Diario Oficial de Galicia, 18-04-2007, Núm. 75, Páx. 6235
Orde do 9 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, e se convocan para o ano 2007.
Ao abeiro do disposto no artigo 148.1º.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza.
O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, establecéndose a súa estrutura orgánica básica polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, no que se considera a Dirección Xeral de Conservación da Natureza como un dos centros directivos adscritos a esta. Segundo o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, compételle á devandita consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos, precisamente a través da precitada dirección xeral.
O xabaril mantén unha poboación abundante na xeografía galega. A súa presenza nos nosos montes non só é un expoñente da nosa rica biodiversidade senón, ademais, un elemento destacado no equilibrio biolóxico do medio en que se desenvolve. As súas necesidades alimenticias entran ás veces en conflito cos intereses dos nosos agricultores, que sofren a voracidade e a forma de alimentarse desta especie. Por outra banda, o xabaril ten unha gran capacidade para desprazarse, polo que resulta moi difícil poder establecer a súa procedencia e o responsable último dos danos. É por iso polo que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para conciliar o interese pola convivencia da especie co dos agricultores, pon en marcha unha liña de axudas, de carácter compensatorio, para reparar os danos ocasionados sobre a agricultura de Galicia.
Con esta liña de axudas preténdese atender un grave problema social para os agricultores, desgustados polos danos que lles causa o xabaril nos seus cultivos agrícolas.
Dada a nula estatística dos danos que a especie ocasiona no agro galego, cómpre ser prudente á hora de acometer a liña de axuda e tratar de conseguir que esta chegue a todos os que teñan dereito sen que se poidan producir desviacións indesexables.
O réxime xeral das axudas e subvencións nestas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción dada a estes pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo. A nivel regulamentario a normativa principal constitúea o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde cumpre coas exixencias da precitada normativa.
Nos vindeiros exercicios estas axudas financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente de acordo co contido da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para cada exercicio. Para o presente ano o devandito importe recóllese na disposición adicional primeira.
En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Ámbito, obxectivo, finalidade e principios.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas de carácter compensatorio a favor dos afectados polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril.
2. Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados na asignación e utilización dos recursos públicos, con sometemento ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro; así como no previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
1. Poderanse acoller a estas axudas os agricultores profesionais que teñan sufrido danos nos seus cultivos por causa do xabaril. Enténdese por agricultor profesional segundo o artigo 2.5º da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias: a persoa física que sendo titular dunha explotación agraria, polomenos o 50% da súa renda total, a obteña de actividades agrarias ou complementarias.
2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a un mesmo beneficiario antes da colleita.
3. Non poderán ter condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde, as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 3º.- Ámbito temporal.
As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas desde o dezaseis de outubro do ano 2006 ata o un de outubro de 2007.
Artigo 4º.- Comunicación do dano.
1. Os titulares dos cultivos afectados deberán poñer en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nun prazo máximo de sete días, a produción do dano, mediante unha chamada ao teléfono 900 186 186, a través do que se lles facilitará unha clave, que servirá para acreditar a formulación da denuncia e identificala univocamente.
2. A delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dará traslado dos feitos ao titular do terreo cinexético que puidese resultar afectado.
3. Os agricultores que sufrisen algún dano durante a campaña, deberán comunicar directamente á delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, cunha antelación mínima de quince días, o seu propósito de principiar a colleita, de modo que quede constancia da data de comunicación da colleita, co fin de posibilitar que o persoal desta consellería se desprace ata o lugar dos feitos, para facer unha valoración final destes. Unha vez realizada a valoración xa se poderá proceder a principiar a colleita. No caso de danos en pradarías artificiais con máis dun aproveitamento as comunicacións (ata un máximo de dúas) deberán facerse coa mesma antelación ás cortas.
4. O persoal da consellería comprobará sobre o terreo a entidade dos danos e emitirá informe que remitirá ao correspondente Servizo Provincial de Conservación da Natureza.
Artigo 5º.- Importe das axudas.
1. O importe das axudas calcularase segundo a valoración dos cultivos que se establece no anexo I desta orde. Establécese como importe máximo o de 1.200 euros por campaña e beneficiario para as axudas a que se refire esta orde. No caso de que os danos excedan de 1.200 euros, o agricultor terá dereito á axuda máxima, é dicir, 1.200 euros.
2. O importe das axudas poderá ter carácter decrecente en ocasións futuras, cando os que foron beneficiarios delas non adoptasen algunhas das medidas de protección que lles foran sinaladas segundo o anexo V.
Artigo 6º.- Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes deberán formalizarse no prazo dun mes desde que se faga a comunicación de anuncio da colleita, citada no parágrafo segundo do artigo 4º, mediante instancia dirixida ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o modelo formalizado que se recolle no anexo II desta orde.
Aquelas solicitudes formalizadas con data posterior ao 15 de outubro de 2006, referentes a danos acaecidos entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro do mesmo ano, tramitaranse con cargo á convocatoria de 2007.
Non obstante, para os danos producidos entre o 16 de outubro e a data de publicación desta orde, a solicitude de axuda tramitarase a partir da entrada en vigor dela, aínda que a comunicación do inicio da colleita farase do modo indicado no artigo 4.3º para o efecto da valoración dos danos de antes da recolección.
Dado que a cobertura dos danos amparados por esta orde só é ata o 30 de setembro deste ano, os danos producidos dende o 1 de outubro ata a data de entrada en vigor da orde do próximo ano, caso de habela, terán que axustarse ao procedemento establecido nos parágrafos anteriores deste artigo.
As comunicacións de danos a partir do 1 de outubro só darán dereitos a axudas no caso de que se tramite a orde para os danos polo xabaril do ano próximo.
As solicitudes presentaranse nas correspondentes delegacións provinciais desta consellería ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.
2. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:
a) Só en caso de non estar inscrito no rexistro de explotacións prioritarias, acreditación da condición de agricultor (para acreditar a condición de agricultor profesional haberá de demostrar que obtén polomenos, o 50% da súa renda total, das actividades agrarias ou das complementarias as sinaladas no parágrafo 2 do punto 5º do artigo 2 do Real decreto 613/2001, que se efectuará mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio, do que finalizase o prazo para a súa presentación en período voluntario, ou coa media das rendas fiscalmente declaradas, como tales por el, durante tres dos últimos 5 anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais).
b) Fotocopia do CIF/NIF do titular.
c) Ficha para a transferencia bancaria no modelo que se xunta como anexo III a esta orde.
d) Se o titular fose unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda.
e) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, así como dunha comunidade de bens, deberase acreditar a representación coa que se actúa.
f) Declaración do conxunto das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
g) Declaración do título xurídico que posúe para a utilización do terreo en que se produciron os danos.
3. Dado o carácter compensatorio das axudas, non será necesario acreditar estar ao corrente das débedas tributarias coa Seguridade Social, e de non ter débedas coa facenda autonómica, de acordo co disposto no artigo 41.1 i) da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.
Artigo 7º.- Tramitación.
1. As solicitudes da axuda serán examinadas xunto coa documentación anexa nos servizos provinciais de Conservación da Natureza. No caso de que fosen detectadas erros ou omisións e, segundo o establecido no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, requirirase o interesado para que as emende ou complete, nos dez días hábiles seguintes á súa notificación, coa indicación de que se non o fixesen así, se terá por desistido da súa petición, arquivándose o expediente sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42º da dita lei.
2. Os devanditos servizos provinciais avaliarán, dentro dos seus ámbitos territoriais, os expedientes de solicitude de axudas. Para tal fin, levarán a cabo as funcións de organización, control e coordinación das unidades encargadas da comprobación dos danos.
3. Examinadas as solicitudes e a documentación presentadas, e efectuada a correspondente valoración, as delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible elaborarán a oportuna proposta, que elevarán á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que esta continúe coa súa tramitación.
Artigo 8º.- Resolución e recursos.
1. O director xeral de Conservación da Natureza, á vista das propostas formuladas, resolverá por delegación do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, expresa e motivadamente, o que en dereito corresponda sobre a denegación ou concesión da subvención compensatoria.
2. O prazo máximo para resolver será de tres meses dende a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se ditase resolución expresa, os solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente de acordo co disposto no artigo 42.1º do devandito texto legal.
3. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes desde a notificación da resolución, ou de tres meses desde que se produza a súa denegación por silencio administrativo, de conformidade co artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses segundo establece a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 9º.- Publicidade.
1. A relación das axudas concedidas e denegadas publicarase a través dunha relación colocada no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da consellería, así como no de cada delegación provincial.
2. De conformidade cos puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará, na súa páxina web oficial, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.
Artigo 10º.- Compatibilidades.
Estas axudas son incompatibles coas que se soliciten polos mesmos feitos en parques naturais dependentes desta Administración autonómica.
Artigo 11º.- Reintegro.
1. Os beneficiarios destas subvencións deberán reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, con xuros de mora, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, así como nos supostos do incumprimento da obriga de xustificación, da obtención de subvencións sen reunir os requisitos para a súa concesión, e incumprimento da finalidade para a que foi concedida, de conformidade co artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción dada a este polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro.
2. Tamén procederá o reintegro do importe das axudas concedidas ao agricultor afectado polos danos dos que obtivese compensación por parte dos titulares dos terreos cinexéticos, en aplicación do artigo 23 da vixente Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.
Artigo 12 º.- Disposicións xerais.
1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, segundo a redacción dada a este polo artigo 13 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da comunidade autónoma e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
3. Os beneficiarios están obrigados a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da comunidade autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
4. Así mesmo e, segundo o establecido no artigo 15.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, o beneficiario deberá incluír necesariamente no momento do pagamento, unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.
Disposicións adicionais
Primeira.- Financiamento.
No exercicio de 2007, as axudas que se concedan con cargo a esta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.541-B. 470.1, código de proxecto (2007 00 617) ata un importe máximo de sesenta mil euros (60.000 A).
A dotación inicial prevista incrementarase en función das solicitudes atendibles e das dispoñibilidades orzamentarias.
Unha vez esgotado o crédito, realizarase a oportuna modificación orzamentaria para dotar a aplicación financeira do crédito necesario para atender as solicitudes que se produzan nun período anual dado.
En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.
En todo caso, o pagamento das axudas queda condicionado á existencia de crédito orzamentario.
Segunda.- Delegación de funcións.
Delégase no director xeral de Conservación da Natureza o exercicio da competencia do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 8.1º desta, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Desenvolvemento.
Facúltase o director xeneral de Conservación da Natureza para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.
Así mesmo facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que, por resolución, introduza novas especies cultivadas no anexo I a esta orde.
Segunda.- Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2007.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
ANEXO I - BAREMO UTILIZADO PARA O PAGAMENTO DE AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL EN CULTIVOS
Tipo de cultivo
cod. // Descrición // Importe por m
MIG // Millo gran // 0,13 A/m
MIF // Millo forraxeiro // 0,12 A/m
TRI // Trigo // 0,10 A/m
CEN // Centeo // 0,70 A/m
PRA // Pradaría // 0,10 A/m
PAT // Pataca // 0,40 A/m
HO1 // Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo) // 0,60 A/m
HO2 // Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón, leituga, pemento e porro) // 1,60 A/m
VID // Uva // 0,52 A/m
ANEXO IV - Lista de distritos ambientais
Distrito: Enderezo
1-Ferrol: Edif. admin. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela 1. 8º andar
2-Bergantiños-Mariñas Coruñesas: Rúa Carregal, s/n
3-Santiago-Meseta Interior: Avda. do Xeneralísimo, 41-2º
4-Noia: Rúa Pintor Genaro Carrero, 15 B
5-Vimianzo: Rúa Codeseiras, 11
6-Viveiro: R/ Pardo de Cela, 22
7-Os Ancares: Rúa Ano Vello, s/n
8-Terra de Lemos: Concepción Arenal 48, baixo
9-Lugo: Rúa Calvo Sotelo, 126-Entresollado
10-Vilalba: Praza do Concello, s/n
11-O Carballiño: Estrada a Cea (OU-204) Km. 4
12-Ourense: Rúa As Flores, s/n-1ºB
13-O Barco de Valdeorras: Casa Grande de Viloira, s/n
14-Verín: Rúa Rosalía de Castro, 63
15-Bande: Tr. Irmáns Martínez, nº 2
16-Lalín: Rúa Ponte, 4-1º
17-Ponteareas: Rúa Paseo Matutino, 35-1º
18-O Porriño: Rúa Barrio Torneiros, s/n
19-Caldas-Pontevedra-O Morrazo: Pza. Ravellas 13 5º e 6º
ANEXO V
Pastores eléctricos: deberán conter, polomenos, dous fíos, un a 25 cm do chan e outro a 50 cm, e debe ser alimentado por baterías ou corrente eléctrica de xeito que alcance un valor de intensidade do dobre que o utilizado habitualmente para o gando doméstico. As estacas deberanse colocar a unha distancia de aproximadamente 8 m; en terreo accidentado débese seguir o relevo do chan evitando pequenos buratos por onde pasen xabarís pequenos. É aconsellable eliminar ou diminuír a altura da herba no perímetro onde estará instalado, para evitar en todo caso que os fíos teñan contacto coas herbas, ramas, terra.... xa que iso provocaría a descarga rápida da batería.
Disuasión olfactiva e gustativa: repelentes químicos adecuados para xabaril. Deberanse atar trapos ou esponxas, impregnados no produto, en estacas ou paos a unha altura aproximadamente 30 cm do chan e colocalos cada 3 ou 6 metros ao redor do campo, non esquecendo insistir nos pasos utilizados polos animais. É conveniente dar un repaso cada 4 semanas e sempre despois dunha choiva torrencial. A persistencia máxima será de 2 meses.
Disuasión acústica: detonadores de propano son métodos de prevención temporais. Ao final os animais silvestres poden acostumarse ao son das detonacións. A este respecto, para aumentar a súa eficacia, recoméndase que os intervalos entre explosións sexan relativamente curtos e que se cambie a situación dos detonadores cada 3-4 días.
Cando o lugar onde se van instalar os detonadores estea próximo a algún núcleo de poboación, é conveniente contactar cos veciños para avisar da instalación destes aparellos e dispoñelos de forma que non lles causen molestias aos habitantes da zona.
Alimentación suplementaria: achega de alimentación suplementaria co fin de intentar manter os xabarís no interior do monte, diminuíndo a súa acción nos cultivos.
O alimento deberá distribuírse, unicamente fóra do período cinexético, ao longo de camiños ou pistas forestais, a razón de 15 a 30 kg de millo por km, ou ben distribuílo esparexéndoo dentro do monte. Desta forma conséguese que os animais non se concentren nos lugares de alimentación e non perdan o instinto de busca do alimento, de forma que canto máis tempo estean entretidos en buscalo, menos tempo lles queda para achegarse aos cultivos.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|