Diario Oficial de Galicia, 16-06-2003, Núm. 115, Páx. 7774
Orde do 9 de xuño de 2003 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.
A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandato recollido no artigo 45 da Constitución e unha necesidade para asegura-la pervivencia dos nosos ecosistemas e os seus compoñentes. O artigo 27.30º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle á comunidade autónoma a competencia exclusiva para dictar normas adicionais de protección do medio e da paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución. O Real decreto 1535/1984 transfire estas funcións e servicios á Comunidade Autónoma de Galicia.
Ó abeiro destas competencias, foi promulgado o Decreto 82/1989, que regula a figura de Espacio Natural en Réxime de Protección Xeral.
O Real decreto 1997/1995, polo que se establecen medidas para contribuír á garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, traspón ó ordenamento xurídico español a Directiva 92/43/CEE do Consello. Este real decreto recolle no seu artigo 3 que cada Estado membro contribuirá á constitución dunha rede ecolóxica coherente, denominada Natura 2000, designando lugares e zonas especiais de conservación que garantan o mantemento ou, de se-lo caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats e hábitats de especie que determina a directiva.
Con data 11 de marzo de 1999, o Consello da Xunta de Galicia acordou remitir unha relación de lugares que constituían a proposta galega para a Rede Europea Natura 2000, de acordo co disposto no artigo 4 do Real decreto 1997/1995. O Estado español remitiu á Comisión Europea as listas dos Lugares de Importancia Comunitaria propostos polas distintas comunidades autónomas, segundo as rexións bioxeográficas. Como consecuencia da avaliación realizada polos servicios técnicos da Comisión Europea, foi requirida información adicional ou foi solicitada a presentación de novas propostas de lugares ás comunidades autónomas e ós estados pertencentes ás rexións bioxeográficas atlántica e mediterránea, ámbalas dúas con representación no territorio galego. Con estas modificacións a Unión Europea pretende acada-la porcentaxe de representación idónea para cada un dos hábitats referido á totalidade do territorio da Unión.
Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente adaptou e revisou a proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria, de acordo coas directrices manifestadas pola comisión.
En consecuencia
DISPOÑO:
Artigo 1º
Inclúese no rexistro, de maneira provisional, a lista de lugares recollida no anexo desta orde cos límites actualmente propostos, declarándoos entrementres como espacios en réxime de protección xeral, de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio.
Artigo 2º
1. Nestes espacios poderán seguir levándose a cabo, de maneira ordenada, os usos e actividades tradicionais. Calquera outra actividade requirirá informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente, que será solicitado polo promotor ou titular das accións, actividades, construccións, proxectos ou obras que se pretenda emprender.
2. Se se prevé que se poidan derivar efectos negativos das accións que se vaian realizar, a Consellería de Medio Ambiente poderá esixir un informe de avaliación ambiental delas para evita-la deterioración dos valores que determinaron a inclusión destes espacios no rexistro xeral, sen prexuízo da aplicación do disposto no artigo 24 da Lei 4/1989, do 24 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.
Artigo 3º
Aquelas áreas destes espacios que gozasen xa dun réxime de protección específico manterano.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA
Derrogada por
CONSULTAR_RELACIONADAS