Resolución do 11 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar solicitudes para a súa adxudicación no vindeiro ano 2005.

Diario Oficial de Galicia, 30-10-2004, Núm. 212, Páx. 14767
Resolución do 11 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar solicitudes para a súa adxudicación no vindeiro ano 2005. De conformidade coa disposición adicional segunda da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia, na que se faculta o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para ditar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea no río Ulla e, co obxecto de que se realice un aproveitamento ordenado desta pesqueira, establécese un réxime especial de pesca da antedita especie para o vindeiro ano 2005 nos tramos e coas limitacións que a seguir se indican, ás que se deberán ater as persoas autorizadas como titulares, así como as autorizadas para pescar nelas: - Nas pesqueiras de Areas e Bellas deberán deixar libre o canal central do río, non podendo pescar na denominada vea. - O período de pesca será: desde o lugar de Areas (Herbón) ata a paraxe denominada Bellas ambas inclusive, do día 10 de xaneiro ao 31 de marzo; e no tramo comprendido desde o Canal de Herbón ata o lugar de Sinde do 7 de febreiro ata o 29 de abril. - A pesca só se poderá practicar desde as pesqueiras tradicionais, detalladas no anexo, debendo empregar redes que non causen dano a outras especies piscícolas. - As redes só poderán estar colocadas desde as 20.00 ata as 8.00 horas. - Prohíbese a realización dos labores de pesca, debendo levantarse as redes das pesqueiras, desde as 8.00 horas dos sábados ata as 20.00 dos luns. - Toda persoa que faene nas pesqueiras deberá estar en posesión da correspondente licenza de pesca e do permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira, documentos que deberán levar consigo xunto co DNI durante a práctica desta actividade. - Serán devoltos ás augas ou entregadas aos axentes que o soliciten, todos aqueles exemplares piscícolas que no sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras. - En todo momento, deberán colaborar cos axentes de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, seguindo as súas instrucións. - O mesmo día que remate o réxime especial, procederase a retirar as artes de pesca. As infraccións contra esta regulación serán sancionadas de conformidade co establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial. Polo uso indebido da pesqueira responderá o seu titular; se nun mesmo posto hai varios titulares responderán conxunta e solidariamente. Os permisos para toda a temporada estarán á venda a partir do 20 de decembro de 2004. Xunto cos permisos entregarase un cuestionario de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto e deberá estar sempre a disposición dos axentes de Conservación da Natureza. Unha vez rematada a temporada sera entregado no Servizo de Conservación da Natureza. O cumprimento deste requisito será indispensable para poder obter permiso para a próxima temporada. No caso de que a pesqueira a traballe unha persoa distinta do seu titular aquel, para a obtención dos citados permisos, deberá acreditar no Servizo de Conservación da Natureza estar autorizado polo do titular desta. O Servizo de Conservación da Natureza, por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que o faga necesario, poderá modificar o contido desta normativa adoptando medidas axeitadas. Prazo para presentar as solicitudes: Co obxecto de adxudicar as pesqueiras para a pesca da lamprea, acordo abrir o prazo para que os titulares das pesqueiras do río Ulla presente a súa solicitude: - O dito prazo estará aberto desde a publicación desta resolución ata as 14.00 horas do día 15 de novembro de 2004. - Coa solicitude deberán presentar copia do DNI e a documentación que acredite a titularidade da pesqueira no Servizo Provincial de Conservación da Natureza, rúa Benito Corbal, 47-5º andar, Pontevedra. - A pesqueiras solicitadas serán as que se relacionan no anexo. Pontevedra, 11 de outubro de 2004. José Antonio López Rodríguez Delegado provincial de Pontevedra
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res11102004.pdf Galego
res11102004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles