Diario Oficial de Galicia, 09-06-2004, Núm. 110, Páx. 8215
Resolución do 28 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Goia Peñote, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 28 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote, con data do 23 de xaneiro de 2003, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Antecedentes.
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do Parque Eólico Goia-Peñote o 23 de xaneiro de 2003, cunha corrección de erros do 7 de maio de 2003. O dito proxecto foi autorizado pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas mediante Resolución do 21 de marzo de 2003.
Con data do 23 de maio de 2003 Gamesa Energía, S.A. presentou perante a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo o documento titulado Valoración ambiental do proxecto modificado do Parque Eólico Goia-Peñote, nos municipios de Muras, Xermade e Vilalba (Lugo), de maio de 2003, no que se recolle un modificado do proxecto de execución do parque de referencia.
O dito modificado consiste basicamente na eliminación de 5 aeroxeradores e a substitución do aeroxerador de 850 kW de potencia unitaria por outro de 2 MW en tres posicións para compensar a perda de potencia total instalada. Hai tamén un lixeiro cambio de posición de 2 aeroxeradores, subestación e algunhas plataformas de montaxe, que aumentan de tamaño no caso dos aeroxeradores de 2 MW. Outras modificacións puntuais refírense á supresión, mellora ou cambio de trazado nalgúns tramos de vías e gabias do cableado.
Con data do 17 de febreiro de 2004 recíbese na Consellería de Medio Ambiente o expediente ambiental do modificado do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas como órgano substantivo por razón de materia.
Á vista do contido do expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que non se altera a avaliación efectuada sobre o proxecto inicial, polo que non existen obxeccións, para os únicos efectos ambientais, ás modificacións reflectidas no citado documento. Con carácter xeral, serán de aplicación os condicionados establecidos na DIA con data do 23 de xaneiro de 2003 e aqueles derivados do seu seguimento, así como os que figuran nesta modificación da DIA.
Dado que no expediente de referencia non concorren outras circunstancias significativas para os efectos ambientais, cómpre modificar a declaración do Parque Eólico Goia-Peñote nos termos que a seguir se indican:
No punto 1.- Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:
1. O Parque Eólico Goia-Peñote, sito nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), quedará constituído por 43 aeroxeradores (40 G-52 de 850 kW e 3 G-80 de 2.000 kW), en lugar dos 48 previstos inicialmente. A potencia total instalada pasa de 40,8 a 40 MW.
2. Na táboa de coordenadas UTM dos aeroxeradores suprímense as dos aeroxeradores M-04, M-05, M-07, M-09 e M-10, que son os que se eliminan no modificado do proxecto, e substitúense polas seguintes ás dos aeroxeradores M-19 e M-20, que adoptan a seguinte localización:
Aeroxerador UTM X UTM Y
M-19 605.462,733 4.809.186,115
M-20 605.732,110 4.808.719,870
3. A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano Planta xeral do modificado do P.E. Goia-Peñote. Número 2. Maio de 2003, incluído no documento Valoración ambiental do proxecto modificado do parque eólico de Goia-Peñote, nos municipios de Muras, Xermade e Vilalba (Lugo).
No punto 6.3.-Sobre os hábitats naturais, engádeselle a seguinte liña ao terceiro parágrafo:
En relación cos tramos de vía que se vai executar por compactación, empregarase a dita técnica na totalidade do tramo entre os aeroxeradores M-8 e M-11.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL