Orde TED/388/2023, do 29 de marzo, pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de iluminación exterior municipal, Proxectos Singulares Iluminación Municipal.

Boletín Oficial del Estado, 21-04-2023, Núm. 95
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar Artigo 5. Beneficiarios.
Obxecto
A finalidade deste Programa de axudas é incentivar e promover a realización de actuacións singulares de aforro e eficiencia enerxética no sector da iluminación exterior municipal, con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética, contribuíndo a alcanzar os obxectivos de redución do consumo de enerxía final, que fixa o artigo 7 da Directiva 2018/2002/UE, do 11 de decembro de 2018, e as emisións de dióxido de carbono así como fomentar a investigación científica e técnica que permita lograr a implantación das solucións técnicas máis avanzadas co fin de cumprir cos requisitos máis esixentes en aforro, eficiencia enerxética e redución da contaminación lumínica, anticipando o cumprimento da futura normativa de eficiencia enerxética en iluminación exterior municipal.
Prazo
Consultar Artigo 11.