Resolución conxunta do 10 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables e o aforro e a eficiencia enerxética en Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 02-02-2006, Núm. 23, Páx. 1604
Resolución conxunta do 10 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables e o aforro e a eficiencia enerxética en Galicia. A Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), de calidade da educación, establece no seu artigo 1 os principios de calidade do sistema educativo, entre os que se atopan o fomento e promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa; a capacidade de transmitir valores que favorezan, entre outros, a liberdade persoal, a responsabilidade social, e a cohesión e mellora das sociedades; e a flexibilidade, para adecuarse aos cambios, necesidades e demandas da sociedade, e ás diversas aptitudes, intereses, expectativas e personalidade do alumnado. A captación da enerxía, a súa utilización e o impacto que esas actividades teñen sobre a calidade de vida e no ambiente son aspectos formativos centrais nas diferentes etapas educativas, e que son recollidos como contidos nos correspondentes currículos da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria, do bacharelato e da formación profesional específica. As normas que os establecen determinan que os centros educativos deben desenvolver os currículos, tanto nos seus proxectos curriculares como nas programacións de aula das áreas, materias ou módulos. Entre as finalidades do Instituto Enerxético de Galicia que formula a Lei 3/1999, do 11 de marzo, no seu artigo 2º atópase o fomento do uso racional da enerxía, potenciando o desenvolvemento das enerxías renovables e a mellora do aforro e a eficiencia enerxética. Por outra parte, no artigo 4º desa lei sinálase, como unha das funcións do Instituto Enerxético de Galicia, a de orientar aos usuarios nos hábitos axeitados de consumo enerxético mediante campañas e actuacións específicas. En tal medida, é totalmente pertinente promover na comunidade escolar, desde o sistema educativo, o desenvolvemento e a adquisición de hábitos minimalistas de consumo da enerxía, de actitudes positivas de aforro enerxético e de valoración das repercusións da implementación das enerxías renovables na nosa comunidade autónoma. Con esta resolución preténdese fomentar a innovación na ensinanza dos contidos relacionados coas temáticas antes citadas, co establecemento dunha convocatoria de premios cos que dar recoñecemento ás mellores prácticas desenvolvidas no seu ensino, que se encadra no impulso de carácter xeral das actividades de innovación educativa que leva a cabo a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como medio de promoción e actualización profesional do profesorado, así como nas actuacións establecidas no convenio entre esa consellería e o Instituto Enerxético de Galicia, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e na difusión das enerxías renovables. En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o Instituto Enerxético de Galicia DISPOÑEMOS: Artigo 1º.- Obxecto. O obxecto desta resolución é a convocatoria de catro premios á innovación e a experiencias educativas sobre «as enerxías renovables e o aforro e a eficiencia enerxética en Galicia» e a aprobación das súas bases de concesión. Os devantidos premios serán concedidos en dúas modalidades diferenciadas, dous premios para a etapa de educación primaria e dous premios para a etapa de educación secundaria. Artigo 2º.- Temática. Na concreción e no desenvolvemento dos contidos curriculares das etapas e na realización das actividades de aula das áreas e materias deberán tratarse temáticas sobre a enerxía nalgún dos seguintes aspectos: -A enerxía, formas e mecanismos. - Fluxos e balances enerxéticos. - Fontes enerxéticas primarias e secundarias. - Fontes de enerxías renovables. - Actividades prácticas como experiencias de aula-laboratorio ou de aula-taller. - Rendementos enerxéticos na captación, na transformación e nos usos finais. - Visita e aproveitamento didáctico de instalacións de enerxías renovables. - Boas prácticas no consumo de enerxía e actitudes e medidas prácticas de aforro e de eficiencia enerxética. Así mesmo, referiranse os aspectos máis importantes das actividades desenvolvidas co alumnado na realización dos traballos, das actividades e das experiencias no centro educativo e das saídas e visitas ao contorno, segundo sexa o caso. Artigo 3º.- Dotación. * Modalidade de educación primaria: 1. Os dous premios estarán compostos por materiais didácticos como dotación inventariable para o centro educativo, e terán dúas categorías segundo se detallan: - 1º premio. Dotación: material didáctico relacionado coas enerxías renovables, cun valor estimado de ata 10.000 A. - 2º premio. Dotación: material didáctico relacionado coas enerxías renovables, cun valor estimado de ata 5.000 A. * Modalidade de educación secundaria: 2. Os dous premios estarán compostos por materiais didácticos como dotación inventariable para o centro educativo, e terán dúas categorías segundo se detallan: - 1º premio. Dotación: aula-laboratorio de enerxías renovables, que incluirá un equipamento de paneis solares fotovoltaicos, captadores solares térmicos, aeroxerador eólico e turbina hidráulica, cun valor estimado de ata 15.000 A. - 2º premio. Dotación: aula-laboratorio de enerxías renovables que incluirá un equipamento de paneis solares fotovoltaicos e captadores solares térmicos, cun valor estimado de ata 7.500 A. O Instituto Enerxético de Galicia farase cargo da achega económica necesaria para as dotacións deses materiais aos centros premiados, en función da aplicación orzamentaria co seguinte código 01.01.03.21801. A realización das adecuacións de infraestrutura pertinentes para a instalación deses materiais corresponderá á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 3. Se algún concursante fose adxudicatario destes premios nalgunha das convocatoria anteriores e, con posterioridade, fora acredor a resultar de novo premiado, a dotación do último premio consistirá noutro material diferente, e polo mesmo valor, ao que figura nos anteriores parágrafos 1 e 2, pero sempre relacionado coas enerxías renovables ou o aforro e a eficiencia enerxética. 4. Así mesmo, poderase conceder un accésit por cada unha das modalidades das etapas educativas, como mención honorífica sen dotación económica se, a xuízo do xurado, a calidade dalgún dos traballos presentados e non premiados o permite. 5. Existirá a obriga de reintegro total ou parcial do premio percibido no suposto do incumprimento de calquera das condicións establecidas para a súa concesión. Artigo 4º.- Características dos materiais. 1. Os materiais presentados versarán sobre tratamentos innovadores e actividades no ensino dos contidos curriculares sobre o ámbito temático da enerxía nas etapas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e dos ciclos de graos medio e superior de formación profesional. Os devanditos materiais poderán ser de diversa natureza, tanto na modalidade de educación primaria como secundaria. Na modalidade de educación primaria poderá presentarse unha publicación propia con texto e ilustracións, unha redacción, unha maqueta, un cartel obra gráfica de dimensións mínimas dun A-3, serie fotográfica en soporte dixital, etc. Pola súa banda, na modalidade de educación secundaria poderá presentarse un traballo de carácter tecnolóxico, unha unidade didáctica, un compendio de experiencias de laboratorio sobre enerxía, unha presentación informática, un programa informático, unha presentación en vídeo cámara ou curtametraxe en formato dixital nun CD ou nun DVD, unha serie fotográfica en soporte dixital, un compendio de páxinas de hipertexto, etc. 2. Os traballos de publicación deberán presentarse impresos en papel, incluíndo ademais unha versión en soporte informático (disquete 3.5" ou CD-ROM) para PC-compatible, en formato de OpenOffice, Abiword, Microsoft Word, Corel WordPerfect ou en formato RTF, ou en soporte autoexecutable no caso de aplicacións informáticas, que estarán realizadas con tecnoloxía que permita a súa visualización nunha ventá propia ou nun navegador estándar e incluirán todos os arquivos necesarios para a súa resolución íntegra fóra de liña. 3. Os traballos gráficos (carteis) e as maquetas irán acompañados dun breve folleto-informe explicativo impreso en papel, incluíndo ademais unha versión en soporte informático (disquete 3.5" ou CD-ROM) para PC-compatible, en formato de OpenOffice, Abiword, Microsoft Word, Corel WordPerfect ou en formato RTF. 4. A serie fotográfica e os vídeos estarán en formato dixital e irán acompañados dun breve folleto-informe explicativo impreso en papel, incluíndo ademais unha versión en soporte informático (disquete 3.5" ou CD-ROM) para PC-compatible, en formato de OpenOffice, Abiword, Microsoft Word, Corel WordPerfect ou en formato RTF. 5. As aplicacións informáticas e presentacións portables que sexan de uso en liña executaranse a partir dunha páxina denominada index.htm que servirá de inicio das mesmas. Nas ligazóns non deberán empregarse letras maiúsculas, acentos, espazos en branco nin outros carácteres especiais nos nomes de ningún dos arquivos (ou carpetas) incluídos nas aplicacións, sexan páxinas html, imaxes ou de calquera outro tipo. Artigo 5º.- Requisitos das solicitudes. 1. Poderán participar nesta convocatoria, a título individual ou en grupo, e en representación do centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no que estean destinados, os profesores que estean en activo e impartan ensinanza na educación primaria, na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato ou na formación profesional específica. 2. Os traballos que concorran deberán ser orixinais, inéditos (ou polo menos non comercializados) e non premiados nin cunha bolsa recibida anteriormente, nin sufragados pola Xunta de Galicia ao abeiro doutros programas e ser coherentes coa normativa establecida pola Xunta de Galicia. 3. Os concursantes deberán presentar o traballo por triplicado (agás aqueles materiais que sexan de reprodución difícil con medios domésticos) no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través das distintas delegacións provinciais ou polas canles establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de proceder ao envío certificado por correo, a instancia que debe acompañar o traballo estará datada e cuñada polo funcionario de correos antes de ser certificada. 4. O traballo e todos os materiais xuntos deberán estar claramente e visiblemente etiquetados e relacionados nunha lista, xunto dos correspondentes manuais que incluirán os seguintes apartados: a) Requirimentos de hardware e software e procedemento de execución da aplicación. b) Guía do profesor, con exposición dos obxectivos educativos que se pretenden, indicación das actividades que se propoñen e dos aspectos curriculares nos que se incide. c) Guía detallada da utilización da aplicación polo alumnado. d) Descrición, se procede, doutros materiais complementarios (escritos, gráficos, audiovisuais, etcétera). e) Os manuais presentaranse en papel e en formato electrónico para PC-compatible, de OpenOffice, Abiword, Microsoft Word, Corel WordPerfect ou en formato RTF. f) No caso das aplicacións informáticas, estas presentaranse en CD-ROM ou DVD claramente etiquetados e numerados, de ser o caso. 5. Todos os traballos deberán ir acompañados da seguinte documentación: a) Instancia dirixida á directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, asinada polo autor ou, se é o caso, polo coordinador responsable do grupo de traballo, segundo o modelo de formulario adxunto nesta resolución. Nel deberá constar con claridade un enderezo de correo electrónico para as comunicacións pertinentes. b) Certificación do director do centro educativo, acreditativa de que o autor ou cada membro do grupo de traballo, que deberá relacionarse xunto cos seus DNI e NRP correspondentes, presta os seus servizos como persoal docente no devandito centro ou de que estivo destinado neste durante a realización da experiencia. c) Memoria impresa descritiva da experiencia educativa, dunha extensión máxima de 20 folios (escrita en fonte tipo courier de 12 puntos e con espazado de 1,5 e sen comprimir os carácteres), que se axustará ao seguinte esquema e puntos: 1º) - Datos de identificación 1º-1) - Título. 1º-2) - Ámbito de aplicación do traballo: centro, rúa, localidade e provincia. 1º-3) - Delimitación do campo de traballo: ciclos, cursos e áreas segundo proceda. 1º-4) Autor/a ou coordinador/a do traballo. 1º-5) - Datos persoais e profesionais do profesorado que intervén no traballo. 2º) - Deseño e desenvolvemento da experiencia 2º-1) - Xustificación 2º-2) - Finalidades e obxectivos. 2º-3) - Características do alumnado destinatario. 2º-4) - Contidos conceptuais, procedementais e actitudinais. 2º-5) - Metodoloxía seguida. Actividades realizadas e accións previstas. 2º-6) - Avaliación do proxecto. Resultados acadados e incidencia na práctica docente. 2º-7) - No caso de participación de varios centros: mecanismos establecidos para a coordinación, intercambio de información e avaliación conxunta, segundo proceda. d) Resumo da experiencia nun máximo de dous folios a dobre espazo. e) Anexos de descrición dos traballos ou actividades realizados polos alumnos durante a experiencia, se procede. f) Declaración xurada ou promesa de estar en posesión dos dereitos de publicación, distribución e uso da totalidade da experiencia, materiais ou produtos presentados, de que son inéditos ou, polo menos, non foron comercializados, e de que non foron premiados nin recibiron ningunha bolsa anteriormente, nin sufragados pola Xunta de Galicia ao abeiro doutros programas. g) Declaración expresa no sentido de manifestar se o concursante que solicita acollerse a esta liña de premios foi premiado ou recibiu algunha bolsa ao abeiro dalgunha outra convocatoria anterior. 6. No caso de que os autores non dispoñan da plena titularidade dos dereitos do traballo presentado, terán que achegar un escrito asinado polos seus posuidores aceptando as bases deste concurso. O feito de que un produto necesite facer uso para o seu funcionamento de software propietario-comercial e/ou os seus dereitos para a súa libre distribución, e non poidan ser cedidos polo concursante, será motivo suficiente para a súa exclusión do concurso. Artigo 6º.- Prazo de presentación. O prazo de presentación dos traballos será dun intervalo dun mes, que comezará ao quinto mes e finalizará ao sexto mes, todos os prazos sempre contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Artigo 7º.- Composición e funcións do xurado. 1. Os traballos que concursen e se axusten á esta convocatoria serán examinados e valorados por un xurado composto polos seguintes membros: Presidencia conxunta: a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o director do Instituto Enerxético de Galicia, ou persoas nas que deleguen. Vogais: - A subdirectora xeral de Ordenación e Innovación Educativa. - O xefe de Área de Enerxías Renovables. - A xefa do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa. Secretario: o asesor especialista de física e química, funcionario do Servizo de Formación do Profesorado, que actuará con voz pero sen voto. 2. O xurado, se é do caso, poderá contar co asesoramento de outros especialistas. 3. Os premios poderán ser declarados desertos ou determinarse a súa acumulación ou compartición dentro de cada tema, así como a redistribución de traballos entre temas da convocatoria se as súas características así o permiten. Artigo 8º.- Criterios de valoración. O xurado seleccionará os traballos tendo en conta os seguintes criterios: 1. Con carácter xeral: a) A coherencia cos currículos establecidos pola Xunta de Galicia. b) A calidade e rigor científico, orixinalidade, concreción dos obxectivos formulados e coherencia interna. Así mesmo, valorarase a calidade do deseño e presentación gráfica. c) O carácter innovador, tanto pola creatividade e orixinalidade do deseño pedagóxico como pola metodoloxía e recursos implicados. d) A transmisibilidade e capacidade de ser difundido, con atención especial ás posibilidades de distribución a través de medios electrónicos, a facilidade de emprego, realismo e versatilidade para a súa utilización en centros educativos estándares. e) O maior grao de experimentación co alumnado. f) Que fomenten no alumnado a adquisición de habilidades, procedementos e, sobre todo, actitudes e valores relacionados coa temática da convocatoria. g) Que permitan a gradación da aprendizaxe en diferentes niveis e que as propostas pedagóxicas ofrezan distintos niveis de aprendizaxe. h) Que estean dirixidos a alumnado con dificultades de aprendizaxe ou integración escolar. i) Que contemplen un plan de avaliación axeitado para a comprobación da consecución dos obxectivos. j) A maior participación dun sector significativo do claustro de profesores. k) Os niveis educativos e tipo de ensinanzas aos que van dirixidos. 2. Con carácter específico: a) Coherencia ambiental e fomento da ética ambiental respecto do equilibrio ecolóxico e a calidade de vida. b) Rendibilidade social e continuidade da experiencia. c) O uso racional da enerxía e minimización do consumo enerxético. d) A adopción de medidas de aforro e da eficiencia enerxética. e) A valoración das fontes renovables de enerxía. 3. Avaliarase moi especialmente, nos traballos presentados, a aplicabilidade dos seus resultados e das súas conclusión aos ámbitos domésticos, comunitarios e industriais; así como, a rendibilidade social e a continuidade da experiencia escolar. Artigo 9º.- Resolución. Por proposta do xurado, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o director do Instituto Enerxético de Galicia procederán á resolución destes premios nun prazo máximo de nove meses, contados a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia; entendéndose desestimadas as solicitudes no caso de non resolverse neste prazo. Contra esta resolución de concesión de premios os interesados poderán interpor recurso de alzada perante os conselleiros de Educación e Ordenación Universitaria e de Innovación e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Artigo 10º.- Certificación. A administración educativa recoñecerá as actividades de innovación realizadas nos traballos premiados ou con mención de accésit coa consideración de actividades de formación permanente do profesorado, mediante expedición de certificados persoais, ao abeiro do punto 2 do artigo 25 da Orde do 3 de setembro de 2001, pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións (DOG do 10 de setembro). Así, terase en conta para cada traballo a equivalencia de 50 horas que, no caso de autorías colectivas serán distribuídas entre os participantes segundo as porcentaxes iguais ou superiores ao 10% declaradas na solicitude, cunha certificación individual non inferior a 10 horas. Artigo 11º.- Publicación. 1. A presentación a esta convocatoria implicará a cesión a favor dos organismos convocantes dos dereitos de edición dos traballos premiados ou con accésit por un período de dous anos desde a publicación da resolución da convocatoria, así como a renuncia aos dereitos de propiedade intelectual correspondentes a unha primeira edición. 2. No caso de que, neste período, os autores decidisen publicar os traballos premiados ou con accésit por outras vías, deberán solicitar o permiso correspondente ás consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Innovación e Industria. De ser a resposta positiva, na publicación deberá constar expresamente o premio ou accésit de que foi obxecto. 3. Igualmente, a concorrencia durante ese período destes traballos a outros premios convocados por outras administracións ou entes públicos ou privados deberá contar coa autorización das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Innovación e Industria. Unha vez rematado este período non haberá incompatibilidade para concorrer a outras convocatorias, agás as realizadas por estas consellerías. 4. As autoras ou os autores dos traballos premiados ou con accésit quedan comprometidos a autorizar as modificacións precisas nos documentos finais e subministrar os arquivos de código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado. 5. Os restantes traballos, non premiados nin con accésit, non estarán sometidos ás obrigas anteriores. En particular, poderán concorrer a outras convocatorias realizadas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración ou ente público ou privado. Artigo 12º.- Retirada da documentación. Os interesados ou os seus representantes legais poderán retirar a documentación dos traballos non premiados, na Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no prazo de catro meses a partir da publicación da resolución desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido ese prazo, procederase á súa destrución. Artigo 13º.- Os premiados terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino dos premios. Artigo 14º.- Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión dos premios e, en todo caso, a obtención concorrente doutros premios outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderían dar lugar a modificacións da resolución de concesións. Artigo 15º.- Recurso. Contra esta resolución de convocatoria dos premios poderase interpoñer recurso de alzada perante os conselleiros de Educación e Ordenación Universitaria e de Innovación e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposición derradeira Única.- Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación. Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2006. Xoán Ramón Doldán García Director do Instituto Enerxético de Galicia María José Pérez Mariño Directora xeral de Innovación e Ordenación Educativa
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res10022006.pdf Galego
res10012006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles