Extracto da Resolución do 20 de xullo de 2023 do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a primeira convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de iluminación exterior municipal (Proxectos Singulares Iluminación Municipal)

Boletín Oficial del Estado, 26-07-2023
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios deste programa as entidades locais, segundo a definición do artigo 3 de Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Así mesmo, poderán ser beneficiarias deste programa as entidades públicas a quen se lles atribúa a xestión dos servizos públicos municipais de iluminación exterior, sempre que non se trate dunha entidade produtora de mercado ou que realice unha actividade económica pola que oferte bens ou servizos nun determinado mercado, o que deberá acreditarse conforme ao disposto polo artigo 12.4 e) da orde TED/388/2023, do 29 de marzo, pola que se aproban as bases reguladoras.
Obxecto
O desenvolvemento de proxectos para a renovación de instalacións de iluminación exterior municipal (Proxectos singulares iluminación municipal), que cumpran cos requisitos establecidos no anexo I das bases reguladoras, en calquera parte do territorio español. As axudas estarán condicionadas á implantación en España dos desenvolvementos ou proxectos que se realicen, así como ao cumprimento dos restantes requisitos establecidos nas bases reguladoras.
Prazo
Finalizará ás 14:00 horas do día 24 de outubro de 2023
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 20-07-2023_axudas_alumeado.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles