Resolución do 28 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Monte Rande, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido por Promotora Eólica de Galicia, S.L.

Diario Oficial de Galicia, 30-06-2004, Núm. 125, Páx. 9386
Resolución do 28 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Monte Rande, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido por Promotora Eólica de Galicia, S.L. En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 11 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Monte Rande, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido por Promotora Eólica de Galicia, S.L. que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 28 de maio de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. 1. Ámbito da declaración. Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto denominado Parque Eólico Monte Rande, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 9,24 MW de potencia total no concello de Ortigueira (A Coruña), constituído por 11 aeroxeradores modelo GAMESA G-52 de 850 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM: Vértice X              Vértice Y 600.255,00        4.840.092,00 600.773,02        4.840.092,00 600.776,40        4.839.051,00 600.264,00        4.837.948,00 600.101,00        4.837.948,00 600.009,59        4.838.088,30 599.986,84        4.839.323,70 A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano Estruturas do proxecto. Plano nº 3. Xullo 2003, do anexo ao estudo de impacto ambiental do Parque Eólico Monte Rande. Xullo 2003. As coordenadas UTM dos 11 aeroxeradores previstos son as seguintes: Aeroxerador         UTM X           UTM Y 1                      600.476        4.839.889 2                      600.546        4.839.749 3                      600.575        4.839.551 4                      600.625        4.839.394 5                      600.660        4.839.234 6                      600.609        4.839.047 7                      600.375        4.838.665 8                      600.137        4.838.539 9                      600.271        4.838.447 10                    600.220        4.838.236 11                    600.205        4.838.043 2. Condicións xerais. 2.1. Protección da atmosfera. Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar. 2.2. Protección das augas e leitos fluviais. As augas residuais que se xeren no edificio de control deberán ser conducidas ata un sistema que garanta o seu axeitado tratamento, que deberá ser mantido periodicamente para garantir o seu correcto funcionamento. Nas saídas das drenaxes transversais e nos puntos onde a auga dos foxos se incorpore ao terreo instalaranse sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía co fin de evitar fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos. Realizarase un control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe, así como das condicións de incorporación das augas de drenaxe á rede natural, adoptando as medidas correctoras oportunas no caso de producirse este tipo de fenómenos. Non estando previsto na documentación avaliada a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións. 2.3. Protección do solo. Para a localización da zona de instalacións de obra seleccionarase un emprazamento de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga ou área de protección arqueolóxica. Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona, salvo xustificación previa. Nese caso, deberán ter a súa procedencia debidamente acreditada, tendo que restauralos ao finalizar a obra. No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido aos labores de construción do parque, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio das obras. 2.4. Protección da fauna. No caso de instalar pasos canadenses para impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, que poden consistir, entre outras, nunha rampla de subida ou foxo con laterais abertos. 2.5. Sobre o patrimonio cultural. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia. 3. Condicións específicas. 3.1. Fase previa ao inicio das obras 3.1.1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao medio ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de trescentos setenta mil cento corenta e oito euros con setenta e un céntimos (370.148,71). O dito importe poderá ser revisado se o promotor presenta un novo orzameanto do plan de desmantelamento e abandono do parque no que se inclúan as partidas correspondentes á desmontaxe e retirada dos aeroxeradores e subestación transformadora, podéndose descontar os ingresos pola venda da chatarra procedente das ditas estruturas. Así mesmo, tanto para a restauración na fase de obra como na de desmantelamento, debe dispoñerse do orzamento de execución por contrata das ditas labores. 3.2. Fase de obras. 3.2.1. Á vista da información achegada no estudo ambiental, non se estima necesario levar a cabo o plan de seguimento da calidade das augas proposto, sen detrimento da necesidade de controlar o funcionamento da rede de drenaxe e as condicións de incorporación das augas á rede natural, tal e como se establece no punto 2.2 da DIA. 3.3. Fase de funcionamento. 3.3.1. En relación co plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental, terase en conta que as visitas para a detección de aves mortas por colisión terán unha frecuencia mensual, co obxecto de diminuír a perda de cadáveres por acción dos animais preeiros. Nas anteditas visitas anotaranse tamén as posibles colisións de morcegos, incluíndo estes resultados nos informes do plan de vixilancia ambiental. 3.3.2. Levarase a cabo un seguimento da posible aparición de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna e os morcegos entre este parque e o de Coriscada I, mediante a valoración conxunta dos resultados dos seus respectivos plans de vixilancia, téndose que adoptar as medidas protectoras e/ou correctoras oportunas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos. 4. Programa de vixilancia e seguimento ambiental. O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o pro motor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo. Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle ao órgano substantivo, coa periodicidade indicada, a seguinte documentación: 4.1. Ao final das obras comunicarase a data de posta en marcha do parque e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo: a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos e o estado final do parque tras a finalización das obras, así como os controis ambientais e medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra, etcétera. Descrición detallada do estado final da área afectada en relación a todos os aspectos considerados no estudo ambiental e no condicionado da declaración. b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, foxos e drenaxes, gabias do cableado, estado de limpeza da área (en especial da zona destinada a instalacións de obra), zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización. c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflecta a situación real de toda as instalacións e infraestruturas do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras. 4.2. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de funcionamento do parque e anual os seguintes, tendo en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de seguimento ou ben a proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se van a realizar. Este informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido: a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición. b) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros e informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, de acordo co sinalado no punto 3.3 da DIA. c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización. 4.3. Informe previo ao abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación acompañado, se é o caso, dun informe no que se recollan as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento, xunto coa súa xustificación. 4.4. Informe posterior ao abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflecta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación. ANEXO I: Resumo do proxecto O proxecto denominado Parque Eólico Monte Rande, promovido pola empresa Promotora Eólica de Galicia, S.L., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 11 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, que se instalará no concello de Ortigueira (A Coruña). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración. As características básicas do proxecto presentado son as seguintes: * Número de aeroxeradores: 11. * Modelo: Gamesa G-52. * Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW. * Potencia total instalada: 9,24 MW. * Altura das torres: 55 m. * Diámetro do rotor: 52 m. * Investimento previsto: 9.253.717,99 euros. O proxecto inclúe tamén a construción dunha subestación transformadora 20/132 kV cun edificio de control anexo, que albergará a sala de control e a de celas eléctricas, un almacén- taller e un aseo. A cuberta do edificio será de lousa. A obra civil inclúe a execución duns 1.845 m de víais de acceso e servizo aos aeroxeradores, cunha largura de rodadura de 4 m e dotados de foxos e drenaxes para a recollida e evacuación de augas pluviais. Así mesmo, prevese a execución de 2.574 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores coa subestación e edificio de control. Segundo o estudo ambiental, a vexetación na área de implantación do parque está composta exclusivamente por matogueira de breixo e toxo, con outras especies acompañantes. Nas inmediacións existen repoboacións de piñeiro e eucalipto, que non se verán afectadas polas obras. ANEXO II: Resumo das medidas preventivas e correctoras consideradas na documentación avaliada. Atmosfera * Rega das superficies máis afectadas polo paso de maquinaria, cando as obras coincidan co período de estiaxe. * Circulación de maquinaria a velocidades baixas e en horario diurno, para minimizar as molestias por emisións sonoras. Solo e vexetación * Respectar ao máximo a vexetación existente na zona, incluída a vexetación arbustiva, non eliminado nigún pé arbóreo ou arbustivo que non sexa estrictamente necesario. * Delimitar as zonas de obra, impedindo a circulación de maquinaria e a realización de obras fóra da área. A zona de obra reducirase ao mínimo imprescindible. Nesta fase realizarase o marcado dos pés que se vaian cortar, respectándose os restantes. As zonas e vías auxilares de obra que non formen parte das estruturas do aproveitamento delimitaranse e serán integramente restauradas e revexetadas ao finalizar as obras. * Restauraranse e revexetaranse os terreos afectados polas gabias do cableado e as vías, levando a cabo o plan de revexetación. * Dado que na área non hai suficiente espesor de terra vexetal, non se separará en obra e a achega será de procedencia exterior. Protección das augas * As posibles lavadas de cubas de formigón e outras ferramentas non serán nunca realizadas nos leitos, nin na zona de obras. * O mantemento da maquinaria realizarase fóra da zona de obra ou en lugares debidamente sinalizados onde non exista risco de contaminación. * Realización das obras en épocas de menor precipitación, especialmente os movementos de terras nas zonas de máxima pendente. * Canalización das augas mediante foxos axeitados nas novas vías, realizando cubrimento con formigón nos tramos con maior risco de erosión. * Nos traballos de movementos de terras procurarase reducir a pendente dos amoreamentos de terra, e disporanse mallas ou barreiras de retención para evitar que os materiais poidan ser arrastrados polas precipitacións. * Minimización das afeccións á vexetación e inmediata revexetación das zonas afectadas. Protección da fauna * Deseño dos aeroxeradores que minimiza o risco de colisión. * Procurarase evitar que as obras coincidan co período crítico de reprodución das aves, e a ser posible, dos mamíferos presentes na área do parque. * Terase especial coidado no caso de que algún aeroxerador se atope emprazado nas proximidades dalgunha zona de nidificación de aves de presa. * Previamente ao inicio das obras realizarase un inventario de niños e refuxios nas zonas que vaian ser afectadas, procedéndose o seu traslado a zonas adecuadas. Paisaxe Tratamento paisaxístico de vías * Nas vías empregaranse materiais que non supoñan contraste coas gamas cromáticas do terreo. A largura da pista non superará os 4 m salvo situacións puntuais e necesidades excepcionais. * Reduciranse as modificacións do terreo, evitando a creación de noiros de desmonte e terraplén de considerable altura. * Reduciranse ao mínimo as posibles afeccións a muros de separación de parcelas ou de suxección de bancais. En todo caso, se resultasen afectados, serán repostos. * Restauración de noiros dos novos accesos e retirada de todo tipo de sobrantes de explanación e vertedoiro controlado ou emprazamento apto para estes residuos. * As liñas eléctricas no interior do parque irán soterradas, evitándose o impacto paisaxístico, debendo restaurarse a vexetación afectada. Control de sobrantes de escavacións * Os sobrantes xerados na construción do parque serán transportados a emprazamento apto para tal fin, distinguindo entre residuos de obra e terras sobrantes. * En nigún caso se procederá a estender, terraplenar ou verter os sobrantes de escavación en lugares non aptos. Revexetación de noiros * Restauración de todo os noiros xerados na obra. Achega de terra vexetal. Sementeira con especies adaptadas ao contorno. * Revexetación con arbustivas en zonas de matogueira. * Plan de restauración que inclúe as fases de obra e desmantelamento do parque. Construcións e edificacións * O edificio de control e a subestación transformadora construiranse respectando ao máximo o contorno, sen afectar a superficies innecesarias para a súa construción. * Ao tratarse de estruturas prefabricadas estudiarase a posibilidade de darlle un acabado acorde coas pautas arquitectónicas da zona e a ser posible empregando cores mates, acordes coa cromática da zona. * Os terreos que sexan alterados nas proximidades do edificio de control e a subestación serán revexetados.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
resIV28052004.pdf Galego
resIV28052004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles