Diario Oficial de Galicia, 31-08-2004, Núm. 169, Páx. 12249
Resolución do 23 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de efectos ambientais do proxecto de Parque Eólico Ponte Rebordelo, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 9 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de efectos ambientais do Parque Eólico Ponte Rebordelo, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Declaración de efectos ambientais
Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:
- Proxecto Parque Eólico Ponte Rebordelo. Decembro 1999.
- Estudo de impacto ambiental Parque Eólico Ponte Rebordelo. Decembro 1999.
- Documentación adicional ao EIA do Parque Eólico Ponte Rebordelo, localizado en Dumbría (A Coruña).
- Informe final do estudo de impacto arqueolóxico do Parque Eólico Ponte Rebordelo, en Dumbría (A Coruña). Maio 2000.
- Estudo dos posibles efectos sinérxicos producidos polo parque eólico de Ponte Rebordelo, en conxunto cos parques eólicos de Paxareiras e Currás, nos municipios de Cee, Dumbría e Mazaricos (A Coruña). Xuño 2002.
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer por esta DEA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.
No caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
1. Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto denominado Parque Eólico Ponte Rebordelo, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 40,2 mW de potencia total no concello de Dumbría (A Coruña), constituído por 67 aeroxeradores modelo A643 de 600 W de potencia unitaria, dispostos dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:
Vértice X Vértice Y
496.284,59 4.761.499,71
496.505,99 4.758.248,54
496.142,56 4.758.204,27
496.098,24 4.759.080,75
495.478,54 4.759.176,54
495.779,12 4.757.900,65
496.284,38 4.757.378,30
496.036,19 4.757.165,82
495.462,96 4.757.686,60
494.999,07 4.758.918,78
494.330,12 4.758.342,72
494.609,05 4.757.980,38
493.734,12 4.757.296,14
494.697,69 4.756.907,33
494.449,49 4.756.624,03
493.761,54 4.756.635,98
493.064,90 4.757.217,20
493.039,97 4.758.120,24
493.599,46 4.759.175,18
493.817,55 4.759.486,26
494.252,71 4.758.592,08
494.845.82 4.759.094,22
494.704,78 4.759.840,39
495.030,28 4.760.854,13
495.662,16 4.761.497,37
495.973,58 4.760.515,44
495.990,09 4.759.470,30
495.536,04 4.759.469,88
495.265,16 4.759.672,14
Atendendo ao exposto no punto 7 desta DEA, o aeroxerador 24, así como súas infraestruturas asociadas (vías, plataformas de montaxe e gabias de condución do cableado) deberán relocalizarse fóra do ámbito de exclusión de 80 metros medidos desde o límite exterior do túmulo Rego de Can.
Tendo en conta o anterior, a localización e coordenadas UTM deste aeroxerador, así como as súas infraestruturas asociadas establecerase, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no punto 11.1 da DEA.
A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano Planta xeral do parque eólico. Nº mapa: 2, do estudo de impacto ambiental, agás, para o indicado no parágrafo anterior.
As coordenadas UTM dos 67 aeroxeradores previstos son as seguintes:
Aeroxerador UTM X UTM Y
1 495.786,70 4.761.369,46
2 495.828,15 4.761.283,98
3 495.869,60 4.761.198,50
4 495.869,70 4.761.014,77
5 495.909,84 4.760.931,99
6 495.949,98 4.760.849,20
7 496.108,00 4.760.582,00
8 496.100,00 4.760.400,00
9 496.130,26 4.760.277,98
10 496.160,00 4.760.156,00
11 496.090,00 4.759.950,00
12 496.114,13 4.759.821,24
13 496.138,25 4.759.692,48
14 496.162,70 4.759.562,00
15 496.174,40 4.759.449,00
16 496.253,92 4.759.304,43
17 496.274,66 4.759.181,44
18 496.301,23 4.759.016,45
19 496.266,15 4.758.697,81
20 496.279,80 4.758.594,50
21 496.294,27 4.758.485,46
22 496.308,80 4.758.376,00
23 495.160,40 4.760.779,50
25 495.164,50 4.760.284,11
26 495.191,90 4.760.152,05
27 495.264,00 4.760.030,00
28 495.274,72 4.759.900,57
29 494.899,92 4.759.789,00
30 494.829,80 4.759.692,00
31 494.966,25 4.759.588,22
32 494.902,66 4.759.315,48
33 494.933,39 4.759.205,28
34 494.991,47 4.759.130,10
35 495.050,34 4.759.058,28
36 495.123,53 4.758.986,38
37 495.193,83 4.758.905,57
38 495.264,65 4.758.836,67
39 495.316,29 4.758.756,36
40 495.380,57 4.758.686,14
41 495.429,87 4.758.609,49
42 495.501,73 4.758.212,40
43 495.524,60 4.758.096,56
44 495.555,80 4.757.996,50
45 495.587,50 4.757.896,00
46 495.594,60 4.757.758,50
47 495.830,41 4.757.593,30
48 495.898,86 4.757.531,82
49 495.973,90 4.757.461,50
50 496.049,50 4.757.388,00
51 493.962,97 4.758.666,79
52 494.027,96 4.758.601,35
53 494.105,00 4.758.547,00
54 494.145,13 4.758.464,32
55 494.185,26 4.758.381,65
56 494.225,39 4.758.298,97
57 494.265,51 4.758.216,30
58 494.305,70 4.758.133,55
59 494.335,12 4.758.000,59
60 493.439,10 4.757.337,00
61 493.467,31 4.757.228,34
62 493.731,75 4.757.069,25
63 493.767,98 4.756.980,80
64 493.804,21 4.756.892,54
65 492.819,10 4.756.774,50
66 494.322,70 4.756.889,96
67 494.421,63 4.756.824,53
2. Protección da atmosfera.
2.1. Sobre a emisión de po.
Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua das vías e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evitar o levantamento excesivo de po, tal e como se indica no estudo ambiental. Asemade, os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar.
2.2. Sobre a contaminación acústica.
Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas dos núcleos habitados non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto.
Para tal fin, realizarase o seguimento do nivel de ruído durante as fases de construción e funcionamento do parque, segundo a proposta de estudo acústico presentada.
Sinálase que as medicións de nivel de ruído para a fase preoperacional foron realizadas cun sonómetro de tipo 2, segundo o indicado no anexo V (medicións de ruídos), cando no plan de seguimento de ruído presentado polo promotor se indica que as medicións de ruído se realizarán cun sonómetro tipo 1, polo que se deberá realizar unha nova medición preoperacional cun sonómetro tipo 1, segundo o requirido no punto 11.3 desta DEA.
3. Protección das augas e leitos fluviais.
Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose, asemade, ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Se é o caso, solicitarase a autorización de captación de auga para o seu uso no edificio de control.
A vertedura das augas das drenaxes transversais e lonxitudinais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais. Para tal fin, deberase propor un plan de vixilancia para comprobar o correcto funcionamento; o plan incluirá o control da aparición dos anteditos fenómenos.
As augas residuais que se xeren no edificio de control deberán ser conducidas ata unha fosa séptica ou calquera outro sistema que garanta o seu axeitado tratamento, que deberá ser mantido periodicamente para garantir o seu correcto funcionamento.
A medida que avanza a obra, procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución das vías, así como das plataformas de montaxe, foxos, contorna das obras de drenaxe e zona da subestación e edificio de control, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorregadura e calquera outra medida necesaria para evitar o arrastre de materiais aba abaixo.
Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evitar a súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorregadura superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.
Non estando previsto no estudo ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde instalación ou instalacións localizadas fóra da obra, que conten coas debidas autorizacións.
Para garantir a calidade das augas, deberase levar a cabo un plan de control, polo que se deberá desenvolver detalladamente o plan proposto no punto 8.2.5 do estudo ambiental, segundo o requirido no punto 11.4 desta DEA.
4. Protección do solo.
Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de todas as infraestruturas e instalacións proxectadas, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos, de acordo co indicado na DEA.
Procederase á delimitación das distintas zonas de obra mediante o seu balizamento, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.
Para calquera modificación que fose necesario introducir no proxecto, independentemente da súa causa, observarase o indicado no punto 13.4 desta declaración.
As infraestruturas asociadas á construción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.
A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto.
Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) que impidan a proxección de fragmentos de rocha á contorna. En calquera caso, se estes se produciren, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado.
Nos movementos de terras equilibrarase ao máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se após a finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en lugar autorizado por órgano competente. Asemade, no caso de precisar materiais de préstamo, deberá acreditarse previamente a súa procedencia, indicando a localización, extensión, volume e condicións de restauración do préstamo que se vaia efectuar.
No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido aos labores de construción do parque, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio das obras.
A realización do proxecto deberá respectar a Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ao uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requiriran, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.
5. Xestión de residuos.
Todos os residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte a vertedura.
Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo aos criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalando claramente a súa presenza.
Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derramamentos accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispondo os medios necesarios para a recolla de posibles derramamentos.
Ao finalizar as obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.
En canto non se produzan as sucesivas entregas ao xestor autorizado, durante a fase de construción, os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación, disporanse no edificio de control.
6. Protección da fauna e vexetación.
6.1. Sobre a fauna.
Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determinar a existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os da súa contorna.
Para tal fin, levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental, así como unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques contemplados no documento Estudo dos posibles efectos sinérxicos producidos polo parque eólico de Ponte Rebordelo, en conxunto cos parques eólicos Paxareiras e Currás, nos municipios de Cee, Dumbría e Mazaricos (A Coruña). Neste sentido, o plan de seguimento de aves presentado debe ser completado no seu contido, de acordo co requirido no punto 11.5 desta DEA.
6.2. Sobre a vexetación.
A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ao estritamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.
Previamente á corta de arboredo, realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.
Será preciso xestionar a biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder a súa trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ao solo.
7. Protección do patrimonio cultural.
Para evitar posibles afeccións, establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 80 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado.
A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Asemade, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.
No caso do impacto crítico sobre o xacigo arqueolóxico Túmulo de Rego do Can, deberase desprazar a localización do aeroxerador, a vía e a gabia de condución eléctrica fóra do ámbito de exclusión de 80 m.
En todo o ámbito do parque eólico deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de implantación, execución de obra e restitución dos terreos, polo que, previamente ao inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Como anexo ao proxecto arqueolóxico, deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso un plano en que figure a localización dos elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto de control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.
Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.
8. Sobre a paisaxe.
Empregaranse cores pouco rechamantes e tonos mate no acabamento dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión. Por outra banda, as liñas de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal como se indica no estudo ambiental.
O acabamento do edificio de control adecuarase á tipoloxía construtiva da zona, de acordo co indicado no estudo ambiental.
Se os afloramentos rochosos existentes na zona tivesen interese xeomorfolóxico ou paisaxístico (batólitos, tors, refuxios...) deberán ser preservados. Se isto conlevase o desvío dalgunha infraestrutura ou instalación, observarase o indicado no punto 13.4 desta DEA.
O desenvolvemento do plan de revexetación conforme avanza a obra deberá garantir a integración paisaxística das restantes infraestruturas do parque eólico.
9. Outras medidas.
Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que indiquen a presenza dos aeroxeradores.
10. Restauración.
Todas as superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, foxos, gabias do cableado, plataformas de montaxe, contorno da subestación e do edificio de control, obras de drenaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Asemade, garantirase o seu mantemento ao longo do tempo.
Para tal fin, levarase a cabo o Plan de restauración incluído no anexo I do estudo ambiental, tendo en conta que a dose mínima de semente será de 30 g/m e que se deberá realizar un seguimento da súa efectividade, tal como se contempla no programa de vixilancia ambiental presentado. Incrementarase a intensidade deste seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.
Os labores de restauración e revexetación realizaranse conforme avanza a obra e as distintas superficies a restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controlar os fenómenos erosivos, arrastres de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio. A este respecto, o calendario dos labores de restauración deberá ter en conta o antedito.
A camada edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo, amoreada sen mesturala con outros horizontes e man tida nas condicións sinaladas no plan de restauración.
Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo a súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase a estendedura de terra vexetal, restrinxíndoa ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.
Ao finalizar as obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estrutura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada, conforme se indica no plan de restauración.
Asemade, o plan de restauración presentado debe ser completado, incluíndo a descrición e valoración económica de todas as actuacións previstas na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a vida útil da instalación, tendo en conta os posibles usos futuros da área, deberase ter en conta a dose de semente indicada neste punto e o orzamento deberá indicarse para a execución por contrata (indicando o IVE e o beneficio industrial) de acordo co requirido no punto 11.6 desta DEA.
11. Documentación adicional.
Previamente ao inicio das obras, nun prazo de tres (3) meses desde a notificación desta DEA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:
11.1. Proposta de desprazamento do aeroxerador 24, e todas as súas infraestruturas asociadas, conforme o indicado no punto 7 desta DEA, indicando as novas coordenadas UTM e reflectindo nun plano de detalle a nova localización das infraestruturas asociadas ao aeroxerador, relativizándoo co patrimonio cultural e vexetación presentes na zona.
11.2. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, en que se reflicta o polígono do parque e todas as infraestruturas e instalacións proxectadas. Diferenciaranse, en cores ou grafía distinta, as vías preexistentes das de nova construción e aquelas a acondicionar (indicando lonxitude de cada tipo na lenda), reflectindo, asemade, o punto/os de acceso ao parque, os elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e acumulación de materiais.
11.3. Novas medicións do nivel de ruído para a fase preoperacional, realizadas por entidade homologada, tendo en conta o indicado no punto 2.2. e que os informes de resultados deben estar asinados por técnico da entidade realizadora da medición. Indicarase, asemade, a velocidade do vento durante o período de medición.
11.4. Desenvolvemento detallado do plan de seguimento para a calidade das augas e drenaxes proposto polo promotor, segundo o indicado no punto 3 desta DEA.
11.5. Estudo valorativo da posible incidencia do parque eólico sobre a avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 da DEA, que deberá ser elaborado por técnico/s especializado/s nesta materia e virá asinado polo/s autor/es, constando a súa titulación e acreditación do coñecemento da materia.
Caracterizarase o nivel de risco (por colisión e efecto baleiro) asociado ás distintas categorías de aves detectadas na zona, valorando a súa vulnerabilidade en función dos datos que se obteñan na campañas descritas a seguir (estacionalidade, abundancia, uso do espazo, altura do voo...), climatoloxía, topografía da zona e localización dos aeroxeradores.
O estudo estará fundamentado nunha caracterización cualitativa e cuantitativa da avifauna na área do parque, baseada en traballo de campo, ademais da información bibliográfica que se poida fornecer ao respecto. Deberá caracterizarse a avifauna nidificante, en paso migratorio, sedentaria e invernante, describindo con detalle a metodoloxía empregada.
No referente á caracterización do paso migratorio e movementos de aves na área afectada, fornecerase información sobre as especies e tipoloxía do paso, número de aves, períodos de paso, altura do voo e traxectoria e sentido dos movementos. Isto sen detrimento de calquera outra información que se poida fornecer con base na revisión bibliográfica ou experiencias noutros parques de similar localización. Contemplaranse, asemade, metodoloxías específicas para a caracterización da comunidade de aves de rapiña, tanto diurnas como nocturnas, baseadas en itinerarios e estacións de observación e escoita. Incluirá a cartografía dos itinerarios, puntos de observación e escoita, zonas de nidificación, áreas de asentamento temporal, áreas de campeo, tránsito de avifauna e focos de atracción detectados, en especial das especies de maior valor ecolóxico e máis sensibles ao parque.
Á vista dos datos obtidos, deberá desenvolverse detalladamente un plan de seguimento de avifauna, que deberá centrarse naquelas especies máis susceptibles de seren afectadas e as que conteñan figuras de protección, considerando os seguintes mínimos:
- Descrición e xustificación da metodoloxía para o seguimento da incidencia do parque eólico sobre a avifauna, detallando os controis que se efectuarán e a súa frecuencia, tendo en conta a detección do efecto baleiro, posibles molestias, caracterización do comportamento das aves ante os aeroxeradores e detección de morte por colisión.
No referente á busca de aves accidentadas por colisión, terase en conta que en cada visita se revisará o 50% dos aeroxeradores e que a frecuencia será como mínimo mensual, prevendo unha visita quincenal nas épocas reprodutoras e de paso migratorio, en función dos resultados das campañas de caracterización, así como unha redefinición da frecuencia das visitas en función dos resultados do seguimento, incrementándoa no caso de detectarse afeccións.
Incluirase unha valoración da posible distorsión nos resultados polo diferente esforzo de mostraxe, condicións climatolóxicas durante as mostraxes, detectabilidade e desaparición de cadáveres por necrófagos, e definiranse os factores de corrección que se introducirán para corrixir posibles desviacións.
- Definición cuantitativa e cualitativa dos limiares de risco por colisión (alerta e inadmisible) e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas, xustificando o método para a súa determinación.
- Definición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que se adoptarán no caso de acadar as situacións de risco indicadas no punto anterior. Recollerase, entre outras, a estipulación dun período de parada dos aeroxeradores e un incremento na frecuencia dos controis que se efectúen. Describiranse, asemade, as medidas propostas para a detección de posibles impactos puntuais imprevistos (ante condicións climatolóxicas adversas, desvío de rutas migratorias ou acumulación temporal de aves na área), así como as medidas protectoras de aplicación inmediata ante situacións deste tipo.
- Presentación dos resultados, detallando a periodicidade, estrutura e contido dos informes, que incluirán, como mínimo, unha parte introdutoria (indicando datas e descrición das campañas efectuadas) outra cos datos e resultados obtidos e unha de valoración, discusión e conclusións finais.
11.6. Addenda ao plan de restauración presentado, que inclúa a descrición e valoración económica de todas as actuacións necesarias para o desmantelamento e abandono do parque, integrada por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, que conteña medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos desagregados, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata e novo orzamento para a fase de obra tendo en conta o indicado no punto 10 desta DEA.
11.7. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena produción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia.
11.8. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 13.3 desta DEA.
11.9. En relación coa liña de evacuación da enerxía, presentarase a seguinte documentación, que recibirá o informe, se é o caso, dos órganos competentes en función da materia:
11.9.1. Descrición xeral do proxecto, indicando localización, lonxitude da liña, tipo e número de apoios, incluíndo unha lista de coordenadas UTM, puntos de inicio e fin (conexión á rede de transporte), obra civil que se desenvolverá e duración prevista da obra. Acompañarase, como mínimo, dun plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle, en coordenadas UTM, no que se reflita a traza prevista, numerando cada un dos apoios.
Asemade, deberán reflectirse nun plano a escala 1:25.000, como mínimo, dotado de coordenadas UTM as liñas eléctricas da contorna, tanto existentes, en construción, como en estado de tramitación ou planificación, identificándoas e indicando a voltaxe.
11.9.2. Estudo sobre os elementos do patrimonio cultural presentes ao longo da traza.
11.9.3. Estudo dos posibles efectos do proxecto sobre a poboación, fauna, formacións vexetais, solo, auga e paisaxe, así como espazos naturais presentes, se é o caso, ao longo da traza.
11.9.4. Descrición das medidas protectoras e/ou correctoras que se adoptarán, con especial atención á avifauna e aos labores de restauración.
11.9.5. Programa de vixilancia ambiental, con especial atención ao seguimento da posible afección sobre as poboacións de aves.
11.10. Definición do sistema para a eliminación das augas residuais do aseo previsto no edificio de control e definición do sistema que se adoptará durante a fase de obra.
11.11. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 desta DEA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural respecto do indicado neste punto.
Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ao promotor o seu resultado, non podendo proceder ao inicio das obras ata que conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Unha vez emitido informe por esta dirección xeral sobre o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, contendo todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio, fin e a duración prevista.
12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas no estudo ambiental e no condicionado desta declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DEA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:
12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:
a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ao total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.
Con carácter trimestral presentarase un informe de obras que inclúa:
a) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade. Asemade, deberá indicarse a velocidade do vento durante o período de medición.
b) Resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe e das condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co indicado no punto 3 desta DEA.
c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a todos os aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
d) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflita a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ao total, referido cos distintos elementos que conforman o proxecto: vías, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, subestación, etcétera.
12.2. Ao final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos presentarase un informe de fin de obras, co seguinte contido mínimo:
a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), medidas protectoras e correctoras levadas a cabo e resultado destas (control de eficacia), incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a todos os aspectos incluídos no estudo ambiental e no condicionado desta declaración.
b) Reportaxe fotográfica que mostre con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas en que se implantaron os aeroxeradores, subestación, estado das vías, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.
d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena produción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia.
e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, que reflita a situación real de todas as instalacións e infraestruturas do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando, asemade, as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.
12.3. Seguimento ambiental semestral, contado desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:
a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento en que sexan obtidos. Asemade, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.
b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe e das condicións de incor poración das augas á rede natural, de acordo co indicado no punto 3 desta DEA.
c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 desta DEA.
d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, en que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, noiros, drenaxes, foxos, gabias do cableado e aquelas zonas en que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detalle dos controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas, avaliando o seu resultado. Descrición das posibles incidencias en relación a todos os aspectos incluídos ou derivados da DEA. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, salvo indicación en contra por parte desta dirección xeral, os contidos do informe requirido no punto anterior.
12.5. Seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos: xunto cos informes de seguimento ambiental, entregarase un anexo cos resultados do seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos deste parque cos da súa contorna, e a súa valoración para cada un dos factores estudados, conforme o documento Estudo dos posibles efectos sinérxicos producidos polo parque eólico de Ponte Rebordelo, en conxunto cos parques eólicos Paxareiras e Currás, nos municipios de Cee, Dumbría e Mazaricos (A Coruña), prestando especial atención á avifauna e indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.
12.6. Informe previo ao abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto na adenda que se presentará de acordo co punto 11.5 desta DEA, xunto coa súa xustificación.
12.7. Informe posterior ao abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada aos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflita o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.
No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que se efectúe, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propóndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.
13. Condicións adicionais.
13.1. Para efectos de seguimento desta declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DEA ao promotor.
13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de efectos ambientais (DEA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Non entanto, o promotor poderá solicitar ao órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acadar os obxectivos e fins que se indican nesta declaración.
Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, fornecendo documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta DEA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ao promotor, quen non poderá comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.
13.3. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo, quen o comunicará ao órgano ambiental.
13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando, asemade, se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.
13.5. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe provisorio do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade dun millón quiñentos corenta e sete mil dous centos dous con sesenta e cinco (1.547.202,65) euros. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.6 desta DEA.
13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.
13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determinar as causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.
13.8. O incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DEA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adoptar as medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.
13.9. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar todos os permisos necesarios aos organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluído, se é o caso, o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.
13.10. O proxecto de referencia estará ao abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
13.11. O promotor queda obrigado a cumprir todas as disposicións que se diten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.
ANEXO I - Resumo do proxecto
O proxecto denominado Parque Eólico Ponte Rebordelo, promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 67 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, no concello de Dumbría (A Coruña).
Os aeroxeradores distribuiranse en varias aliñacións, no interior do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.
As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:
- Número de aeroxeradores: 67.
- Modelo: A643.
- Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.
- Potencia total instalada: 40,2 mW.
- Altura das torres: 47 m.
- Diámetro do rotor: 43 m.
- Produción neta anual prevista: 119.196,35 mWh/año.
- Investimento previsto: 38.680.066,39 euros.
A obra civil inclúe a creación de 12.860 m de vías de acceso e servizo aos aeroxeradores, cun largo de rodadura de 4 m, piso de saburra compactada e dotados de foxos de 0,40x0,20 para a recolla e evacuación de augas pluviais, labores de cimentación dos aeroxeradores e a escavación duns 13.954 m de gabias de condución do cableado, cun largo máximo de 60 cm. A duración estimada da fase de obras, , é de sete (7) meses.
Tamén está proxectada a construción dunha subestación transformadora de tensión 20/66 kV e o edificio de control do parque, dun só nivel, que contará con zona dedicada a sala de control, sala de baterías, sala de cabinas e aseo.
A evacuación da enerxía eléctrica producida polos aeroxeradores realizarase a través de liñas soterradas de media tensión a 20 kV, que chegan á subestación transformadora. A liña de saída da subestación enlazará coa liña aérea a 66 kV proxectada entre a subestación de Barreiras e a subestación de Mazaricos.
Medidas preventivas e correctoras
Medidas na fase de deseño e construción:
- Rega con auga para a estabilización.
- Control das emisións gasosas producidas pola maquinaria.
- Control das emisións sonoras.
- Retirada, amoreamento, conservación e recuperación da terra vexetal.
- Optimización da ocupación do solo por maquinaria e elementos auxiliares.
- Minimización das superficies de vexetación afectadas e solo compactado.
- Protexer a vexetación, minimizando a superficie de vexetación afectada polas obras.
- Reposición de valados e pasos de gando que sexan afectados polas obras.
- Redución ao mínimo de voaduras na época de cría da fauna de especial interese presente na zona.
- Retirada de animais mortos nas proximidades do parque para evitar a atracción de especies preeiras.
- Vixilancia de arrastres nos noiros e terrapléns.
- Xestión de todos os residuos xerados, atendendo á súa natureza.
- Evitar a vertedura de augas sanitarias sen depurar e levar a cabo a súa correcta xestión.
- Adecuación das edificacións á tipoloxía construtiva da zona.
- Mellora da integración dos aeroxeradores no ambiente, mediante o emprego de cores pouca chamativas no acabamento dos aeroxeradores.
- Recuperación das condicións iniciais de compactación e drenaxe do solo.
- Revexetación das superficies afectadas.
- Adecuada xestión de residuos.
ANEXO II - Resumo dos informes
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe en que conclúe:
Emitir informe favorable cos seguintes condicionantes:
1. No ámbito do parque eólico cruza o camiño que vai de Santiago a Fisterra, sinalizado por marcadores oficiais e recoñecido como prolongación da Ruta Xacobea a Fisterra.
- O parque eólico de Ponte Rebordelo ambas as marxes do camiño entre os núcleos de poboación de Olveiroa e Hospital, producindo nalgúns puntos impacto visual negativo pola súa proximidade á traza asfaltada e ao camiño alternativo pola aldea de Logoso. Trátase dos aeroxeradores 9 ao 17 e 41 ao 45 situados en pequenos outeiros bordeadas polo camiño.
- Desde o punto de vista de protección das características naturais e paisaxísticas do medio que envolve este camiño de peregrinación, a situación dos aeroxeradores 9 ao 17 e 41 ao 45 afecta negativamente o ámbito do camiño, pola súa proximidade, polo que terán que ser eliminados e todas as obras que implican.
2. Para o resto dos elementos do patrimonio cultural inventariados, e co fin de evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 80 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.
3. No caso de impacto crítico sobre o xacigo arqueolóxico Túmulo de Rego do Can, é necesario cumprir a seguinte medida correctora:
- A localización do aeroxerador, a vía e gabia de condución eléctrica terán que ser resituados fóra do ámbito de exclusión de 80 m.
4. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de implantación, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico, así como a sinalización dos xacigos arqueolóxicos. A tal fin, e previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
- Como anexo ao proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano en que figure a localización dos elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto de control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.
5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.
6. Tal e como se establece no artigo 63.2º da Lei 8/1998, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, os traballos arqueolóxicos descritos máis arriba financiaranse con cargo á execución do proxecto.
Con data do 5 de xullo de 2001, o promotor presenta o recurso de alzada interposto contra o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do 4 de maio de 2001. Con data do 16 de outubro de 2001, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo dita resolución estimatoria do recurso, polo que a eliminación dos aeroxeradores 9 ao 17 e 41 ao 45 indicada no informe do 4 de maio de 2001 non é necesario cumprila.
A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un primeiro informe en que conclúe:
O parque eólico que se pretende construír prevé a instalación de 67 aeroxeradores, unha subestación e unha serie de vías principais, secundarias e de servizos. En relación a esta documentación:
1. Non se presenta un estudo comparativo da situación ambiental actual e futura, con e sen a actuación derivada do proxecto obxecto de avaliación, para cada alternativa.
2. O estudo sobre o medio biótico non ten a súa representación sobre os planos, presentándose ao respecto só un mapa de cultivos e aproveitamentos; o cal non se considera como representativo, tanto pola temática como polo seu carácter anacrónico. Debe ratificarse que o que estes planos refliten se corresponde coa situación actual.
Ademais é importante que nas formacións de arboredo que poidan verse afectadas polas obras se teña en conta o seguinte:
- Onde se pretende efectuar cortas de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal terase que facer a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.
- No caso de afectarse a vexetación de ribeira teranse que solicitar a correspondente autorización ao Servizo Provincial de MAN tal e como establece o regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.
3. Neste EIA non se fai referencia á necesidade dunha liña de evacuación da enerxía xerada para así poder subministrar a electricidade aos centros de consumo.
É importante a consideración daquelas accións do proxecto que poidan desencadear impactos negativos importantes sobre os factores do medio. Polo menos deberíase presentar un primeiro esbozo da futura liña que nos permitise facer un ditame previo, e sempre acompañando este EIA.
Debemos ter en conta que a consideración en dúas fases minimiza os posibles efectos sinérxicos, acumulativos ou sumatorios distorcéndose, por conseguinte, a información do estudo.
4. Ao longo do EIA faise referencia ao tipo de xestión que deberán sufrir os distintos residuos, potenciais contaminantes... Non entanto, non está de máis lembrar unhas medidas de carácter xenérico:
Non se poderá depositar, nin acumular na área do parque, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de acumulación, debe indicarse cales, ademais de como se pensan depositar e que actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio.
En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outros deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.
5. No EIA indícase, tanto no texto como nos planos, a existencia dunha rede hidrográfica, presente tanto dentro dos dominios do parque como nas súas inmediacións. O polígono do parque estaría sucado por numerosos regatos que desembocan case na súa totalidade no río Xallas.
É de interese, e como carácter preventivo, que se teñan en conta as seguintes consideracións:
Evitarase a vertedura de substancias contaminantes aos cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para isto o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa a calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, encontrándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. En relación co tema terase en conta:
- Non se acumularán nos cursos naturais nin nas zonas de servidume terra, entullos, material sobrante da construción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse aos cursos de auga por enxurradas ou crecidas do caudal.
- Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.
- Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.
A todo isto hai que engadir que deben vixilarse con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solucionar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia, e durante a vida do parque.
Por último, e pola súa importancia, débese a necesidade de non efectuar ningún tipo de actuación nos cursos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización de Augas de Galicia. No caso de que esta afección atinxa os ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.
6. Non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida no EIA, ou ben non sexa proposta na declaración de impacto ambiental. Por outra banda todas aquelas medidas protectoras ou correctoras propostas no EIA deberán ser consideradas na obra, así como o disposto no plan de vixilancia ambiental.
7. Xuntamos as medidas de control que deberán porse ao dispor do Servizo de Medio Ambiente Natural:
- Control da adecuada implantación de todas as medidas correctoras previstas.
- Seguimento da eficacia de todas as medidas correctoras implantadas e a súa incidencia na flora, fauna e xea.
- Siniestralidade por colisión das aves cos aeroxeradores.
- Inventario, rexistro e interpretación das incidencias no hábitat e ecosistemas afectados.
- Control do nivel de ruídos.
- Control da calidade de augas e solos.
No caso de que se estime a súa execución, cóidase de interese a consideración dos puntos deste informe, alén das consideracións do EIA, en prol dunha maior integración da actividade no ambiente.
Con data do 9 de novembro de 2000 emite un segundo informe sobre o documento Documentación adicional ao EIA do Parque Eólico Ponte Rebordelo localizado en Dumbría (A Coruña) en que conclúe:
En esencia dase cumprimento ao solicitado no primeiro informe emitido, limitándose as observacións deste informe á liña de evacuación de enerxía, sobre a cal se terá en conta os seguintes requirimentos:
1. Para a instalación das torretas aproveitarase ao máximo a rede de camiños existente, co fin de minimizar a construción de novos tramos de acceso.
No caso de xurdir a necesidade de intervir na rede de pistas, estímase oportuna a sinalización de todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que as definen, así como os parámetros do medio que son afectados. Esta caracterización debe facerse antes do comezo das obras e, no caso de xurdir calquera cambio, deberase facer a correspondente notificación.
No tocante a aquelas pistas, ou trochas abertas durante a fase de execución, haberá que xustificar a súa necesidade futura, procedendo á súa restauración en caso contrario.
2. As aves son un dos elementos máis fráxiles das actuacións previstas, polo que se terá en conta o seguinte:
- Previsión de impactos negativos así como as medidas correctoras, protectoras e/ou compensatorias que se adoptarán.
- Seguimento destas poboacións unha vez efectuadas as actuacións nun plan de vixilancia de aves.
3. Son numerosas as zonas en que se producen cruzamentos con ríos e regatos, nos cales deberán concretarse as medidas para adoptar, sobre todo na vexetación de ribeira. Debe terse en conta, especialmente, a estabilidade nas marxes dos ríos, a dispoñibilidade de refuxios para a fauna e as relacións de luminosidade-sombra que precisan as poboacións acuáticas.
En todo caso, hai que subliñar, que calquera tipo de aproveitamento ou utilización da vexetación nas ribeiras dos ríos precisará a autorización do Servizo Provincial de Medio Ambiente.
A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respectar a Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe o uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.
A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental, que inclúe as seguintes epígrafes:
- Ámbito territorial de actuación.
- Impacto causado pola ocupación do terreo.
- Residuos.
- Flora e fauna.
- Impacto visual.
- Urbanismo.
- Programa de vixilancia ambiental.
O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un resumo das características básicas do proxecto avaliado, acompañado do seguinte condicionado:
En todo momento, durante a construción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallos neles, no caso de que estes se producisen, prohibíndose o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construción nas proximidades dos leitos dos regos afectados.
A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que após a construción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.
Un condicionante básico a entender desta área, sería que a futura autorización reflectise que a instalación se axustará ao cumprimento da proposta do Plano Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.
Se co motivo da realización dalgún acceso ou vía con gabia do cableado se producise algún cruzamento cun curso fluvial, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas 29/1985, modificada parcialmente pola Lei 46/1999, do 13 de decembro.
En definitiva, este servizo considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construción e período de explotación, especificadas neste informe.
Non obstante, faise indispensable unha correcta execución das vías, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre todo a vertedura accidental de substancias contaminantes.
No caso de que as características deste parque eólico precisaren do uso regular de auga para o seu normal funcionamento, tanto na fase de construción e montaxe como na de explotación, ou ben se produciren verteduras ou captacións da rede hidrolóxica, ou cruzamentos da rede fluvial, será necesaria a obtención, por parte do explotador, da preceptiva autorización de vertedura ou de captación de auga, que se tramitará, en aplicación da lexislación vixente, ante o organismo Augas de Galicia.
ANEXO III - Resumo da alegación
O Concello de Dumbría presenta as seguintes alegacións:
1. Non se está a dar unha utilización racional dos recursos naturais do concello.
2. Non se establece a localización dos camiños e pistas necesarios para a construción e explotación do parque eólico. Non se xustifica o interese público ou utilidade social e non se acredita o cumprimento dos estándares urbanísticos.
3. Deberíase elaborar un estudo de impacto ambiental que englobe as cinco instalacións eólicas proxectadas no concello.
4. Dumbría é un concello produtor en excedencia de enerxía e deficitario na distribución desta aos veciños.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL