Resolución do 18 de agosto de 2005, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se procede ao vedado da pesca no río Zarzo.

Diario Oficial de Galicia, 08-09-2005, Núm. 173, Páx. 15309
Resolución do 18 de agosto de 2005, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se procede ao vedado da pesca no río Zarzo. De acordo co disposto no artigo 9 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio) e na Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Vista a disposición adicional segunda da Orde do 11 de febreiro de 2005, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e as normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2005. Visto o informe do Servizo Provincial de Conservación da Natureza sobre o episodio de contaminación e mortalidade piscícola que afectou aos ríos Zarzo e Mandeo, esta dirección xeral RESOLVE: Proceder ao vedado do río Zarzo desde o seu nacemento ata a desembocadura no río Mandeo. Esta veda establecerase ata comprobar a súa recuperación e procederase a levantala mediante nova resolución. Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2005. Javier Ruiz de Almirón Schlung Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res18082005.pdf Galego
res18082005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles