Diario Oficial de Galicia, 13-09-2005, Núm. 176, Páx. 15459
Resolución do 11 de agosto de 2005 pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do 27 de xuño de 2005 formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 9 de agosto de 2005 relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra). (Clave PO/5/156).
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a modificación do 9 de agosto de 2005 da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 27 de xuño de 2005 relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra), que se transcribe como anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2005.
P.D. (Resolución 9-4-2003; DOG do 16 de abril)
Emilio García Gallego
Director general do Organismo Autónomo
Augas de Galicia
ANEXO
Modificación do 9 de agosto de 2005 de declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 27 de xuño de 2005 relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra)
O 27 de xuño de 2005 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación ambiental emitiu a declaración de impacto ambiental relativa ao aproveitamento hidroeléctrico no río Deza.
O 8 de agosto ten entrada nesta dirección xeral por parte de Augas de Galicia, como órgano substantivo, documentación relativa á solicitude para a modificación de diversos elementos do condicionado da DIA.
O 8 de agosto esta dirección xeral solicitoulle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por tratarse de asuntos especialmente relativos ás súas competencias, informe ao respecto das modificacións solicitadas por Augas de Galicia.
O 9 de agosto de 2005, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza informa que: «os requisitos establecidos no informe emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza deben recollerse nun proxecto construtivo definitivo que será sometido ao informe desta, sen incidir no instante en que o devandito informe deba producirse, sendo en calquera caso anterior ao inicio das obras».
Atendendo aos antecedentes enrriba expresados, así como a conveniencia de precisar máis algúns aspectos solicitados, é polo que se procede a modificar a declaración referida, de acordo co seguinte:
- Na alínea b) Condicións xerais, punto 1, substituirase «no proxecto construtivo» por «previo ao inicio da obra do proxecto construtivo definitivo».
- Na alínea c) Condicións específicas, punto 2, substituirase a expresión «aprobación proxecto construtivo» por «autorización previa ao inicio da obra do proxecto construtivo definitivo».
- Na alínea c) Condicións específicas, punto 2, no parágrafo relativo a acuíferos subterráneos engadiráselle ao final: «En particular estudarase en detalle a potencial afección, e medidas técnicas que a resolvan, das obras proxectadas respecto ao sistema hidrotermal dos Baños da Brea».
- Na alínea c) Condicións específicas, punto 2, e antes do último parágrafo, incluirase un co texto: «En todo caso, e dado que os aproveitamentos hidroeléctricos non poden considerarse un uso tradicional na zona, para os aproveitamento localizados dentro do espazo natural Sistema fluvial Ulla-Deza precisarase da autorización da Consellería de Medio Ambiente regulada no Decreto 72/2004».
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2005. José Manuel Álvarez-Campana Gallo, director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL