Resolución do 15 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Avión, no concello de Avión (Ourense), promovido polo Concello de Avión.

Diario Oficial de Galicia, 23-05-2006
Resolución do 15 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Avión, no concello de Avión (Ourense), promovido polo Concello de Avión. En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 14 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Avión, no concello de Avión, promovido polo Concello de Avión, que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2005. P.O. do 30 de xuño de 2005 (DOG nº 126, do 1 de xullo) Jesús Vázquez San Luis Secretario xeral de Industria, Enerxía e Minas Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, só para os efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, presentando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. 1. Ámbito da declaración. Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto do parque eólico singular de Avión, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 2,6 MW de potencia total no concello de Avión (Ourense), constituído por 2 aeroxeradores Izar-Bonus de 1.300 kW de potencia nominal unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM: Vértice X Vértice Y 561.000 4.687.600 561.500 4.687.600 561.500 4.688.250 561.000 4.688.250 A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico singular será a que se recolle no plano Infraestruturas do parque eólico de Avión. Plano nº 3. Outubro 2003, do estudo de impacto ambiental. 2. Condicións xerais. 2.1. Protección da atmosfera. 1. Co fin de minimizar a emisión de po á atmosfera, ademais da rega de superficies prevista no estudo ambiental, os camións de transporte de terras e outros materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar. 2.2. Protección das augas e leitos fluviais. 1. Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga (cruzamentos de vías, gabias de cableado...), así como calquera captación e/ou vertedura, precisará da autorización do organismo de bacía competente, neste caso a Confederación Hidrográfica do Norte, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. 2. A achegada das augas das drenaxes transversais previstas cara á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando dispositivos protectores e/ou de disipación de enerxía nas súas saídas e nos puntos onde a auga dos foxos se incorpore ao terreo, co fin de evitar fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais. Tanto na fase de obras como na de funcionamento realizarase un control do correcto funcionamento dos ditos dispositivos, así como das condicións de incorporación das augas de drenaxe á rede natural, téndose que adoptar as medidas correctoras oportunas no caso de producírense os citados fenómenos. 3. A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e/ou terraplén resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos ou incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorregamento ou calquera outra medida necesaria para evitar o arrastre de materiais aba abaixo. 2.3. Protección do solo. 1. No caso de realizar voaduras, disporanse os medios necesarios (redes, lonas...) para evitar a proxección de fragmentos de rocha ao contorno. En calquera caso, se estes se produciren, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado. 2. Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona, salvo xustificación previa. Nese caso, seleccionaranse zonas que xa vaian ser afectadas polas obras ou, no seu defecto, lugares carentes de valores ambientais ou paisaxísticos relevantes. En todo caso, os préstamos deberán ter a súa procedencia debidamente acreditada e os ocos serán restaurados ao finalizar a obra. 3. Tal e como se sinala no estudo ambiental, para a localización da zona destinada a casetas de obra, parque de maquinaria, amoreamentos de materiais, almacenamento de residuos, etcétera, empregarase a zona habilitada para tal fin en terreos do parque eólico de Tea, co fin de evitar duplicidades innecesarias e minimizar posibles afeccións. 4. No caso de deterioración de estradas, camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido aos labores de construción do parque, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio das obras. 2.4. Xestión de residuos. 1. Todos os residuos que se xeren como consecuencia da construción, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura. 2. O almacenamento temporal de residuos ata a súa entrega a xestor autorizado realizarase nunha zona acondicionada para tal fin, atendendo aos criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presenza. 3. Ao finalizar as obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberá terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra. 2.5. Protección da fauna e vexetación. 2.5.1. Sobre a fauna. 1. Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental, implementando en todo caso as medidas necesarias para non alterar a fauna. 2. No caso de que nas vías de acceso se instalen pasos canadenses para impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten a fuxida dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, podendo consistir, sen prexuízo doutras igualmente efectivas, nunha rampla de subida ou facer o foxo con un ou os dous laterais abertos. 2.5.2. Sobre a vexetación. 1. A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ao estritamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza. 2. Tendo en conta que no ámbito do parque se recoñeceron hábitats recollidos na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, tanto na fase de obras, como nas de funcionamento e desmantelamento das instalacións extremaranse as precaucións co fin de afectar o mínimo estes hábitats. 2.6. Protección do patrimonio cultural. 1. No que respecta á protección dos elementos do patrimonio cultural, observarase o disposto pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tanto no relativo á localización final de infraestruturas e instalacións como ás medidas protectoras, correctoras e/ou compensatorias, as de control e seguimento arqueolóxico e calquera outra que se adopte ao longo das fases de implantación, de execución de obra e de restitución de terreos, en todo o ámbito do parque eólico. 2.7. Sobre a integración paisaxística. 1. Co fin de maximizar a súa integración paisaxística, a estación de manobra que se vai situar en terreos do parque eólico de Tea construirase en pedra, de acordo co sinalado no estudo ambiental. A cor da pintura de exteriores en fiestras ou portas será acorde co contorno e de acabamento mate. 2. Se os afloramentos rochosos existentes na serra tivesen interese xeomorfolóxico, botánico ou paisaxístico deberán ser respectados, sen que se vexan afectados polas obras. 3. Todas as superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Para tal fin, levarase a cabo o proxecto de restauración incluído no estudo de impacto ambiental, tendo en conta as seguintes consideracións: - Deberán engadirse especies de toxo e queiroga á mestura de sementes que se empregue na revexetación, co fin de favorecer unha mellor integración das zonas restauradas no contorno. Estas especies terán que ser autóctonas e existentes na zona. - Para o conxunto da mestura, a proporción de cada grupo de especies axustarase, con carácter xeral, ás seguintes porcentaxes: 70% para as gramíneas, 15% para as leguminosas e 15% para as arbustivas. A dose de sementes poderá ser de 30 gr/m (300 kg/ha). 2.8. Sobre o Programa de vixilancia e seguimento ambiental. O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ambiental ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de se detectaren, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propóndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Na realización do control e seguimento ambiental terase en conta que: - Todas as medicións e/ou análises do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. - Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo. 3. Condicións específicas. 3.1. Fase previa ao inicio das obras. 1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de 34.513,63 A, correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración asociados á fase de obras, segundo o plan de restauración presentado. Para a fase de desmantelamento e abandono do parque proponse que o órgano substantivo considere a necesidade ou non de fixar un aval que garanta a dita fase e, de considerar que non, substituílo por outros mecanismos acordados co promotor, todo no ámbito das competencias que posúe para fixar a contía do aval segundo o citado Decreto 455/1996. 3.2. Fase de obras. 1. En relación co plan de seguimento do nivel de ruído, á vista da escasa entidade e duración das obras e sempre que se adopten as medidas propostas no estudo ambiental para minimizar as posibles molestias por emisións sonoras, non se considera necesaria a realización de medicións durante esta fase. 3.3. Ao final da fase de obras. 1. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental a que se refire o punto 2.8 da DIA, no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos, o promotor presentará perante o órgano substantivo un informe de fin de obras co seguinte contido mínimo: a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos e o estado final do parque após a finalización das obras, así como detalle do seguimento ambiental efectuado ao longo das obras e medidas protectoras e correctoras adoptadas en cumprimento do sinalado no estudo ambiental e o establecido nesta DIA, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, xestión de residuos de obra, etcétera. Descrición detallada do estado final da área afectada en relación a todos os aspectos previstos no estudo ambiental e no condicionado da declaración. b) Reportaxe fotográfica que mostre con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas en que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, foxos e drenaxes, gabias do cableado, estado de limpeza da área (en especial da zona destinada a instalacións de obra), zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización. c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, en que se reflicta a situación real de todas as instalacións e infraestruturas do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras. 3.4. Fase de funcionamento. 1. En relación co plan de seguimento do nivel de ruído, considéranse pouco representativos os puntos de control propostos no estudo ambiental, dado que pertencen ao seguimento acústico do parque eólico de Tea e estarían moi influenciados polo funcionamento deste. No seu lugar, elixirase un punto de control no núcleo de Nieva ou no de Vilar, os dous máis próximos aos aeroxeradores e máis representativos da posible influencia sonora do parque singular. Terase en conta que haberá que contar cunha medición preoperacional do ruído de fondo para comparala cos resultados obtidos ao longo do seguimento. 2. De acordo co sinalado no estudo ambiental, o seguimento de avifauna realizarase conxuntamente co do parque eólico de Tea, seguindo basicamente a metodoloxía desenvolvida para o dito parque. No referente á busca de aves accidentadas por colisión, as visitas terán como mínimo unha frecuencia mensual, co obxecto de diminuír na medida do posible a perda de cadáveres por acción dos animais preeiros. En cada visita revisaranse os dous aeroxeradores e o raio que se vai revisar será de 60 m como mínimo, considerando o tamaño do aeroxerador que se prevé instalar. Nestas visitas anotaranse tamén as posibles colisións de morcegos, incluíndo estes resultados nos informes do plan de vixilancia ambiental. Asemade, tendo en conta que o parque eólico obxecto desta DIA e os de Tea e Deva se situarán no mesmo ámbito xeográfico, compartindo mesmo instalacións de transformación e evacuación de enerxía (subestación do Suído, LAT 220 kV O Suído-A Graña), levarase a cabo un seguimento da posible aparición de efectos acumulativos (aditivos e/ou sinérxicos) sobre a avifauna e os morcegos entre o conxunto das instalacións mencionadas no estudo de efectos sinérxicos incluído no estudo ambiental, mediante a valoración conxunta dos resultados dos seus respectivos plans de vixilancia, téndose que adoptar as medidas protectoras e/ou correctoras oportunas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos. 3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle anualmente ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental que incluirá, como mínimo, o seguinte contido: a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, tendo en conta o sinalado no punto 3.4.1 da DIA. Realizaranse dúas medicións durante o primeiro semestre, podéndose despois variar a frecuencia en función dos resultados obtidos. b) Resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe de acordo co sinalado no punto 2.2.2 da DIA. c) Resultados do plan de seguimento de avifauna (incluíndo posibles colisións de quirópteros) e informe dos posibles efectos acumulativos, tendo en conta o sinalado no punto 3.4.2 da DIA. d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, en que se describan con detalle os resultados do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, cunetas, plataformas de montaxe, gabias do cableado e aquelas zonas en que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudo ambiental e todos aqueles que deriven desta DIA, así como a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización. Á vista dos resultados que se obteñan durante os dous primeiros anos de seguimento ou ben por solicitude motivada do promotor, poderase modificar o contido ou frecuencia dos controis e informes que se realicen en anos posteriores, ou estudar a posibilidade de dar por finalizado o seguimento. 3.5. Fase previa ao abandono. No prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, o promotor remitiralle ao órgano substantivo un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, acompañado, se é o caso, dun informe en que se recollan as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento presentado, xunto coa súa xustificación. 3.6. Fase de abandono. Ao longo da fase de desmantelamento e abandono do parque eólico, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, conforme o plan de restauración presentado. 3.7. Fase posterior ao abandono. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención da xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e da restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación. ANEXO I - Resumo do proxecto O proxecto denominado parque eólico de Avión, promovido polo Concello de Avión, consiste na instalación e explotación dun parque eólico singular composto por 2 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, que se instalará no concello de Avión (Ourense). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración. As características básicas do proxecto presentado son as seguintes: - Número de aeroxeradores: 2. - Modelo: Izar-Bonus 1.3. - Potencia nominal unitaria: 1.300 kW. - Potencia total instalada: 2,6 MW. - Altura de torre: 55 m. - Diámetro de rotor: 62 m. - Investimento previsto: 2.129.850,58 A. A obra civil prevé a execución dunha vía de 470 m de lonxitude para o acceso e servizo aos aeroxeradores, cun largo de rodadura de 5 m e dotado de foxos e drenaxes transversais -se é necesario para a recolla e evacuación de augas pluviais. Ata esa vía chégase a través dunha pista existente de 1.940 m proveniente do parque eólico de Tea. Asemade, escavaranse uns 2.700 m de gabia para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores cunha estación de manobra que se situará en terreos do veciño parque eólico de Tea, que permitirá o emprego das instalacións de transformación e evacuación de enerxía deste parque (subestación O Suído e unha LAT a 220 kV). O trazado desta gabia vai na maior parte do percorrido paralelo e estremeiro ás vías do parque, tanto o de nova execución como o existente de conexión co parque de Tea. Segundo o estudo de impacto ambiental, a vexetación na área de implantación do parque está composta case exclusivamente por matogueira de toxo e queiroga, que dá paso a queirogais húmidos en zonas puntuais en que existe un maior grao de humidade no terreo. Outra formación presente na área do parque, con extensión moi reducida, é a vexetación casmofítica de pendentes rochosas. ANEXO II - Resumo das medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada Na epígrafe de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes: - Humectación de superficies cando as obras coincidan cos períodos máis secos. - A implantación levarase a cabo o máis exactamente posible co fin de ocupar só os terreos previstos. - Retirada e correcta acumulación da terra vexetal. - Nos movementos de terras axustarase ao máximo o volume de desmonte co de terraplén para minimizar os sobrantes de terras. Os sobrantes de escavacións depositaranse en lugar indicado pola administración competente. - A circulación de vehículos e maquinaria realizarase polas zonas acondicionadas para o efecto para reducir, entre outros, os efectos da compactación. - A eliminación de vexetación herbácea e arbustiva realizarase mediante rozadora, axustándose ás superficies de actuación proxectadas. - Non se vai afectar ningunha formación arbórea. - Para valorar posibles afeccións sobre a avifauna, realizaranse comprobacións periódicas de acordo co disposto no plan de vixilancia específico de aves. - As liñas eléctricas serán soterradas e o acabamento dos aeroxeradores mate. - Revisarase a evolución das superficies revexetadas co obxecto de minimizar a afección á paisaxe e amortecer o impacto visual das vías. - As medidas para paliar ou minimizar os efectos sobre o patrimonio cultural detállanse no estudo arqueolóxico específico e xa foron tidas en conta na fase de redacción do proxecto. Outras medidas protectoras e correctoras que aparecen dispersas ao longo do estudo de impacto ambiental son as seguintes: - Respectarase a Lei 4/1994, de estradas de Galicia. - Reducirase ao máximo a superficie ocupada pola nova vía e as gabias do cableado. - Procurarase que a vía discorra en desmonte aberto na aba, evitando trincheiras e compensando os volumes de desmonte e terraplén para minimizar a saída de terras a vertedeiro. Minimizaranse os noiros e terrapléns. - Aproveitaranse na medida do posible as vías existentes e cortalumes para a execución de accesos ao parque. - Construiranse obras de paso sempre que a traza das vías cruce unha corrente de auga continua ou descontinua, ou cando se prevexa acumulación de auga nos foxos. Consistirán en tubos de formigón de 400 mm de diámetro con deflectores de rocha á saída, para diminuír a velocidade e o potencial erosivo da auga. - Os labores de limpeza, mantemento e reparación de maquinaria realizaranse en talleres autorizados, e cando non sexa posible e se teñan que realizar no parque, faranse na zona de instalacións de obra protexendo o solo con materiais impermeables. - Trituración dos restos vexetais, que serán esparexidos uniformemente polo solo. - O formigón traerase de fábrica próxima á obra. - Proxecto de restauración e revexetación, que se desenvolverá de forma paralela ao avance das obras. Plan de desmantelamento e abandono do parque.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RES15072005.pdf Galego
RES15072005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles