Resolución do 1 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Silvarredonda, no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido pola empresa Enel Unión Fenosa Renovables, S.A.

Diario Oficial de Galicia, 15-09-2004, Núm. 180, Páx. 12793
Resolución do 1 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Silvarredonda, no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido pola empresa Enel Unión Fenosa Renovables, S.A. En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 4 de agosto de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Silvarredonda, no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido pola empresa Enel Unión Fenosa Renovables, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas Declaración de impacto ambiental. Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na ante dita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou a solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral. 1. Ámbito da declaración. A presente declaración refírese en exclusiva ao proxecto do Parque Eólico Silvarredonda, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 16,9 MW de potencia total no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), constituído por 13 aeroxeradores IZAR BONUS de 1.300 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM: Vértice X         Vértice Y 509.0004.        786.000 517.0004.        786.000 517.0004.        780.200 509.0004.        780.200 A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano Planta xeral do Parque Eólico. Escala 1:2.000" do documento Addendum II ao estudo de impacto ambiental do P.E. de Silvarredonda. Relocalización de aeroxeradores. 11-12-2003. As coordenadas UTM dos 13 aeroxeradores previstos son as seguintes: Aeroxerador          UTM X           UTM Y 1                       512.792        4.780.950 2                       512.550        4.781.480 3                       512.700        4.781.400 4                       512.874        4.781.320 5                       512.610        4.781.960 6                       512.770        4.781.880 7                       512.920        4.781.810 8                       513.060        4.781.740 9                       512.506        4.782.562 10                     512.666        4.782.483 11                     512.822        4.782.403 12                     512.970        4.782.320 13                     512.120        4.782.250 2. Condicións xerais. 2.1. Protección das augas e leitos fluviais. Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade, as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidráulica que poidan atoparse no trazado das obras. A achega das augas das drenaxes á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando dispositivos protectores e/ou de disipación de enerxía ás saídas das drenaxes e nos puntos onde a auga dos foxos se incorpore ao terreo, co fin de evitar fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais. Realizarase un control do correcto funcionamento dos ditos dispositivos, así como das condicións de incorporación das augas de drenaxe á rede natural, adoptando as medidas correctoras oportunas no caso de producírense os citados fenómenos. Non estando previsto na documentación avaliada a reserva dunha zona para a elaboración de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións. 2.2. Protección do solo. No caso de realizar voaduras, disporanse os medios necesarios (redes, lonas...) para evitar a proxección de fragmentos de rocha ao contorno. En calquera caso, se istos se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado. Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona, salvo xustificación previa. Nese caso, deberán ter a súa procedencia debidamente acreditada, tendo que restauralos ao finalizar a obra. A circulación de vehículos e maquinaria no parque, tanto na fase de obra como na de funcionamento, restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega ou calquera outra medida axeitada para evitar posibles arrastres de materiais ladeira abaixo. 2.3. Protección da fauna. Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental, implementando en todo caso as medidas necesarias para non alterar a fauna. Nos pasos canadenses que se instalen para impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, que poden consistir, entre outras, nunha rampla de subida ou foxo con laterais abertos. 2.4. Sobre o Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental. O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. Así mesmo, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo. 3. Condicións específicas. 3.1. Sobre a protección do patrimonio cultural. Levaranse a cabo as medidas correctoras recollidas na memoria do estudo de impacto sobre o patrimonio cultural aceptadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Cara a evitar posibles afeccións establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio arqueolóxico, cun radio de 200 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, levarase a cabo o proxecto arqueolóxico autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. En relación co impacto sobre o xacemento Mámoa do Monte Perrol, levaranse a cabo as seguintes medidas correctoras: - Sinalización e balizamento, con material non perecedoiro, do xacemento arqueolóxico. - Deberase preservar o valado tradicional que delimita o predio onde se localiza o xacemento. - A área de exclusión para este xacigo correspóndese coa referenciada na páxina 28 da Memoria do estudo de impacto sobre o Patrimonio Cultural e no plano nº 4 da devandita documentación. - Prohibición de calquera tipo de remoción de terras no ámbito de protección legal. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras. Os traballos arqueolóxicos serán levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia. 3.2. Fase previa ao inicio das obras. 1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de 92.150,36 euros, correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración asociadas á fase de obras, segundo o plan de restauración presentado. Para a fase de desmantelamento e abandono do parque proponse que o órgano substantivo considere a necesidade ou non de fixar un aval que garanta a dita fase e, de considerar que non, substituílo por outros mecanismos acordados co promotor, todo iso no ámbito das competencias que posúe para fixar a contía do aval segundo o citado Decreto 455/1996. 3.3. Fase de obras. 1. En relación co plan de seguimento do nivel de ruído, poden rexeitarse os puntos de control 1, 2, 4 e 9, que se atopan a unha distancia de máis dun quilómetro dos aeroxeradores máis próximos. Nos restantes puntos as medicións realizaranse só cando se estean executando obras preto de cada punto de control. 2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental ao que se refire ao punto 2.4 desta DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, con carácter trimestral durante a execución das obras, un informe de obras co seguinte contido mínimo: a) Cronograma de obras actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a por centaxe de execución respecto ao total. No cronograma figurará a data de actualización. b) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, tendo en conta o sinalado no punto 3.3.1. c) Resultados do plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental. d) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de seguimento específicos, os resultados dos controis efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias e/ou imprevistos acontecidos, labores de restauración efectuados, xestión de residuos, etcétera. O informe reflictirá o cumprimento da declaración en relación a todos os aspectos recollidos nela. e) Informe de avance da obra, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a todos os compoñentes do proxecto. Acompañarase de reportaxe fotográfica (con indicación da data e hora nas fotografías e plano de puntos de toma) e plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución de cada actividade. 3.4. Ao final da fase de obras. 1. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos o promotor presentará perante o órgano substantivo un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo: a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras e o estado final do parque trala finalización destas, así como os controis ambientais e medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra, etcétera. Descrición detallada do estado final da área afectada en relación a todos os aspectos recollidos no estudo ambiental e no condicionado da declaración. b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, foxos e drenaxes, gabias do cableado, estado de limpeza da área (en especial da zona destinada a instalacións de obra), zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e a hora, xunto cun plano de localización. c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de todas as instalacións e infraestruturas do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras. 3.5. Fase de funcionamento. 1. A frecuencia das medicións do plan de seguimento do nivel de ruído será mensual durante o primeiro semestre, podéndose logo variar en función dos resultados obtidos. 2. Nas visitas para a detección de aves mortas por colisión anotaranse tamén as posibles colisións de morcegos, incluíndo estes resultados nos informes do plan de vixilancia ambiental. 3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de funcionamento do parque e anual os seguintes. Terase en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de seguimento ou ben por proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes a realizar. Este dito informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido: a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición. Para os puntos de control terase en conta o sinalado no punto 3.3.1 da DIA. b) Resultados do plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental, anotando tamén as posibles colisións de morcegos, conforme ao sinalado no punto 3.5.2 desta DIA. c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, foxos, plataformas de montaxe, gabias do cableado, control de drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto (indicando datas das visitas), así como a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. 3.6. Fase previa ao abandono. No prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, o promotor remitiralle ao órgano substantivo un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, acompañado, se é o caso, dun informe no que se recollan as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento, xunto coa súa xustificación. 3.7. Fase de abandono. Ao longo da fase de desmantelamento e abandono do parque eólico, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, conforme ao plan de desmantelamento presentado. 3.8. Fase posterior ao abandono. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitiralle ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación. ANEXO I - Resumo do proxecto O proxecto denominado Parque Eólico Silvarredonda, promovido pola empresa Enel Unión Fenosa Renovables, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 13 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, que se vai instalar no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración. As características básicas do proxecto presentado son as seguintes: * Número de aeroxeradores: 13. * Modelo: Izar Bonus 1300. * Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW. * Potencia total instalada: 16,9 MW. * Altura das torres: 60 m. * Diámetro do rotor: 62 m. * Inversión prevista: 14,03 millóns de euros. O proxecto tamén recolle a construción dunha subestación transformadora 20/66 kV cun edificio de control anexo, que albergará a sala de control e a de celas eléctricas, un vestiario, aseo, sala de reunións e almacén. O acabado do edificio de control adecuarase á tipoloxía construtiva da zona. A evacuación da enerxía producida no parque realizarase a través dunha liña eléctrica a 66 kV, obxecto de proxecto e tramitación independentes. A obra civil inclúe a execución duns 1.600 m de vías de acceso e servizo aos aeroxeradores e o acondicionamento doutros 3.500 m, cun largo de rodadura de 4 m e dotados de foxos e drenaxes transversais para a recollida e evacuación de augas pluviais. Cando sexa necesario, disporanse pasos canadenses para o gando. Así mesmo, prevese a escavación de 3.600 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores coa subestación e edificio de control. Segundo o estudo ambiental, a vexetación na área de implantación do parque está composta maiori tariamente por matogueira de xesta, toxo, e breixo, aparecendo en menor proporción repoboacións de piñeiro e eucalipto, algo máis afastadas. ANEXO II - Resumo das medidas preventivas e correctoras contempladas na documentación avaliada No punto de medidas preventivas e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes: 1. Fase de deseño e construción. * Rega con auga para evitar a xeración de po. * Cobertura dos camións de transporte de materiais poirentos. * Control das emisións gasosas producidas pola maquinaria. * Control de emisións sonoras en fase de obra. * Selección e mellora do deseño dos aeroxeradores. * Estudo da localización de lugares para préstamo e vertedura. * Retirada, amoreamento, conservación e recuperación da terra vexetal. * Optimización da ocupación do solo por maquinaria e elementos auxiliares. * Minimización das superficies de vexetación afectadas e solo compactado. * Laboreo de terreos compactados. * Construción e adecuación das novas vías. * Traslado de exemplares de vexetación singular susceptibles de seren afectados. * Protexer a vexetación, minimizando a superficie afectada polas obras. * Limitación do número de exemplares arbóreos que haxa que cortar. * Triturado de residuos de corta e roza. * Xestión de todos os residuos xerados, atendendo á súa natureza. * Almacenado específico para os residuos perigosos. * Control das augas sanitarias dos traballadores. * Mellora no deseño dos aeroxeradores, para evitar colisións de aves. * Adecuación das edificacións á tipoloxía construtiva da zona. * Melloras socioeconómicas na comunidade da zona. Creación de postos de traballo. * Control arqueolóxico durante a roza e obras que impliquen remoción de terras. * Balizamento de xacigos arqueolóxicos. 2. Fase de explotación. * Revexetación das superficies afectadas. * Xestión de aceites usados. * Programa de recuperación e tratamento paisaxístico. * Mellora da integración dos aeroxeradores no contorno. * Comprobación de afeccións á avifauna. * Restitución de camiños, infraestruturas ou calquera outra servidume afectada e elementos rurais tradicionais como valados, sebes... Para cada medida proposta o estudo ambiental inclúe unha táboa na que se indica o impacto ao que se dirixe, a definición da medida, o seu obxectivo, descrición detallada, entidade responsable da xestión, precaucións na execución e xestión e as necesidades de mantemento. Outras medidas protectoras e correctoras que aparecen dispersas ao longo do estudo ambiental son as seguintes: * Máximo aproveitamento de vías preexistentes para o acceso aos aeroxeradores. * As vías de nova construción axustaranse o máximo posible á topografía do terreo. * Durante a fase de construcción non se permitirá a vertedura de substancias contaminantes sobre o terreo ou en leitos próximos, nin un incorrecto almacenamento deles. * Balizarase a zona de almacenamento de materiais e produtos. * Disporase de zonas adecuadas para a realización das operacións de mantemento da maquinaria, lavado, repostaxe... dotadas dun sistema de recollida de efluentes para evitar a contaminación do solo. * Deseño do aeroxerador, illamento da góndola e emprego de amortecedores da vibración co fin de diminuír as emisións sonoras. * No plan de vixilancia de avifauna detállanse as medidas adoptadas na fase de deseño do proxecto e selección do modelo de aeroxerador, así como outras que hai que ter en conta nas fases de obra e funcionamento co obxecto de evitar molestias á avifauna.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res01092004.pdf Galego
res01092004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles