Diario Oficial de Galicia, 27-06-2005, Núm. 122, Páx. 11367
Resolución do 16 de xuño de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas encamiñadas ao fomento da enerxía solar e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2005.
Dentro dos fins do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) atópase o fomento do desenvolvemento das enerxías renovables. Para levar a cabo este fin o Inega, entre outras actuacións, desenvolve diversas liñas de apoio á enerxía solar dentro do Programa de fomento da enerxía solar da Xunta de Galicia. Este programa ten como obxectivo contribuír de forma significativa a que, no seu ámbito de aplicación, a enerxía solar se poida integrar no mercado enerxético nas mesmas condicións que o resto das fontes enerxéticas. Para a consecución deste obxectivo entre as actuacións do Inega prevese o apoio financeiro á instalación de sistemas solares. En concreto, mediante esta convocatoria o Inega establece un sistema de axudas complementario aos creados por outras entidades públicas consistente en subsidiar o tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos en proxectos de enerxía solar.
Artigo 1º.- Obxecto.
O obxecto da presente resolución é proceder á convocatoria dunha liña de axudas consistente na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos en proxectos de aproveitamento activo de enerxía solar (instalacións solares térmicas e fotovoltaicas).
Os préstamos poderanse concertar con aquelas entidades financeiras que asinasen o correspondente convenio co Inega. As condicións básicas de financiamento recollidas nese convenio figuran como anexo I á presente resolución.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
Poderán acollerse ás axudas reguladas nesta convocatoria os interesados relacionados a continuación, sempre que desenvolvan a actividade subvencionable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
a) Empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica.
b) Traballadores por conta propia en réxime de autónomos, agrario, gandeiro, etc.
c) Particulares.
d) Asociacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro.
e) Entidades públicas galegas.
As accións subvencionables deberanse realizar en bens cuxa titularidade corresponda ao beneficiario. A propiedade da instalación obxecto da subvención deberá manterse en poder do beneficiario durante o período de vixencia do préstamo. En caso de producirse un cambio de titularidade na instalación, deberá ser comunicado ao Inega, que poderá solicitar, instruíndo o procedemento oportuno, o reintegro do importe da axuda proporcional ao prazo do préstamo pendente de vencemento.
Artigo 3º.- Contía das axudas e investimento subvencionable.
1. As axudas concederanse con cargo ao Programa de fomento de enerxía solar consignado nos orzamentos de capital do Inega do exercicio 2005 (aplicación orzamentaria: 03.01.01.2180107) cun importe orzado para o presente exercicio de 150.000 A.
2. Poderán ser obxecto de axudas os investimentos realizados en instalacións de enerxía solar térmica ou fotovoltaica. O importe da subvención será o resultado de actualizar ao xuro legal do diñeiro a contía resultante de aplicar un tipo do 3% ao préstamo concertado polo beneficiario para o financiamento do investimento subvencionable sen que, en ningún caso, como consecuencia da subvención o tipo de xuro aplicable ao préstamo resulte inferior ao 0%. Para estes efectos, terase en conta o tipo de xuro correspondente ao primeiro período de referencia. Non obstante, a porcentaxe anterior só se aplicará á parte do préstamo que non exceda do 70% do investimento subvencionable, tendo en conta os límites establecidos no número 4 deste artigo.
O cálculo da axuda realizarase do seguinte xeito: en primeiro lugar, calcularase o valor absoluto da subvención que se percibirá durante o período de vixencia do préstamo. Para estes efectos, considerarase unha periodicidade mensual dos pagamentos con independencia da que teñan pactada as partes. A continuación, actualizaranse os valores absolutos obtidos utilizando como taxa de desconto o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano de presentación da solicitude. O importe resultante aboarase dunha soa vez e destinarase á amortización anticipada do principal de préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar ningunha comisión pola devandita amortización.
3. Para a definición do investimento subvencionable, no caso de proxectos promovidos por empresas, serán de aplicación as directrices comunitarias sobre axudas estatais a favor do ambiente (2001/C 37/03-DOCE 3-2-2001), polo que, segundo o punto 37, os custos subvencionables calcularanse netos das vantaxes obtidas dun eventual incremento da capacidade, dos aforros e custos xerados durante os cinco primeiros anos de vida do investimento e das producións accesorias adicionais durante o mesmo período de cinco anos. No ámbito das enerxías renovables, os custos do investimento subvencionable corresponden, polo xeral, aos custos suplementarios soportados pola empresa con relación a unha instalación de xeración de enerxía tradicional da mesma capacidade en termos de xeración efectiva de enerxía.
En ningún caso subvencionaranse os investimentos de substitución.
Non se valorarán, para efectos do investimento, os gastos que se realicen en concepto de pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, impostos persoais sobre a renda, nin impostos indirectos salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación nin compensación. En caso de que o solicitante sexa unha persoa física, terase en conta o imposto sobre o valor engadido dentro do importe do investimento cando o beneficiario efectúe declaración responsable de que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe de ningunha forma a ningunha actividade empresarial ou profesional. No resto dos casos, non se terá en conta no custo do investimento o imposto sobre o valor engadido, salvo que o beneficiario acredite mediante a correspondente certificación a exención neste imposto.
4. Establécense os límites seguintes para o custo do investimento subvencionable, non computando aquelas cantidades que os superen para o cálculo da porcentaxe do 70% ao que se fai referencia no número dous deste artigo.
A) Instalacións solares térmicas.
Superficie útil de absorciónS (m) Custo máximo do investimento
subvencionable (A/m)
S n 5 m Kt 1.000
5 m ' S n 100 m Kt (1.000-(400(S-5)/95))
100 m ' S Kt 600
S: superficie útil de absorción
O coeficiente Kt comprenderase entre 0,7 e 1; para a súa avaliación, a comisión técnica formada segundo o artigo 6 terá en conta os seguintes aspectos:
a) Deseño da instalación;
b) Coeficiente de perdas do captador;
c) Calidade dos materiais empregados;
d) Integración arquitectónica;
e) Contribución á difusión da enerxía solar;
f) Outros aspectos (documentación presentada, monitorización, garantías, etc.).
Para instalacións cuxos elementos de captación son tubos de baleiro, os límites do custo do investimento subvencionable poderán incrementarse ata nun 40%, debéndose xustificar a adopción de tal tecnoloxía en función das características específicas da instalación (temperatura de traballo, superficie dispoñible, etc.).
Para instalacións formadas por tubos de baleiro e captadores planos, o custo máximo elixible obterase proporcionalmente á superficie dos equipamentos.
B) Instalacións solares fotovoltaicas.
Tipo de instalación Custo máximo do investimento
subvencionable (A/kWp)
Fotovoltaica conectada á rede P n 5 kWp Kf 7.000
Fotovoltaica conectada á rede
5 ' P n 100 kWp Kf (7.000-(2.000(P-5)/95))
Fotovoltaica conectada á rede P ) 100 kWp Kf 5.000
Fotovoltaica illada Kf 14.000
P: potencia instalada en kWp da instalación
O coeficiente Kf comprenderase entre 0,7 e 1; para a súa avaliación, a comisión técnica formada segundo o artigo sexto terá en conta os seguintes aspectos:
a) Deseño da instalación;
b) Rendemento do panel fotovoltaico;

Para instalacións que incorporen seguidor solar, os límites do custo do investimento subvencionable poderán incrementarse ata nun 40%, segundo o número dos eixes do seguidor e a tecnoloxía aplicada.
5. En ningún caso se subvencionará o tipo de xuro correspondente á parte do préstamo que exceda de 200.000 euros.
6. No caso de producirse unha amortización anticipada total o parcial do préstamo, esta será comunicada pola entidade financeira ao Inega. O prestatario procederá á devolución das bonificacións de xuro recibidas correspondentes ao período de préstamo comprendido entre a data de cancelación e a do último vencemento que se previse.
Artigo 4º.- Concorrencia de axudas e subvencións públicas.
As axudas que poidan obter os solicitantes ao abeiro da presente convocatoria, serán compatibles coas axudas que outras administracións públicas ou entes públicos ou privados presten para o mesmo obxecto ou finalidade. Non obstante, as axudas que se concedan respectarán, en todo caso, a normativa comunitaria en materia de axudas públicas da Unión Europea. En particular, estas axudas non se poderán acumular a outras axudas estatais o achegas comunitarias se tal acumulación conduce a unha intensidade de axuda superior á prevista nas directrices comunitarias sobre axudas estatais a favor do medio ambiente (2001/C37/03) (Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 3 de febreiro de 2001).
Artigo 5º.- Solicitudes, prazo de presentación e documentación que se debe achegar.
O prazo de presentación comezará a contar o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e estará aberto ao longo do ano 2005, podendo ser obxecto de prórroga que será debidamente publicada no mesmo diario.
As solicitudes dirixiranse ao director do Instituto Enerxético de Galicia e presentaranse no rexistro do Inega sito na rúa Ourense, nº 6 (A Rosaleda), Santiago de Compostela (A Coruña) ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O modelo de solicitude e o resto de modelos necesarios para solicitar ou xustificar a axuda publícanse como anexos desta resolución e estarán tamén dispoñibles na páxina web http://www.inega.es.
A solicitude presentarase coa seguinte documentación:
a) Acreditación da personalidade, natureza e réxime xurídico do solicitante, tendo en conta que:
* Se se trata dunha fundación, asociación ou entidade sen ánimo de lucro, deberá achegar a escritura pública de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, debendo quedar acreditado, de ser o caso, a súa condición de entidade sen ánimo de lucro.
* Se é unha empresa, documentación acreditativa da súa constitución legal, inscrición no correspondente rexistro, domicilio social e do seu centro de traballo en Galicia, se é o caso.
b) Documento nacional de identidade e documento público acreditativo do poder co que actúa quen representa á empresa ou entidade solicitante, se é o caso.
c) Tarxeta de identificación fiscal NIF/CIF, segundo proceda, e do último recibo de pagamento do imposto sobre actividades económicas, se é o caso.
d) Memoria descritiva das actuacións que se realizarán, na cal deberá constar unha epígrafe na que se valorará a eficiencia enerxética do proxecto e que deberá incluír un plano de situación, plano de implantación da actuación a escala adecuada e planos completos da instalación obxecto da axuda. Incluirase ademais unha relación de concesións, permisos e licenzas necesarios, con indicación dos xa solicitados e obtidos.
e) Orzamento da instalación (con IVE desagregado, se é o caso), desagregando os prezos unitarios dos principais elementos de actuación, elaborado pola empresa que será contratada para a execución da instalación.
f) Calendario previsto de execución do investimento, con referencia a cada unha das actuacións que configuran o proxecto.
g) Declaración expresa doutras axudas solicitadas, obtidas ou que se prevexa obter para o mesmo investimento, de calquera outra Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
h) Certificados acreditativos de estar ao día o pagamento das obrigas tributarias (AEAT), coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
i) No caso de que o investimento subvencionable supere a contía de 30.000 A no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 A no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestacións de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores agás que se xustifique que polas especiais características dos gastos das axudas non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten ou no caso en que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude de subvención. A elección entre as ofertas presentadas que se deberá achegar na xustificación realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
j) No caso de instalacións fotovoltaicas conectadas á rede, especificarase o grao de avance da solicitude do punto de interconexión, incluíndo copias dos documentos correspondentes a esta tramitación.
Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Inega comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron recibidas, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo. Se a solicitude non reúne os datos exixidos nesta convocatoria ou non está acompañada da documentación exixida requirirase o solicitante para que solvente os erros ou presente os documentos preceptivos, con indicación que en caso contrario se ditará resolución arquivando a solicitude.
Artículo 6º.- Valoración de proxectos.
A valoración dos proxectos será realizada por unha comisión formada por:
Presidente: director do Departamento de Planificación e Xestión do Inega.
Vogais: xefe da Área de Enerxías Renovables do Inega. Técnico da Área de Enerxías Renovables do Inega.
Secretario: xefe da Área de Xestión do Inega.
A comisión valorará a adecuación dos proxectos aos criterios básicos de deseño das instalacións solares e a normativa vixente, establecendo a contía da axuda segundo se especifica no artigo terceiro da presente resolución, elaborando o informe técnico-económico correspondente.
No caso de apreciarse erros emendables na documentación ou no deseño, notificaráselle este feito ao solicitante, co fin de que proceda á súa corrección.
Artigo 7º.- Resolución, notificación e recursos.
Á vista do informe emitido pola comisión, o director do Inega ditará a correspondente resolución no prazo máximo de corenta e cinco días contados a partir da presentación da solicitude ou última documentación adicional recibida, referida no artigo anterior. No caso de producirse unha resolución negativa, esta será xustificada debidamente.
No caso de non se ditar resolución no referido prazo o interesado poderá entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.
A resolución seralles notificada aos solicitantes. No caso de que a resolución de concesión sexa favorable, o Inega fará constar nela a relación de entidades financeiras que teñan subscrito o correspondente convenio de colaboración para os efectos de que o interesado poida dirixirse a calquera delas para concertar o préstamo nas condicións establecidas. A formalización do dito préstamo realizarase no prazo máximo de dous meses desde a data da resolución, debendo o interesado comunicarllo ao Inega, mediante o anexo III, nos 15 días seguintes achegando unha copia da póliza do préstamo concertado.
Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses dende a súa notificación. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición ante o director do Inega.
Artigo 8º.- Xustificación do investimento.
A data límite para executar as actuacións que fosen obxecto de subvención e para xustificar o correspondente investimento e pagamento será de seis meses desde a resolución de concesión. Este prazo poderá ser obxecto dunha prórroga máxima de seis meses outorgada polo Inega logo de solicitude motivada polo beneficiario.
O beneficiario deberá presentar a seguinte documentación acreditativa para xustificar o investimento:
a) Modelo de xustificación do investimento (anexo IV).
b) Informe técnico en que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativos habidos na súa execución.
c) Documentos acreditativos do investimento ou da actuación, consistentes nas facturas orixinais e documentos xustificativos do pagamento realizado.
d) Copia do certificado de instalación presentado polo instalador autorizado ante o órgano competente da Xunta de Galicia, debidamente dilixenciado.
e) Xustificante de axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que se prevé obter para o mesmo investimento de calquera outra Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.
f) Certificación expedida pola entidade financeira de titularidade de conta onde deberá realizarse o pagamento.
g) Certificados acreditativos de estar ao día o pagamento das obrigas tributarias (AEAT), coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
h) No caso de instalacións fotovoltaicas conectadas á rede, contrato de compravenda de enerxía eléctrica entre o solicitante e a compañía distribuidora.
O Inega poderá solicitar outra documentación adicional sobre a instalación, co fin de certificar a súa adecuación á solicitude presentada.
Artigo 9º.- Inspección e pagamento da subvención.
No prazo máximo dun mes desde a xustificación do investimento, membros do Instituto Enerxético de Galicia realizarán unha inspección á instalación solar, co fin de certificar que a súa execución se realizou de acordo coas condicións de concesión da axuda. No devandito caso, procederase á realización do pagamento da subvención, cuxo importe se aboará dunha soa vez e irá destinado a amortizar o principal do préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar comisión pola devandita cancelación.
Artigo 10º.- Perda da subvención.
Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e dos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:
a) Incumprimento da obriga de xustificación.
b) Obter a subvención sen reunir os requirimentos necesarios.
c) Incumprir a finalidade para a que a subvención foi concedida.
d) Cando o importe da subvención, illada ou en concorrencia con outras subvencións, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.
O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro das cantidades axustarase ao disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 11º.- Control.
Durante a vida do préstamo, o Inega poderá realizar inspeccións á instalación solar co fin de realizar un seguimento que certifique o seu correcto funcionamento. En caso de apreciar deficiencias na instalación ou na súa operación, o Inega poderá solicitar o reintegro das axudas correspondentes á subsidiación do xuro do prazo restante do préstamo.
Por outra parte, os beneficiarios estarán obrigados a someterse ás actuacións de control que poida efectuar o Inega, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Intervención Xeral da Comunidade autónoma, ao Tribunal de Contas e ao Consello de Contas.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2005.
Juan Caamaño Cebreiro
Director do Instituto Enerxético de Galicia
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
AXUDAS E SUBVENCIÓNS