Orde do 8 de abril de 2005 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos ás estacións de transferencia de residuos ou plantas de selección.

Diario Oficial de Galicia, 18-04-2005, Núm. 73, Páx. 6314
Orde do 8 de abril de 2005 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos ás estacións de transferencia de residuos ou plantas de selección. A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponde o exercicio das competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establece no artigo 27, puntos 10º, 11º, 15º e 30º, así como no artigo 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación. Neste sentido, correspóndelle a autorización, vixilancia, inspección e sanción das actividades de produción e xestión de residuos no marco dos plans autonómicos de residuos, tal como se preceptúa no artigo 4.2º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos. Pola súa banda, os concellos son competentes para a xestión dos residuos nos termos establecidos nas Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos e na Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia e demais normativa de aplicación. De acordo co que se vén de sinalar, e tal como se preceptúa no artigo 4.3º da mencionada Lei básica de residuos en relación co artigo 3 desta mesma disposición normativa, correspóndelles aos concellos, como servizo obrigatorio, a recolla, o transporte, e, polo menos, a eliminación dos residuos. Tanto a Estratexia Galega de Xestión de Residuos como o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia establecen como opcións prioritarias para a xestión dos residuos xerados a recolla selectiva e a valorización fronte á eliminación. Nesta dirección encamíñanse as actuacións que se veñen desenvolvendo desde a Consellería de Medio en materia de xestión de residuos. En particular, con ese obxectivo a Xunta de Galicia puxo á disposición dos concellos o Complexo Ambiental de Cerceda, xestionado por Sogama, e unha rede de estacións de transferencia que teñen por finalidade abaratar os custos de transporte que teñen que sufragar os concellos. Acontece que nestes momentos a rede de estacións de transferencias previstas non está completada e isto determina que os concellos teñan que soportar uns custos de transporte superiores ao que as súas economías lles permite, polo que a execución do Plan de Xestión de Residuos de Galicia podería experimentar atrasos. Un dos principios que rexe a Estratexia Galega de Xestión de Residuos é o de subsidiariedade. Segundo este principio a Xunta de Galicia actuará nos ámbitos que non sexan da súa exclusiva competencia na medida en que os obxectivos da acción pretendida non poidan ser alcanzados de maneira suficiente polos axentes directamente involucrados. Deste xeito, o pasado 20 de setembro de 2004 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de setembro de 2004 pola que se convocaron as primeiras axudas destinadas ás entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos ás estacións de transferencia ou plantas de selección máis próximas. A través desta nova convocatoria preténdese permitirlles a participación nestas axudas a todos aqueles concellos, mancomunidades ou agrupacións de municipios legalmente constituídos da Comunidade Autónoma de Galicia que na anterior ocasión non resultaron beneficiados por elas. Por todo isto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, DISPOÑO: Artigo 1º.- Obxecto e destinatarios. Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas, consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, para o transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia ou plantas de selección máis próximas, destinadas a concellos, mancomunidades e outras agrupacións de municipios legalmente constituídos da Comunidade Autónoma de Galicia coa excepción daquelas entidades ás que xa se lles teña concedido esta axuda con ocasión da convocatoria anterior, ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2004 (DOG nº 183, do 20 de setembro). Artigo 2º.- Conceptos subvencionables e requisitos para a concesión. Serán obxecto da axuda os custos derivados do transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra desde os concellos ata a estación de transferencia ou planta de selección máis próxima, sempre que se cumpran os seguintes requisitos: a) A estación de transferencia ou planta de selección máis próxima deberá estar afastada máis de 25 quilómetros da casa do concello. O cómputo desta distancia non poderá ser o resultado de lles sumar aos quilómetros de ida os de volta. Este requisito determinará que a solicitude presentada pola entidade local sexa admitida ou non. No obstante o anterior, e unha vez admitida a solicitude, debe significarse que para o cómputo dos quilómetros subvencionables se terá en conta a distancia existente, tanto de ida como de volta, desde a parroquia máis afastada da planta de transferencia que lle corresponda á entidade local solicitante. Para estes efectos só se subvencionarán os quilómetros que resulten a partir do quilómetro 26. No caso de mancomunidades e agrupacións de municipios legalmente constituídos, só se poderá solicitar a axuda correspondente para os concellos que cumpran tal condición. Cando o concello pase a dispor dunha estación de transferencia ou planta de selección a unha distancia igual ou inferior á indicada no parágrafo anterior, deixará de beneficiarse das axudas dispostas nesta orde a partir do día 1 do mes seguinte ao da entrada en funcionamento da devandita estación ou planta. b) Ter subscrito contrato coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia para a xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello. c) Non ter pendentes de pagamento débedas contraídas coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia pola xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello, en 31 de decembro de 2004. Artigo 3º.- Solicitudes. 1. As solicitudes irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e deberán ser presentadas no modelo de solicitude normalizada para o efecto no anexo I desta orde. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda poderán ser presentadas na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, nas delegacións provinciais ou nos servizos centrais. No caso de mancomunidades ou agrupacións de municipios legalmente constituídos, as solicitudes presentaranse nunha petición única cursada polo seu representante legal ou ben pola persoa designada para o efecto como representante dela. 2. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Xunto co modelo de solicitude deberá presentarse a seguinte documentación: a) Certificado do acordo adoptado polo órgano competente da entidade local polo que se aproba a súa participación nesta convocatoria de axuda. b) Fotocopia compulsada do contrato subscrito coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos Galicia para a xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello. c) Certificado de non ter pendentes de pagamento débedas contraídas coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia pola xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello, en 31 de decembro de 2004. d) Certificación do secretario da entidade local, co visto e prace do presidente, na cal se faga constar a poboación de dereito en 31 de decembro de 2004, segundo os datos do último padrón de habitantes da entidade local. e) Certificación en que se sinale cal é a parroquia do concello máis afastada da estación de transferencia ou planta de selección que lle corresponda. f) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, ante outras administracións públicas competentes ou entes públicos (anexo II desta orde). 3. Unha vez presentada a solicitude revisarase a súa documentación, e se esta no reunise os requisitos exixidos requirirase o solicitante para súa emenda outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da citada lei. Artigo 4º.- Criterios de admisión. Serán tidas en conta todas as solicitudes que se presenten á concesión da axuda e que cumpran cos requisitos dispostos no artigo 2º desta orde. Artigo 5º.- Resolución da convocatoria. 1. Presentada a solicitude xunto coa documentación correspondente, procederase á súa valoración por un órgano colexiado. O devandito órgano colexiado será unha comisión de avaliación de proxectos constituída pola subdirectora xeral de Calidade Ambiental e o xefe de Servizo de Xestión de Residuos. Esta comisión de avaliación formularalle ao órgano instrutor a proposta de concesión de axudas para a súa resolución polo conselleiro de Medio Ambiente. 2. A resolución da concesión será ditada polo conselleiro de Medio Ambiente nun prazo de tres meses a partir da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e pola Lei 24/2001, do 27 de decembro. 3. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación no prazo indicado, entenderase que desiste da súa petición. 4. En canto á compatibilidade das axudas a que se refire esta orde, debe terse en conta que o seu importe non poderá en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario, segundo dispón o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Con esta finalidade, xunto coa comunicación da aceptación da axuda, a entidade subvencionada presentará unha certificación en que se faga constar que non existen outras subvencións aplicables ao obxecto desta axuda ou, de existiren, que todas as subvencións aplicables non superan a totalidade da actividade subvencionada. Artigo 6º.- Recursos. A resolución da axuda porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpor, consonte dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, ou de seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo. Artigo 7º.- Período subvencionable e contía das axudas. 1. O período subvencionable abarcará os gastos de transporte desde 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de outubro de 2005, ambos inclusive. 2. A contía da axuda que a Consellería de Medio Ambiente lle outorgará a cada concello calcularase en función da estimación dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos por cada concello. Para o cálculo desta estimación deberase ter en conta o coeficiente de 0,66 quilogramos/habitante/día asignado aos concellos considerados rurais e de 0,99 quilogramos/habitante/día para os concellos semiurbanos. Polo tanto, a estimación dos residuos producidos por cada concello será o resultado de multiplicar o número de habitantes polo coeficiente correspondente de 0,66 ou 0,99. A contía da axuda que se vai aboar será como máximo de 0,11 euros/tonelada/quilómetro subvencionable en función do número de solicitudes que resulten beneficiarias e do crédito orzamentario establecido nesta orde. Por outra banda, o prezo máximo de 0,11 euros que se vai aboar por tonelada/quilómetro poderá verse incrementado ata acadar a contía máxima de 0,16 euros/tonelada/quilómetro naqueles casos en que a Consellería de Medio Ambiente poida constatar o cumprimento dalgún dos aspectos que se sinalan a seguir e que denotan o compromiso destas entidades locais co desenvolvemento sustentable, en particular, no que atinxe ao desenvolvemento da Estratexia Galega de Xestión de Residuos: - A mellora experimentada, en canto aos resultados acadados pola entidade local, en materia de recolla selectiva. - O grao de utilización ou posta en funcionamento de infraestruturas destinadas á xestión de residuos, tanto as que son froito da iniciativa local ou doutra Administración pública como, en especial, aquelas financiadas pola Consellería de Medio Ambiente. - A extensión e/ou grao de dispersión da poboación que dificulta e encarece o custo da recolla dos residuos xerados no ámbito local. - O deseño e a aplicación de instrumentos, medidas, actuacións ou campañas de difusión e sensibilización que contribúan a incrementar o grao de coñecemento e concienciación ambiental dos cidadáns, en concreto no que atinxe á prevención, redución e recolla selectiva dos distintos materiais de residuos xerados no ámbito doméstico. Artigo 8º.- Pagamentos. O pagamento da axuda efectuarase cada mes, logo de presentación por parte da entidade local do certificado expedido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente ou xestor final de residuos da cantidade de residuos recibidos nas súas instalacións no referido período. Será preciso, no momento de realizarse o primeiro pagamento, ter subscrito convenio coa Xunta de Galicia para a implantación da recolla selectiva de envases lixeiros e vidro ou, se optou por realizar a implantación da recolla por medios propios, tela implantada. Artigo 9º.- Alteracións das condicións da subvención. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións ou axudas concedidas por calquera outra Administración ou entes públicos, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda. Para estes efectos ditarase a oportuna resolución de liquidación, na cal se reaxustarán os importes da axuda concedida, podendo supoñer, nos casos que así procedese, a devolución dos importes recibidos en exceso. Artigo 10º.- Incumprimento e procedemento de reintegro. Procederá o reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida e dos xuros de demora devengados, desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos seguintes: a) Incumprimento da obriga da xustificación ou xustificación insuficiente. b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que a impedisen. c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo que fundamentou a concesión da subvención. d) Incumprimento das condicións impostas á entidade beneficiaria con motivo da concesión da subvención ou axuda. e) En xeral, cando se incumpra algunha das obrigas establecidas nesta orde, na resolución de concesión ou nos demais supostos recollidos na normativa reguladora das subvencións, segundo o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Artigo 11º.- Obriga de facilitar información. Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poida ser exixida polos órganos correspondentes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga, consonte o artigo 31 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas. Artigo 12º.- Financiamento. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse ata un máximo de 425.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.342A.760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005. Disposicións derradeiras Primeira.- Facúltase o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde. Segunda.- En todo o non previsto nesta orde rexerá o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, coas particularidades introducidas a través da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, pola que se adapta o tratamento xurídico aplicable ás subvencións segundo o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Terceira.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 8 de abril de 2005. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O08042005.pdf Galego
O08042005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles