Diario Oficial de Galicia, 09-08-2007, Núm. 154, Páx. 13607
O artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, dispón que os órganos administrativos concedentes publicarán, no correspondente diario oficial, as subvencións concedidas.
Pola súa vez, o artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, tamén exixe a publicación das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario, beneficiario, contía concedida e a finalidade.
Ao abeiro do disposto no artigo 8.1º e na disposición adicional segunda, a competencia para resolver e, polo tanto, para ordenar a publicación das axudas concedidas, é do secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Xa que logo, procédese a darlles publicidade ás axudas concedidas, xunto cos demais extremos exixidos na normativa vixente.
1. Convocatoria: orde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do 27 de decembro de 2006, publicada no DOG do 5 de xaneiro de 2007.
2. Programa: axudas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades relacionadas co ambiente, tanto para subvencionar os seus gastos correntes, como para a promoción de actividades, así como para investimentos.
3. Partida orzamentaria:
-15.01.541A 481.0, para a promoción de actividades e gastos de funcionamento.
-15.01.541A 781.0, para os investimentos.
4. Contía, finalidade e beneficiarios:
Ver referencia pdf "15400D011P067.PDF"
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS