Diario Oficial de Galicia, 24-02-2005, Núm. 38, Páx. 3179
Resolución do 28 de xaneiro de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV Xinzo-Verín, nos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei e Verín (Ourense), promovido por Iberdrola Energía Renovables de Galicia, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 7 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. 132 kV Xinzo-Verín, nos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei e Verín (Ourense), promovido por Iberdrola Energía Renovables de Galicia, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2005.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Declaración de impacto ambiental
Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que contribúan a unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá a solicitude, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
1. Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, en simple circuíto, con partida proxectada no apoio nº 174 da liña Xinzo-San Cibrao e remate na subestación de Verín, de 26.185 m de lonxitude, cun condutor por fase e cable de terra e fibra óptica OPGW, sobre apoios metálicos de celosía.
A traza pasará polos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei e Verín (Ourense), conforme o reflectido na serie de planos titulados «L.E. a 132 kV (SC) S.T. Xinzo-S.T. Verín. Perfil, planta e cruzamentos» incluídos na «Documentación ambiental complementaria. L.A.T. 132 kV Xinzo-Verín. Abril 2004».
2. Condicións xerais.
2.1. Protección das augas e leitos fluviais.
Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e/ou policía dos cursos de auga, así como os cruzamentos, captacións e/ou verteduras, precisarán da autorización do órgano de bacía competente, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.
Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidraúlica que poidan atoparse no trazado das obras.
2.2. Protección de infraestruturas ou instalacións preexistentes.
No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido aos labores de execución da liña eléctrica deberán restituírse ao estado previo ao inicio das obras.
2.3. Protección da fauna e vexetación.
2.3.1. Sobre a fauna.
Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación na rúa de seguridade, así como as tarefas de mantemento periódico, escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental.
2.3.2. Sobre a vexetación.
Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira haberá que aterse ao disposto na lexislación vixente de aplicación. Así mesmo, previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo proceda, conforme o disposto no Regulamento de montes.
2.4. Sobre o Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental.
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade.
Así mesmo, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
3. Condicións específicas.
3.1. Sobre a protección do patrimonio cultural.
1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de planeamento, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito da L.A.T. Para tal fin, e previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
2. Os accesos de nova creacción á traza terán que contar cunha prospección arqueolóxica que se realizará no marco do proxecto de control e seguimento arqueolóxico.
3. En relación coa localización dos apoios nº 20, 21, 22 e 23 no contorno dos elementos patrimoniais GA32082007, GA3208017, GA32082018 e GA32082019, previamente ao inicio das obras relacionadas con ditos apoios é necesaria a realización de sondaxes arqueolóxicas, mediante un proxecto que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Se dos resultados das ditas sondaxes xurdise a necesidade de introducir algunha modificación na localización dos apoios que puidese ter efectos significativos sobre o medio, será preciso o informe favorable do órgano ambiental.
4. Consonte os resultados das actuacións arqueolóxicas, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de planeamento se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.
5. Os traballos arqueolóxicos serán levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.
3.2. Fase previa ao inicio das obras.
1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao medio e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de 3.991,26 A, correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración asociados á fase de obras, segundo o plan de restauración presentado. Para a fase de desmantelamento e abandono da liña proponse que o órgano substantivo considere a necesidade ou non de fixar un aval que garanta a dita fase e, de considerar que non, substituílo por outros mecanismos acordados co promotor, todo iso no ámbito das competencias que posúe para fixar a contía do aval segundo o citado Decreto 455/1996.
2. Prestarase especial atención ao desenvolvemento das campañas previas propostas no estudo ambiental para a detección de parellas reprodutoras de aves rapaces e Sisón (Tetrax tetrax), así como a verificación do uso ou non do niño de Cegoña Branca (Ciconia ciconia) existente no contorno do trazado. No caso de resultados positivos adoptaranse de xeito inmediato as medidas protectoras propostas.
3.3. Fases de planeamento e obra.
1. A execución dos accesos aos apoios realizarase de acordo cos criterios técnicos e medidas protectoras recollidas na «Documentación ambiental complementaria. L.A.T. 132 kV Xinzo-Verín. Abril 2004», ademais do condicionado establecido nesta DIA.
2. En relación coa apertura e mantemento da rúa de seguridade baixo a liña, teranse en conta as seguintes consideracións:
a) A rúa de seguridade deberá estar limpa de todo tipo de vexetación incompatible coa liña, de forma permanente e durante toda a vida útil da instalación. As dimensións mínimas da rúa determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable; non obstante, e dependendo da topografía do terreo, dos ventos e do tipo de vexetación existente, o largo determinarase de xeito que se minimice o risco de lumes nestas zonas e, de producirse estes, se impida a súa propagación e se faciliten as tarefas de extinción.
b) Neste sentido, recoméndase realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de áreas cortalumes nas zonas colindantes á rúa, polo que o promotor ou propietario da liña deberá establecer as servidumes da suficiente amplitude para poder realizar, sen contratempos, os devanditos labores.
c) Como excepción ao exposto nos parágrafos anteriores deberase respectar ou, se é o caso, reducir a afección ao mínimo imprescindible, a vexetación de ribeira e outras árbores e rodais singulares, así como as especies endémicas, singulares e/ou protexidas. Para o dito arborado levaranse a cabo as actuacións de mantemento descritas na «Documentación ambiental complementaria. L.A.T. 132 kV Xinzo-Verín. Abril 2004» tendo presente que, en todo caso, as accións baixo a liña estarán consensuadas coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais.
d) Na realización das claras e podas selectivas propostas prevalecerá o criterio ecolóxico e paisaxístico fronte ao produtivo, adoptando as seguintes medidas:
- As árbores situadas baixo o cableado deberán manter unha distancia en vertical a este dun mínimo de 4 m, polo que aquelas árbores que deban sufrir un aborto da súa altura deberán manter esta distancia como referencia, podendo oscilar entre os 4+1,5 m, por motivo das medras.
- Para aquelas árbores que se localicen próximas á traza e que teñan unha altura que no caso de caída poida comprometer a integridade da liña, deberase aplicar unha corta que aborte o crecemento en altura, así como a propia altura da árbore. Para determinar a altura de corte, deberá considerarse a área de varredura da árbore nunha suposta caída no caso máis desfavorable, isto é, aquel en que a árbore bascule sobre o nivel do solo con dirección de caída perpendicular á traza da liña.
- En calquera dos casos anteriores, só se actuará sobre as pólas que comprometan o cumprimento dos criterios expostos. Evitarase polo tanto efectuar mondas das árbores, sendo asumibles as escamondas. Os pés conformaranse de xeito que se aborte o seu crecemento en altura, mediante podas de formación selectivas (coma as das árbores ornamentais ou froiteiras con control de altura, ou a formación en vaso de especies semellantes, aciñeiras, nogueiras, oliveiras...).
- Os clareiros só se efectuarán se así o aconsella o mantemento da liña ou son precisos para manter a calidade sanitaria da masa, eliminando as árbores que presenten un estado sanitario que poida comprometer a persistencia do conxunto.
- Calquera poda que se efectúe non debe supoñer unha redución superior ao 30% da biomasa xerada polas pólas, deixándose logo un período mínimo sen actuar igual ou maior a 3 anos, co fin de que a árbore recupere o equilibrio. De todos os xeitos, aínda que o espaciamento entre podas se poderá determinar cada 3 anos, deberase tender a non actuar na copa das árbores, dándolles unha formación que minimice a dependencia antrópica.
- No referente aos clareiros, é necesario determinar un peso destas, polo que se deberá determinar un Índice de Hart-Becking ou similar, co fin de establecer un criterio para un sostemento ecolóxico da masa.
3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental ao que se refire o punto 2.4 desta DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, con carácter trimestral durante a execución das obras, un informe de obras co seguinte contido mínimo:
a) Cronograma de obras actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ao total. No cronograma figurará a data de actualización.
b) Informe onde se detallen os resultados dos controis efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudo ambiental, incluíndo, se é o caso, os resultados das campañas previas de detección de parellas nidificantes de avifauna de interese e detalle das medidas protectoras adoptadas. No informe reflictirase o cumprimento da declaración en relación a todos os aspectos incluídos ou derivados dela.
c) Informe de avance da obra onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a todos os compoñentes do proxecto. Xuntarase de reportaxe fotográfica (con indicación de data e hora nas fotografías e plano de puntos de toma) e plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución de cada actividade respecto ao total.
3.4. Ao final da fase de obras.
1. En relación coa protección da avifauna fronte ás colisións, comprobarase a correcta colocación dos dispositivos salvapaxaros propostos (espirais de cor laranxa ou similar dispostas en triángulo cada 10 m nos cables de terra) no tramo entre os apoios 137 e 138 (pertencentes ao tramo final de uso compartido coa liña Salas-Verín) nas inmediacións do río Támega, proposto como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) a incluír na Rede Natura 2000.
Así mesmo, tamén deberán instalarse dispositivos deste tipo no tramo que discorre dentro da Área Importante para as Aves IBA 008 A Limia, con presenza de especies susceptibles de colisión (aves rapaces, esteparias -Sisón Tetrax tetrax, Alcaraván Burhinus oedicnemus, Avetarda Otis tarda-, acuáticas, limícolas, Cegoña Branca Ciconia ciconia, Garza Real Ardea cinerea...), en vez da medida proposta de regrosar o cable de terra, que só é válida nos tendidos de 3ª categoría.
2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor presentará ante o órgano substantivo, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:
a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras en relación a todos os aspectos incluídos no estudo ambiental e nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.
b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas en que se implantaron os apoios, estado da rúa de seguridade, limpeza da área, zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, xunto cun plano de localización.
c) Plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, onde se reflictan todas as accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se efectuaron medidas protectoras e/ou correctoras.
3.5. Fase de funcionamento.
1. Ademais de levar a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental, procederase á revisión periódica do estado dos dispositivos anticolisión instalados, tendo que garantir a súa operatividade durante a vida útil da instalación.
2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de explotación da liña e anual os seguintes, tendo en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos ou ben por proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se van realizar. Este informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido:
a) Resultados do plan de seguimento de avifauna e informe do estado dos dispositivos salvapaxaros, conforme o sinalado no punto 1 deste punto da DIA.
b) Informe, xunto coa reportaxe fotográfica, en que se recollan os resultados das actuacións de integración paisaxística efectuadas, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado da rúa de seguridade, labores de mantemento realizados, etcétera. Detallaranse os controis ambientais efectuados para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e a hora, xunto cun plano de localización.
3.6. Fase previa ao abandono.
No prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, o promotor remitirá ao órgano substantivo un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, xunto con, se é o caso, un informe en que se recollan as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento, xunto coa súa xustificación.
3.7. Fase de abandono.
Ao longo da fase de desmantelamento e abandono da liña, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, conforme o plan de desmantelamento presentado.
3.8. Fase posterior ao abandono.
Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da liña, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Xuntaráselle reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.
ANEXO I - Resumo do proxecto
A liña eléctrica prevista, de 132 kV en simple circuíto, conectará as subestacións de Xinzo de Limia e Verín mediante un tendido aéreo de 26.185 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 174 da liña Xinzo-San Cibrao e remate na subestación de Verín, sustentándose sobre 81 apoios metálicos de celosía de nova implantación e 8 xa existentes no tramo de chegada á subestación de Verín, pertencentes á liña Salas-Verín, coa que entronca á altura do seu apoio nº 134. Disporá de cadeas de illadores de vidro, cable de terra e fibra óptica OPGW e condutor LA-180, con disposición en triángulo. A traza discorrerá polos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei e Verín, na provincia de Ourense.
Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área de influencia da L.A.T. está composta por cultivos de labor intensivo, prados naturais e matogueira de breixo, toxo e carqueixa no primeiro tramo (depresión da Limia), no que tamén aparece vexetación de ribeira asociada ao río Faramontaos. No tramo intermedio predominan a matogueira, terreos de labor intensivo e as repoboacións de piñeiro, existindo masas de frondosas nas valgadas, con carballos, castiñeiros e bidueiros principalmente. No tramo final, entre Albarellos e Verín, atópanse viñedos, terreos de labor, prados naturais e, en menor medida, formacións arbóreas de Populus sp. e matogueira.
ANEXO II - Resumo das medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada
O estudo de impacto ambiental inclúe unha proposta ben desenvolvida de medidas protectoras e correctoras agrupadas por fases (obra e funcionamento), que se centran nos seguintes puntos:
- Sobre a atmosfera, con medidas contra o ruído, emisión de po e gases e medidas para evitar os efectos causados polas voaduras (ruído, po e proxeccións de rochas).
- Sobre o solo, detallando medidas xerais, localización de instalacións auxiliares e lugares de amoreamento de materiais, retirada e amoreamento de terra vexetal, xestión de residuos, sobrantes de terras, control dos límites das zonas de obra, control da compactación e medidas contra a erosión e os arrastres.
- Sobre as augas, con medidas de control do formigonado e vixilancia das augas de escorrega.
- Sobre a vexetación, con medidas para as cortas e rozas, control de superficies, xestión de biomasa vexetal, proxecto de revexetación con plan de seguimento e medidas de mantemento da rúa de seguridade.
- Sobre a avifauna, con medidas de deseño da liña acordes co Decreto 275/2001, recuperación da cuberta vexetal e realización de obras en épocas de menor molestia para a fauna.
- Sobre a paisaxe, con medidas para a localización de instalacións auxiliares, xestión de residuos, acabado mate dos apoios e proxecto de restauración e revexetación.
- Para a protección dos elementos do patrimonio cultural inclúese un anexo específico coas correspondentes medidas protectoras e control arqueolóxico.
Inclúe asemade un completo plan de vixilancia e seguimento de todas as medidas propostas e plans de vixilancia específicos para a avifauna e o avance da revexetación.
Na «Documentación ambiental complementaria. L.A.T. 132 kV Xinzo-Verín. Abril 2004» recóllense outras medidas relativas aos accesos, vexetación e avifauna:
- O criterio fundamental para os accesos aos apoios será o máximo aproveitamento de vías existentes e a minimización de accesos de nova construción, sendo necesario só a execución de accesos a 10 apoios.
- Os accesos construiranse por rodadura dos vehículos empregados na execución, evitando a formación de rodeiras e a compactación do terreo. Así mesmo, e dadas as características do terreo, non será necesaria a retirada previa de vexetación.
- Medidas especiais de mantemento da rúa de seguridade, baseadas en podas selectivas e claras, naquelas zonas que teñan vexetación de ribeira e outras árbores e rodais singulares, así como especies endémicas e protexidas.
- Colocación de salvapaxaros no cruzamento co río Támega, no tramo entre os apoios 137 e 138, que se manterán operativos durante toda a vida útil da liña. Colocación de salvapaxaros adicionais en función dos resultados do seguimento de avifauna.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL