Diario Oficial de Galicia, 16-05-2006, Núm. 93, Páx. 7788
Orde do 8 de maio de 2006 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas e organizacións para a súa adhesión a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).
Na procura dunha mellora continua no comportamento ambiental e no intento de acadar unha constante avaliación e mellora dos resultados das actividades industriais en relación co ambiente, preténdese incentivar as empresas á participación voluntaria no sistema EMAS. A implantación deste sistema terá como resultado a aplicación de innovacións tecnolóxicas e de xestión nas empresas, contribuíndo, en definitiva, a lograr un maior crecemento empresarial, competitividade, rendibilidade e creación de emprego, e sobre todo, á obtención duns obxectivos ambientais máis ambiciosos.
Na mesma liña a Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental; e o Regulamento 761/2001, do Parlamento Europeo e o Consello, polo que se permite que as organizacións se adhiran a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), modificado polo Regulamento (CE) nº 196/2006, da Comisión, constitúen a lexislación aplicable para tal efecto na Comunidade Autónoma de Galicia, inciden tamén na importancia de incentivar os sistemas de ecoxestión e ecoauditoría voluntarios das empresas.
Neste mesmo senso cómpre sinalar que a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, pola que se regula o réxime xurídico xeral de subvencións outorgadas polas administracións públicas, establece uns preceptos básicos nesta materia, que motivou a adaptación do réxime xeral de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia ao seu contido básico a través da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, que procede, nos seus artigos 12 e 13, á modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no que atinxe ao réxime xeral de axudas e subvencións e infraccións, sancións e réxime de responsabilidades.
Na súa virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,
DISPOÑO:
Capítulo I - Cuestións xerais
Artigo 1º.- Obxecto e ámbito de aplicación.
1. Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas para a implantación dun sistema de xestión ambiental, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, regulados nos artigos 3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e 8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; e segundo o disposto no Regulamento (CE) nº 761/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de marzo, modificado polo Regulamento (CE) nº 196/2006, da Comisión, polo que se permite que as organizacións se adhiran con carácter voluntario a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS). Coa implantación deste sistema de xestión ambiental minimizaranse gradualmente os impactos producidos polas organizacións sobre o medio receptor.
2. Estas axudas concederanse para apoiar o proceso de implantación dun sistema de xestión ambiental e a súa posterior adhesión ao sistema comunitario EMAS.
3. As actuacións obxecto desta orde non poderán ter sido iniciadas antes do 1 de decembro de 2005, e deberán estar finalizadas antes do 31 de outubro de 2006.
Artigo 2º.- Contía.
A contía das axudas previstas nesta orde serán de ata un máximo do 85% do custo da implantación e verificación (custo total) para as empresas que implanten e se rexistren no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais EMAS, ata un máximo de 1.500 A do custo da verificación se se fai a partir de ISO 14001.
Artigo 3º.- Beneficiarios.
1. Poderán acollerse a estas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializar o proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Non ter contraídas débedas coa Xunta de Galicia.
d) Posuír personalidade xurídica propia, suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta orde, as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. Así mesmo, segundo establece o Regulamento (CE) nº 69/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DO L 10, 13-1-2001), quedarán excluídas destas axudas as empresas do sector do transporte, as relacionadas coa produción, transformación e comercialización dos produtos que figuran no anexo I do Tratado CE, e as actividades relacionadas coa exportación (artigo 1 Regulamento (CE) 69/2001).
As axudas concedidas aos sectores agrario e pesqueiro deberán cumprir o establecido no Regulamento (CE) nº 1860/2004, da Comisión, do 6 de outubro de 2004, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis nos sectores agrario e pesqueiro (DO L 325, 28-10-2004) no cal deberán ter en conta que a axuda total de mínimis concedida a calquera empresa destes sectores, non excederá 3.000 A nun período de tres anos.
Artigo 4º.- Solicitudes.
1. As solicitudes, que se dirixirán ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, presentaranse, no modelo normalizado que figura como anexo a esta orde, no seu rexistro xeral, en Santiago de Compostela, ou no das respectivas delegacións provinciais daquela; así como en calquera outro lugar de acordo co establecido no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
3. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado segundo o artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, para as axudas que se concederán e aboarán que superen os 1.500 A, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral de Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras.
Artigo 5º.- Documentación que hai que presentar coas solicitudes.
Coas solicitudes xuntaranse os seguintes documentos:
1. A instancia de solicitude, segundo as indicacións recollidas no artigo 4º.1.
2. Acreditación da personalidade:
2.1. Persoas xurídicas:
a) Copia compulsada da certificación rexistral en que conste a súa constitución e os estatutos vixentes.
b) Copia compulsada do documento acreditativo do poder con que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación, e copia compulsada do seu documento nacional de identidade.
c) Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.
2.2. Persoas físicas:
a) Copia compulsada do documento nacional de identidade do titular ou titulares solicitantes, así como do seu representante, de ser o caso.
b) Copia compulsada da declaración censual de alta nas obrigas tributarias (modelo 037) na Axencia Estatal Tributaria, referida a todos os titulares, de ser o caso.
3. Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes e das axudas de mínimis dos 3 últimos anos.
4. Presentarase, por duplicado, un estudo que non supere as 20 páxinas de extensión, que conteña:
a) Memoria técnica.
Para a implantación e rexistro no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais EMAS, unha memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver. Esta memoria técnica incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Avaliación ambiental da instalación.
- Política ambiental que se seguirá (compromiso de mellora continua, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria ...).
- Cronograma que non supere o exercicio orzamentario en referencia ao establecemento dos pasos para acadar o rexistro en EMAS.
b) Memoria valorada e orzamentos desagregados dos traballos que se realizarán para os obxectivos establecidos no artigo 1º.2, así como, polo menos, unha factura pro forma de cada un dos conceptos orzamentarios. No caso de que o importe do gasto subvencionable supere os 12.000 A, no suposto de prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. No caso de realizar a implantación do sistema de xestión con medios propios, presentarase un orzamento do gasto que deberá ser aprobado pola Administración para que este gasto poida ser considerado subvencionable. En ningún caso serán subvencionables os gastos de persoal, tanto propio como externo.
c) Beneficios ambientais esperados.
Artigo 6º.- Gastos non subvencionables.
Non se considerarán subvencionables os seguintes conceptos:
1. Calquera imposto pagado pola entidade.
2. Gastos financeiros derivados do investimento.
3. Gastos de persoal, tanto propios como externos.
4. E todos aqueles que figuran na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 7º.- Criterios de valoración.
Cando o número de solicitudes con dereito a axudas exceda o crédito dispoñible nesta orde, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental propoñerá dentro dos límites establecidos, o importe correspondente a cada beneficiario realizándose un rateo entre estas en función do que supoña a porcentaxe financiable de cada solicitude sobre o total subvencionable de todas elas.
Capítulo II - Tramitación, resolución, xustificación e pagamento
Artigo 8º.- Comisión de avaliación.
1. Presentada a solicitude xunto coa documentación correspondente, procederá á súa valoración unha comisión de avaliación, formada por tres funcionarios, adscritos á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, designados para o efecto polo titular deste centro directivo; un dos cales fará, ademais, de secretario desta.
No caso de carencias ou defectos de forma, requirirase o interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou proporcione os documentos preceptivos. De non procederse á devandita emenda no prazo indicado, terase por desistido da súa petición segundo o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 xaneiro, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.
2. Esta comisión de avaliación formulará a correspondente proposta de concesión ou denegación das axudas, proposta que se axustará ao disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 9º.- Resolución.
1. As solicitudes das axudas serán resoltas polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, nos termos previstos no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo máximo de tres meses a partir da publicación da convocatoria no DOG.
Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o interesado tivese recibido comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente as ditas solicitudes conforme prevé o artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. Ao abeiro do disposto no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, por resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental publicaranse no DOG as subvencións concedidas, expresando a convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao cal se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención. Cando non sexa necesaria a publicación no devandito diario oficial, segundo a precitada normativa, publicarase tal información no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
O beneficiario terá a obriga de publicitar a axuda concedida en toda actividade subvencionada durante a súa realización, así como nos anuncios e programas previos, de ser o caso, á súa realización e tamén nas publicacións.
3. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 28 de novembro, permitirase a subcontratación total da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non achegue valor engadido ao seu contido.
4. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días desde a súa notificación, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación no prazo indicado, a subvención outorgada considerarase desestimada.
5. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente das subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
6. As resolucións de concesión de axudas incluiranse nun rexistro durante un período de dez anos contado desde a data de concesión, onde se incluirá toda a información necesaria para demostrar que se cumpriron as condicións establecidas no Regulamento (CE) 69/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCE L nº 10, 13-1-2001), tal e como prevé o artigo 3.3º do propio regulamento.
Artigo 10º.- Control e seguimento.
1. Constitúese unha comisión de seguimento integrada polos mesmos membros da comisión de avaliación, que se encargará do control da execución da actividade obxecto da axuda.
2. A referida comisión poderá solicitar, en calquera momento e de xeito motivado, cantas aclaracións e informes sexan necesarios e convenientes e, no suposto de non seren tramitados no prazo de 10 días, a partir do seguinte ao da notificación, conforme prevé o artigo 76 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, considerarase decaído no seu dereito ao trámite correspondente, segundo prevé o parágrafo 3º deste artigo 76.
Artigo 11º.- Acreditación de traballos realizados.
Para proceder ao cobramento das axudas será indispensable a presentación, antes do 31 de outubro de 2006, da seguinte documentación:
a) Orixinal ou copia compulsada das facturas, xustificantes bancarios dos pagamentos realizados ou outros xustificantes que acrediten o pagamento efectivo do dito investimento.
b) Declaración ambiental validada polo verificador ambiental.
c) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se debe realizar o pagamento.
d) No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (Resolución do 30 de novembro de 1999, Acordo do Consello de novembro de 1999 en que se establece o mecanismo de seguimento e control da concorrencia e acumulación das axudas públicas).
e) Declaración xurada de ter cumprido co orzamento de implantación do sistema de xestión con medios propios, aprobado pola Administración para a realización deste proxecto, de ser o caso. Poderase levar a cabo visita de comprobación por parte da Administración para verificar o seu cumprimento.
Artigo 12º.- Pagamento.
1. O beneficiario deberá atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, coa seguridade social e non ter débedas coa comunidade autónoma, tanto no momento de ditarse proposta de resolución de concesión como con anterioridade ao seu pagamento.
2. Non terá lugar o pagamento da axuda se non se executaron a totalidade dos traballos e actividades para os cales foi aprobada.
Artigo 13º.- Redución do pagamento.
No caso de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ao inicialmente previsto, a axuda concedida verase diminuída en relación cos logros obtidos para a súa adhesión a EMAS.
Artigo 14º.- Aplicación orzamentaria.
1. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse ata un máximo de 200.000 A, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.342A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2006.
Esta contía poderá incrementarse logo, de ser o caso, de tramitar o oportuno expediente de modificación orzamentaria.
2. Esta orde de subvencións acóllese ao Regulamento (CE) nº 69/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCEL nº 10, 13-1-2001), onde a axuda total de mínimis concedida a calquera empresa non deberá exceder os 100.000 A nun período de 3 anos.
Artigo 15º.- Compatibilidade das axudas.
A axuda contida nesta orde é compatible con outras subvencións de calquera administración pública, dentro dos límites establecidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, en que se sinala que o importe das axudas non poderá, en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario.
Artigo 16º.- Reintegro.
Procederá o reintegro total ou parcial das axudas reguladas nesta orde e dos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no artigo 78.10º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.
Artigo 17º.- Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control, segundo o indicado no artigo 78.11º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo.
Artigo 18º.- Recursos.
A resolución ditada polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por delegación do titular da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo; ou ben poderase impugnar directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou de seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo.
Disposicións adicionais
Primeira.- Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seranlles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como as previsións contidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o citado decreto lexislativo.
Segunda.- A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá seguir, total ou parcialmente, o proceso de implantación de EMAS nas organizacións solicitantes das axudas reguladas por esta orde; debendo estes solicitantes prestar a colaboración necesaria para este seguimento, coa identificación previa do persoal representante do devandito centro directivo.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar, no exercicio das súas competencias, cantas resolucións sexan precisas para o desenvolvemento desta orde, en especial, as relativas á ampliación dos prazos previstos nela, agás o de presentación das solicitudes de axuda.
Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS