RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (códigos de procedemento IN421Y e IN421S).

Diario Oficial de Galicia, 12-08-2020, Núm. 161, Páx. 32061
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións, para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, para o exercicio 2020-2021, que se xuntan a esta resolución como anexo I (IN421Y, IN421S).
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, segundo a excepción mencionada no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de adhesión presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.
Prazo
Do 21 de setembro ás 9.00 horas ata o 1 de decembro de 2020 (procedemento IN421S).
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 3-8-2020_gl.pdf Galego
Ext Res 3-8-2020_gl.pdf Galego
Ext Res 3-8-2020_es.pdf Castellano
Res 3-8-2020_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2020-2021, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 161, do 12 de agosto) (código de procedemento IN421S), modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 29 de xuño). 14/09/2021
RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 5 da Resolución do 3 de agosto de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2020-2021, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 161, do 12 de agosto de 2020). 29/06/2021
RESOLUCIÓN do 16 novembro de 2020 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 30.1 da Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para os anos 2020 e 2021, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG número 161, do 12 de agosto). 23/11/2020
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles