Resolución do 28 de decembro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 20 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Patricia Stella número 6571, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido pola Comunidade de Herdeiros de Antonio Campo Núñez.

Diario Oficial de Galicia, 21-02-2006, Núm. 36, Páx. 2677
Resolución do 28 de decembro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 20 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Patricia Stella número 6571, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido pola Comunidade de Herdeiros de Antonio Campo Núñez. Visto o artigo 5 del Decreto 442/1990, do 13 de setembro, (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña RESOLVE: Darlle publicidade mediante esta publicación ao Acordo do 20 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Patricia Stella número 6571, para recursos de lousa no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido pola Comunidade de Herdeiros de Antonio Campo Núñez, e que se transcribe como anexo a esta resolución. A Coruña, 28 de decembro de 2005. Jose Luis Barcia Picos Delegado provincial da Coruña ANEXO - Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data 20 de maio de 2005, relativa ao proxecto de pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Patricia Stella número 6571, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido pola Comunidade de Herdeiros de Antonio Campo Núñez. (Clave: 2001/1342). Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. 1. Ámbito da declaración. A presente declaración refírese en exclusiva aos labores de explotación que se levarán a cabo nunha superficie duns 676.057 m, cunha duración da explotación de 85 anos. A localización das diferentes partes da explotacións corresponderase co reflectido no plano frentes e instalaciones de la explotación minera. Num. Plans 1. Junio 2004 incluído no documento Estudio das posibilidades de restauración de ribeiras da concesión mineira Patricia Stella nº 6571. A Coruña. Xuño 2004, sendo as coordenadas UTM que delimitan a área da actuación (exceptuando camiños, balsas de decantación e zonas de amoreamento de terra e lama) as seguintes: Fronte 1 Vértice UTM X UTM Y 1 596.858 4.828.234 2 597.093 4.828.238 3 597.009 4.827.801 4 596.812 4.827.908 Entulleira fronte 1 Vértice UTM X UTM Y 1 596.345 4.828.177 2 596.462 4.828.063 3 596.519 4.828.044 4 596.561 4.828.070 5 596.625 4.828.162 6 596.670 4.828.162 7 596.680 4.828.057 8 596.673 4.827.936 9 596.534 4.827.914 10 596.444 4.827.903 11 596.414 4.827.843 12 596.345 4.827.883 13 596.286 4.827.909 14 596.251 4.827.924 15 596.200 4.827.922 16 596.155 4.827.994 17 596.176 4.828.054 18 596.240 4.828.150 Fronte 2 Vértice UTM X UTM Y 1 596.676 4.827.277 2 596.914 4.827.236 3 596.912 4.826.901 4 596.607 4.826.957 Entulleira fronte 2 Vértice UTM X UTM Y 1 596.235 4.827.303 2 596.407 4.826.983 3 596.351 4.826.801 4 596.322 4.826.725 5 596.261 4.826.659 6 596.251 4.826.811 7 596.177 4.826.940 8 596.135 4.827.071 9 596.103 4.827.219 Fronte 3 Vértice UTM X UTM Y 1 596.498 4.826.209 2 596.704 4.826.216 3 596.751 4.826.177 4 596.639 4.825.770 5 596.354 4.825.764 6 596.421 4.825.991 Entulleira fronte 3 Vértice UTM X UTM Y 1 596.820 4.826.307 2 596.910 4.826.311 3 596.933 4.826.087 4 596.980 4.825.968 5 596.908 4.825.791 6 596.813 4.825.780 7 596.657 4.825.763 Zona de amoreamentos Vértice UTM X UTM Y 1 597.382 4.827.870 2 597.332 4.827.509 3 597.270 4.827.493 4 597.211 4.827.592 5 597.147 4.827.661 6 597.189 4.827.690 7 597.302 4.827.826 Nave Vértice UTM X UTM Y 1 597.349 4.828.044 2 597.378 4.828.031 3 597.339 4.827.945 4 597.310 4.827.959 Para outras áreas que hai que explotar dentro da concesión, se é o caso, será preciso revisar a presente declaración ou emitir unha nova. En calquera caso, non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida na documentación presentada ou na presente declaración. 2. Condicións xerais. 2.1. Protección do patrimonio. Levarase a cabo o indicado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no seu segundo informe. En todo caso, o promotor seguirá o disposto pola antedita dirección xeral no que respecta á protección dos elementos patrimoniais. 2.2. Protección da atmosfera. 1. Co fin de evitar a emisión de po á atmosfera, ademais das medidas previstas no estudo de impacto ambiental, os camións de transporte de terras e outros materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar. 2. A maquinaria de obra cumprirá coa normativa de emisións que lle resulte de aplicación, debendo dispoñer de documentación acreditativa ao respecto. 3. Os niveis de po e gases derivados da explotación non superarán os límites para partículas sedimentables establecidos no Real decreto 1073/2002, de 18 de octubre, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono. 4. Os niveis de presión sonora e de vibracións derivados explotación non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto. 2.3. Protección das augas e leitos fluviais. 1. Impedirase a entrada das augas de escorrega superficial no interior dos ocos de explotación, na entulleira e en calquera outro amoreamento de materiais. 2. As augas pluviais que incidan directamente sobre os ocos de explotación, as entulleiras e os amoreamentos en xeral, tamén serán conducidas ata un sistema de decantación que garanta unha axeitada calidade do efluente que se vai verter. 3. Así mesmo, os accesos á explotación estarán dotados de foxos para a recollida de pluviais. 4. Realizaranse os labores de mantemento e limpeza que garantan que tanto as balsas de decantación, como as arquetas, como as gabias do sistema de drenaxe, cumpren cos obxectivos de protección e prevención para os que se proxectan. 5. As augas de escorremento recollidas mediante a rede de canalizacións, unha vez tratadas, incorporaranse aos leitos dos ríos ou aplicaranse ao terreo coidando de no afectar os predios estremeiros, e solicitando a imposición de servidume forzosa de acueduto se fose procedente. 6. Nos puntos de vertedura das estruturas de drenaxe, colocaranse dispositivos protectores e/ou de disipación de enerxía para evitar fenómenos erosivos, asolagamentos ou arrastres de materiais. 7. As augas residuais procedentes dos servizos hixiénicos destinados ao persoal da explotación conduciranse ata a fosa séptica prevista. 8. Tanto para as captacións como para as verteduras, o promotor deberá contar coa preceptiva autorización do órgano de bacía competente. 2.4. Protección do solo. 1. Levarase a cabo un control topográfico preciso dos límites da explotación, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos no proxecto. 2. Retirarase e amorearase a capa de terra vexetal existente nas distintas superficies que se van ocupar, previamente ao inicio dos labores mineiros en cada unha destas zonas. 3. A xestión da terra vexetal que se van utilizar na restauración das zonas alteradas realizarase do xeito indicado no estudo ambiental, coidando que non se produza un movemento en masa ou escorregamento do material almacenado. 4. Esta terra vexetal, mentres permaneza amoreada, non poderá ser mesturada cos lodos procedentes das balsas de decantación nin con ningún tipo de residuos ou entullo. 2.5. Xestión de residuos. 1. Todos os residuos que se xeren na explotación deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura. 2. Sempre que sexa posible, os labores de mantemento e reparación de maquinaria levaranse a cabo en talleres autorizados. 3. O almacenamento temporal de residuos ata a súa entrega a xestor autorizado poderá realizarase, atendendo os criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a presenza destes residuos. 4. Os lodos de decantación procedentes da limpeza do sistema de tratamento de augas, unha vez estean secos, mesturaranse cos entullos. O almacenamento destes lodos realizarase en zonas habilitadas para o efecto dentro dos límites da explotación, sinalizando a súa presenza. 5. Os lodos procedentes da limpeza periódica da fosa séptica, xestionaranse conforme o estipulado regulamentariamente. 2.6. Protección da fauna e vexetación. 2.6.1. Sobre a fauna. 1. No perímetro superior das frontes de explotación instalarase un peche de protección de malla metálica de tipo cinexético que impida a caída de animais, cunha altura non inferior a 1,50 m e cunha luz de malla na parte máis próxima ao solo o suficientemente pequena para impedir o paso de fauna de pequeno tamaño. O peche manterase en perfecto estado ata que rematen os labores de restauración, momento no que será retirado. 2. Queda expresamente prohibido o peche a base de arame de espiño. 2.6.2. Sobre a vexetación. 1. A eliminación de vexetación reducirase ao estritamente necesario para levar a cabo os labores de explotación, respectando sistematicamente todo tipo de vexetación existente na contorna que sexa compatible cos ditos labores, co fin de que sirva como pantalla visual, amortecedora do ruído e contra o po. 2. Previamente á corta de arboradura terá que realizarse a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes. 3. Na xestión da biomasa vexetal eliminada prevalecerá a súa valorización, evitando a queima destes restos, que, de ser o caso, terá que contar coa preceptiva autorización. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, procederase á súa trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ao solo, diminuír o risco de incendios forestais e evitar a aparición de enfermidades ou pragas. 2.7. Sobre a integración paisaxística. 1. Co fin de garantir a mellor integración paisaxística da explotación e diminuír a súa visibilidade, así como contribuír á contención do po que se poida xerar, antes do inicio da actividade ou simultaneamente ao comezo desta, disporanse pantallas vexetais. 2. Se algún dos exemplares que conforman as ditas pantallas non prendese ou deixase de cumprir a súa función, procederase á súa substitución inmediata, asegurando a súa efectividade. 2.8. Restauración. 1. Procederase á restauración das superficies alteradas como consecuencia da explotación (entulleiras, balsas de decantación, zonas de amoreamento, infraestruturas e instalacións auxiliares como a nave de elaboración,.). 2. Sempre que o desenvolvemento dos labores o permita, procederase a restaurar as zonas xa explotadas e abandonadas, conforme se vaian establecendo superficies definitivas. 3. Co fin de garantir o éxito da revexetación, todas as árbores e sementes que se vaian empregar na restauración reunirán as condicións suficientes de pureza, potencia xerminativa, ausencia de pragas e enfermidades e demais características sinaladas no estudo ambiental. 4. Procederase á rega regular, abonado mineral de reforzo anual, resementeira daquelas superficies nas que se observe a existencia de calvas e/ou marras e demais coidados sinalados no estudo ambiental, ata que se asegure a viabilidade da revexetación. Cando a porcentaxe de marras supere o 10% procederase á súa reposición. 5. No caso de ser necesarios achegas externas de terra vexetal, estes deberán provir de amoreamentos ou zonas debidamente autorizadas. Malia o anterior, se a cantidade de terra vexetal necesaria para a restauración resulta deficitaria, poderán empregarse solos artificiais obtidos baixo autorización administrativa da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. 6. Se co motivo dos labores de explotación ou calquera actividade relacionada con esta (tránsito de maquinaria, transporte de material) se producise a deterioración de estradas, camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio da explotación. 2.9. Sobre o Programa de vixilancia e seguimento ambiental. Levarase a cabo un programa de vixilancia ambiental co obxecto de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ambiental ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os umbrais establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Na realización do control e seguimento ambiental terase en conta que: - Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. - Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo. Tendo en conta o anterior, o promotor presentará perante o órgano substantivo, con carácter anual durante a vida da explotación, un informe de seguimento ambiental, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se detallen todos os controis realizados en cumprimento deste programa de vixilancia ambiental. Este informe deberá estar asinado polo/s técnico/s responsable/s da súa elaboración, coa supervisión, se é o caso, do responsable do control do seguimento ambiental. 2.10. Outras. 1. Se os plans de labores anuais reflectisen un desenvolvemento distinto ao previsto no proxecto obxecto desta DIA, comunicarase a esta dirección xeral, co obxecto de revisar e, se procede, modificar o condicionado da declaración. 2. O promotor comunicará á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación. 3. Cada cinco (5) anos o aval actualizarase de acordo coa seguinte fórmula: (S SR) T = TxTx...xIx S Sendo: T = importe total do aval inicial. T = importe do aval no ano i. i = ano de explotación. S = superficie inicial prevista a restaurar. SR = superficie restaurada ata o ano i. I = inflación no ano i (IPC en Galicia). Previamente ao cambio do aval será fixado polo órgano substantivo a superficie restaurada ata o ano i SR. O cambio efectuarase cada cinco anos ou antes se o promotor o solicitase. 3. Condicións específicas. 3.1. Sobre a atmosfera. Dada a existencia de vivendas próximas ás zonas de explotación pertencentes aos núcleos da Panda de Abaixo, A Panda de Arriba e O Rego dos Sapos, co obxecto de minimizar as posibles afeccións sobre a poboación, teranse en conta as seguintes medidas: - En relación ao Plan de vixilancia do nivel de ruído, determinaranse os niveis preoperacionais e durante a explotación de cada unha das zonas, levaranse a cabo medicións cuadrimestrais do nivel de ruído e elixindo como puntos de control as vivendas máis próximas a cada unha das frontes en explotación.Terase en conta que en función dos resultados obtidos valorarase a necesidade de adoptar medidas protectoras adicionais, así como a frecuencia de medicións proposta, que poderá ser revisada. - No deseño das voaduras, así como na planificación dos métodos de execución destas, incluiranse as medidas protectoras e correctoras precisas para minimizar as afeccións derivadas do ruído, vibracións, mobilización de po e proxección de materiais grosos ao contorno (terase en conta para iso a precisión no replanteo do sistema de perforación, especialmente na primeira fila da voadura; control da profundidade e inclinación dos barrenos unha vez perforados; control da carga de explosivo e a súa distribución ao longo do barreno, elección dunha boa secuencia de acendido, etcétera). Ademais, tendo en conta que a avaliación das voaduras se realizou considerando unha distancia de 300 m a núcleos de poboación, co fin de realizar un axeitado control delas o plan de vixilancia deberá incluír medicións cuadrimestrais de vibracións nos momentos de realización de voaduras (facendo coincidir a primeira medición coa primeira voadura que se realice na explotación) en zonas en que existan construcións a menos de 300 m. Estes controis realizaranse por entidade homologada conforme a Lei 7/1997 e ao Decreto 150/1999. Terase en conta que en función dos resultados obtidos se valorará a necesidade de adoptar medidas protectoras adicionais. 3.2. Sobre o solo. 1. Co fin de minimizar a afección ao solo, sempre que tecnicamente sexa posible empregaranse os accesos xa existentes, tendo en conta que desde a realización do estudo se teñen executado novos accesos para dar servizo aos parques eólicos existentes na zona. 2. Se aínda cumprindo a condición anterior resulta preciso executar novos accesos, terase en conta que: - Se procederá, en canto as condicións climatolóxicas o permitan, á revexetación dos noiros e/ou terrapléns resultantes da execución destas pistas. - O trazado axustarase o máximo posible á topografía do terreo. - Garantirase a libre circulación das augas, para o que deberán preverse as estruturas de drenaxe que sexan necesarias, executando pasos de auga para minimizar a influencia na hidroloxía da zona. 2. As medidas indicadas no anterior punto serán de aplicación, se é o caso, ao acondicionamento das pistas existentes que vaian ser empregadas para explotación. 3.3. Sobre as augas e leitos fluviais. Tendo en conta: - A proximidade da fronte 1 ao Rego de Lombao. - A proximidade da fronte 2 ao Rego dos Sapos. - A localización da fronte 3 sobre a cabeceira do antedito Rego dos Sapos. - A proximidade da zona de amoreamento de estériles procedentes da nave de elaboración ao rego de San Miguel. 1. Extremaranse as precaucións para minimizar a afección a estes cursos. 2. Obteranse as correspondentes autorizacións de Augas de Galicia para a ocupación da zona de policía do leito, canalización de tramos de regos, e para as verteduras á rede fluvial. 3. Definirase e dimensionarase un novo sistema de drenaxe que recolla as augas caídas sobre cada un dos elementos da explotación (entulleiras, amoreamentos de terras, lodos e estériles, frontes e prazas de explotación, vías) e que evite, se é o caso, a entrada de augas de escorrega externa nas entulleiras, nos amoreamentos e nas frontes de explotación. Para o dimensionamento das canles perimetrais empregarase o método establecido na Instrución 5.2-I.C. ou calquera outro método debidamente xustificando que se adopte, e definindo previamente as bacías vertentes para cada zona que hai que drenar. 4. O dimensionamento das balsas de decantación será tal que garanta que a calidade final da auga acada un grao de depuración tal que non supere en ningún momento os límites recollidos na táboa 3 do anexo ao título IV do Regulamento do dominio público hidráulico. 5. A execución da fosa séptica de recollida de augas residuais, deberase realizar de modo que se asegure en calquera caso a súa impermeabilidade ás filtracións de auga. 6. No acabado dos noiros dos amoreamentos de estériles e de terra vexetal se adoptaranse as medidas que impidan a caída de materiais cara aos leitos. 7. O canal da zona 3, que afecta a cabeceira do Rego dos Sapos, executarase conforme o proxectado no documento titulado Estudo das posibilidades de restauración de ribeiras da concesión mineira Patricia Stella nº 6571. 3.4. Sobre a integración paisaxística. 3.4.1. Dado que sobre as áreas nas que se sitúan as entulleiras das zonas 1, 2, 3 e a fronte de explotación 3, se atopan aeroxeradores dos parques eólicos de Faladoira e Coto Teixido, deberán adoptarse as medidas que garantan a compatibilidade de ambas as actividades e a integración paisaxística da explotación, e para iso: - Na explotación da primeira zona (fronte 1) minimizarase a superficie alterada realizando a transferencia de estériles a ocos xa explotados (como pode ser o oco anexo da explotación San Sebastián nº 6271) ou redefinirase a entulleira de xeito que se acade un deseño dela que permita a súa coexistencia co parque eólico de Faladoira e respecte a servidume de voo das pas dos aeroxeradores e a de protección eólica. - Unha vez finalizada a explotación da primeira zona, para a explotación da segunda poderanse transferir os estériles ao oco da fronte 1 ou redefinirse a entulleira de xeito que se acade un deseño dela que permita a súa compatibilidade cos aeroxeradores do parque eólico de Coto Teixido e respecte as súas servidumes. - No caso de que o inicio da explotación da fronte 3 sexa anterior á finalización da vida útil do parque eólico de Coto Teixido, deberá redeseñarse a súa explotación co fin de compatibilizar a explotación co funcionamento do aeroxerador situado ao suroeste da zona de explotación, e redefinirse a súa entulleira ata acadar unha solución compatible coa actividade do parque. Se no momento en que se inicie a explotación desta fronte está finalizada a vida útil do parque poderase executar o oco tal e como se prevé no proxecto avaliado, non obstante, co fin de minimizar o impacto paisaxístico e a afección ao solo, tentarase realizar a transferencia de estériles ao oco da fronte 2 ou calquera outro oco existente nas inmediacións. - Ademais do anterior, e co mesmo fin de minimizar a superficie afectada, procurarase transferir os estériles xerados na elaboración do produto final a ocos xa explotados da propia concesión ou de concesións próximas. 3.4.2. Realizarase unha planificación dos labores tendo en conta os criterios establecidos no punto anterior. 3.4.2. Queda expresamente prohibido o emprego de Eucaliptus globulus na restauración da superficie afectada pola explotación e nas pantallas vexetais. 3.4.3. Pantalla vexetal. 1. Tal e como se recolle no estudo, as frontes de explotación 1, 2 e 3 dotaranse dunha pantalla vexetal que minimice a súa visibilidade desde a estrada AC-101, e no caso de que destas frontes ou as entulleiras resulten visibles desde algunha das poboacións, estudarase e, se é o caso, constituiranse novas pantallas correctoras deste impacto. 2. Estas pantallas disporase desde o inicio dos labores e estarán constituídas por dúas filas de Pinus pinaster, dispostos en disposición triangular, con marco de plantación 2x2 m e cunha altura mínima de 1,5 m. 3. Se algún dos exemplares que conforman a dita pantalla non prendese ou deixase de cumprir a súa función, procederase á súa substitución inmediata, asegurando a súa efectividade. 3.4.2. Restauración. 1. Nas plantacións substituirase o Eucaliptus globulus por especies autóctonas presentes na zona. 2. A dose de sementes que se vaian empregar na sementeira será de 30 gr/m (300 kg/ha) como mínimo e a proporción de cada especie na mestura axustarase, con carácter xeral, ás seguintes porcentaxes: 70% para o conxunto de gramíneas, 15% para as leguminosas e 15% para as restantes (especies de matogueira e outras presentes na zona). 3. Na zonas chas (bermas e praza), realizarase unha plantación con árbores pertencentes a especies autóctonas presentes na zona. A densidade da unidade de plantación será de 9 unidades por cada 100 m. A plantación será irregular co fin de evitar a lenealidade e maximizar a integración paisaxística. 4. Os labores de revexetación realizaranse en outono ou primavera, en función do ciclo vexetativo das especies. Procederase á rega regular, ao abonado mineral de reforzo anual e á resementeira e plantación daquelas superficies en que se observe unha existencia de calvas ou marras, ata que se asegure a viabilidade da revexetación. 5. De acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a contía do aval, que deberá ser fixada polo órgano substantivo por proposta do órgano ambiental, deberá ser suficiente para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración. Proponse como importe do aval para realizar as medidas correctoras e protectoras e os traballos de restauración a cantidade de 1.524.969,85 euros, renovable en función do cumprimento do plan de restauración. Santiago de Compostela, 20 de maio de 2005. José Manuel Álvarez-Campana Gallo Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ANEXO I - Resumo do proxecto O proxecto presentado consiste nunha explotación a ceo aberto de lousa para cubertas e elementos ornamentais para revestimentos. A zona que se prevé explotar atópase situada nun val paralelo á serra de Faladoira, ocupando terreos do concello de Ortigueira (A Coruña). A vexetación da área de explotación é maiormente pasteiros, cultivos e arborado de repoboación, basicamente piñeiro e eucalipto. Nas valgas, xunto aos leitos atópase vexetación típica de ribeira (ameneiros, bidueiros, .). En canto a poboacións da zona cabe destacar a aldea do Rego dos Sapos situada próxima á fronte 1, e as da Panda de Arriba e A Panda de Abaixo próximas á fronte 2, ademais do núcleo de Lombao ao norte da fronte 1 e as poboacións de Corvite de Arriba e de Abaixo ao oeste e suroeste da fronte 3. A explotación contará con tres frontes, cada unha das cales ten asociada unha entulleira: - A fronte de explotación da zona 1 ocupará uns 85.550 m e a entulleira correspondente situarase ao oeste da explotación e ocupará unha superficie de 105.939 m. - A fronte da zona 2 ocupará uns 90.725 m e a súa entulleira, situada ao oeste desta fronte, ocupará 97.533 m. - E por último, a fronte da zona 3 ocupará uns 121.774 m e a súa entulleira, situada ao seu leste, ocupará 103.858 m. Ademais do anterior, prevense zonas de: - Amoreamento de terra vexetal para cada fronte de explotación (4.800 m). - Amoreamento de lodos para cada fronte de explotación (2.400 m). - Superficie dedicada a balsas de decantación (2.400 m). - Amoreamento de produtos procedentes da nave de elaboración (44.072 m). - Nave de elaboración, zona de maquinaria e naves ao suroeste da zona 1 (3.006 m). - Novas vías para construír (14.000 m). Sendo a superficie total afectada de 676.057 m. Tense previsto unha produción media anual de 12.000 m que supoñen 31.200 t/ano. ANEXO II - Resumo das medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada No punto de medidas correctoras do estudo ambiental inclúense as seguintes: Sobre a xeomorfoloxía. - No proxecto de explotación e nas explotacións actuais estase a levar a cabo unha política de remodelación da topografía alterada de modo que se axuste o máis posible á natural. A medida correctora é o autorrecheo no momento que sexa posible de zonas determinadas. - A adaptación dos ángulos dos noiros que aseguran a súa estabilidade. - As entulleiras e amoreamentos adoptarán formas acordes coa morfoloxía do contorno. Sobre a edafoloxía. - Retirada de terra vexetal. - Amoreamento en lugares onde non interfira o normal desenvolvemento da explotación e conforme as seguintes instrucións: * A altura dos cabalóns será duns 1,5 m sen exceder nunca os 2 m, con pendentes non superiores a 1/5 nos laterais. * Evitarase o paso de calquera maquinaria por encima da terra amoreada. * O modelado do cabalón, se fose necesario, farase con tractor agrícola que compacte pouco o solo. * Realizaranse lixeiros afondamentos na capa superior da artesa-amoreamento, para evitar o lavado do solo pola chuvia e a deformación dos seus laterais por erosión, facilitando ao mesmo tempo os tratamentos que corresponda. * Para conseguir unha mellor conservación e un enriquecimento en nitróxeno orgánico sementaranse leguminosas en toda a superficie dos cabalóns, que unha vez acaden o seu total desenvolvemento vexetativo poderán ser envoltas na terra con rotovator. * A conservación adicional consistirá en reparar as erosións producidas pola chuvia e en manter a terra libre de pedras e obxectos estraños. * En todas as operacións evitarase a compactación da terra, empregando se fose preciso técnicas nas que non sexa necesario o paso de maquinaria pesada sobre os amoreamentos ou que só requiran maquinaria lixeira. - Para evitar no posible a compactación dos solos, limitarase ao máximo as zonas nas que vaia entrar maquinaria pesada. - Prohibir a contaminación e as verteduras ao solo, así como das augas por aceites e graxas. Dispoñer de tanques e contedores onde se poidan situar estes residuos e os clasificados como RSU ata a súa recollida por xestor autorizado. - Os aceites usados terán a consideración de residuos tóxicos e perigosos. De conformidade coa normativa. - Recuperar as superficies ocupadas por tramos de camiños, accesos e estradas que vaian quedar inutilizados, e non sexan necesarios tras o cesamento da actividade, levantando a soleira e introducindo unha capa de terra vexetal, logo de descompactación do terreo, recolonizando as ditas superficies coas especies especificadas no proxecto de revexetación. - A vertedura de estériles realizarase nunha zona concreta e temporal. Non se afectará máis superficie que a inicialmente prevista para as verteduras de estériles. - Os sobrantes que hai que verter estarán constituídos exclusivamente por materiais inertes procedentes da explotación. Sobre a hidroloxía. - Mantéñense os límites de garda aos cursos fluviais. - Para posibilitar a supervivencia das comunidades acuáticas, durante a explotación deberase manter un caudal mínimo que garanta a non-sequidade do arroio augas abaixo. - En caso de ser necesario realizarase a canalización dos tramos necesarios do arroio afectado polas frontes de explotación de xeito que se garanta a circulación de auga polo mesmo sen verse afectado pola explotación, garantindo a non-sequidade do arroio augas abaixo. Non obstante, previamente á realización de obras nos tramos necesarios presentaranse no órgano de bacía os correspondentes proxectos para a súa autorización. - Recollida e canalización das augas nas distintas zonas da actividade mineira cara ás balsas de decantación para impedir un aumento excesivo da concentración de sólidos en suspensión augas abaixo. Cun aumento da sección na parte final da explotación dará lugar ao depósito das maiores partículas en suspensión, que deberá recollerse periodicamente para que cumpra o seu obxectivo. - Controlar os valores dos parámetros de augas vertidas de xeito que garantan a non superación dos límites establecidos no título IV do Real decreto 849/1986, onde se establecen os límites de pH, S.S., materiais sedimentables e sólidos grosos. - Localización dos parques de maquinaria en puntos o suficientemente afastados dos cursos, para que non poidan producirse verteduras accidentais nos que afecten á rede de drenaxe. - Nos puntos de saída de augas derivadas de escorrega prodúcese un incremento na velocidade, polo que se colocarán sistemas de amortecemento e disipación de enerxía. - Instalación de fosa séptica para a xestión das augas residuais orixinadas (punto X:597.3555; Y:4.828.046; Z:478). Sobre a calidade do aire. - Rega moi frecuente das vías de servizo durante a explotación para atenuar a concentración de partículas en suspensión, sobre todo en épocas secas. - Mantemento da maquinaria e equipamentos en correctas condicións para a emisión de gases sexa a menor posible. - Os equipamentos de perforación estarán dotados dos correspondentes filtros e captadores de po. - Colocación de captadores de po na nave e bo mantemento do sistema de ventilación. Sobre o ruído. - Cumprir as medidas correctoras sinaladas no proxecto de explotación para os niveis sonoros nas voaduras, acadar un nivel sonoro inferior a 120 dB para distancias menores a 200 m. - Mantemento da maquinaria e equipamentos en correctas condicións. - Disposición de proteccións colectivas na nave de elaboración: illamento elástico das máquinas, paneis absorbentes, ... Sobre a vexetación. - A roza realizarase preferentemente fóra das épocas de nidificación. Na súa execución terase coidado de respectar a maior cantidade posible de terra vexetal procurando non mesturala coa roza. - Para a revexetación, naquelas zonas con previsibles problemas de compactación deberá realizarse un escarificado-subsolado. - Respectarase toda a vexetación que sexa compatible coa explotación. - Nas superficies de recheo con pouca pendente e zonas alteradas é preciso a achega dunha capa vexetal para que as plantacións propostas nos mínimos teñan un mínimo de substrato sobre o que afianzar e desenvolverse. Prevese para este fin a utilización de terras propias que se retirarán e amorearan en forma previa e terra vexetal limpa de achega. Sobre a fauna. - Recuperación da vexetación de ribeira nas proximidades do arroio que está por debaixo da zona de explotación. - Establecemento de hábitats o máis parecidos aos anteriormente existentes. - Minimizar ruídos. - Instalación dunha maia ao redor da zona de explotación de polo menos 1,50 m, co obxecto de evitar a circulación de animais nesta área. A maia non poderá ser de espiño e colocarase de tal xeito que non teña arestas nin elementos cortantes. Sobre a paisaxe. - Deberase procurar un rematado redondeado no deseño da posible entulleira e das zonas creadas para recuperar, evitar as arestas entre planos de explanación, tanto horizontais como inclinados, e evitar a aparición de formas xeométricas de ángulos vivos. - Os perfilados de noiros que se efectúen para harmonizar coa paisaxe circundante deben facerse cunha transición entre noiros de distinta inclinación e para unirse entre si e coa superficie natural do terreo, sen orixinar unha descontinuidade visible. - Nas superficies a restaurar que vaian ser provistas de cuberta vexetal, a superficie non deberá ser alisada nin compactada, sen menoscabo da seguridade, non sufrirá ningún tratamento final, sendo mesmo desexable a conservación das pegadas do paso de maquinaria. - A restauración paisaxística debe acadar a maior integración posible da textura e o cor co seu contorno. Medio socioeconómico. - Sinalaranse axeitadamente a saída de camións da explotación e da zona de amoreamentos á rede pública de estradas, así como sinalizaranse os riscos que entraña a actividade mineira e prohibirase o paso ás persoas non autorizadas. - Para a seguridade de todo o persoal, deberanse cumprir todas as disposicións internas de seguridade sinaladas no proxecto de explotación e toda a lexislación relacionada con temas de seguridade. - En caso de ser afectados mananciais de uso público deberase garantir ou cubrir as necesidades dos usuarios. - Restauración de todos os servizos afectados (estradas). - Teranse en conta as voaduras de pedras a gran distancia. A dispersión de pedras pequenas é difícil de controlar. Realizando unha limpeza previa da superficie do banco a voar evitaranse, en parte, os efectos da dispersión.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res10022006.pdf Galego
RES10022206.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles