Diario Oficial de Galicia, 07-09-2006, Núm. 173, Páx. 13770
Resolución do 1 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se prohibe a pesca no río Umia.
Segundo establece o artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), cando existan razóns hidrobiolóxicas ou ambientais que así o aconsellen, poderanse adoptar medidas excepcionais de urxencia para a protección da fauna piscícola e do seu medio. As medidas excepcionais poderán prohibir temporalmente o emprego de calquera arte ou modalidade de pesca, ou mesmo prohibir todo tipo de pesca nunha determinada masa de auga.
O día 31 de agosto produciuse o incendio e a destrución da planta que a empresa Brenntag tiña no concello de Caldas de Reis, o que deu lugar á vertedura de produtos tóxicos ao leito do río Umia.
Para evitar a contaminación do tramo baixo do río e dos bancos marisqueiros da ría de Arousa, procedeuse á construción de muros de contención, o que afecta de forma substancial o réxime hidrolóxico deste tramo e, polo tanto, as condicións en que se deberá desenvolver a actividade da pesca fluvial.
Tendo en conta o anterior, e dado que no tramo afectado do río Umia se atopa o couto de pesca Ponte Arnelas, cuxo límite superior é a Ponte Baión (concellos de Meis e Vilanova de Arousa), e o límite inferior é o Con de Postas (concello de Ribadumia), no cal aínda está permitida a pesca do reo, queda prohibida a pesca fluvial no citado couto de pesca de Ponte Arnelas ata o peche da tempada de pesca 2006, que terá lugar o vindeiro día 30 de setembro.
Os pescadores que teñan adquiridos permisos para a práctica da pesca no dito couto, nas datas restantes da tempada, poderán dirixirse ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra para tratar de cambialos por outros coutos ou ben obter o seu importe.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2006.
P.D. (Orde 31-7-2006)
Emilio Rosa Solana
Subdirector xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO