Orde ICT/736/2023, do 5 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica no sector do Vehículo Eléctrico e Conectado, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e a convocatoria de axudas a proxectos de produción de baterías do vehículo eléctrico do ano 2023.

Boletín Oficial del Estado, 07-07-2023, Núm. 161, Páx. 96343
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar o Artigo 7. Beneficiarios.
Obxecto
No obxecto da axuda distinguíronse, dentro da cadea industrial do vehículo eléctrico, dúas seccións diferenciadas: A primeira, «sección A», que engloba a produción de baterías do vehículo eléctrico, os seus compoñentes esenciais e a produción ou recuperación de materias primas fundamentais necesarias; a segunda «sección B», que engloba o resto da cadea de valor industrial do vehículo eléctrico e conectado, os seus sistemas, subsistemas e compoñentes, e certos sistemas de infraestrutura auxiliares necesarios para o seu despregamento.
Para cada sección, A e B, as axudas previstas concederanse en convocatorias separadas.
No obxecto desta orde contémplanse as bases reguladoras para a concesión de axudas en ambas as seccións, así como a convocatoria de axudas a plans de investimento na sección A.
Prazo
Ata o día 15 de setembro de 2023.