Resolución do 1 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso), nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña), promovido pola empresa Eólicos Touriñán, S.A.

Diario Oficial de Galicia, 01-10-2004, Núm. 192, Páx. 13453
Resolución do 1 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso), nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña), promovido pola empresa Eólicos Touriñán, S.A. En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 10 de novembro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso), nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña), promovido pola empresa Eólicos Touriñán, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 1 de abril de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas Con data do 22 de xaneiro de 2004 recíbese na Consellería de Medio Ambiente, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, un escrito do promotor no que sinala un erro na transcrición das coordenadas UTM dos aeroxeradores 14, 15 e 21 no documento ampliación estudo de impacto ambiental. Parque Eólico Touriñán IV, no que se baseou a modificación con data do 10 de novembro de 2003 da declaración de impacto ambiental do parque eólico de referencia. O dito escrito vén acompañado dun novo plano que incorpora a táboa das coordenadas UTM dos aeroxeradores debidamente corrixida e no que se pode observar que a posición dos citados aeroxeradores 14, 15 e 21 non varía fisicamente respecto da reflectida no plano que se empregou como base para efectuar a citada modificación da declaración. En consecuencia, cómpre efectuar a corrección das coordenadas UTM dos aeroxeradores 14, 15 e 21 que figuran na modificación da DIA con data do 10 de novembro de 2003, substituíndoas polas seguintes: Aeroxerador         UTM X          UTM Y 14                     582.442       4.792.677 15                     582.374       4.792.440 21                     581.944       4.790.865
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res01042004.pdf Galego
01042004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles