Diario Oficial de Galicia, 12-04-2006, Núm. 72, Páx. 5822
Orde do 7 de abril de 2006 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 2006-2007.
En virtude do disposto na Lei 4/1997, do 25 xuño, de caza de Galicia, no Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia e na demais normativa que sexa de aplicación que inclúe:
O Decreto 506/1971, do 25 de marzo de 1971, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, no que sexa de aplicación en virtude do establecido nas disposicións transitorias segunda, terceira, cuarta e quinta así como na disposición derrogatoria da Lei 4/1997, do 25 xuño, de caza, de Galicia.
A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres e a Lei 40/1997, do 5 de novembro, sobre reforma da anterior.
O Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, polo que se determinan as especies obxecto de caza e pesca comercializables e se ditan normas ao respecto.
O Real decreto 439/1990, do 30 de marzo, polo que se regula o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas.
A Lei de Galicia 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
A Directiva 79/409, do Consello da Comunidade Económica Europea, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres, e as súas posteriores modificacións.
A Directiva 92/43, do Consello da Comunidade Económica Europea, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e as súas posteriores modificacións.
O Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre, e o Real decreto 1193/1998, do 12 de xuño, que o modifica.
O Decreto 21/2005, do 20 de xaneiro, de prevención de incendios e regulación de aproveitamentos forestais, é necesario fixar as limitacións e épocas hábiles de caza durante a temporada 2006-2007.
Por todo isto, e oídos os comités provinciais e galego de caza, en virtude do artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, dos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo, e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en relación co Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e polas atribucións conferidas na Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, artigos 1 e 3 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, e demais normativa concordante.
DISPOÑO:
TÍTULO I - Normas de carácter xeral
Artigo 1º.- Esta orde de vedas regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada 2006-2007.
Artigo 2º.- A caza poderá exercerse unicamente sobre as especies de aves e mamíferos que se relacionan no anexo IV do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.
Artigo 3º.- O período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 22 de outubro de 2006 e o 7 de xaneiro de 2007, ambos inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V desta orde. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta orde que se refiren a cada unha delas, así como nas limitacións sinaladas no título V desta orde.
Nos terreos sometidos a réxime cinexético especial en que se inclúan zonas de caza permanente e de adestramento de cans conforme o disposto no artigo 8 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, serán de cumprimento todas as disposicións recollidas nesta orde, salvo aquelas que expresamente se determinen na resolución que estableza a súa autorización.
Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente Tecor, autorízase a caza sementada de paspallás e perdiz, todos os días do ano. Igualmente, poderase autorizar a caza sementada de coello de monte e faisán.
Artigo 4º.- Só poderán ser obxecto de venda, transporte ou comercio as especies silvestres cazables que se relacionan no anexo I desta orde. Isto poderá realizarse unicamente durante a tempada hábil de caza para cada especie. O tráfico ou comercio de especies de protección temporal nas provincias onde a súa captura estivese prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo competente que xustifique a súa procedencia.
Os exemplares de especies cinexéticas, procedentes de explotacións industriais, así como os seus ovos cando se trate de aves, poderán comercializarse en calquera época do ano, logo da acreditación suficiente da súa orixe e do cumprimento dos requisitos fixados no artigo 2 do Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, e demais normativa do ámbito sanitario.
Artigo 5º.- A posta en liberdade de animais silvestres vivos de carácter cinexético requirirá a autorización previa do Servizo de Conservación da Natureza da provincia correspondente, conforme co artigo 31 da Lei 4/1997, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán facerse constar as especies, o número e a procedencia dos exemplares que se propón adquirir, así como a adecuación de tal propósito ás previsións do plan técnico de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os especimes.
TÍTULO II - Caza menor
Artigo 6º.- Días hábiles.
Consideraranse días hábiles de caza os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.
Artigo 7º.- Limitacións de carácter xeral.
1. Naqueles terreos de réxime cinexético común nos cales, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a cota máxima por cazador e día será dunha perdiz rubia e dous coellos.
2. Nos terreos de réxime cinexético especial as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans de aproveitamento.
Artigo 8º.- Métodos e modalidades de caza.
1. Na práctica da caza en man, con ou sen cans, nos terreos cinexéticos de aproveitamento común non se poderá cazar en grupos maiores de seis cazadores, nin cazar coordinadamente mais dun grupo. Cada cazador poderá cazar como máximo con catro cans, cun máximo de quince por grupo.
2. Os ganchos, tanto a solicitude como a realización deles estará suxeita os requisitos, as medidas precautorias, normas de seguridade e responsabilidades que prevea a Lei de caza de Galicia e o seu regulamento. Se por calquera circunstancia algún dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixadas, en ningún caso se poderá trasladar a súa celebración a outro día.
3. No gancho, o seu responsable, deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización correspondente del e a relación completa encabezada por el, dos participantes cos respectivos nomes e números do DNI. Esta relación deberá estar confeccionada no momento da colocación dos cazadores nos postos.
4. Mentres non haxa unha regulación específica da cetraría na Comunidade Autónoma de Galicia, o Servizo de Conservación da Natureza poderá autorizar esta modalidade de caza.
Artigo 9º.- Adestramento de cans e aves de cetraría.
1. De acordo co establecido no artigo 10 e nos artigos 18 a 23 da Lei de Galicia 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, queda prohibido o adestramento de cans para a caza maior con espécimes de caza maior liberados dentro de cercados, ou de calquera maneira que implique maltrato para animais salvaxes en catividade.
2. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético común que teñan unha superficie superior as 500 ha, sen previa petición, desde o 22 de outubro de 2006 ata o remate da temporada hábil de caza menor, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e os sábados desde o 2 de setembro ata o 21 de outubro, en todo caso, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza. O número máximo de cans por cazador será de dous.
3. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, sen previa petición, desde o 2 de setembro de 2006 ata o remate da temporada hábil de caza menor, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e amais os sábados desde o 2 de setembro ata o 21 de outubro, en todo caso, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza. O número máximo de cans autorizados será o de cinco cans por cazador e de 16 por grupo constituído por un máximo de cinco cazadores.
4. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, nas zonas destinadas a ese fin, sen previa petición, ao longo de todo o ano, salvo nos meses de maior sensibilidade para a cría das especies presentes na zona, cun mínimo de dous meses de suspensión, que serán propostos polo titular do espazo cinexético no plan anual de aproveitamentos, entendéndose no seu defecto, que corresponde este período ao comprendido entre a última semana de abril á primeira semana de xullo.
5. Autorízase o adestramento na modalidade de cans atrelados en terreos de réxime cinexético especial, en todo o Tecor ao longo de todo o ano, agás nas épocas sensibles de cría, determinándose esta época conforme o exposto no parágrafo anterior, e coas seguintes condicións: ter o can atrelado e controlado en todo momento, non molestar en ningún caso as especies cinexéticas, non acercarse ao cocho da peza, un can por cazador e coa autorización da sociedade titular do Tecor.
6. Os titulares de terreos de réxime cinexético especial extremarán as precaucións e adoptarán as medidas de seguridade precisas para evitar accidentes ou calquera interferencia durante a celebración de ganchos ou montarías, no período que coincida co permitido para o adestramento de cans, non podendo realizarse o adestramento na mesma mancha onde se realiza o gancho ou montaría.
7. Con fins de competición, co informe previo da Federación Galega de Caza, os servizos de Conservación da Natureza poderán autorizar o adestramento de cans de rastro e mostra e das aves de cetraría, con caza sementada, en calquera época do ano nos lugares autorizados para estes fins.
Artigo 10º.- Competicións de caza.
1. En terreos cinexéticos de réxime especial durante o período hábil de caza menor poderán autorizarse competicións con morte ou sen morte, con pezas silvestres ou sementadas, os xoves, sábados, domingos e festivos.
2. Nos mesmos terreos, e fóra do período hábil de caza menor, poderanse autorizar competicións con morte ou sen morte e con caza sementada, por petición da parte interesada, nas condicións e zonas que, previamente, sinalen os servizos de Conservación da Natureza. As mencionadas competicións poderanse celebrar os sábados, domingos e festivos.
3. Con fins de competición, poderán celebrarse, logo de autorización, campionatos oficiais federativos con ou sen morte, os sábados, domingos e festivos, en terreos cinexéticos de réxime especial.
Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar as normas e condicións en que se desenvolvan as citadas probas, cando para o logro dos seus fins sexa necesario abater ou capturar pezas de caza.
TÍTULO III - Caza maior
Artigo 11º.- Días hábiles.
Consideraranse días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, coas excepcións que se recollen nesta orde.
Artigo 12º.- Métodos e modalidades de caza.
1. A celebración de montarías ou ganchos en terreos de réxime cinexético especial requirirá a notificación previa ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, que deberá ser efectuada polo menos cunha antelación de 10 días. Tamén poderá comunicarse mediante un calendario que abarque toda a tempada. Tanto a solicitude como a celebración dela deberán axustarse ao disposto na Lei de caza de Galicia e no seu regulamento.
2. Nos terreos de réxime cinexético común en que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a caza maior só se poderá realizar os sábados e na modalidade de gancho ou montaría, cos requisitos que se dispoñen na Lei de caza de Galicia e no seu regulamento.
3. Os ganchos e montarías, tanto a solicitude como a realización deles, estará suxeita aos requisitos, medidas precautorias, normas de seguridade e responsabilidades que prevexa a Lei de caza de Galicia e o seu regulamento. Se por calquera circunstancia algún dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixadas, en ningún caso se poderá trasladar a súa celebración a outro día.
4. Nos ganchos e montarías, o seu responsable, deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización correspondente del e a relación completa encabezada por el, dos participantes cos respectivos nomes e números do DNI. Esta relación deberá estar confeccionada no momento da colocación dos cazadores nos postos.
5. Nos ganchos ou montarías de xabaril, no seu período hábil, e con autorización expresa da delegación provincial correspondente, poderase cazar o raposo utilizando armas e municións propias da caza maior.
Artigo 13º.- Pezas de caza.
1. Nos plans de aproveitamento dos terreos de réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas para o exercicio da caza maior nos terreos de aproveitamento cinexético común especificaranse as pezas de caza por especies, sexos e idades sobre as que se poderá exercer a caza.
2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza:
a) As femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías.
b) Os machos adultos que efectuasen a esmouca antes do cerramento do seu período hábil de caza.
TÍTULO IV - Caza por danos
Artigo 14º.- Danos producidos pola caza.
1. Co fin de reducir os danos que se poidan producir na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na flora e fauna silvestres, os servizos de Conservación da Natureza poderán acordar medidas de control. Fóra do período hábil de caza, estas medidas adoptaranse, logo de comprobación dos danos existentes polos axentes de Conservación da Natureza, seguindo directrices expresamente establecidas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
2. As principais medidas de control fronte aos danos por especies que se poderán adoptar son as seguintes:
a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta especie e para evitalos, de acordo cos datos sobre danos recorrentes que consten nos servizos de Conservación da Natureza, poderanse autorizar esperas, ganchos ou montarías durante todo o ano. A existencia de danos deberá de ser comunicada ao Servizo de Conservación da Natureza tan pronto como sexa posible co fin de proceder á súa comprobación, como requisito previo á autorización da práctica cinexética sobre esta especie. Cando a solicitude se faga para evita os danos, esta haberá de presentarse cunha antelación mínima de cinco días hábiles respecto á celebración do gancho, montaría ou espera. Os solicitantes de cada gancho, montaría ou espera autorizados deberán informar dos resultados del por escrito ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente nun prazo máximo de cinco días hábiles seguintes ao da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización doutros e a anulación automática dos xa autorizados.
Así mesmo, e nos municipios con danos recorrentes producidos por esta especie, logo de informe expreso dos axentes forestais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e acreditados de acordo cos datos que consten nos servizos de Conservación da Natureza, poderase autorizar a caza desta especie nos ganchos de corzo e xabaril.
b) Xabaril (Sus scrofa): co fin de reducir os danos producidos por esta especie, tras comprobarse la existencia daqueles, os servizos de Conservación da Natureza poderán autorizar a celebración de ganchos, montarías ou esperas. As solicitudes deberán presentarse no prazo máis breve posible a partir da detección dos danos, de modo que permita a comprobación deles polo servizo, antes mencionado. Os solicitantes dos ganchos, montarías ou esperas autorizados deberán informar por escrito dos resultados destes ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, nun prazo máximo de 10 días seguintes aos da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis ganchos ou montarías e a anulación automática dos xa autorizados.
c) Raposo (Vulpes vulpes): co fin de regular as poboacións de raposo naquelas zonas concretas, onde a abundancia sexa prexudicial e daniña para outras especies de caza menor ou para algunha das domésticas, a Federación Galega de Caza poderá propoñer á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, co fin de colaborar no control desta especie, a organización de campionatos de raposo, baixo o réxime e a normativa que rexen nos campionatos federativos de caza, que se celebrarán os sábados e domingos, desde o 3 de febreiro ao 18 de febreiro de 2007.
3. Nas autorizacións concedidas por manifestos e comprobados danos, tanto no lobo como no xabaril, en terreos cinexéticos de réxime especial, as solicitudes serán formuladas polo titular do dereito de aproveitamento, pero nela recolleranse obrigatoriamente as sinaturas do prexudicado ou dos prexudicados polos danos detectados. En terreos de aproveitamento cinexético común as solicitudes serán formuladas polo prexudicado ou polos prexudicados polos danos detectados.
4. O director xeral de Conservación da Natureza establecerá limitacións temporais á adopción destas medidas de control co fin de evitar alteracións nas poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa cría e reprodución. Os servizos de Conservación da Natureza prestarán asesoramento técnico aos afectados polos citados danos, para a adopción de medidas alternativas de prevención e protección para as persoas ou na agricultura, na gandaría, nos montes ou na flora e fauna silvestres.
5. A carne das reses que se abatan en época de veda, como consecuencia da adopción das medidas de control, non poderá ser obxecto de venda ou comercio.
Artigo 15º.- Aves prexudiciais para a agricultura e a caza.
En virtude do disposto no artigo 9 da Directiva 79/409/CEE, poderase autorizar a caza e captura de aves que poidan causar danos aos cultivos agrícolas e á fauna.
Os interesados deberán formular unha solicitude dirixida ao Servizo de Conservación da Natureza na que se fará constar:
a) Especie que se pretende cazar ou capturar.
b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan producir, así como a magnitude deles.
c) Que fosen probadas técnicas disuasorias sen éxito.
d) Expresión do método, o tempo e o lugar onde se pretende cazar as aves prexudiciais.
Será preceptivo o informe do Servizo de Conservación da Natureza correspondente sobre os danos existentes, que informará se hai indicios razoables de que os danos foron causados ou non polas especies citadas. Se non fose posible establecer razoablemente a orixe dos danos, denegarase a solicitude.
TÍTULO V - Réximes especiais por especies
Artigo 16º.- Réximes especiais por especies, aprobados despois de oídos os comités provinciais de caza e o Comité Galego de Caza.
As regulamentacións específicas nos terreos de réxime cinexético especial aprobadas polos servizos de Conservación da Natureza por proposta dos titulares, en que se establezan vedas e peches anticipados dos distintos períodos hábiles, serán de obrigado cumprimento. A infracción das limitacións ou prohibicións que regulen as ditas regulamentacións específicas sancionaranse de acordo co establecido na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.
Artigo 17º.- Réximes especiais por especies.
1. Caza menor:
a) Arcea (Scolopax rusticola) e agacha (Gallinago gallinago): poderase prolongar o período hábil de caza para estas especies ata o día 28 de xaneiro do 2007, agás nos concellos que se relacionan no anexo II desta orde, das provincias de Lugo e da Coruña, nas que se poderá prolongar ata o 11 de febreiro do ano 2007, en terreos cinexéticos de réxime especial e despois da solicitude acompañada dun plan de aproveitamento cinexético aprobado.
b) Charrela (Perdix perdix): queda prohibida a súa caza.
c) Lebre (Lepus granatensis): só se autoriza a súa caza, no período hábil comprendido entre o 22 de outubro de 2006 e o 3 de decembro de 2006, en terreos de réxime cinexético especial.
d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en gancho. Poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 13 de agosto ata o comezo da temporada regular, os xoves, sábados, domingos e festivos. Así mesmo, entre o 8 de xaneiro e o 28 de xaneiro de 2007 e só nesta modalidade, poderase cazar os sábados e domingos en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Paspallás (Coturnix coturnix): pódese cazar no período hábil de caza menor. Poderase autorizar a súa caza nos Tecor da antiga lagoa de Antela nos concellos que se relacionan no anexo III desta orde, entre o 26 de agosto de 2006 e o 17 de setembro de 2006. Autorízase a súa caza os sábados e domingos, cun máximo de 15 escopetas por xornada de caza e un máximo de catro escopetas por cuadrilla, e require autorización expresa do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense que poderá recoller medidas especiais para garantir o cumprimento destas condicións, e despois da presentación dun plan técnico de caza que ten que incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e a súa repartición por xornada de caza, cun máximo de 10 pezas por cazador e día. Os cuarteis de caza autorizados contarán cunha superficie máxima de 1.000 ha, e o seu número virá dado en función da superficie útil para a especie, de acordo co seguinte:
- 2.000 ha
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO