Diario Oficial de Galicia, 31-05-2004, Núm. 103, Páx. 7716
Resolución do 18 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 6 de abril de 2004 relativa ao proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo). Clave 2003/0075.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 6 de abril de 2004, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo). Clave: 2003/0075, que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2004
Martín Fernández Prado
Director xeral de Urbanismo
Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 6 de abril de 2004 relativa ao proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo), promovido polo Concello de Castro de Rei e Xestur Lugo. Clave: 2003/0075.
Antecedentes.
O Consello da Xunta de Galicia, o 13 de febreiro de 2003, acordou declarar o proxecto sectorial obxecto desta declaración como de incidencia supramunicipal. Polo tanto, tendo en conta o indicado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, dentro do procedemento de aprobación substantiva, que leva a cabo a Dirección Xeral de Urbanismo, o 19 de maio de 2003, de acordo co artigo 10 do Decreto 80/2000, calificouse o proxecto como sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental.
No anexo I resúmese o contido do proxecto e no anexo II as medidas correctoras e protectoras propostas no estudo de impacto ambiental.
En cumprimento do establecido regulamentariamente, con data 17 de decembro de 2003 publícase no DOG (nº 244) a Resolución do 5 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública o proyecto sectorial del parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea. Xuño 2002, no cal se inclúe o estudo de impacto ambiental, non tendo constancia da presentación de alegacións durante o período de exposición pública.
Con data 5 de marzo de 2004, ten entrada o expediente ambiental, remitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, no que se inclúe o certificado de exposición ao público nesa dirección xeral e dous informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 333/2002, do 22 de novembro, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, promovido polo Concello de Castro de Rei e Xestur Lugo.
Declaración de impacto ambiental.
Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
A. Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese exclusivamente ao proxecto desenvolvido no documento titulado proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea. Xuño 2002, e documentación complementaria, localizado no concello de Castro de Rei, na zona definida no plano nº 1 Situación, incluído no antedito proxecto.
O ámbito desta DIA comprenderá tanto a fase de redacción do proxecto de urbanización, de obras, de explotación e de abandono do parque, de xeito que o condicionado que segue vinculará a construción deste e o funcionamento das instalacións ou empresas que no futuro se desenvolvan nela.
B. Condicións xerais.
B.1. Fase de redacción do proxecto de urbanización.
1. Co obxecto de cumprir o estipulado no punto 8º do artigo 4 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, deberá realizarse un estudo do impacto acústico axustado ao proxecto definitivo, establecendo as medidas protectoras e correctoras oportunas.
Asemade, incluirase unha proposta de plan de seguimiento dos ruídos producidos no contorno do parque.
O estudo de impacto acústico e o plan de seguimento realizaranse baseándose no establecido no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.
2. Localizar as zonas destinadas ás instalacións auxiliares, amoreamentos de materiais, zonas para a fabricación de formigón, aglomerado asafáltico, etcétera e almacenamento de residuos. A selección da situación das anteditas zonas realizarase sempre procurando que se encontren en espazos carentes de valores ambientais relevantes.
3. Definir os vieiros que se utilizarán no proceso construtivo, procurando empregar as trazas dos vieiros definitivos ou dos existentes na zona.
5. Deseñarase un sistema de recollida, condución e decantación das augas pluviais ou das procedentes da rega de obras e lavado de camións, caídas no ámbito do parque.
6. O deseño do sistema de luz pública realizarase de xeito que se minimice a contaminación lumínica.
7. Desenvolverase un proxecto de integración paisaxística dos espazos alterados polas obras, describindo os traballos que se efectuarán nas diferentes zonas. Ter en conta que os acabamentos finais das actuacións deberán realizarase co deseño e materiais que integren as devanditas obras no contorno.
B.2. Fase de obras e explotación.
1. Protección da atmosfera.
1.1. A maquinaria empregada no proceso construtivo cumprirá coa normativa de emisións que lle resulte de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ao respecto.
1.2. Queda prohibida a queima de restos ou de calquera tipo de material, sen a autorización correspondente.
1.3. Tal como se indica no estudo, e co fin de evitar as posibles alteracións da calidade do aire por emisión de po á atmosfera durante a fase de execución, debido á acción da maquinaria e aos movementos de terra, humectarase a zona de obras. Asemade, procederase ao recubrimento cun toldo impermeable dos camións que transporten material e ao lavado de rodas dos camións á saída da zona de obras.
2. Protección das augas e leitos.
2.1 Para as verteduras que se realicen ao medio natural será preceptiva a autorización administrativa outorgada pola Confederación Hidrográfica do Norte.
2.2. Prohíbese verter nos leitos fluviais restos de formigón ou cemento, ou lavar materiais ou ferramentas que estivesen en contacto con eles, así como os cambios de aceite de maquinaria de construción. Así mesmo, non se depositará en lugares próximos a estes ningún tipo de material que poida incorporarse a eles por escorregas ou cheas.
3. Protección dos solos.
3.1. De forma previa ao comezo das obras, procederase a delimitar o terreo afectado por estas, de xeito que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio.
3.2. Retirarase e amorearase a terra vexetal procedente dos labores de escavación e movementos de terras, co obxecto de empregala posteriormente no proceso de restauración paisaxística dos espazos afectados polas obras. Esta terra vexetal mentres permaneza almacenada non poderá ser mesturada con ningún tipo de entullos.
3.3. Os amoreamentos de terra vexetal deberán facerse de xeito que se impida a súa deterioración por compactación (polo paso de maquinaria) ou por erosión hídrica. No caso de que o período de almacenamento sexa prolongado e non apareza vexetación espontánea nas moreas, realizaranse sementeiras de herbáceas (gramíneas e leguminosas) con achegas de mulch suficiente para manter entre un 5% e un 6 % de materia orgánica.
3.4. Previamente á realización de tarefas de mantemento e reparación da maquinaria de obra non apta para circular por estrada, deberán dispoñerse na zona os medios necesarios para evitar a chegada de verteduras accidentais ao solo, facilitando a súa recollida. No caso da maquinaria apta para esta circulación, estas tarefas deberán realizarse en talleres autorizados.
3.5. No caso de que se precise material procedente de canteira para o desenvolvemento das obras, este deberá proceder de canteiras autorizadas. Así mesmo, no caso de que o formigón ou o aglomerado asfáltico proceda desde planta ou plantas externas estas deben contar coas súas correspondentes autorizacións.
4. Sobre os residuos.
4.1. Todos os residuos xerados xestionaranse conforme a lexislación vixente de aplicación, en función da súa natureza, primando a súa reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.
4.2. Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega ao xestor autorizado, situados na zona de instalacións de obra, atendendo aos criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia, debéndose informar o persoal da obra sobre a situación destas zonas.
4.3. Ao finalizar as obras, e antes do inicio da fase de explotación do parque, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.
5. Protección da vexetación.
5.1. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra. Así mesmo, procederase ao balizamento, ou á sinalización de todas aquelas masas e formacións vexetais de interese ambiental situadas no contorno afectado polo proxecto, co obxecto de evitar afeccións innecesarias sobre elas.
5.2. Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, tendo que facer a correspondente comu nicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.
5.3. Os restos vexetais que se produzan, deberán ser xestionados axeitadamente, prevalecendo sempre a súa valorización. No caso de depositalos no terreo, deberán ser triturados e espallados homoxeneamente, para permitir unha rápida incorporación ao solo.
6. Protección da fauna.
6.2. Non se poderá empregar arame de espiño no peche das parcelas.
7. Protección do patrimonio.
7.1. Se durante os traballos de execución da obra, se localizase algún tipo de elemento do patrimonio cultural, deberá ser comunicado inmediatamente á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia ou non de adoptar algunha medida correctora.
8. Protección da paisaxe.
8.1. Naquelas zonas afectadas por movementos de terra, escavacións e, en xeral, todas aquelas operacións de obra que supoñan a aparición de superficies espidas, procederase á súa revexetación coa maior brevidade posible, co obxecto de evitar a aparición de fenómenos erosivos.
9. Protección dos servizos existentes.
9.1. Estableceranse medidas encamiñadas ao mantemento das infraestruturas locais existentes que sexan utilizadas na execución do proxecto, procedéndose á reparación das deterioracións ou danos ocasionados nelas, de ser o caso.
B.3. Fase de abandono das instalacións.
No caso de abandono dalgunha das instalacións a implantar no parque, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos estes elementos a un xestor autorizado para unha correcta eliminación.
C. Condicións específicas.
C.1. Fase de redacción do proxecto de urbanización.
1. No ámbito do proxecto existen dous leitos intermitentes de augas superficiais que se verán afectados polas obras de urbanización, un limítrofe co perímetro do parque e o outro atravesando ao ámbito deste, polo tanto ao deseñar as obras para a canalización e/ou desvío destes leitos deberán establecerse as medidas correctoras e protectoras necesarias para minimizar a súa afección á calidade das augas.
2. No documento presentado indícase que as augas pluviais trataranse por infiltración situando o punto de vertedura da rede de pluviais na zona verde. Non obstante, hai que ter en conta que, nas épocas de choiva abundante, verter todas as augas recollidas no ámbito do parque a esta zona pode producir aso lagamentos afectando a revexetación e polo tanto a integración paisaxística do parque. Polo tanto cómpre completar a rede de drenaxe de pluviais proposta con outro punto adicional de vertedura.
3. No caso de afectar o pozo existente no ámbito do parque estableceranse as medidas precisas para procurar manter os seus usos actuais.
4. Reservaranse 2.000 m do ámbito do parque para a instalación dun punto limpo.
D. Documentación adicional.
Previamente ao comezo da fase de obras, o promotor presentará perante esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, un (1) exemplar da seguinte documentación:
1. Reflictir nun plano, a escala 1:2.000, no que se observe a zonificación prevista, o lugar seleccionado para instalar o punto limpo.
2. Desenvolvemento do programa de vixilancia e seguimento ambiental incluído no estudo ambiental, tendo en conta o indicado no punto E desta DIA, no que se especifiquen, ademais dos controis que hai que realizar, a periodicidade de cada un destes controis e os indicadores e limiares que determinarán a existencia dunha afección, para todas as fases do proxecto. Deste xeito establecerase o programa que garanta a efectividade das medidas protectoras e correctoras sobre o solo, procesos erosivos, as augas, as verteduras, o ruído e vibracións, a xestión de residuos, a integración paisaxística e a contaminación atmosférica.
3. Notificación do/s responsable/s ambiental/is tal e como se require no punto F.3 da DIA.
Unha vez avaliada a citada documentación, remitirase ao promotor, a través do órgano substantivo, o resultado, non podendo proceder ao comezo das obras ata que non conte con informe favorable desta dirección xeral sobre a totalidade da documentación requirida.
Unha vez informado favorablemente por esta dirección xeral o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará ao órgano substantivo a data de inicio das obras e remitiralle, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, no que figuren todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.
E. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
Realizarase o programa de vixilancia e seguimento ambiental a que se refire o estudo de impacto ambiental, adaptándoo aos novos condicionantes xurdidos desta declaración, e remitíndoo ao órgano ambiental para a súa avaliación previa ao comezo das obras.
Todas as medicións e analíticas deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. Así mesmo, e tal e como se estipula no punto F.3 desta declaración, deberá nomearse un/s responsable/s do cumprimento do programa de vixilancia e seguimento ambiental.
O seguimento durante a fase de explotación será coordinado, de xeito que o parque sexa tratado como un todo. Deste xeito, as empresas ou industrias que se implanten nela, aínda que non deban someterse a un trámite de avaliación ambiental, deberán cumprir unhas condicións que garantan que o efecto global estea dentro dos limiares especificados no programa de vixilancia e seguimento ambiental.
Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Urbanismo, un (1) exemplar de:
1. Trimestralmente, durante a fase de obras:
1.1. Cronograma actualizado das obras.
1.2. Memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental aprobado. Indicaranse, se é o caso, as variacións producidas con respecto ao proxectado. Incluirá unha reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos ambientais máis salientables da actuación, así como das zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización. No primeiro informe trimestral incluiranse medicións preoperacionais da presión sonora.
1.3. Representación nun plano a escala 1:2.000 dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ao total, referido aos distintos elementos que as conforman.
2. Antes da emisión da acta de recepción: memoria resumo da aplicación do programa de vixilancia e seguimento ambiental que reflicta o cumprimento de todas as medidas correctoras recollidas no estudo así como as impostas na DIA, en concreto:
2.1. Informe no que se reflicta o estado do parque e dos traballos de integración paisaxística levados a cabo, indicando, se é o caso, un resumo das variacións producidas ao longo das obras con respecto ao proxectado, que deberán vir reflectidas nos informes do punto E.1 desta DIA. Incluirá unha reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos ambientais máis salientables da actuación, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, e irán acompañadas dun plano de localización.
3. Despois da recepción das obras e anualmente durante tres (3) anos:
- Memoria-resumo do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental aprobado, en que se inclúan as incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.
- Memoria en que se describa o xeito no que se está a coordinar o programa de vixilancia e seguimento ambiental no total do ámbito do parque.
- Reportaxe fotográfica onde se reflicta a integración paisaxística da actuación, indicando a data e a hora de toma, así como a localización dos puntos de toma de fotografías nun plano.
F. Condicións adicionais.
1. O promotor poderá solicitar ao órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando se propoñan novas medidas que permitan acadar os obxectivos e fins que se indican nesta declaración. Esta solicitude remitirase, presentando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas, no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.
2. Ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, o órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos que constan nesta DIA.
3. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ao órgano ambiental.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2004.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I
Resumo do proxecto
O obxecto deste proxecto sectorial é regular a implantación territorial dun parque empresarial na localidade de Castro de Ribeiras do Lea, no concello de Castro de Rei na provincia de Lugo, sendo estas instalacións destinadas á realización de actividades económicas secundarias e terciarias.
O espazo delimitado para o futuro parque empresarial, cunha superficie dunhas 15,4 ha, sitúase a uns 500 m aproximadamente do núcleo urbano da localidade de Castro de Ribeiras de Lea e colindante co actual parque empresarial.
No sector delimitado establécese a seguinte zonificación:
- Uso industrial: 9,1 ha.
- Servizos de interese público e social:
* Equipamento comercial: 0,4 ha.
* Equipamento social: 0,2 ha.
* Equipamento deportivo: 0,3 ha.
- Sistemas de espazos libres de dominio e uso público:
* Zonas verdes. Xardíns: 1,5 ha.
* Rede viaria principal e reserva e aparcadoiros asociados: 1,9 ha.
* Aparcadoiros: 2 ha.
Asemade, descríbense as seguintes actuacións que se levarán a cabo no parque empresarial:
- Trazado da rede viaria e peanil: intersección á rede viaria exterior, rede viaria interior, rede peonil interior e aparcadoiros.
- Rede de abastacemento.
- Rede de saneamento: residuais e pluviais, de xeito separativo.
- Rede de enerxía eléctrica.
- Rede de luz pública.
- Rede de telefonía.
- Outros servizos: gas, telefonía.
ANEXO II
Resumo das medidas protectoras e correctoras propostas no estudo de impacto ambiental
Fase I: Proxecto sectorial e proxecto de urbanización
- Limitacións nas ordenanzas do proxecto sectorial relativas a:
* Emisións gasosas.
* Verteduras de augas residuais.
* Ruídos.
* Condicións estéticas.
Fase II: Urbanización.
- Limitar os movementos de maquinaria pesada.
- Humectación durante os labores de movemento de terras.
- Delimitación da actuación de obra.
- Sinalización axeitada da obra.
- Regulación do tráfico.
- Fomento da capacidade contratadora de empresas e man de obra local.
- Control e seguimento de verteduras durante os traballos.
- Execución dunha rede separativa de sumidoiros.
- Captación de augas de escorrega de vías e demais zonas pavimentadas.
- Plantacións de noiros.
- Drenaxes de augas subterráneas.
- Creación de zonas verdes, plantación destas.
- Execución de zonas peonís e sendeiros para protexer a zona verde.
Fase III: Explotación comercial.
Previas á implantación das industrias:
- Comprobar que nas licenzas de actividades insalubres, molestas e perigosas se inclúen as limitacións de ordenanzas e normativa vixentes.
- Tramitación de estudos de impacto, efecto ou incidencia ambiental relativos ás industrias se así o requiren.
- Verificación das características edificatorias na licenza de obra.
- Sinalización axeitada e moderación das velocidades, regulación do tráfico.
- Regulación de usos e horarios de actividades.
Durante a explotación comercial:
- Control e seguimento das medidas correctoras a cada industria.
- Establecemento de sancións se son precisas.
- Medidas de niveis sonoros.
De servizos.
- Mantemento de xardíns, vías e espazos públicos.
- Limpeza da rede de saneamento.
- Depósitos de vertedura de lixo, papeleiras.
De motivación social e económica.
- Política axeitada de fomento do emprego local.
- Axudas á implantación e/ou traslado de industrias.
- Control das industrias da zona.
- Reordenación do sector e terreos colindantes.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL