ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (código de procedemento PR486B).

Diario Oficial de Galicia, 12-03-2025, Núm. 45, Páx. 16811
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do Padrón municipal de habitantes en 2024, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.
Obxecto
Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra h) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (DOG núm. 251, do 31 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento de investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal.
Prazo
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 05-03-2025_gl.pdf Galego
O 05-03-2025_es.pdf Casstellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles