Resolución do 18 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se declara a necesidade de ocupación dos bens afectados pola expropiación forzosa da illa de Cortegada, sita no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

Diario Oficial de Galicia, 25-01-2007, Núm. 18, Páx. 1110
Resolución do 18 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se declara a necesidade de ocupación dos bens afectados pola expropiación forzosa da illa de Cortegada, sita no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. A Lei 15/2002, do 1 de xullo, declarou o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, dentro do que se inclúe a illa de Cortegada. Por Resolución do 6 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, someteuse a información pública, por un prazo de 20 días hábiles, o informe-proposta sobre a adquisición da illa de Cortegada, descrición, análises, estado e recuperación do uso público para os efectos da súa expropiación, dado que o carácter privado da propiedade impide o manexo das comunidades vexetais e animais e impide a evolución natural dos procesos ecolóxicos e que a adquisición da illa permitiría o desenvolvemento dun verdadeiro programa da súa utilización pública, así como a consecución dos obxectivos derivados da súa declaración como parque nacional. Polo Decreto 216/2006, do 9 de novembro, declárase a utilidade pública e o interese social da illa de Cortegada e dos bens e dereitos integrados nela, para efectos da súa expropiación forzosa, actuando como beneficiario da expropiación a Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 229, do 28 de novembro). Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a Administración resolverá sobre a necesidade concreta de ocupar os bens e adquirir os dereitos que son estritamente indispensables para o fin da expropiación. Por iso e de acordo co previsto nos artigos 20, 21 y 22 da Lei de expropiación forzosa e os concordantes do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, RESOLVO: Declarar a necesidade de ocupación dos bens e dereitos indicados no anexo desta resolución, cuxa relación individualizada queda definitivamente aprobada. Contra esta resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo de dez días contados desde a notificación persoal ou desde a publicación nos boletíns oficiais, de conformidade co disposto no artigo 22.1º da Lei de expropiación forzosa. Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2007. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza ANEXO Titular catastral: Cortegada, S.A. Predio: 36060A048000010000GB. Superficie: 50,5634 ha. Domicilio fiscal: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res18012007.pdf Galego
Res18012007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles