Resolución do 28 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o decreto polo que se declara a Carballa da Rocha como monumento natural.

Diario Oficial de Galicia, 17-10-2006, Núm. 200, Páx. 15466
Resolución do 28 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o decreto polo que se declara a Carballa da Rocha como monumento natural. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, define no seu artigo 13 a figura de monumento natural como aqueles espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial, así como as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos. As competencias en materia de protección do medio ambiente e da paisaxe foron conferidas á Comunidade Autónoma de Galicia polo artigo 27.30º do Estatuto de autonomía asumidas pola Xunta de Galicia a través do Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño. Polo tanto, débese manter a integridade dos valores morfolóxicos e históricos-culturais da Carballa da Rocha e fomentar o seu coñecemento. Estes recursos naturais necesitan dunha protección que asegure a súa conservación compatible co uso público e goce da natureza neste espazo, tal como se sinala na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandado recollido no artigo 45 da vixente Constitución española e unha necesidade para asegurar a supervivencia dos nosos ecosistemas, RESOLVO: Abrir o período de información pública polo prazo de 1 mes coa finalidade de que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan mediante escrito, dirixido a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de conformidade co artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emendar ou rectificar os posibles erros da relación de bens e dereitos. A proposta do decreto permanecerá exposto nas seguintes dependencias: * Dirección Xeral de Conservación da Natureza. San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. * Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Ourense. r/ Paseo, nº 18-5º, 32003 Ourense. * Concello de Rairiz de Veiga (Ourense). Praza do Concello, 1, 36652 Ourense. Asemade, poderase consultar o texto da proposta na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (http://medioambiente.xunta.es/). Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2006. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
MEDIO AMBIENTE XERAL
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
D047P066-gal.PDF Galego
D047P066-cast.PDF Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles