Diario Oficial de Galicia, 23-11-2004, Núm. 228, Páx. 16111
Resolución do 14 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 220 kV sub. P.E. Masgalán-sub. P.E. Monte Carrio, nos concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por Gamesa Energía, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 13 de agosto de 2004 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 220 kV sub. P.E. Masgalán-sub. P.E. Monte Carrio, nos concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Declaración de impacto ambiental
Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres considera, se é o caso, que se deberán cumprir as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou a solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá a solicitude, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
1. Ámbito da declaración.
A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 220 kV, con partida proxectada na subestación do Parque Eólico Masgalán-Campo do Coco e remate na do Parque Eólico Monte Carrio (antigo Monte Castelo), de 19.755 m de lonxitude, con cadeas de illadores e cable de terra e fibra óptica OPGW, sobre apoios metálicos de celosía.
A traza discorrerá polos concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), segundo o reflectido no plano Planta general. Números 1.1 e 1.2. Novembro 2002 do estudo de impacto ambiental.
2. Condicións xerais.
2.1. Protección das augas e leitos fluviais.
Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e/ou policía dos cursos de auga, así como os cruzamentos, captacións e/ou verteduras, precisarán da autorización do órgano de bacía competente, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.
Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidraúlica que poidan atoparse no trazado das obras.
Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais nin en zonas de forte pendente próximas a estes, para evitar a súa incorporación ás augas no caso de chuvias, cheas ou escorrega superficial.
Calquera operación de formigonado próxima aos leitos dos ríos deberase realizar en condicións que eviten o derrame de formigón. Así mesmo, non está permitido o lavado de maquinaria e útiles nos cursos de auga.
2.2. Protección da fauna e vexetación.
2.2.1. Sobre a fauna.
Para levar a cabo os labores de corta e roce de vexetación na rúa de seguridade, así como as tarefas de mantemento periódico, escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental.
2.2.2. Sobre a vexetación.
Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira seguirase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.
2.3. Sobre o programa de vixilancia e seguimento ambiental.
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade.
Así mesmo, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
3. Condicións específicas.
3.1. Sobre a protección do patrimonio cultural.
Levaranse a cabo as medidas correctoras recollidas na avaliación de impacto arqueolóxico incluída no estudo ambiental, aceptadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Cara a evitar posibles afeccións establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio arqueolóxico cun raio de 200 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nesas áreas.
No caso dos bens do patrimonio etnográfico establécese unha área de exclusión de 50 m de raio, medidos desde o límite exterior do ben inventariado.
Previamente ao inicio das obras elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se recollerá:
- A sinalización, na fase previa ao inicio das obras, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos), de acordo co estudo de impacto ambiental.
- O control e seguimento arqueolóxico das obras, de acordo coas medidas correctoras recollidas no dito estudo.
- Como anexo ao proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía que empregue o persoal da obra durante o transcurso dela, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.
En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.
Os traballos arqueolóxicos serán levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.
3.2. Fase previa ao inicio das obras.
O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de 30.503 A, correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración asociados á fase de obras, segundo o plan de restauración presentado. Para a fase de desmantelamento e abandono da liña proponse que o órgano substantivo considere a necesidade ou non de fixar un aval que garanta a dita fase e, de considerar que non, substituílo por outros mecanismos acordados co promotor, todo iso no ámbito das competencias que posúe para fixar a contía do aval segundo o citado Decreto 455/1996.
3.3. Fase de obras.
1. Na apertura e dimensionamento da rúa de seguridade teranse en conta as seguintes consideracións:
- A rúa de seguridade deberá estar limpa de vexetación incompatible coa liña, de forma permanente e durante toda a vida útil da instalación. As dimensións mínimas da rúa determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable; non obstante, e dependendo da topografía do terreo, dos ventos e do tipo da vexetación, o largo determinarase de tal xeito que se minimize o risco de lumes nestas zonas e se facilite, de producirse estes, a súa extinción.
- Neste senso, recoméndase realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de áreas cortalumes nas zonas estremeiras á rúa, polo que o promotor ou propietario da liña deberá establecer as servidumes da suficiente amplitude para poder realizar, sen contratempos, os devanditos labores.
- Como excepción ao indicado nos parágrafos anteriores deberase conservar ou, se é o caso, reducir ao mínimo imprescindible a afección á vexetación de ribeira e especies arbóreas autóctonas. Para o dito arboredo adoptaranse as medidas expostas ao longo do estudo ambiental e nos documentos Estudo de valoración da posibilidade de modificación do trazado da L.A.T. Masgalán-Monte Carrio, nos muni cipios de Forcarei, Vila de Cruces, Lalín e Silleda (Pontevedra). Xaneiro de 2004 e Informe sobre a posibilidade de cambio no trazado da L.A.T. Masgalán-Monte Carrio. Maio 2004, tendo presente que, en calquera caso, as accións baixo a liña estarán consensuadas coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais.
2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental ao que se refire ao punto 2.3 desta DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, con carácter trimestral durante a execución das obras, un informe de obras co contido sinalado no estudo ambiental, tendo en conta as seguintes cuestións:
- O cronograma de obras actualizado presentarase trimestralmente, incluído no propio informe de obras.
- En relación co plan de seguimento do nivel de ruído, poderán desbotarse os puntos de control 1, 4, 8 e 9, que se atopan a máis de 500 m da traza da liña. Nos restantes puntos só será necesario realizar medicións cando se estean executando obras preto deles e non con carácter trimestral en todos os puntos como se propón no plan presentado.
3.4. Ao final da fase de obras.
1. En relación coa avifauna, comprobarase a correcta adopción das medidas antielectrocución previstas (separación de condutores, posición e lonxitude das cadeas de illadores...), así como a colocación dos dispositivos salvapaxaros propostos no estudo ambiental no tramo entre os apoios 1 e 13.
2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos o promotor presentará, perante o órgano substantivo, un informe fin de obras co contido proposto no estudo ambiental.
3.5. Fase de funcionamento.
1. Ademais de levar a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental, procederase á revisión periódica dos estado dos dispositivos anticolisión instalados, tendo que garantir a súa operatividade durante a vida útil da instalación.
2. Efectuarase unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna desta liña e dos parques eólicos asociados a ela (Masgalán-Campo do Coco e Monte Carrio), así como da L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Masgalán, co obxecto de detectar a aparición ou non de efectos acumulativos sobre as poboacións de aves.
3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de explotación da liña e anual os seguintes, tendo en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos ou ben a proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se vaian realizar. Este informe incluirá o contido proposto no estudo ambiental, coas seguintes precisións:
- Nos resultados do plan de seguimento de avifauna incluiranse o control do estado dos dispositivos salvapaxaros e o informe de posibles efectos acumulativos, aos que se fai referencia nos puntos 3.5.1 e 3.5.2 desta DIA.
- En canto ao informe acompañado de reportaxe fotográfica, incluirase tamén información do estado da rúa de seguridade, así como os labores de mantemento realizados e, con carácter xeral, descrición da eficacia e evolución de calquera outra medida protectora e/ou correctora adoptada. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.
3.6. Fase previa ao abandono.
No prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, o promotor remitirá ao órgano substantivo un documento técnico onde se describan todas as actuacións necesarias para desmantelar a liña e recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, recollendo, con carácter xeral, a desmontaxe e retirada de apoios e condutores, demolición de peanas en superficie, restauración dos accesos creados para uso exclusivo da liña, restitución de terreos e servizos afectados e revexetación das zonas alteradas pola desmontaxe. Xunto con esta documentación presentarase o cronograma estimado das ditas actuacións.
3.7. Fase de abandono.
Ao longo da fase de desmantelamento e abandono da liña, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo as actuacións previstas polo promotor en cumprimento do sinalado no punto anterior.
3.8. Fase posterior ao abandono.
Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da liña, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflita o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.
ANEXO I - Resumo do proxecto
A liña eléctrica prevista, de 220 kV en dobre circuíto, conectará a subestación do parque eólico Masgalán-Campo do Coco coa do parque Monte Carrio (antigamente denominado Monte Castelo), mediante un tendido aéreo de 19.755 m de lonxitude total sobre 62 apoios metálicos de celosía. A liña disporá de cadeas de illadores de vidro, cable de terra e fibra óptica OPGW e condutor LA-455. A traza discorrerá polos concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.
Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área de influencia da L.A.T. pode agruparse basicamente en tres tipos de formacións: arboredo (repoboacións de piñeiro e eucalipto e formacións autóctonas de carballo, bidueiro, castiñeiro e outros), matogueira de toxo e breixo, e vexetación herbácea en forma de pasteiros ou mesturada coas restantes formacións.
ANEXO II - Resumo das medidas preventivas e correctoras recollidas na documentación avaliada
Na epígrafe de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes:
* Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.
* Cumprimento da normativa referida a emisión de partículas sólidas.
* Plan de mantemento da maquinaria para reducir as emisións.
* Afastar a traza o máis posible de potenciais receptores. Diminuír a distancia entre fases. Procurar o equilibrio de cargas entre fases.
* Os niveis de presión sonora non superarán os límites legais.
* As obras axustaranse ao especificado no proxecto, sen invadir terreos non previstos.
* Empregaranse, na medida do posible, as vías existentes na zona, que no caso de ser deteriorados, deberán ser respostos.
* En zonas de fortes pendentes empregaranse apoios con patas desiguais, de xeito que as escavacións sexan as mínimas posibles.
* Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal para que no perda as súas cualidades. Selección dos lugares de amoreamento.
* Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, non creándose vertedoiros incontrolados. Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada.
* O mantemento e reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin.
* Xestión adecuada dos residuos, de acordo coa lexislación vixente.
* O formigón procederá de plantas de fabricación, transportándose mediante formigoneiras, evitando así instalacións provisionais.
* En canto aos accesos aos apoios, empregaranse ao máximo as pistas existentes. No caso dos accesos de nova construción, adaptaranse o máximo posible ao terreo, evitando grandes movementos de terras e a creación de desmontes e terrapléns. Intentarase que a maior parte dos accesos se realicen sen actuar sobre o terreo.
* Vixiaranse os arrastres de materiais e construiranse gabias a pé de terraplén para recoller escorregas.
* Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de bacía.
* Evitaranse os accesos sobre regatos. De ser necesarios, o paso farase mediante planchas ou pasarelas.
* Drenaxes transversais nos accesos aos apoios, cando sexa necesario.
* Trazado sinuoso de vías, axustado á topografía do terreo, evitando grandes movementos de terras.
* Mínimo tratamento superficial das vías.
* Eliminación de residuos de obra.
* A terra vexetal non empregada e que se abandone, disporase en montóns de 0,5 m de altura, sen alterar a topografía da zona.
* O deseño da traza primará os puntos de menor visibilidade.
* Desmontaxe e retirada da liña na fase de abandono.
* A rúa de seguridade terá o mínima largo posible.
* Nas zonas de vexetación arbórea autóctona primará a poda en vez da corta.
* Restauración de vías que non sexan empregados na fase de funcionamento.
* Criterios para a intervención na vexetación baixo a rúa de seguridade.
* Tratamento específico dos residuos vexetais xerados, diferenciando madeiras, leñas, pólas delgadas.
* Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, conforme ao disposto no Regulamento de montes.
* Na fase de obras reduciranse ao mínimo as voaduras, sobre todo na época de reprodución da avifauna de interese especial.
* Velocidade baixa de circulación de vehículos, para evitar atropelos de fauna.
* No caso de que durante a execución das obras se detecte que se pode afectar a algunha especie de interese nalgunha época sensible, intentarase continuar coas obras por outras zonas nas que a afección sexa menor.
* Non se empregarán herbicidas no mantemento da rúa de seguridade.
* Seguirase o disposto no Decreto 275/2001, do 4 de outubro, no referente a medidas de protección de avifauna.
* Plan de vixilancia de avifauna na fase de funcionamento da liña.
* Retirada de animais mortos nas proximidades da liña que poidan ser foco de atracción de aves preeiras, para evitar aumentar o risco de colisión e electrocución.
* Sinalizaranse visualmente os cables de terra ou os condutores no tramo de liña que incide sobre a Serra do Candán (apoios 1 ao 13), para evitar colisións.
* Medidas de deseño da liña para evitar a electrocución.
* Estudo arqueolóxico, coas correspondentes medidas protectoras.
* Comprobación de interferencias nas telecomunicacións.
* Contratación de man de obra local na fase de construción da liña.
* Adquisición de materiais de obra a empresas da zona.
* Plan de restauración e revexetación, que recolle o desmantelamento da liña ao final da súa vida útil.
Nos documentos Estudo de valoración da posibilidade de modificación do trazado da L.A.T. Masgalán-Monte Carrio, nos municipios de Forcarei, Vila de Cruces, Lalín e Silleda (Pontevedra). Xaneiro de 2004 e Informe sobre a posibilidade de cambio no trazado da L.A.T. Masgalán-Monte Carrio. Maio 2004, recóllense unha serie de criterios de intervención e medidas correctoras para minimizar a afección sobre a vexetación arbórea e diminuír a posibilidade de incendios forestais.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL