Resolución do 2 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dun criadeiro de moluscos en Outes (A Coruña), promovido pola Confraría de Pescadores de Noia.

Diario Oficial de Galicia, 28-07-2005, Núm. 144, Páx. 13370
Resolución do 2 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dun criadeiro de moluscos en Outes (A Coruña), promovido pola Confraría de Pescadores de Noia. En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 7º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental relativa ao proxecto de posta en funcionamento e explotación dun criadeiro de moluscos en Outes (A Coruña), promovido pola Confraría de Pescadores de Noia. Para os efectos oportunos, infórmase que a antedita declaración de impacto ambiental atópase nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Mariños (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, rúa do Valiño 63-65. San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela) e na seguinte ligazón: www.siam-cma.org/expaval/listadoexpedientes.asp?e=2003/0166 Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2005. Carmen Bouso Montero Directora xeral de Recursos Mariños ANEXO - Resumo do proxecto As instalacións do criadeiro situaranse, excepto as de captación de auga e de vertedura, nun predio duns 5.000 m localizado no lugar de Estivada da Marta-O Freixo (concello de Outes-A Coruña), dos cales uns 2.000 m serán superficie construída. O predio linda con terreos do dominio público marítimo terrestre da praia de Cotarín, na ría de Muros-Noia. O predio conta con acceso desde a estrada C-550, tramo Noia-Muros, p.k. 19.200, a través dun camiño forestal. Un punto de localización do predio é o definido polas coordenadas UTM X:503906, Y:4736888. No predio distinguiranse dous edificios principais: nave-criadeiro e nave invernadoiro, destinado ao cultivo de microalgas para alimento. A fase de cría dos moluscos consistirá no acondicionamento e estabulación dos proxenitores para a obtención de ovos fecundados, que aos poucos días se transformarán en larvas, no caso das ameixas, e de larvas no caso das ostras. Todas as larvas serán alimentadas con fitoplancton ou microalgas cultivados no criadeiro, ata que alcancen o tamaño mínimo de semente. Os proxenitores provirán dos bancos naturais da ría de Noia, principalmente dos bancos de Picouso e Pedras. O lugar de captación e de vertedura de auga de mar situarase no LIC Es1110011 Esteiro do Tambre incluído no anexo I do Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais. Así mesmo, este LIC está incluído no Inventario Galego de Humidais. Na zona de colocación dos tubos atópase o habitat 1130 Esteiros recollido no anexo I da Directiva 92/43/CEE. O punto de localización do lugar de aspiración de auga está definido polas coordenadas UTM X:503955, Y:4736817, e do lugar de vertedura por X:504051, Y:4736920. A captación será directa, mediante a instalación de dúas bombas de impulsión, que funcionarán de forma alterna (cada unha de 125 m/h), somerxidas baixo un pantalán flotante duns 3x3 m fondeado mediante dous pesos. Dúas mangueiras de goma, conectadas a dous tubos, conducirán directamente a auga ata os dous tanques de cabeceira do criadeiro, que terán unha capacidade unitaria de 500 m e que se situarán na parte máis elevada pretendendo así garantir a subministración de auga para o cultivo aínda en caso de fallo eléctrico. A condución de aspiración será flotante e ocupará unha lonxitude duns 5,5 m no LIC. A auga pasará por sistemas de filtrado (30, 10 e 1l) ata tanques de almacenamento, a un sistema de esterilización, e ao laboratorio e zonas de cultivo propiamente ditas (todo isto mediante tubos). O emisario submarino, que discorrerá perpendicular á praia e ocupará no LIC unha lonxitude duns 110 m, executarase enterrado soamente na zona de terra, mentres que na zona de auga colocarase sobre o leito mariño ancorado con dados de formigón prefabricado. O movemento de terras previsto é de 300 m para a gabia do emisario e uns 3.000 m para a explanación do terreo do antedito predio. O caudal de auga de mar máximo que se considera que demandarán as instalacións é de 50 m/h, que aplicando un coeficiente de seguridade de 1,5 se converte nun caudal final de deseño da instalación de 75 m/h. A auga salgada, agás a empregada no cultivo de microalgas e incubación de ovos, someterase a un proceso de quecemento. O sistema que se instalará para o efecto consistirá nunha caldeira de fuel e intercambiadores de calor. Para o abastecemento de combustible prevese un tanque subterráneo de 10.000 l de capacidade, enterrado en formigón armado. Resumo das medidas protectoras e correctoras. Sobre a atmosfera. Fase de obra. * A maquinaria de obra e vehículos empregados contarán con certificación de inspección actualizada. * Tras o inicio das obras, realizaranse medidas trimestrais durante os momentos de actividade punta, mediante entidade homologada e conforme os criterios establecidos no Decreto 150/1999 e na Lei 7/1997, cotexando os valores obtidos cos preceptos legais e asegurando o seu cumprimento. Fase de funcionamento. * Efectuaranse controis periódicos de ruídos no contorno para comprobar as afeccións xeradas pola instalación ao respecto. * Realizaranse medidas semestrais de ruídos durante os momentos de actividade punta, mediante entidade homologada e en base aos criterios establecidos no Decreto 150/1999 e na Lei 7/1997, cotexando os valores obtidos cos preceptos legais e asegurando o seu cumprimento. Sobre a auga e o solo. Fase de obra. * Porase especial coidado durante as voaduras, evitando calquera proxección ou verteduras do material sobrante ao medio mariño. * Recoméndase, ao realizar os traballos de nivelación do terreo, separar previamente e reservar a maior parte posible do solo vexetal, co fin de empregalo posteriormente, para recubrir as áreas de rochas descubertas, ao finalizar as obras de implantación. * Disporase un sistema de drenaxe perimetral a base de foxos que recolla as augas de escorrega superficial e as augas pluviais que incidan directamente na zona de explanación co fin de conducilas a unha balsa de decantación. * Disporase unha barreira anticontaminación flotante de xeito que a súa protección abarque desde a superficie ata o fondo mariño. * Reservarase e prepararase unha zona de limpeza das cubas de formigón de xeito que se evite calquera vertedura de cemento ao medio. * Para a instalación das diferentes edificacións deberán realizarse os pertinentes ensaios xeotécnicos de estabilidade e resistencia do terreo unha vez establecidos os puntos de emprazamento final do proxecto e realizados os desmontes de nivelación. * Os residuos, tanto perigosos como asimilables a urbanos, serán xestionados a través de xestores autorizados. No caso dos residuos perigosos, a xestión realizarase de acordo coa Lei 10/1998, de residuos, do 20 de abril, o R.D. 83/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos, e o R.D. 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o R.D. 833/1988, así como a regulamentación autonómica e local. * Evitarase deixar calquera tipo de residuo exposto ao ambiente, almacenándoos en lugar cuberto. * Os residuos xerados polo mantemento da maquinaria (que se realizará en talleres autorizados ou en áreas definidas se non fose posible o seu traslado) entregaranse a xestor autorizado. * Os materiais sobrantes de escavacións reutilizaranse, na medida do posible, para a recuperación das zonas afectadas e construción de vías, zonas de aparcamento. Ata a súa reutilización estes materiais acumularanse de ser posible na zona máis afastada do mar e dispoñendo de medios (barreiras) que eviten o arrastre de materiais ao mar ou zonas que excedan o límite da parcela. * Durante a instalación dos tubos de captación e vertedura, situados na zona LIC Estuario do Tambre, estará presente un técnico ambiental con coñecementos axeitados e suficientes para comprobar a boa marcha das obras e a non afección por parte destas a especie ningunha definitoria da figura de protección que caracteriza o contorno. * Utilizaranse as terras escavadas para a colocación de tubos no seu enterramento. * Realizaranse controis mensuais de sólidos en suspensión e hidrocarburos totais nas augas. * Disporase unha caseta urinario química evitando a vertedura de augas fecais. Fase de funcionamento. * O preengorde das especies realizarase en bateas, reducindo así as dimensións do criadeiro e o volume de auga captada do mar. * A instalación disporá de fosa séptica para as augas residuais domésticas. Estes residuos recibirán sempre unha xestión axeitada. * Realizaranse controis do medio receptor tal e como se propón no Plan de vixilancia e control ambiental incluído no estudo ambiental, para comprobar a potencial afección da vertedura sobre o fondo mariño (sedimentos). Fase de abandono. * Todo o material de refugallo da instalación almacenarase de xeito seguro ata o seu desmantelamento e destino do dito material a xestor autorizado. Sobre a paisaxe. * Pintura das instalacións con cores acordes coa natureza do contorno, minimizando na medida do posible a deterioración da actual calidade paisaxística da zona do proxecto. * Na instalación do criadeiro conservarase a primeira liña de vexetación formada por eucaliptos e piñeiros. Unha vez finalizadas as obras, os arredores da instalación repoboaranse con especies autóctonas, de xeito que o criadeiro quede o máis oculto posible, e a superficie que permaneza sen repoboar sexa mínima. Sobre a fauna e a flora. * Tomaranse especiais precaucións durante a instalación dos tubos de captación e vertedura, e o correspondente pantalán flotante, co fin de evitar calquera dano a especie vexetal ou faunística. Sobre o patrimonio cultural. * Informe final. Estudo de impacto cultural da zona de implantación dun criadeiro de moluscos na Estivada da Marta.
Organismo
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res02062005.pdf Galego
res02062005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles