toma de mostra con periodicidade mensual, acortando o dito período se os resultados das análises demostrasen indicios de contaminación, ata que se recuperen os niveis normais. Os parámetros que se van analizar serán, de xeito xeral: DBO, DQO, sólidos en suspensión, pH, hidrocarburos, nitróxeno Kjedahl e fósforo.
* Sobre os procesos de escorrega:
- Considérase necesario o establecemento dunha rede de drenaxe perimetral que recolla a auga de escorrega antes de penetrar na superficie da planta, así como a auga circulante por esta. A auga recollida incorporarase ao volume da auga resultante do proceso produtivo.
* Sobre o tratamento das cunetas:
- Definirase un plan de labores periódicos de limpeza e conservación dos sistemas de drenaxe para asegurar que cumpran dun modo correcto o seu cometido.
- Na consideración do tratamento de limpeza da vexetación das cunetas evitarase a utilización de produtos herbicidas, recorrendo á realización destes labores con medios unicamente mecánicos.
* Sobre a fauna:
- Adopción de medidas compensatorias específicas que serán desenvolvidas en acordo coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na fase de elaboración do proxecto construtivo e documentación de cumprimento da declaración de impacto ambiental.
* Sobre a vexetación e a paisaxe: restauración e acondicionamento paisaxístico:
- Directrices básicas de acondicionamento vexetal das superficies resultantes da execución das obras. Na elaboración do proxecto construtivo e documentación de cumprimento da declaración de impacto ambiental definiranse con maior precisión as actuacións e superficies obxecto de restauración e acometerase o correspondente proxecto de restauración definitivo ca correspondente epígrafe específica de orzamentos da restauración e prego de condicións técnicas de restauración.
* Sobre o patrimonio:
- Estudo valorativo das afeccións sobre o patrimonio.
* Sobre a integración estética das construcións fixas:
- Os tellados conformaranse a base de tella gris de lousa.
- As paredes e muros realizaranse a base de pedra natural da zona.
- Todos os elementos susceptibles de ser pintados, serano a base de pintura epoxi e tons verdes.
* Sobre o medio socioeconómico:
- Correcta sinalización de aviso de obras e da vía alternativa, de xeito que sexa posible evitar trastornos na circulación xerados polas actividades construtivas e presenza de maquinaria pesada, durante a fase de construción.
- Utilización preferente de man de obra local, dos recursos materiais ofrecidos polo medio inmediato á obra e dos materiais de construción manufacturados no contorno comarcal.
- Establecemento de mecanismos deseñados para informar os habitantes dos municipios afectados polas obras da natureza destas, alcance, obxectivos, etcétera.
- Maximizar a realización dos traballos de movementos de terra e transporte de materiais en condicións atmosféricas favorables, evitando traballar con ventos fortes durante períodos secos, para evitar afeccións nas vías respiratorias, perda de valor das colleitas e calidade estética do contorno.
- Regas mediante mangueiras e/ou camións-cuba, das zonas afectadas polos movementos de terra, prestando especial interese ás zonas de carga e descarga das terras e outros materiais que poidan provocar emisións de po.
- Maximizar o recubrimento das materias que se van transportar mediante lonas, transportes pechados ou outros métodos, principalmente cando o traxecto se realice nas proximidades de zonas habitadas e/ou cando o transporte do material traspase os límites da superficie de execución.
- Restauración da vía rural utilizada no marco das obras.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL