Resolución do 12 de agosto de 2005 pola que se modifican as medidas para a prevención de incendios forestais establecidas pola Resolución do 27 de xaneiro de 2005.

Diario Oficial de Galicia, 24-08-2005, Núm. 162, Páx. 14701
Resolución do 12 de agosto de 2005 pola que se modifican as medidas para a prevención de incendios forestais establecidas pola Resolución do 27 de xaneiro de 2005. A resolución da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais do 27 de xaneiro de 2005 ten por obxecto prever a aparición e propagación de incendios nos montes galegos. O Real decreto lei 11/2005, do 22 de xuño, polo que se aproban medidas urxentes en materia de incendios forestais regula no seu capítulo II unha serie de actuacións para a prevención dos lumes nos montes. O artigo 11 do Real decreto 949/2005, do 29 de xullo, polo que se aproban medidas en relación coas adoptadas no Real decreto lei 11/2005 establece a determinación por parte das comunidades autónomas do alcance das actuacións de prevención reguladas na citada norma. En consecuencia, cómpre actualizar a devandita Resolución do 27 de xaneiro de 2005 desta dirección xeral para os efectos de adaptar as súas normas relativas ás prohibicións en época de máximo perigo ás medidas determinadas na normativa básica estatal, permanecendo de plena aplicación as restantes disposicións da antedita resolución. En virtude do anterior, modifícase o punto 4 da Resolución do 27 de xaneiro de 2005, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, que queda redactado do seguinte xeito: 4. Prohibicións en época de máximo perigo: - Prender lume ao aire libre en toda clase de terreos forestais ou agrícolas, incluídos os traballos en que se utilice o lume. - Prender lume nas áreas de descanso da rede de estradas, en zonas recreativas e de acampada, incluídas as zonas habilitadas para tal fin. - A circulación de vehículos a motor por todo tipo de pistas ou terreos forestais salvo servidume de paso, coa excepción dos vehículos utilizados para a xestión do terreo, traballos forestais ou para a vixilancia, prevención e extinción de incendios. A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais poderá declarar perímetros de acceso restrinxido ás zonas de especial risco (ZER), declaradas, como tal, na Orde do 12 de xullo de 2005 (DOG nº 138, do 19 de xullo). - A utilización do territorio incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 11/2005, para competicións automobilísticas, do motocrós, de quáters e similares, salvo autorización expresa da delegación provincial da Consellería do Medio Rural. Todo isto con independencia da obtención do correspondente permiso do propietario do terreo que se deberá achegar coa solicitude de autorización. - A utilización, nos montes e nas áreas rurais situadas nunha franxa de 400 metros arredados daqueles, de maquinaria non forestal ou agrícola con ferramentas que poidan producir chispas ou soldaduras de calquera tipo, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, que se outorgará unha vez estudada a memoria explicativa dos traballos e as medidas previstas de prevención e extinción de incendios. A utilización de maquinaria forestal ou agrícola, tanto a pesada como a lixeira está autorizada para o normal desenvolvemento dos seus traballos forestais ou agrícolas, dentro das áreas antes establecidas, o que non exime do estrito cumprimento das medidas de prevención e extinción de incendios, así como das responsabilidades que puidesen contraer. - Lanzar foguetes, globos ou calquera outro artefacto que poida producir ou conter lume nos territorios delimitados polo artigo 5 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, conforme o disposto no Real decreto lei 11/2005. Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2005. Tomás José Fernández-Couto Juanas Director xeral de Montes e Industrias Forestais
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res12082005.pdf Galego
res12082005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles