Resolución do 26 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada e se formula a declaración de impacto ambiental das instalacións de moenda, almacenamento e expedición de cemento proxectada por Cementos Galegos, S.A. en Narón (A Coruña). (Clave 2004/0144-AIA/IPPC).

Diario Oficial de Galicia, 09-08-2005, Núm. 152, Páx. 13985
Resolución do 26 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada e se formula a declaración de impacto ambiental das instalacións de moenda, almacenamento e expedición de cemento proxectada por Cementos Galegos, S.A. en Narón (A Coruña). (Clave 2004/0144-AIA/IPPC). Antecedentes de feito: Primeiro.- O 24 de maio de 2004, Santiago Aguado García con DNI: 000163573-C, en nome e representación de Cementos Galegos, S.A., con NIF A-15899677 e domicilio para efecto de notificacións na rúa Pedro Teixeira 8-10º 28016 Madrid, solicita o inicio da tramitación da autorización ambiental integrada para as instalacións de moenda, almacenamento e expedición en Narón (A Coruña). No anexo I recóllense datos do expediente e no anexo II da instalación para a cal se solicita a autorización e da zona de localización. Segundo.- O 11 de novembro de 2004, Philip Hatchwell Altaras con DNI 02531346-N presenta a documentación indicada no artigo 12 da Lei 16/2002, de prevención e control integrados da contaminación, co obxecto de obter a autorización ambiental integrada para a tramitación da antedita autorización. Terceiro.- A documentación conta co informe favorable do concello relativo á compatibilidade urbanística da actuación co Plan Xeral de Ordenación Municipal e o definido na lexislación do solo en vigor. Cuarto.- Con datas do 13 de decembro e 11 de decembro de 2004 publícase no Diario Oficial de Galicia e no BOP da A Coruña, respectivamente, a Resolución do 18 de novembro de 2004, desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación obxecto desta resolución; para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, no Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio, e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Quinto.- Con datas do 27 de xaneiro e 5 de febreiro de 2005 publícase no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña, respectivamente, a Resolución do 20 de xaneiro de 2005 desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se amplía o prazo de información pública da solicitude de autorización ambiental integrada. Sexto.- Con datas do 8 de marzo e 6 de abril de 2005 recibíronse os certificados de información pública emitidos, respectivamente, pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e polo Concello de Narón. No expediente consta a presentación dunha gran cantidade de alegacións presentadas, dentro do período establecido, por parte de asociacións veciñais da zona e outros interesados. Estas alegacións foron tidas en conta, en relacións cos seus aspectos ambientais máis relevantes, na imposición dun límite de emisión de partículas moi baixo, así como de medidas de control e seguimento moi estritas para garantir o seu cumprimento, ademais do resto de condicións desta resolución. Sétimo.- Concluído o período de información pública, e en cumprimento dos artigos 17 e 18 da Lei 16/2002, solicitouse informe aos órganos que se considera que se deben pronunciar sobre as diferentes materias da súa competencia. Oitavo.- Os organismos que emiten informe durante a tramitación da autorización son o Concello de Narón, así como o organismo autónomo Augas de Galicia, as direccións xerais de Saúde Pública e Industria, Enerxía e Minas, as subdireccións xerais de Calidade Ambiental, de Tecnoloxía e Control Ambiental e de Avaliación Ambiental, e a E.T.S. de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, para a avaliación ambiental do proxecto, emite informe a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Noveno.- Con data do 7 de xullo de 2005 realízase o trámite de audiencia, conforme o estipulado no artigo 20 da Lei 16/2002, non se tendo constancia da presentación de alegacións. Décimo.- Con data do 7 de xullo de 2005 Cementos Galegos, S.A. aboa as taxas para a expedición da autorización ambiental integrada. Fundamentos de dereito: Primeiro.- A instalación de referencia está afectada pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (anexo I, grupo 3, 3.1) e pola Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (anexo I, grupo 4, i). Segundo.- De conformidade co disposto no Decreto 16/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (c.e. do 9 de xuño de 2004), esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada (AAI) e para formular a declaración de impacto ambiental (DIA). Terceiro.- A instalación está afectada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Cuarto.- De conformidade co disposto no capítulo II do antedito Decreto 2414/1961, corresponde ao concello conceder licenza para o exercicio da actividade, polo que, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 16/2002, recae neste a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade prevista. Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto, RESOLVO: Primeiro.- Formular a declaración de impacto ambiental para a instalación proxectada, considerando que esta é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que figuran nos anexos IV e V desta resolución, ademais das establecidas na documentación ambiental presentada, resumidas no anexo III. Segundo.- Conceder a Cementos Galegos, S.A. a autorización ambiental integrada para a construción, montaxe e explotación dunha planta de moenda, almacenamento e expedición de cemento no Concello de Narón, cos requirimentos que se fixan no anexo V desta resolución. Terceiro.- Asignar á instalación o número de rexistro 2004/0144-AIA/IPPC-008. Cuarto.- Inscribir a Cementos Galegos, S.A. no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia co número de rexistro SC-RP-P-PP-00026, como pequeno produtor de residuos perigosos. Quinto.- Determinar a obrigatoriedade da empresa de comunicar, con anterioridade ao comezo da actividade da instalación, este feito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que se inspeccione a localización e as instalacións e se verifique o cumprimento das condicións contidas nesta autorización. Sexto.- Establecer unha vixencia máxima de 5 anos para esta autorización. Sétimo.- Establecer a obriga do titular de comunicar á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera modificación que se pretenda levar a cabo na actividade, indicando razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2º da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, acompañándose dos documentos xustificativos oportunos sendo de aplicación o sinalado nos artigos 10.4º e 10.5º da citada lei. Oitavo.- Determinar a posibilidade de modificación desta resolución tanto de oficio, conforme os supostos establecidos no artigo 26 da Lei 16/2002, como por solicitude motivada do promotor, co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio. Noveno.- Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia. Décimo.- Notificar esta resolución a Cementos Galegos, S.A. e ao Concello de Narón, para os efectos oportunos. Fronte a esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na súa redacción dada pola Lei 16/2002, ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2005. José Manuel Álvarez-Campana Gallo Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ANEXO I: Datos do expediente 1. Datos da empresa: Nome: Cementos Galegos, S.A. NIF: A-15899677. Enderezo: rúa Pedro Teixeira 8-10º. Poboación: Madrid. Código postal: 28016. Provincia: Madrid. Representante legal: Santiago Aguado García. DNI: 000163573-C. Representante legal: Philip Hatchwell Altaras. DNI: 02531346-N. Actividade económica principal: fabricación de cemento. C.N.A.E.-93: 26.51. 2. Datos do expediente: Clave: 2004/0144 (IPPC/AIA). Tipo de solicitude: nova instalación. Categoría IPPC: anexo I, grupo 3, 3.1. Categoría EIA: anexo I, grupo 4.i. Localización da instalación: anexa ao polígono industrial de Río do Pozo. Poboación: Narón. Provincia: A Coruña. Descrición da actividade: moenda, almacenamento e expedición de cemento. 3. Seguros e fianzas: Esta dirección xeral propón como contía do aval ambiental indicado no punto 2.1 do anexo IV (condicións específicas da DIA) desta resolución 113.400 A. O Concello de Narón fixará a contía final deste aval, ao recaer nel a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade prevista. De acordo co disposto no artigo 3 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, o aval constituirase ao dispor do mencionado concello. ANEXO II: Resumo do proxecto e do medio O obxecto do proxecto é a instalación dunha estación para a moenda, almacenamento e expedición de cemento. Esta estación localízase estremando coa marxe leste do polígono industrial Río do Pozo, no concello de Narón (A Coruña), nunha parcela dunhas 6 ha. O proceso produtivo correspóndese coa fase final do proceso completo de fabricación de cemento, sendo as etapas que se van desenvolver: 1. Transporte e almacenamento de materias primas. 2. Moenda. 3. Almacenamento e ensilaxe ou ensacamento e paletización. 4. Comercialización. Para levar a cabo o dito proceso produtivo contarase con: moega de descarga de clínker, silo de clínker tipo DOMO (50.000 t), moega de descarga de xeso e aditivos, nave de almacenamento de xeso e aditivos (3.500 t), muíño de bolas, 2 silos de cemento con dúas cámaras (2.330 t e 5.170 t), ensacadora e paletizadora. Como instalacións auxiliares contarase con: 1. Xerador de gases quentes que emprega gas natural. 2. O abastecemento de auga potable farase a través da rede municipal. 3. As augas sanitarias conectaranse á rede de saneamento municipal e as pluviais á rede de pluviais do polígono. 4. Instalación de aire comprimido e filtros de mangas. 5. Almacén de residuos perigosos. 6. Sala de control e subestación. 7. Edificio principal. 8. Caseta de control. 9. Básculas. 10. Sala eléctrica. 11. Aparcadoiro para camións. As materias primas son fundamentalmente clínker, xeso e calcarias, e os produtos finais serán tres tipos de cementos denominados: CEM I 52,5R, CEM II/A-L 45,5R e CEM II/B-L 32,5N segundo o establecido na norma UNE-EN 197-1. A instalación está deseñada para unha capacidade de produción de 90 t/h que, considerando un funcionamento de 5.600 h/ano, cifra a produción anual nunhas 500.000 t de cemento. A parcela estrema na zona norte con monte arborizado, polo sueste coa autovía que une Ferrol coas Pontes, polo sur co sector III do polígono industrial Río do Pozo, polo nordeste cunha pequena zona arborizada e polo oeste co sector IV do polígono e a estrada de acceso á futura instalación. Finalmente débese indicar que, segundo se extrae do estudo ambiental, o contorno no que se localiza a instalación caracterízase por: * Ventos dominantes de compoñente NE-ENE seguidos de SSE (algo máis presentes en épocas frías) e en terceiro lugar SW-SSW. * A calidade do aire para NO, SO, partículas en suspensión e partículas sedimentables non supera os valores fixados na lexislación en vigor. * O nivel sonoro previo á instalación da estación, determinado como nivel equivalente, atópase entre 63,4 dBA e 44,6 dBA durante o día e entre 63,7 dBA e 43,0 dBA durante a noite. * O territorio en que se localiza a estación está dentro dunha rede hídrica pouco xerarquizada cunha dirección principal norte-sur, composta por regatos de escasa entidade que secan nalgunhas épocas do ano. Ao suroeste da estación atópase a bacía do regato Seco, que recibe no seu tramo medio as augas do regato do Pozo e desemboca na ría de Ferrol en Narón. E ao leste atópase o río Sobecos, que percorre o territorio en dirección sur ata desembocar a 1 km escaso do regato Seco, tamén dentro do núcleo urbano de Narón. * Os bosques autóctonos están relegados a pequenas parcelas, estando a maior parte do territorio dedicado a explotación forestal de Eucalyptus globulus e Pinus pinaster, existindo, ademais, algunhas zonas dedicadas á agricultura de cereal, millo e pataca. A parcela en que se vai situar a planta de moenda foi destinada basicamente a pastos de pacer e cortar, e na actualidade nos bordes dela hai unha repoboación de eucalipto que se localiza na zona noreste e noroeste, cunha altura que oscila entre os 12 e 20 m de altura. O resto dos terreos compoñen o futuro polígono industrial. * Respecto á fauna presente na parcela en que se vai situar a planta e nos arredores, cabe indicar que a súa diversidade non é moi alta, o que parece estar directamente relacionado co alto grao de antropización do medio circundante, sendo a densidade das especies localizadas non moi elevada, destacando as especies oportunistas. Cabe destacar ademais que ningunha das especies inventariadas se atopan en perigo de extinción. * Respecto do contorno paisaxístico, destácase que a parcela se atopa rodeada dun contorno antropizado, dominado por un medio industrial e cunha estrada de comunicación que presenta elevado tránsito de vehículos, ademais, cara ao norte, a parcela presenta unha barreira visual que a illa totalmente nesta dirección. No que respecta á adopción de MTD, no proxecto considérase: - Redución no consumo de combustibles mediante aproveitamento do calor residual dos gases en operacións de secado de materiais e outros usos. - Redución do consumo de enerxía eléctrica mediante sistemas de xestión da enerxía e equipamentos de moenda e outros equipamentos de accionamento eléctrico de alta eficiencia enerxética. - Redución de emisións dispersas mediante: * Pavimentación, limpeza e rega de vieiros. * Aspiración fixa e móbil. * Ventilación e recolla nos filtros de mangas. * Almacenamento pechado con sistemas de manipulación automático. - Redución das emisións de fontes puntuais mediante emprego de filtros manga. - Baixos niveis de emisión de gases de combustión de focos fixos empregando gas natural como combustible principal. - Sistemas de refrixeración de máquinas en circuíto pechado. - Sistema de refrixeración do cemento por aire. - Recirculación das partículas, tanto das captadas nos filtros da instalación como das partículas graúdas que se obteñen despois da separación dinámica do muíño de bólas. - Deseño dunha rede separativa de augas pluviais e augas residuais. - Illamento e barreiras acústicas para minimizar as emisións sonoras procedentes da instalación. ANEXO III - Resumo das medidas propostas para a protección ambiental Na documentación presentada considérase a adopción das seguintes medidas de protección ambiental: 1. Atmosfera. - Minoración de levantamento de po durante as obras cinguíndose as actuacións ás zonas incluídas no proxecto. - Se os movementos de terra coinciden con tempo seco, realizaranse regas periódicas para minimizar as emisións de po. - A maquinaria empregada cumprirá coa lexislación vixente en materia de emisión de fumes e gases de vehículos de motor, no caso contrario, será inmediatamente substituída. - As chemineas e focos de emisión á atmosfera terán, como mínimo, a altura xeométrica calculada conforme a lexislación, de xeito que se garanta a dispersión dos contaminantes. - Os traballos de movemento de material dentro da instalación realizarase extremando os coidados. - Os sistemas de depuración das emisións á atmosfera (ciclóns, filtros de mangas), garantirán que os niveis de contaminantes emitidos estean por baixo dos límites fixados na lexislación vixente. - O transporte de mercadorías realizaranse en camións con caixa cerrada por lonas (materias primas e cemento ensacado) ou por cisterna estanca (cemento a granel). 2. Calidade sonora. - Exixirase aos contratistas que a maquinaria empregada non emita ruídos por encima dos marcados pola lei. - Caso de existir algunha queixa veciñal polas emisións de ruído, realizarase unha inspección da zona e comprobarase o correcto funcionamento dos equipamentos. De non cumprir coas exixencias axeitadas, serán substituídos por outros. - Periodicamente vanse realizar labores de mantemento dos equipamentos instalados para garantir que o nivel sonoro non supere os límites legais. - Vanse realizar controis periódicos sobre os condutos que, debido á circulación de fluídos polo seu interior, sexan susceptibles de provocar niveis sonoros que superen os límites vixentes. 3. Calidade do medio hídrico. - A maquinaria pasará os controis para evitar derramos de aceites, graxas, combustibles, etcétera. - Instalarase e manterase unha arqueta á saída da rede de augas residuais que permita a medida de verteduras á rede pública de saneamento. - De detectarse a presenza de xurdimentos de auga, canalizaranse fóra da parcela evitando a súa contaminación e mestura coas verteduras de proceso. - Os residuos perigosos almacenaranse e xestionaranse conforme a lexislación. 4. Edafoloxía. - Retirada e amoreamento de solos con valor agrolóxico daqueles terreos que vaian ser alterados cara a zonas da parcela onde non vaian ser manipulados ata a súa utilización definitiva. A retirada e almacenamento do horizonte orgánico debe efectuarse con coidado para evitar a súa compactación e desta maneira preserva a súa estrutura. - Este material será empregado posteriormente como cuberta nas zonas axardinadas da parcela. - No caso de que durante o movemento de terras ou na apertura de gabias existan materiais sobrantes, deberanse xestionar de xeito adecuado e ser levados a vertedoiro controlado. - De producirse derramos que puidesen infiltrarse no solo, tomaranse as medidas axeitadas para emendar o incidente e deixar o solo en óptimas condicións. 5. Vexetación. - Planificación e delimitación das áreas de actuación. - Máximo aproveitamento de camiños existentes. - Definición progresiva de novos tramos de camiños e/ou alargamento e mellora segundo as necesidades e sobre a base do plan de obra. - Balizamento de todas as zonas de obras. - Ao proceder á revexetación da superficie afectada vaise empregar unha mestura de sementes cuxa adaptación ao medio sexa coñecida. - Realizarase a supervisión visual periódica da zona revexetada. - No caso de hidrosementeira, controlarase a evolución da superficie tratada e os procesos de colonización por parte da vexetación espontánea. 6. Fauna. - Os proxectores de luz orientaranse de tal xeito que a luz vaia dirixida exclusivamente ás áreas que se desexa iluminar. - Acenderanse unicamente aqueles proxectores necesarios para a actividade. 7. Paisaxe. - Revexetar con plantacións lineais de árbores os límites da parcela. - Realizaranse traballos de mantemento sobre as plantacións lineais de árbores situadas nos límites da parcela. 8. Medio socioeconómico. - No caso de que durante as obras de escavación se atope algún xacigo arqueolóxico, deteranse as obras e comunicarase ao organismo competente. - Favorecerase no posible a contratación de man de obra residente no municipio de Narón. ANEXO IV: Condicións da declaración de impacto ambiental Como complemento das medidas sinaladas nos anexos III e V, de seguido se expoñen as condicións que deben ser adoptadas para determinar a viabilidade ambiental do proxecto. 1. Condicións xerais. 1.1. Fase previa ao inicio das obras. - Determinaranse os lugares para o depósito de sobrantes de escavación, para os que se deberá contar co permiso do órgano competente. 1.2. Fase de obras. - Procederase á restauración e revexetación dos lugares de depósito de sobrantes de escavación, de seren exclusivos para este proxecto. Empregaranse para isto especies autóctonas características do ámbito da actuación, en distribución similar á existente no contorno. - As superficies auxiliares de obra localizaranse dentro da parcela delimitada para a instalación. - Dado que non se reserva na zona unha superficie para a fabricación do formigón nin de aglomerado asfáltico, estes serán provistos desde instalación/s externa/s autorizada/s. - Co obxecto de evitar a diseminación de partículas sedimentables nas vías de comunicación, limparanse os camións e maquinaria móbil de obra antes da súa incorporación a estas vías. 1.3. Fase de explotación. - No anexo VI enuméranse un conxunto de boas prácticas a efectos orientativos. 1.4. Fase de abandono. - De se producir o cesamento da actividade, procederase ao desmantelamento das instalacións e á adecuación da parcela aos usos previstos, informando o órgano ambiental -cunha anticipación mínima de seis meses-das medidas que se van adoptar para cumprir con este condicionado. Estas serán obxecto de avaliación por parte deste órgano, sendo preciso informe favorable para a súa execución. 2. Condicións específicas. 2.1. Fase previa ao inicio das obras. - O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se poidan causar ao medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro e segundo o indicado no punto 3 do anexo I desta resolución. - Designarase un responsable do control do cumprimento desta resolución, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e ao Concello de Narón. 2.2. Fase de obras. - Tendo constancia da existencia na parcela de dúas construcións correspondentes a unha explotación gandeira abandonada, e de acordo coa política de xestión de residuos de construción e demolición que está levando a cabo esta dirección xeral, estudarase a posibilidade de que os residuos deste tipo que se xeren sexan reciclados co fin de utilizalos na propia obra. En caso de que isto non sexa posible, serán entregados a xestor autorizado. - Dada a presenza de auga na parcela, terase en conta que, de producirse afloramentos de augas subterráneas durante as obras, estas deberán ser axeitadamente canalizadas, de xeito que non arrastren terras que produzan un efecto contaminante. Se for necesario, disporanse balsas de decantación ou dispositivos similares. - Os efluentes procedentes das zonas habilitadas para as operacións de mantemento serán recollidos nunha fosa impermeabilizada e entregados a xestor autorizado. - Remitirase trimestralmente ao Concello de Narón, informe -asinado polo/s técnico/s responsable/sque, como mínimo, conteña a seguinte documentación: a) Cronograma actualizado das obras. b) Memoria e conclusións relativas ao seguimento ambiental realizado, especificando as datas de cada control, de acordo co programa de vixilancia ambiental presentado no estudo ambiental para esta fase, que comprende os seguintes controis: emisións sonoras, xestión de residuos e de augas sanitarias, zonas de mantemento e reparación de maquinaria, emisións gasosas da maquinaria, rega para estabilización, cobertura de camións e revexetación. c) Representación en plano dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ao total, referido aos distintos elementos que conforman a instalación, así como o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto. d) Reportaxe fotográfica onde se reflicta claramente o desenvolvemento dos traballos, indicando nestas a data e a hora de toma das fotografías. 2.3. Fase de explotación. - Con carácter semestral os dous primeiros anos e anual os seguintes, remitirase ao Concello de Narón informe -asinado polo/s técnico/s responsable/sque, como mínimo, conteña a seguinte documentación: a) Resultados e conclusións relativas aos controis efectuados en cumprimento do plan de vixilancia proposto na documentación e dos requirimentos efectuados no anexo V desta resolución, especificándose o procedemento empregado para realizar as determinacións. b) Informe sobre as incidencias con repercusións ambientais acontecidas, con indicación expresa das medidas adoptadas para a súa corrección e da efectividade delas. 2.4. Fase de abandono. - Ao final das accións previstas para o abandono, e dentro dos dous meses seguintes a estas, enviarase informe ao Concello de Narón que conteña a descrición detallada das accións con incidencia ambiental e os resultados do plan de vixilancia proposto na documentación avaliada. ANEXO V: Autorización ambiental integrada 1. Sobre a atmosfera. 1.1. Valores límite de emisión. Para determinar os valores límites de emisión da instalación obxecto desta resolución, tivéronse en conta: - Os contaminantes que o Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico, considera que deben ser controlados para a actividade de fabricación de cementos en que interveñan machucadoras, muíños, transportadores e ensacadoras, e para o funcionamento dun xerador de gases quentes para o secado de materias primas, que funciona con gas natural. - O acordo voluntario asinado con data do 28 de novembro de 2001 polo Ministerio de Medio Ambiente e pola Agrupación de Fabricantes de Cemento de España (OFICEMEN). - A Guía de mellores técnicas dispoñibles en España de fabricación de cemento, publicada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio do Ambiente, que recolle como MTD para redución de emisións de partículas os filtros electrostáticos e os filtros de mangas, establecendo como nivel de emisión asociado os filtros situados en instalacións de eliminación de po valores de 10-30 mg/Nm. - As características técnicas da instalación, a súa implantación xeográfica, especialmente a existencia de poboación dispersa no contorno, e as condicións locais do ambiente definidas con base nas medicións da rede de control de calidade do aire en automático, con conexión a tempo real co Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. - Os valores de calidade de aire establecidos no Real decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxido de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono. - Así como os resultados do estudo de dispersión de contaminantes atmosféricos para a implantación da nova instalación. Tendo en conta o anterior, considérase establecer os valores límite de emisión indicados na seguinte táboa: Contaminante // V.L.E. (mg/Nm) Partículas sólidas // 10* * Tal e como se establece na Guía de mellores técnicas dispoñibles en España de fabricación de cemento. 2003, considerarase que se cumpren os niveis de emisión no foco se durante o período anual se cumpre que o 97% das medidas diarias non superará o 110% do valor límite de emisión. Non se considerarán os períodos de funcionamento anómalo nin os períodos de arranque e parada correspondente a paros de produción superiores a 48 horas. - Ademais do cumprimento destes valores límite de emisión, como consecuencia das emisión realizadas non se superarán, no contorno da instalación, os valores de calidade do aire regulamentados. 1.2. Sistemas e procedementos para o tratamento de emisións. - Co obxecto de minimizar a emisión de partículas das fontes localizadas empregaranse filtros de manga, segundo a disposición prevista no proxecto (planos nº 239.03-FS-01/02/03/04). - No que respecta ás emisións das fontes dispersas, procederase á protección dos sistemas de transporte, á pavimentación e acondicionamento dos vieiros, ao cerramento dos lugares de almacenamento e desempolvamento dos puntos de carga e descarga, tal e como se proxecta, de xeito que se eviten emisións perceptibles. - Co fin de reducir as emisións dispersas a nivel do terreo, a parcela contará cunha barreira perimetral para o po e o vento, que deberá ser suficientemente chousa, larga e alta. Para minimizar o seu impacto estético esta pantalla será vexetal. - Co obxecto de mellorar a dispersión dos contaminantes emitidos á atmosfera, tal e como se recolle na Orde do 18 de outubro de 1976, sobre prevención e corrección da contaminación atmosférica de orixe industrial, o foco emisor á atmosfera deseñarase conforme as instrucións recollidas no anexo II da antedita orde. - Contarase con medios que permitan xerar auga pulverizada para que, no caso de producirse emisións puntuais e ben localizadas de po, se proceda a humectar as partículas axudando á súa aglomeración e deposición. 1.3. Vixilancia e control ambiental. - A instalación contará cos libros de rexistro de emisións correspondentes, conforme o estipulado no artigo 33 da Orde do 18 de outubro de 1976. - Controlarase diariamente o funcionamento dos filtros a través de control visual e da medición automática en continuo da presión diferencial entre os lados de aire sucio e aire limpo destes, co obxecto de detectar calquera desperfecto e proceder á súa inmediata reparación. Estes valores de presión diferencial serán rexistrados nun documento que estará dispoñible en calquera visita de inspección, anotándose ao seu carón -no caso de se detectaren anomalías- as medidas adoptadas, a data da súa aplicación e a eficacia mostrada. - Respecto aos focos emisores de maior caudal (muíño e separador): * Estes focos contarán con orificios de mostraxe, cuxa situación e deseño responderá aos requirimentos establecidos no anexo III da Orde do 18 de outubro, así como ás características técnicas que ten determinadas o Laboratorio de Medio Ambiente para os orificios de mostraxe. * Neles controlaranse en continuo de forma automatizada os seguintes parámetros: Parámetro // Unidade Temperatura de gases // ºC Presión en cheminea // mmHg Velocidade de gases // m/s Caudal de gases // Nm/h Partículas sólidas // mg/Nm E semestralmente, co fin de validar as medicións realizadas de xeito automático, realizarase a medición manual dos parámetros indicados na seguinte táboa: Parámetro // Unidade Temperatura de gases // ºC Presión en cheminea // mmHg Velocidade de gases // m/s Caudal de gases // Nm/h Partículas sólidas // mg/Nm Oxíxeno* // %V CO* // %V * No foco do separador (que non emite os gases de escape), este valor poderá obterse por estimación. * As medicións manuais e en automático, realizaranse conforme a normas UNE, UNE-EN, ou EN; e en ausencia destas, conforme a normas ISO ou outras normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalente. - Respecto ao control da calidade do aire e a remisión de datos relativos ao control de emisións e calidade de aire: * Para todo o relativo o control de emisións observarase o indicado na Guía de mellores técnicas dispoñibles en España de fabricación de cemento, editada polo Centro de Publicacións. Secretaría Xeral Técnica. Ministerio de Medio Ambiente. * O sistema de monitorización en continuo de emisión de partículas do muíño e do separador estarán conectados co Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, debendo remitirse os datos xerados no formato e modo que se acorde con este organismo. * Co fin de obter a autorización da posta en marcha (regulada na Orde do 18 de outubro de 1976), presentarase perante a Subdirección Xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental informe de medidas de emisión de contaminantes atmosféricos obtidas durante unha semana. * A primeiros do ano, informarase á Subdirección Xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental da carga contaminante en t/ano transcorrido dos contaminantes lexislados así como daqueles que deban notificarse seguindo as directrices da Decisión da Comisión do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes (EPER) que para a instalación que nos ocupa afecta ao CO, NO, SO e PM (os datos de emisión destes contaminantes poderán ser medidos, calculados ou estimados tendo en conta todos os focos emisores). * Antes da posta en marcha da instalación deberán porse en funcionamento estacións de control da calidade do aire atmosférico no contorno da instalación, en concreto, para partículas en suspensión PM. A localización dos puntos de mostraxe e os períodos en que se realizarán as medicións serán comunicados previamente á Subdirección Xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental para a súa aprobación, así como os datos que se obteñan nas ditas medicións. * Instalarase unha estación de control cuxa situación se determinará unha vez que se coñezan os datos de calidade de aire no contorno da instalación e se determinen os resultados do modelo de dispersión tendo en conta as medicións previas ao inicio da actividade. A localización será proposta polo promotor á Subdirección Xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental para a súa aprobación. * Unha vez aceptada a estación de control de calidade do aire, os datos xerados nela serán remitidos á Rede Galega de Control da Calidade do Aire en formato oficial de transmisión de datos (MOPTMA). 2. Sobre o nivel de presión sonora. 2.1. Valores límite. Para determinar os valores límite de nivel de presión sonora no contorno da instalación, tivéronse en conta: - Os valores límite de niveis de presión sonora establecidos na normativa (Lei 7/1997, Decreto 150/1999, Decreto 320/2002 e ordenanza municipal). - A dotación de cerramento acústico nos equipamentos que producen elevadas emisións sonoras como o muíño de bólas e a sala de soprantes e compresores. - Os resultados do estudo de nivel de ruído para a implantación da nova instalación. Tendo en conta o anterior, a instalación cumprirá cos valores límite de recepción recollidos no Decreto 320/2002, considerando, se é o caso, a existencia de zonas con diferente sensibilidade acústica no contorno da instalación. 2.2. Sistemas e procedementos para minimizar a contaminación acústica. - Para minimizar o nivel de presión sonora ocasionado pola instalación, ademais de realizar os illamentos acústicos previstos, adoptaranse medidas de illamento e/ou barreiras acústicas que garantan o cumprimento dos valores límite de recepción de ruído tanto no perímetro da parcela como nas zonas habitadas que se poidan ver afectadas. 2.3. Vixilancia e control ambiental. - Unha entidade homologada pola Consellería de Medio Ambiente controlará -de acordo coa proposta efectuada-cunha periodicidade mínima semestral, tanto en horario diúrno como nocturno, o nivel de presión sonora xerado pola instalación, seguindo para isto os procedementos establecidos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. - A primeira medición realizarase durante o primeiro mes de funcionamento da instalación, co obxecto de comprobar a eficiencia dos illamentos acústicos instalados. 3. Sobre as verteduras líquidas. Para determinar os valores límite de vertedura da instalación e os sistemas para o seu tratamento e control, tívose en conta: - A lexislación vixente en materia de verteduras: * Real decreto 606/2003, do 23 de maio, polo que se modifica o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VIII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas. * Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VIII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas. - Que as augas residuais xeradas nas instalacións se tratan segundo a súa natureza e antes da súa vertedura á rede de sumidoiros do polígono Río do Pozo (bacía da Ría de Ferrol). - Os parámetros que, como consecuencia da actividade, poden resultar afectados na calidade das augas. 3.1. Valores límite de vertedura. Tipo de auga // Caudal máximo (m/ano) // Sistema de tratamento // Punto de vertedura // Calidade da vertedura Residuais pluviais // 42.547 // Fosa de decantación (27,6x8,5x1) // X=565.578 Y=4.821.340 // pH 5,5-9,5 Sólidos suspensión (mg/l) // 80 DQOtotal (mg/l) // 160 Aceites e graxas (mg/l) // 20 Residuais fecais // 5.000 // Fosa séptica modular para 42 habitantes equivalentes (7,15 m) // X=565.565 Y=4.821.360 // pH 5,5-9,5 Sólidos suspensión (mg/l) // 80 DQOtotal (mg/l) // 160 Nitróxeno amoniacal (mg/l) // 15 Fósforo total (mg/l) // 10 Aceites e graxas (mg/l) // 20 - Non obstante o anterior, as augas a verter deberán cumprir cos valores máximos indicados na táboa 3 do anexo ao título IV do Real decreto 849/1986. - Ademais do anterior, e no que sexa máis restritivo, cumprirase coas especificacións de admisión de verteduras que, se é o caso, especifique o concello para as redes de pluviais e de saneamento do polígono industrial. 3.2. Sistemas e procedementos para a minimización de verteduras. - Disporase, conforme o previsto, unha rede diferenciada para as augas pluviais e as fecais. - Todas as augas que discorran pola parcela será recollidas a través da rede de pluviais definida no plano «Rede de pluviais e almacén de residuos perigosos. R2.1. Novembro 2004» e pasarán pola fosa de decantación proxectada (de 234 m) previamente á sua vertedura á rede municipal. 3.3. Vixilancia e control ambiental. - Disporanse, antes da conexión das augas pluviais e sanitarias á rede do polígono, arquetas para a toma de mostras destas augas. - Deberá existir un libro de rexistro ao dispor da Administración, no cal se anotarán os resultados analíticos das tomas de mostras e incidencias. Calquera incidente será comunicado no momento de producirse, por escrito, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. - A Administración poderá inspeccionar as obras e instalacións, sendo por conta do autorizado os gastos que por tal motivo se ocasionen. - A frecuencia mínima coa que se controlarán os parámetros característicos das verteduras será a que deseguido se detalla: Parámetro (unidades) // Periodicidade Residuais pluviais pH // Mensual Sólidos suspensión (mg/l) // Mensual DQOtotal (mg/l) // Mensual Aceites e graxas (mg/l) // Mensual Residuais fecais pH // Semestral Sólidos suspensión (mg/l) // Semestral DQOtotal (mg/l) // Semestral Nitróxeno amoniacal (mg/l) // Semestral Fósforo total (mg/l) // Semestral Aceites e graxas (mg/l) // Semestral - Mensual e semestralmente remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental os resultados destes controis para as augas residuais pluviais e fecais, respectivamente. - Tanto a toma de mostras como as análises serán efectuadas por laboratorio acreditado para as determinacións requiridas. - Todas as analíticas se realizarán seguindo a metodoloxía analítica establecida no Standard Methods ou nas correspondentes normas UNE existentes. - A Administración poderá efectuar, cando o estime oportuno, análises de comprobación de calidade da vertedura para comprobar que se cumpren as condicións impostas. - No caso de que se produza unha contaminación superior á autorizada, o interesado deberá acreditar perante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que adoptou as medidas axeitadas para emendar as causas que o motivaron, sen prexuízo das responsabilidades en que poida incorrer. 4. Sobre a protección do solo e das augas subterráneas. 4.1. Sistemas e procedementos para evitar a contaminación. - O almacenamento de materias primas e produtos efectuarase dentro das naves e silos proxectados, que estarán pavimentados, evitándose infiltracións ao terreo. - A planta contará con zonas específicas para o almacenamento temporal dos residuos que contarán con pavimento impermeabilizado para evitar calquera afección ao solo por derramos accidentais. 4.2. Vixilancia e control ambiental. - Previamente ao inicio da actividade, caracterizaranse o solo e as augas subterráneas do emprazamento. Nestas caracterizacións terase en conta o recollido a seguir e investigaranse, como mínimo, os niveis de fondo dos parámetros que se indican: * Para a caracterización do solo realizaranse catro (4) catas, nas cales se determinarán os parámetros susceptibles de seren modificados pola actividade, incluíndo como mínimo: metais pesados (cinc, chumbo, níquel, mercurio, cobre, cromo, cadmio e arsénico), aceites minerais e graxas, hidrocarburos aromáticos volátiles, contido en arxila e en materia orgánica e pH. * Para a caracterización das augas subterráneas realizaranse catro (4) piezómetros, que deberán manterse en perfecto estado durante a vida da instalación. Entre os parámetros a analizar incluiranse, como mínimo, os seguintes: pH, condutividade eléctrica específica, metais pesados (cinc, chumbo, níquel, mercurio, cobre, cromo, cadmio e arsénico), hidrocarburos aromáticos volátiles, aceites minerais e graxas. - Anualmente repetiranse as anteditas determinacións, co obxecto de controlar a súa evolución. A toma de mostras e análises deberán ser efectuadas por laboratorio acreditado para as determinacións requiridas. - Os resultados destes controis deberán arquivarse e manterse na instalación ao dispor da Administración. Asemade, en cada campaña, o titular da instalación deberá avaliar os resultados e, no caso de detectar variacións significativas, estudará a situación buscando as razóns do cambio, adoptando, se for preciso, medidas correctoras e/ou protectoras. 5. Sobre a xestión de residuos. 5.1. Procedementos de xestión. - Residuos perigosos e non perigosos que se prevé xerar coa actividade: - Os residuos urbanos ou asimilables entregaranse ao concello ou empresa adxudicataria da xestión de residuos municipais nas condicións fixadas nas correspondentes ordenanzas. No caso de que a entidade local xustificadamente obrigue á xestión dalgún tipo de residuo desta natureza á empresa, esta xestionaraos a través de xestores autorizados de residuos sólidos urbanos. - Os restantes residuos xerados no proceso industrial entregaranse a xestores autorizados e inscritos no Rexistro de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. No caso de existiren empresas xestoras mediante operacións de valorización destes residuos, entregaranse a estas, primando, asemade, a entrega a xestores cuxas estacións se atopen máis preto da instalación. - Mentres non se realice a entrega a estes xestores, os residuos acumularanse no almacén proxectado. Este almacén, que se realizará conforme o definido no plano «Almacén de residuos perigosos. Distribución en planta e sección. R2.3. Novembro 2004», contará con contedores suficientes para este depósito en condicións de hixiene e seguridade. - O período de almacenamento dos residuos non perigosos non superará un ano cando o seu destino final sexa a eliminación ou dous anos cando o dito tratamento sexa a valorización. E, no caso dos residuos perigosos, o tempo de almacenamento de residuos non perigosos non poderá exceder seis meses, tempo que empezará a computarse a partir do momento en que o contedor estea cheo, pechado e precintado adecuadamente. - No almacenamento dos residuos perigosos cumpriranse as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetaxe e almacenamento establecidas no Real decreto 833/1988 e no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño. - Os traslados dos residuos perigosos realizaranse do xeito indicado no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos e/ou no Decreto 221/2003, do 27 de marzo, polo que se establece un réxime simplificado no control dos traslados de residuos perigosos producidos por pequenos produtores de residuos. - No caso de empregar como aditivos residuos procedentes doutras actividades industriais, deberase previamente solicitar perante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a solicitude de xestor de residuos. 5.2. Vixilancia e control ambiental. - O plan de mantemento da estación incluirá revisións, cunha periodicidade mínima semanal, das zonas e elementos destinados ao depósito temporal dos residuos, mentres non se proceda a súa entrega ao xestor autorizado. - Adoptaranse as medidas técnicas e economicamente viables para reducir a cantidade de residuos xerados no proceso. - Co obxecto de levar a cabo plans de minimización de todos os tipos de residuos a empresa levará un rexistro das cantidades e a natureza deles. Este rexistro avaliarase en relación coas cantidades de materias primas consumidas e de parámetros de produción final en períodos anuais. 6. Seguridade industrial. - A empresa deberá notificar nos prazos e nos termos establecidos na normativa aplicable os datos sobre substancias, cantidades e outras circunstancias aos órganos competentes de industria da Comunidade Autónoma. - Antes da posta en marcha, a empresa Cementos Galegos, S.A. deberá acreditar ante o órgano competente nesta materia o cumprimento das súas obrigas e de maneira específica no relativo a: * Real decreto 1244/1979, do 4 de abril, polo que se aproba o regulamento de aparellos a presión, e as súas modificacións. * Real decreto 1942/1993, do 5 de novembro, polo que se aproba o regulamento de instalacións de protección contra incendios. * Real decreto 1435/1992, do 27 de novembro, sobre aproximación de lexislacións dos estados membros sobre máquinas. * Real decreto 379/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o regulamento de almacenamento de produtos químicos. * Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico de baixa tensión. * Calquera outra disposición regulamentaria ou técnica que lle sexa de aplicación. 7. Medidas que se adoptarán en situacións de funcionamento anormais. - De detectárense anomalías no funcionamento na estación que repercutan nas emisións atmosféricas e nivel de presión sonora, de xeito que estas superen os límites permitidos, ou que poidan afectar o funcionamento da rede de saneamento do polígono, procederase á determinación inmediata da orixe do problema e, no caso de persistiren, paralizarase a actividade causante da anomalía. Asemade, no caso de verteduras, darase conta inmediatamente das verteduras realizadas ao concello ou adxudicatario da rede de saneamento, co obxecto de que este, pola súa vez, poida adoptar as medidas oportunas. ANEXO VI: Boas prácticas A seguir enuméranse un conxunto de boas prácticas para efectos orientativos: - Realizar campañas de información entre o persoal para conciencialos na minoración dos consumos de recursos e da xeración de residuos. - Verificar a eficiencia enerxética e de produción da maquinaria, rexistrar os consumos e realizar un mantemento preventivo desta de xeito que se manteña en óptimo estado, evitando consumos innecesarios de auga e/ou enerxía. - Apagar os equipamentos e a iluminación cando non sexa necesaria e modular a intensidade de luz en función das necesidades. - Automatizar os procesos de limpeza de equipamentos, utilizando auga a presión ou varredoras mecánicas, de xeito que se reduza o consumo de auga. - Non abusar dos produtos químicos nas operacións de limpeza, posto que esa práctica non asegura uns mellores resultados. - Ter en conta os aspectos ambientais no aprovisionamento, mediante a escolla de materiais, produtos e fornecedores con certificación ambiental. - Establecer unha metodoloxía de recepción, almacenamento e extracción cando exista caducidade dos produtos (pinturas, disolventes, imprimacións, electrodos, etc.). - Realizar unha boa xestión dos pedidos, adecuándoos á produción, se é posible, adaptada a series longas. - Reutilizar os disolventes ao máximo, sempre que o seu estado o permita. - Implantar controis de calidade no proceso produtivo para evitar o desperdicio de materiais. - Reutilizar os sobrantes que non superan os controis de calidade ou dirixilos a outros mercados. - Crear un rexistro de cantidades, tipoloxía, destino, custos e xestión dos residuos, para poder fixar obxectivos de redución deles. - Manter limpas as áreas de traballo, o que permite detectar posibles fugas de fluídos.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res26072005.pdf Galego
res26072005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles