RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402B).

Diario Oficial de Galicia, 17-01-2023, Núm. 11, Páx. 6559
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2021, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Que cumprisen coa obriga anual de remisión das contas do concello ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Obxecto
As subvencións teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos producidos tanto por edificios de titularidade municipal como por outros equipamentos e bens de titularidade municipal na súa contorna, debido ao seu inadecuado aspecto exterior, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e cos obxectivos e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia.
Prazo
Ata o día 28 de febreiro de 2023.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 12-12-2022 axudas_impactos_paisaxísticos_concellos_gl.pdf galego
Ex Res 12-12-2022 ayudas_impactos_paisajísticos_ayuntamientos_es.pdf castellano
Res 12-12-2022 ayudas_impactos_paisajísticos_ayuntamientos_es.pdf castellano
Ex Res 12-12-2022 axudas_impactos_paisaxísticos_concellos_gl.pdf galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles