Diario Oficial de Galicia, 15-09-2005, Núm. 178, Páx. 15601
Resolución do 11 de agosto de 2005 pola que se fai pública a modificación do 9 de agosto de 2005 da declaración de impacto ambiental do 7 de xullo de 2005, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Ulla, concellos de Touro e Vila de Cruces. (Clave ACPO/5/158).
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a modificación do 9 de agosto de 2005 da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 7 de xullo de 2005 relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Ulla, nos concellos de Touro e Vila de Cruces, que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2005.
P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)
Emilio García Gallego
Director xeral do organismo autónomo Augas de Galicia
ANEXO - Modificación do 9 de agosto de 2005 de declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 7 de xullo de 2005 relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Ulla, nos concellos de Touro e Vila de Cruces:
O 7 de xullo de 2005 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a declaración de impacto ambiental relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Ulla.
O 26 de xullo ten entrada nesta dirección xeral a solicitude por parte de Augas de Galicia, como órgano substantivo, para a modificación de diversos elementos do condicionamento da DIA, con referencia á fase de trámite dos proxectos en que presentar e aprobar a documentación complementaria solicitada na DIA.
O 27 de xullo esta dirección xeral solicitou á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por tratarse de asuntos especialmente relativos ás súas competencias, informe ao respecto das modificacións solicitadas por Augas de Galicia.
O 9 de agosto de 2005, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza informa que «os requisitos establecidos no informe emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, deben recollerse nun proxecto construtivo definitivo do cal informará esta, sen incidir no instante en que o devandito informe deba producirse, sendo en calquera caso anterior ao inicio das obras».
Atendendo aos antecedentes arriba expresados, así como á conveniencia de precisar máis algúns aspectos solicitados, é polo que se procede a modificar a declaración referida, de acordo co seguinte:
- Na alínea b) Condicións xerais, punto 1, substituirase o texto «(...) plan de voaduras que se incorporá no proxecto construtivo» por «plan de voaduras que se aprobará polo órgano competente logo da autorización do inicio das obras».
- Na alínea b) Condicións xerais, punto 5, e alínea c) Condicións específicas, punto 1, substituirase a expresión «aprobación proxecto construtivo» por «autorización previa ao inicio da obra do proxecto construtivo definitivo».
- Na alínea b) Condicións xerais, punto 9, a frase «no transporte de materiais, evitarse o paso por núcleos habitados...», substituirase por «no transporte de materiais, evitarase, cando existan rutas alternativas, o paso por núcleos habitados».
- Na alínea b) Condicións xerais, punto 11, sexto parágrafo, onde di: «Non se afectarán directamente rutas de sendeirismo e/ou zonas de interese turístico», substituirase por «Non se afectarán directamente rutas de sendeirismo e/ou zonas de interese turístico sen unha análise previa e definición das súas medidas correctoras».
- Na alínea c) Condicións específicas, punto 1, no parágrafo relativo á autorización de usos non tradicionais substituirase «(...) autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente» por «(...) autorización da Consellería de Medio ambiente referida no Decreto 72/2004».
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2005. José Manuel Álvarez-Campana Gallo. Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL