Orde TED/800/2021, do 23 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de incentivos a proxectos singulares en mobilidade eléctrica (Programa MOVES Proxectos Singulares II).

Boletín Oficial del Estado, 27-07-2021, Núm. 178, Páx. 90581
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Entenderase por beneficiario á persoa xurídica que realice o investimento ou gasto correspondente á actuación incentivable.
2. Poderán ser beneficiarios do programa de incentivos previsto polas bases reguladoras establecidas por esta orde:
a) Todo tipo de empresas con personalidade xurídica propia (Micro, Pequena, Mediana e Gran Empresa).
b) Universidades e centros privados de investigación e desenvolvemento, con personalidade xurídica propia.
c) Consorcios e agrupacións empresariais con ou sen personalidade xurídica propia.
d) O sector publico institucional.
Obxecto
Establecemento das bases reguladoras para a selección e concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes ao Programa de Incentivos a proxectos singulares en mobilidade eléctrica (Programa MOVES Proxectos Singulares II).
Prazo
Dous meses contados dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOE.