ORDE do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (código de procedemento PR486B).

Diario Oficial de Galicia, 17-02-2023, Núm. 34, Páx. 14291
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde, previsto nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 2022, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.
Obxecto
Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento das seguintes actuacións:
– Liña 1. Investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais.
– Liña 2. Adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal.
– Liña 3. Investimentos destinados á modernización e á mellora das redes de abastecemento municipal.
Prazo
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 09-02.2023_gl.pdf Galego
O 09-02-2023_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles