Resolución do 25 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do parque eólico ampliación Pedregal-Tremuzo, no concello de Muros (A Coruña), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

Diario Oficial de Galicia, 13-07-2004, Núm. 134, Páx. 10061
Resolución do 25 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do parque eólico ampliación Pedregal-Tremuzo, no concello de Muros (A Coruña), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 27 de mayo de 2004 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do parque eólico ampliación Pedregal-Tremuzo, no concello de Muros (A Coruña), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que achegen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. 1. Ámbito da declaración. Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto denominado parque eólico ampliación Pedregal-Tremuzo, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 14 MW de potencia total no concello de Muros (A Coruña), constituído por 7 aeroxeradores modelo GAMESA G-80 de 2.000 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM: Vértice X                Vértice Y 499.000                 4.744.352 499.425                 4.744.352 500.014                 4.743.675 502.500                 4.744.700 502.500                 4.742.816 500.945                 4.742.816 499.019                 4.742.813 499.000                 4.743.000 A localización dos aeorxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano Planta Xeral. Numero 2. Marzo 2003, do estudo de impacto ambiental. As coordenadas UTM dos 7 aeroxeradores previstos son as seguintes: Aeroxerador            UTM X            UTM Y 1                         500.410         4.743.233 2                         500.203         4.743.361 3                         500.041         4.743.542 4                         499.868         4.743.708 5                         499.694         4.743.873 6                         499.555         4.744.072 7                         499.531         4.743.590 2. Condicións xerais. 2.1. Protección da atmosfera. Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar. 2.2. Protección do solo. No caso de ter que realizar voaduras, disporanse os medios necesarios (redes, lonas...) que eviten a proxección de fragmentos de rocha ao contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado. Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona, salvo xustificación previa. Nese caso, deberán ter a súa procedencia debidamente acreditada, tendo que restauralos ao finalizar a obra. A circulación de vehículos e maquinaria no parque, tanto na fase de obra como na de funcionamento, restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto. Para a localización da zona de instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga ou área de protección arqueolóxica. 2.3. Protección da fauna. Para levar a cabo os labores de corta e roza escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, tomando as precaucións necesarias para garantir a súa tranquilidade. 3. Condicións específicas. 3.1. Fase previa ao inicio das obras. 3.1.1. Elaborarase un proxecto arqueolóxico, que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no cal se recollan os traballos de control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Así mesmo, o proxecto incluirá a avaliación do impacto dos accesos do parque sobre o patrimonio cultural. Como anexo ao dito proxecto deberase recoller, na cartografía que empregue o persoal de obra durante o seu transcurso, un plano no cal figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión. 3.1.2. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de cincuenta e un mil sesenta e nove euros (51.069), correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración nas fases de obra (6.334 euros) e desmantelamento (44.735 euros) do parque. 3.2. Fases de replanteo e obra. 3.2.1. Para a evitar posibles afeccións sobre os bens do patrimonio cultural, teranse en conta as seguintes medidas: - No contorno dos ditos bens establécese unha área de exclusión de 35 m de raio, medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas. - Levarase a cabo o proxecto de control e seguimento arqueolóxico a que se refire o punto 3.1.1 desta DIA. - Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras. 3.2.2. Nos puntos de control propostos no plan de seguimento do nivel de ruídos só será necesario realizar medicións cando se estean executando obras preto dos ditos puntos, e non cunha frecuencia trimestral en todo os puntos como se propón no plan presentado. Así mesmo, pódense desbotar os puntos de control denominados Terelle, A Silvosa e Vilar de Costa, que se atopan a unha distancia dun quilómetro ou máis dos aeroxeradores. 3.2.3. Á vista da información presentada no estudo ambiental, non se considera necesario levar a cabo o plan de seguimento da calidade das augas proposto, non así o de control da rede de drenaxe e seguimento hidrolóxico, que se desenvolverá de acordo coa proposta que figura no anexo 7 do estudo ambiental. 3.3. Fase de funcionamento. 3.3.1. En relación cos plans de seguimento de avifauna e quirópteros propostos no estudo ambiental, terase en conta que nas visitas para a detección de exemplares mortos por colisión se revisarán os 7 aeroxeradores instalados. Así mesmo, o raio que se vai revisar aumentarase ata os 60 m como mínimo, tendo en conta as dimensións do rotor do modelo de aeroxerador que se vai instalar no parque. 3.3.2. Así mesmo, e de acordo co plan de vixilancia presentado, realizarase un seguimento da posible aparición de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna e os morcegos entre este parque e o de Pedregal Tremuzo, do cal constitúe a ampliación, téndose que adoptar as medidas protectoras e/ou correctoras oportunas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos. 4. Programa de vixilancia e seguimento ambiental. O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaráselle inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificándolle o seu nomeamento ao órgano substantivo. Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle ao órgano substantivo, coa periodicidade indicada, a seguinte documentación: 4.1. Ao final das obras, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras co seguinte contido mínimo: a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos e o estado final do parque tras a finalización das obras, así como os controis ambientais e as medidas protectoras e correctoras levadas a cabo durante as obras, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra, etcétera. Descrición detallada do estado final da área afectada en relación a todos os aspectos previstos no estudo ambiental e no condicionado da declaración. b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas en que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, foxos e drenaxes, gabias do cableado, estado de limpeza da área (en especial da zona destinada a instalacións de obra), zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no cal se reflicta a situación real de todas as instalacións e infraestruturas do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras. 4.2. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de funcionamento do parque e anual os seguintes, tendo en conta que, á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de seguimento ou ben por proposta motivada do promotor, se poderá modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se van realizar. Este informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido: a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición. No referente aos puntos de control, observarase o indicado no punto 3.2.2 da DIA. b) Resultados do plan de control dos dispositivos de drenaxe e das condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co punto 3.2.3 da DIA. c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros e informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, tendo en conta o sinalado no punto 3.3 da DIA. d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no cal se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e as incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas cales se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. 4.3. Informe previo ao abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación acompañado, se é o caso, dun informe no cal se recollan as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento, xunto coa súa xustificación. 4.4. Informe posterior ao abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación. ANEXO I: Resumo do proxecto O proxecto denominado parque eólico ampliación Pedregal-Tremuzo, promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 7 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, que se vai instalar no concello de Muros (A Coruña). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración. As características básicas do proxecto presentado son as seguintes: * Número de aeroxeradores: 7. * Modelo: Gamesa G-80. * Potencia unitaria por aeroxerador: 2.000 kW. * Potencia total instalada: 14 MW. * Altura das torres: 60-78 m. * Diámetro do rotor: 80 m. * Investimento previsto: 8.781.165 euros. Para a transformación e evacuación da enerxía producida no parque empregaranse as instalacións existentes no parque eólico Pedregal-Tremuzo (subestación, edificio de control e liña de evacuación a 66 kV). A obra civil inclúe a execución duns 1.675 m de vías de acceso e servicio aos aeroxeradores, cun largo de rodadura de 6 m e dotados de foxos e drenaxes para a recollida e evacuación de augas pluviais. Así memso, acondicionaranse 1.169 m dunha vía existente para efectuar o acceso xeral ao parque. Prevese a execución de 2.162 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores coa subestación e edificio de control do parque Pedregal-Tremuzo. Segundo o estudo ambiental, a vexetación na área de implantación do parque está composta maioritariamente por repoboacións recentes de piñeiro, matogueira de toxo (mesturada en ocasións con breixos e gramíneas) e piñeiros adultos. ANEXO II: Resumo das medidas preventivas e correctoras recollidas na documentación avaliada Atmosfera. * Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estío. * Plan de matemento da maquinaria para reducir as emisións de gases. * Realización dun control das emisións de ruído. Cumprimento da lexislación vixente. Solo. * As obras axustaranse ao especificado no proxecto. * Empregaranse, na medida do posible, as vías existentes na zona. * Reposición de vías se resultan deterioradas. * Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal retirada para que non perda as súas calidades. * Descompactado de terreos previamente ao estendido de terra vexetal. * Todo os terreos afectados polas obras serán restaurados. * Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, e non se crearán vertedoiros incontrolados. Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada. * O mantemento e a reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin. * Preveranse vertedoiros para todos os residuos de obra ou da actividade, para as distintas categorías de residuos xerados. * O formigón trasladarase desde plantas de fabricación, evitando instalacións provisionais na obra. * As vías axustaranse á topografía do terreo. O trazado en zonas de arboredo será sinuoso, minimizando a corta. Rede hidrolóxica. * Vixiaranse os arrastres de materiais e construiranse gabias a pé de terraplén para recoller escorregas. * Revexetación das zonas alteradas. * O mantemento e a reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin. * Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de cunca. * Os posibles cruzamentos de regatos faranse cun deseño especial. * Rede de drenaxes que permita o fluxo de augas, non alterando cuncas hidrográficas. * Os residuos en fase de funcionamento recolleranse en contedores axeitados para tal fin. * Control da calidade das augas e rede de drenaxe. Fauna e vexetación. * Respectaranse os hábitats que alberguen especies de fauna de interese; zonas asolagadas, charcas, rochedos, minas abandonadas... * Diminuír a velocidade dos vehículos de obra para evitar atropelos. * Pasos canadenses dotados de medidas de escape para os pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, consistindo en rampla de subida ou foxo con laterais abertos. * Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna e quirópteros tanto na fase de obras como na de funcionamento. Realización dun seguimento de sinerxías entre o parque Pedregal-Tremuzo e a súa ampliación, así como coa liña de evacuación. * Parada dos aeroxeradores máis conflitivos a determinadas horas e durante determinados períodos se se demostra que teñen afección sobre a avifauna e quirópteros. Aumento do contraste das aspas. Retirada ou recolocación de aeroxeradores. * No caso de se detectaren cadáveres de animais nas proximidades do parque, retiraranse para evitar a atracción de especies depredadoras. * As obras axustaranse ao especificado no proxecto, procurando que a afección á vexetación sexa a mínima posible. * Reposición da vexetación unha vez finalizadas as obras, axustándose ao plan de revexetación do estudo ambiental. * Rega para evitar o levantamento e a deposición de po na vexetación. * Descompactado do terreo. * Tratamento de residuos vexetais. * Previamente á corta de vexetación arbórea observarase o disposto no Regulamento de montes, polo que se fará a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización. Paisaxe. * Reducir os movementos de terra ao mínimo posible. Aproveitar ao máximo a rede de camiños existentes. Proxecto de revexetación. * Aeroxeradores con acabamento branco mate. Socioeconomía. * Comprobación de posibles interferencias nos sinais de telecomunicacións. * Reposición de vías e servizos deteriorados polas obras. * Emprego de man de obra local sempre que sexa posible, así como adquisición de materiais de obra a empresas da zona.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res25062004.pdf Galego
res25072004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles