Resolución do 10 de marzo de 2006 pola que se fai pública a addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 21-03-2006, Núm. 56, Páx. 4137
Resolución do 10 de marzo de 2006 pola que se fai pública a addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia. Con data do 28 de marzo de 2003, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente subscribiron un convenio de colaboración co obxecto da posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia. Este convenio, na súa cláusula 5.5, establecía que: «salvo as peculiaridades establecidas neste convenio, a presentación das solicitudes e tramitación dos expedientes, recursos, obrigas dos beneficiarios, incidencias no proxecto, xustificación, aboamento das subvencións, incumprimento, incompatibilidades, control das axudas, restricións ao dereito ao acceso a arquivos e rexistros, e sentido do silencio administrativo seguirán a regulación establecida nas bases 7ª á 23ª reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento, así como os anexos correspondentes a elas (publicadas no DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001), agás no expresamente regulado neste convenio». Tendo en conta que as citadas bases reguladoras foron substituídas polas publicadas mediante a Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG nº 58, do 28 de marzo), con data do 9 de marzo de 2006, as partes subscribiron unha addenda ao convenio co fin de adaptar o seu contido á nova normativa das bases para a súa regulación. Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas, RESOLVO: Único.- Publicar a addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia, que se anexa a esta resolución. Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2006. José Antonio Delgado Arce Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2006. REUNIDOS: Dunha banda, José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Instituto Galego de Promoción Económica, actuando ao abeiro das facultades que lle concede o artigo 11 da Lei 5/1992, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica. Doutra banda, Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, actuando ao abeiro das facultades que lle concede o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, EXPOÑEN: Primeiro.- Que con data do 28 de marzo de 2003, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente subscribiron un convenio de colaboración co obxecto da posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia. Segundo.- A cláusula 5.5 do dito convenio establece que: «salvo as peculiaridades establecidas neste convenio, a presentación das solicitudes e tramitación dos expedientes, recursos, obrigas dos beneficiarios, incidencias no proxecto, xustificación, aboamento das subvencións, incumprimento, incompatibilidades, control das axudas, restricións ao dereito ao acceso a arquivos e rexistros, e sentido do silencio administrativo seguirán a regulación establecida nas bases 7ª á 23ª reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento, así como os anexos correspondentes a elas (publicadas no DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001), agás no expresamente regulado neste convenio». Terceiro.- Tendo en conta que as citadas bases reguladoras foron substituídas polas publicadas mediante a Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG nº 58, do 28 de marzo), cómpre adaptar o contido do convenio á nova normativa das bases para a súa regulación. Na súa virtude, e dada a existencia dun interese coincidente, as partes formalizan esta ADDENDA: a) As referencias establecidas ás bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento, así como os anexos correspondentes a elas (publicadas no DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001), enténdense feitas ás bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento publicadas no DOG nº 58, do 28 de marzo de 2005, e as súas modificacións. b) A letra c) da cláusula segunda substitúese polo seguinte texto: «c) Presentar un proxecto no cal o orzamento de investimento subvencionable segundo a base 5ª das reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento (publicadas no DOG nº 58, do 28 de marzo de 2005) ascenda como mínimo a 600.000 A, e que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente pola Comisión Técnica de Avaliación prevista na cláusula 5.4 deste convenio». c) Elimínase a letra g) da cláusula 3.2.2. d) A cláusula 5.4. substitúese polo seguinte texto: «5.4. Unha vez completo o expediente de solicitude, o director xeral do Igape convocará os membros da Comisión Técnica de Avaliación constituída para tal efecto para elaborar a proposta de resolución que se vai elevar ao presidente do Igape. A Comisión Técnica de Avaliación estará presidida polo director xeral do Igape e composta dun número impar de membros que designarán o director xeral do Igape e o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Poderase así mesmo, solicitar a asistencia de técnicos doutros departamentos cando así fose conveniente por razón da materia». e) Increméntase o importe da aportación do Igape para 2006 en 18.800.000 A coa seguinte distribución plurianual: Ano 2007: 2.800.000 A. Ano 2008: 9.400.000 A. Ano 2009: 6.600.000 A. f) A cláusula sétima substitúese polo seguinte texto: «Sétima.- Para os efectos de velar polo cumprimento do estipulado neste convenio, créase unha comisión de seguimento que estará composta polo director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, en representación do Igape, e o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en representación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. A dita comisión, que se reunirá por petición de calquera das partes, será o mecanismo de actuación conxunta para garantir a efectividade do convenio». Polo Igape, José Ramón Fernández Antonio. Pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RES10032006.pdf Galego
RES10032006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles