Diario Oficial de Galicia, 01-09-2004, Núm. 170, Páx. 12309
Resolución do 27 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 220 kV subestación Cartelle-subestación Frieira, nos concellos de Cartelle, Gomesende, Cortegada, Pontedeva e Padendra (Ourense), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 25 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 220 kV subestación Cartelle-subestación Frieira, nos concellos de Cartelle, Gomesende, Cortegada, Pontedeva e Padendra (Ourense), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Declaración de impacto ambiental
Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá a solicitude, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
1. Ámbito da declaración.
A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión a 220 kV, en simple circuíto, con partida proxectada na subestación de Cartelle e remate na de Frieira, de 18.413 m de lonxitude total, cun tramo aéreo de 14.915 m sobre apoios metálicos de celosía e dous soterrados de 3.252 e 246 m de lonxitude respectivamente.
A traza discorrerá polos concellos de Cartelle, Gomesende, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (Ourense), de acordo co reflectido nos planos emprazamento L.A.T. 220 kV proxectada. Planos 1/2 e 2/2 do estudo de impacto ambiental e as modificacións recollidas nos planos emprazamento en Cartelle e emprazamento en Frieira do anexo ao estudo de impacto ambiental.
2. Condicións xerais.
2.1. Protección das augas e leitos fluviais.
Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidraúlica que poidan atoparse no trazado das obras.
2.2. Protección do solo.
Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimizar o terreo afectado polas escavacións.
2.3. Protección da fauna e vexetación.
Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación na rúa de seguridade, así como as tarefas de mantemento periódico, escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental.
Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira haberá que aterse ao disposto na lexislación vixente de aplicación. Así mesmo, previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo proceda, conforme ao disposto no Regulamento de montes.
2.4. Sobre a integración paisaxística.
Todas as superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de novos accesos...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal.
Para tal fin, levaranse a cabo as actuacións de revexetación propostas no estudo ambiental, tendo que garantirse o mantemento da revexetación ao longo do tempo, para o que se efectuará un seguimento da súa efectividade e se adoptarán as medidas correctoras oportunas no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da revexetación.
2.5. Sobre o Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental.
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade.
Así mesmo, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
3. Condicións específicas.
3.1. Sobre a protección do Patrimonio Cultural.
Levaranse a cabo as medidas correctoras propostas na Memoria de prospección arqueolóxica superficial intensiva. Agosto 2001 e no Informe arqueolóxico.
Anexo. Novembro 2003, aceptadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
De cara a evitar posibles afeccións establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do Patrimonio Cultural cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nesas áreas.
Previamente ao inicio das obras elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se contemplará:
- A sinalización, na fase previa ao inicio das obras, dos elementos do Patrimonio Cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos), de acordo co estudo de impacto arqueolóxico.
- O control e seguimento arqueolóxico das obras, de acordo coas medidas correctoras recollidas no dito estudo.
- Como anexo ao proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía que empregue o persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do Patrimonio Cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.
Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.
Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.
3.2. Fase previa ao inicio das obras.
O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto. O dito importe poderá ser revisado se o promotor presenta, unha vez efectuado o estudo definitivo de accesos, un orzamento do plan de restauración no que figuren todas as actuacións de restauración e revexetación previstas en cumprimento do sinalado no punto 2.4 da DIA, con medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos uni tarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.
3.3. Fases de replanteo e obra.
1. Na planificación dos accesos aos apoios teranse en conta os criterios e medidas protectoras sinaladas no estudo ambiental e no documento Informe impacto turístico ambiental. Maio 2002, ademais do condicionado establecido nesta DIA, implementando as medidas necesarias para evitar a formación de rodeiras e asolagamentos.
2. Na apertura e dimensionamento da rúa de seguridade teranse en conta os criterios expostos ao longo do estudo ambiental, no documento Informe impacto turístico ambiental. Maio 2002 e nas respostas do promotor ás alegacións e informes incluídos no expediente, así como as seguintes, tendo presente que, en calquera caso, as accións baixo a liña consensuaranse coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais:
* A rúa de seguridade deberá estar limpa de vexetación incompatible coa liña, de forma permanente e durante toda a vida útil da instalación. As dimensións mínimas da rúa determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable; non obstante, e dependendo da topografía do terreo, dos ventos e do tipo da vexetación, a largura determinarase de tal xeito que se minimize o risco de lumes nestas zonas e se facilite, de producirse estes, a súa extinción.
* Neste senso, recoméndase realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de áreas cortalumes nas zonas lindantes á rúa, polo que o promotor ou propietario da liña deberá establecer as servidumes da suficiente amplitude para poder realizar, sen contratempos, os devanditos labores.
* Como excepción ao indicado nos parágrafos anteriores deberase conservar ou, se é o caso, minimizar a afección á vexetación de ribeira e especies arbóreas autóctonas.
3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental ao que se refire o punto 2.5 desta DIA, con carácter trimestral durante a execución das obras o promotor presentará, perante o órgano substantivo, un informe de obras co seguinte contido mínimo:
a) Cronograma de obras actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ao total. No cronograma figurará a data de actualización.
b) Informe onde se detallen os resultados dos controis efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudo ambiental, reflectindo o cumprimento da declaración en relación a todos os aspectos incluídos ou derivados dela.
c) Informe de avance da obra onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a todos os compoñentes do proxecto. Acompañarase de reportaxe fotográfica (con indicación de data e hora nas fotografías e plano de puntos de toma) e plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución de cada actividade respecto ao total.
3.4. Ao final da fase de obras.
Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor presentará ante o órgano substantivo, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:
a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a todos os aspectos incluídos no estudo ambiental e nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.
b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado da rúa de seguridade, limpeza da área, zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.
c) Plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, onde se reflictan todas as accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se efectuaron medidas protectoras e/ou correctoras.
3.5. Fase de funcionamento.
1. De acordo co estudo ambiental, levarase a cabo un plan de seguimento de avifauna, que deberá ser elaborado por técnico/s especializado/s na materia, co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido, identificando en que zonas se producen e que especies son afectadas.
Para a busca de aves accidentadas revisarase un número suficientemente representativo de apoios e vaos, incluído aqueles que pola topografía da zona ou pola posible interferencia con rutas de paso ou áreas de campeo e nidificación poidan ter unha maior incidencia sobre a avifauna. Inicialmente a frecuencia das visitas será como mínimo mensual e terá en conta as particularidades fenolóxicas e etolóxicas da avifauna local, considerando que un dos períodos de maior risco é o dos primeiros voos dos polos. O plan centrarase nas especies máis sensibles á liña e definirá limiares de risco (alerta e inadmisible) que servirán para a adopción das medidas protectoras e/ou correctoras oportunas, que poden incluír, sen detrimento doutras, a colocación de dispositivos salvapaxaros ou outros sistemas de protección.
2. Nas vivendas habitadas que poidan existir nunha banda de 100 m no tramo de chegada da liña á subestación de Frieira (á altura dos novos apoios 64 e 65, na zona da Torre) levaranse a cabo medicións de campos eléctricos e magnéticos co fin de comprobar se se axustan ao sinalado no estudo ambiental.
3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de explotación da liña e anual os seguintes, tendo en conta que, á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos ou ben por proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se realizarán. Este informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido:
a) Resultados do plan de seguimento de avifauna tendo en conta as cuestións anteriormente sinaladas nesta epígrafe da DIA.
b) Resultados e conclusións das medicións de campos eléctricos e magnéticos, se é o caso, segundo o sinalado no punto 3.5.2 da DIA.
c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados das actuacións de integración paisaxística efectuadas, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado da rúa de seguridade, labores de mantemento realizados, etcétera. Detallaranse os controis ambientais efectuados para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
3.6. Fase previa ao abandono.
No caso de preverse o desmantelamento da liña, no prazo de seis (6) meses previos á finalización da súa explotación, o promotor remitirá ao órgano substantivo un documento técnico onde se describan todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, recollendo, con carácter xeral, a desmontaxe e retirada de apoios e condutores, demolición de peanas en superficie, restitución de terreos e servizos afectados e revexetación das zonas alteradas pola desmontaxe. Acompañando a esta documentación presentarase o cronograma estimado destas actuacións.
3.7. Fase de abandono.
Ao longo da fase de abandono da liña, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo as actuacións previstas polo promotor en cumprimento do sinalado no punto anterior desta DIA.
3.8. Fase posterior ao abandono.
Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da liña, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflita o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.
ANEXO I: Resumo do proxecto e anexo
A liña eléctrica prevista, de 220 kV en simple circuíto, conectará a subestación de Cartelle coa de Frieira, mediante un tramo aéreo de 14.914 m de lonxitude e dous soterrados de 3.252 e 246 m respectivamente, un deles entre a subestación de Cartelle e o novo apoio 12-A (que se realizará aproveitando pistas existentes da concentración parcelaria) e o outro entre o apoio 65-A e a subestación de Frieira. A lonxitude total da liña é polo tanto de 18.413 m, discorrendo polos concellos de Cartelle, Gomesende, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (Ourense). O tramo aéreo, sobre apoios metálicos de celosía, disporá de condutores LA-455 dispostos en disposición triangular, con cadeas de illadores e cable de terra e fibra óptica OPGW.
Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área de influencia da L.A.T. está composta maioritariamente por matogueira de toxo e breixo e repoboacións de piñeiro. En menor medida atópanse carballeiras, con Quercus robur como especie dominante e Quercus suber nalgúns casos, como no val do río Arnoia, e nas marxes dos ríos aparece vexetación de ribeira.
ANEXO II: Resumo das medidas preventivas e correctoras consideradas na documentación avaliada
Na epígrafe de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes:
- Levarase a cabo un programa de vixilancia períodica co fin de comprobar se se producen colisións e electrocucións de aves co tendido, identificando en que zonas se producen e que especies son afectadas. Se se constata afección, analizaranse as causas e estableceranse as medidas correctoras oportunas.
- Medidas de deseño específicas para evitar a electrocución.
- Medidas anticolisión, consistentes en empregar un cable de terra de 15,6 mm de groso, que o fai visible para as aves.
- Co fin de diminuír a emisión de po á atmosfera, producida pola execución dos viais de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos.
- Dado que a traza non afecta a zonas habitadas, non será necesario realizar ningunha limitación á exposición ao público en xeral a campos eléctricos e magnéticos.
- Os niveis de presión sonora, durante a fase de obra, non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica. Como medida de control durante a fase de construción realizaranse medicións de ruído por entidade homologada.
- Aproveitarase ao máximo a rede de camiños existentes, co fin de minimizar a construción de novos tramos de acceso.
- Buscarase a máxima adaptación ao terreo dos posibles tramos de acceso, evitando ladeiras de forte pendente e as proximidades de regos.
- Os accesos realizaranse de tal xeito que afecten minimamente a rede natural de drenaxe.
- Sempre que as condicións do terreo o permitan, o paso de maquinaria realizarase polas rodeiras anteriores, evitando compactación do solo e afección á vexetación.
- As pistas de traballo sinalizaranse co fin de que os operarios non teñan confusión dos seus límites. Evitarase no posible que os vehículos saian das pistas.
- Retirada e correcta xestión da capa de terra vexetal.
- Durante os movementos de terras equilibrarase ao máximo o volume de desmonte co de terrapléns.
- Os sobrantes ou estériles reutilizaranse na propia obra, non creándose vertedoiros incontrolados, nin se abandonarán restos de obra. Se aínda así houbese sobrantes levaranse fóra da obra. Todos os residuos xerados serán xestionados de acordo coa súa natureza e conforme a lexislación vixente (detállase a normativa de aplicación a cada tipo de residuo).
- Nos cruzamentos de liñas cos regos respectarase a vexetación de ribeira.
- Evitarase o paso de maquinaria sobre os cursos de auga.
- Evitarase a alteración e destrución de noiros.
- Evitarase a elaboración de formigón na propia obra, procurando adquirilo xa preparado en plantas autorizadas.
- As tarefas de mantemento durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, co obxecto de diminuír o risco de contaminación das augas.
- Previamente á intervención sobre a vexetación determinarase e estudarase se se pode respectar algunha dela, eliminado só a que poida interferir coa liña. Esta medida aplicarase en todas as fases, incluíndo a de mantemento das rúas.
- Os restos de corta eliminaranse segundo o acordado co propietario, observando en calquera caso as medidas de prevención de incendios forestais.
- Empregaranse técnicas adecuadas de roza que favorezan a revexetación por especies autóctonas nas zonas alteradas polas obras, e métodos de trituración e esparexido homoxéneo para permitir unha rápida incorporación ao solo dos restos vexetais.
- Todos os terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de accesos...) deberán ser restaurados mediante unha revexetación adecuada, que restitúa na medida do posible as condicións previas ao inicio das obras.
- Aquelas pistas que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe.
- Selección da alternativa de menor impacto visual.
- Seguimento arqueolóxico a pé de obra e cumprimento das medidas recollidas no estudo de impacto arqueolóxico.
- Ao longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, transformadores e calquera outro tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.
Logo do anterior, o estudo ambiental incorpora un prego de condicións para a preservación do medio ambiente, que ten por obxecto definir as disposicións que hai que considerar en materia de medio ambiente en canto ás medidas protectoras e correctoras para minimizar o impacto ambiental. O dito prego desenvolve con detalle os seguintes epígrafes:
- Documentación e medios necesarios para o desenvolvemento dos traballos.
- Xestión de residuos.
- Replanteo e instalación das estacas dos apoios.
- Accesos de nova creación.
- Escavación de ocos para cimentacións.
- Formigonado, armado e izado de apoios.
- Apertura das rúas.
- Tendido, empalme, tensado, retencionado e posta a terra dos condutores.
- Fase de abandono.
No anexo ao estudo ambiental, relativo aos tramos soterrados, recóllense medidas xa incluídas no estudo ambiental e outras adicionais, como as seguintes:
- Cobertura dos camións que transporten materiais terrosos.
- Rega con auga para a estabilización.
- Control de emisións gasosas da maquinaria.
- Mantemento da maquinaria e adecuación da súa velocidade para minimizar molestias sonoras.
- Aproveitamento de accesos existentes e da propia traza soterrada para a instalación e montaxe da liña.
- Non se permitirá a circulación de medios motorizados fóra dos viais establecidos.
- Planificación e balizamento das superficies de actuación. Xestión adecuada de residuos e prevención de posibles verteduras.
- Retirada, acopio e conservación da terra vexetal na zona de instalación dos apoios especiais de paso aéreo/soterrado.
- Instalación de balas de palla ou otros medios que eviten procesos de escorrega a arrastres a leitos, especialmente no cruzamento co regato de Pereda.
- Laboreo superficial e restauración de terreos afectados.
- Xestión dos restos de poda e roza.
- Repercusión económica nos concellos afectados.
- Control e vixilancia arqueolóxica.
- Reposición de todos os elementos e servizos existentes antes do comezo das obras.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL