Diario Oficial de Galicia, 03-02-2005, Núm. 23, Páx. 1843
De acordo co disposto na Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, no regulamento sobre incendios forestais aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, que transfire á Comunidade Autónoma as competencias en materia de conservación da naturaza e co obxecto de previr a aparición e propagación de incendios nos montes galegos, esta dirección xeral establece as seguintes normas:
1. Ámbito de aplicación.
As disposicións ás que se refire esta resolución serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Prohibicións de carácter xeral.
-Botar mistos prendidos ou puntas de cigarros sen apagar en terreos con risco de incendio forestal.
-Botar lixo, restos industriais ou de calquera clase que supoñan perigo de incendio forestal.
-Lanzar foguetes, globos ou calquera outro artefacto que poida producir ou conter lume, salvo en festas locais e coas debidas precaucións e autorización municipal.
3. Época de máximo perigo.
Declárase época de máximo perigo de incendios a comprendida entre o 15 de xullo e o 30 de setembro deste ano.
Poderá considerarse igualmente época de máximo perigo, aqueloutros períodos do ano no que as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios.
4. Prohibicións en época de máximo perigo.
-Prender lume ao aire libre en toda clase de terreos forestais ou agrícolas, incluídos os traballos nos que se utilice o lume.
-Facer fogueiras por parte de excursionistas ou grupos de acampadas fóra das zonas habilitadas para tal fin. O resto do ano os excursionistas ou grupos de acampadas que teñan que facer fogueiras elixirán
os lugares sen risco de propagación do lume ao monte, preferentemente as zonas habilitadas para tal fin, adoptando as máximas precaucións e realizando sempre a fogueira no centro dun círculo, rodeando esta polo menos de 5 metros de raio, espido de vexetación, e asegurando a total extinción do lume antes de abandonar o lugar.
5. Comunicacións e autorizacións de queima.
5.1. Fóra da época de máximo perigo, para a realización de traballos en terreos agrícolas e forestais nos que sexa imprescindible facer uso do lume, será obrigatorio respectivamente dispoñer da correspondente:
* Comunicación. Para queima de residuos agrícolas amoreados, que se presentará cunha antelación mínima dun día.
* Autorización. Para
a) Queimas de residuos forestais amoreados ou non.
b) Queimas controladas (matorrais, pastizais, cercados, etc.).
c) Calquera outro tipo de queima, excepto as incluídas na epígrafe anterior.
Presentaranse cunha antelación mínima de 2 días.
5.2. As comunicacións de queima presentaranse, cunha antelación prefixada, nas oficinas provinciais do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais, nas oficinas dos distritos ambientais ou nos lugares que se habiliten para tal efecto.
5.3. As autorizacións de queima solicitaranse, coa antelación prefixada, nas oficinas provinciais do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais, nas oficinas dos distritos ambientais ou nos lugares que se habiliten para tal efecto. Estas autorizacións outorgaranse, se procede, polo persoal correspondente do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais (SDCIF), ou ben dos distritos ambientais, establecéndose nestas o día ou días nos que se autoriza a realización da queima.
5.4. Toda queima que se realice, tanto agrícola como forestal, deberá aterse ás seguintes prescricións:
a) A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida 2 horas antes do momento da súa posta.
b) Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de alomenos 5 m de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
c) Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento e se, iniciados os traballos se producise a aparición deste, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.
d) Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen 2 horas sen que se observen lapas ou brasas.
e) En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco que supoñen este tipo de queimas para a seguridade e saúde do persoal que as leva a cabo, en ningún caso, poderán realizarse individualmente, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo.
O S.D.C.I.F. poderá suspender temporalmente as comunicacións e autorizacións de queima, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan. Así mesmo, o persoal do S.D.C.I.F. ou dos distritos ambientais poderá suspender a realización de calquera queima ou prescribir calquera outra disposición de seguridade que estime, a teor das circunstancias do momento.
6. Medidas preventivas de carácter xeral.
Segundo o establecido no Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, os interesados deberán tomar con carácter xeral, as seguintes medidas preventivas:
-Manter limpos de residuos ou desperdicios e libres de obstáculos os camiños, pistas ou faixas cortalumes das explotacións forestais.
-Establecer unha faixa de seguridade de 15 m de largura mínima, no perímetro de vivendas, edificacións e instalacións de carácter industrial, en zona forestal.
-Manter limpos de residuos e vexetación seca os foxos e zonas de servidume de camiños, estradas, vías férreas e liñas eléctricas.
7. Obrigación de aviso e colaboración.
7.1. Toda persoa que advirta a existencia ou iniciación dun incendio forestal estará obrigada a avisar á autoridade competente ou aos servizos de emerxencia, e se é o caso, colaborar, dentro das súas posibilidades, na extinción do incendio, segundo dispón o artigo 45 da Lei 43/2003, este aviso comunicarase ao Servizo de Defensa contra Incendios Forestais (teléfono 085, gratuíto), ao servizo de emerxencias 112, ou ao alcalde ou axente da autoridade máis próximo.
As oficinas telefónicas, telegráficas ou radiotelegráficas transmiten con carácter urxente e gratuíto os avisos de incendios forestais que reciben, sen máis requisito que a previa identificación de quen os facilita, segundo o establecido no artigo 59.1º do Decreto 3769/1972.
7.2. Serán denunciadas e sancionadas, se procede, as persoas que sen causa xustificada, se neguen ou se resistan a prestar a súa colaboración ou o seu auxilio á autoridade ou aos seus axentes para a extinción dun incendio despois de ser requiridos para iso, segundo o establecido no artigo 70.1º do Decreto 3769/1972.
8. Traballos de extinción.
8.1. Nos traballos de extinción de incendios forestais, o director técnico da operación ten a condición de axente da autoridade e poderá mobilizar medios públicos e privados para actuar na extinción de acordo cun plan de operacións. Do mesmo xeito, poderá dispoñer, cando sexa necesario e aínda que non se poida contar coa autorización dos propietarios respectivos, a entrada de equipos e medios en predios forestais ou agrícolas, a circulación por camiños privados, a apertura de brechas en muros o cercas, a utilización de augas, a apertura de devasas de urxencia e a queima anticipada mediante a aplicación de contralumes, en zonas que se estime que, dentro dunha normal previsión, van ser consumidas polo lume. A autoridade local poderá mobilizar medios públicos ou privados adicionais para actuar na extinción, segundo o Plan de operacións do director técnico, todo isto, segundo o disposto no artigo 47.1º da Lei 43/2003, de montes.
8.2. Considérase prioritaria a utilización polos servizos de extinción das infraestruturas públicas, tales como estradas, liñas telefónicas, aeroportos, encoros, portos de mar e todas aquelas necesarias para a comunicación e aprovisionamento destes servizos, sen prexuízo das normas específicas de utilización de cada unha destas, segundo o disposto no artigo 47.2º da Lei 43/2003, de montes.
9. Cumprimento da resolución.
9.1. Os axentes forestais dos servizos da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais quedan facultados para controlar o cumprimento desta resolución, así como para denunciar calquera transgresión desta; queda así mesmo facultado para isto, o persoal pertencente ao S.D.C.I.F. e os distritos ambientais.
9.2. Calquera transgresión desta resolución será sancionada coas multas establecidas na lexislación vixente, sen prexuízo da responsabilidade penal en que poida incorrer o infractor ou os infractores.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2005.
P.D. (21-1-2005)
José Carlos Costas López
Subdirector xeral de Defensa
Contra Incendios Forestais
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS